Aula 2º

línea de de división

Tema 1.-Tal como somos
.
------
Nesta unidade estudiarás
Comprendemos
e expresámonos
Ampliámolo
noso saber
Máis sobre
a lingua
Recursos
para aprender
*Lemos
e entendemos.
*A min non me
enganan

Lingua oral
A enquisa.

Lingua escrita
A instancia

*Comunicación
e sociedade

*Nomes de lugar
e de persoa

*Lingua literaria
*Xéneros literarios

*Gramática
A gramática e
o estudio da lingua

*Vocabulario
Significado,
contexto e acepción

*Ortografía

Sílaba tónica
e acento gráfico
Uso de "b" e "v"

A toma
de apuntamentos.
Ó final serás capaz de...
-----

Lemos e entendemos Comprendemos e expresámonos

-Comentade entre compañeiros e compañeiras as seguientes cuestións.

-¿Tes amigos que son ou actúan de modo diferente do teu? ¿Atopácheste algunha vez condicionado por eles? ¿En que situacións?

-¿Gustache amosarte como es realmente? ¿Déixaste influír polo que poden dicir ou pensa-los demais?¿Es quen de defende-lo teu punto de vista cando tes algo claro?


A min non me enganan.
1.-chousa: porción de monte cercada, polo xeral de pouca extensión.
2.-resío: humidade do aire que, co frío da noite, se condensa e se deposita en pingas pequenas .
3.-golsar: trousar vomitar.
4.-choer: encerrar, cercar.
5.-tosguiar: rapar, corta-lo pelo a un animal.
Aquel Nadal fora estraño e sentíao en min coma unha data definitiva na miña vida: aquela fora a miña primeira Noiteboa sen miña nai, que se negara a ir cear con nosoutras, pretextando unha doenza misteriosa e pouco clara do seu home; e tamén saíra por primeira vez a celebra-la Noitevella cun grupo de compañeiros e amigas do instituto. Nunca na vida me sentín máis aldraxada ca entón, cando un dos organizadores da festa sinalou un retallo de chousa1 no que instalara un mostrador cun tocadiscos, unhas botellas e mais uns vasos de papel. Ese era o noso espacio, que non o podiamos traspasar baixo ningún pretexto. Alí, sobre aquel anaco de herba debiamos amorearnos, empurrarnos ó son da música varios centos de quinceañeiros e mozotes que pagaramos a uns gángsters unha suma que representaba para min unha pequena fortuna, a cambio dun refresco e de tripar uns nos outros ó resío2, aquela derradeira e xelada noite de decembro, mentres o mar ruxía ás nosas costas e viamos de fronte as luces da discoteca dos privilexiados que terían as fazulas rubias coa calor e non coa friaxe coma todos nós, aínda que non parabamos de brincar para non virarnos estatuas de xeo. Eu estaba aterecida e furiosa; pero o que case me fixo entolecer de carraxe, ó pouco de chegar, foi o feito de que o matón que gardaba a porta do establecemento, onde emperiquitados adultos bailaban nun salón confortable e quente, [...] me impedise entrar para ir ó servicio, indicándome de paso, con moito riso e moita retranca, que fose a golsar3 ou a face-las miñas necesidades detrás das matogueiras que choían4 a chousa. Os ollos enchéronseme de bágoas e dirixinme ás présas á procura dos meus amigos para armar unha boa e esixir que nos devolvesen o importe da entrada, xa que resultaba evidente que non entraramos en ningún luar xa que a chousa non tiña nin porta nin portelo e... Miraron para min todos coma se acabase de tolear, e un preguntoume qué conto se me metera no corpo; o segundo quixo saber qué diaño fumara para estar tan excitada; outro propúxome que bebese un vaso de auga, e o último ó que oín chamoume tolitates e borde. Din media volta chorando mentres corría lixeira cara ás luces da cidade, lonxe de toda aquela porcallada, dos ladróns que estafaban ós coitados da miña idade e dos mozos que aceptaban seren tosquiados5 coma ovellas.

Cheguei á casa cos pés cheos de bochas, coa lingua fóra e o corazón a latexar a máis de duascentas pulsacións por minuto, morta de sede, de fame e de moitas máis cousas impronunciables. Tiché e mailo meu cuñado aínda non regresaran da súa festa, e adormecín antes de que chegasen. Soñei que mexaba na porta da discoteca, diante da cara de pasmón do gardián da porta, e provocaba un asolagamento, de xeito que todos, os que bailaban na chousa e mailos que trouleaban a cuberto, tiñan que saír a nado ou aboiando collidos a cadeiras ou a cachos de madeira. Cando acordei, sentinme dalgún modo resarcida daquela Noitevella horrible.

Carmén Gómez Ojea, O diccionario de Carola. Edebé-Rodeira


Tema 1.-Os xogos florais
. ------
Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
*Comprensión e análise dun poema amoroso.
*O campo semántico.



Lingua e comunicación
*Elaboración das bases dun concurso literario.
*Técnicas de estudio: memorización, recitación e
declamación de poemas.
*A comunicación verbal
e non verbal.

*Teoría da comunica-
ción: elementos e fun-
cións.

*A sílaba tónica e átona.

*Os dígrafos.

*Os xéneros litera-
rios: lírica, narrativa
e teatro.

*Recursos literarios.

*O xénero lírico: a
métrica e as estro-
fas dun número fixo
de versos.

Ó final serás capaz de...
* Analizar textos poéticos de temática amorosa e reco-.
ñece-las súas características.

* Recoñece-las posibilidades da lingua literaria para ex-.
presar sentimentos e mellora-la relación cos demais.

* Identifica-los diferentes sistemas, elementos e funcións
da comunicación.

* Inducir e aplicar normas ortográficas.

* Distingui-las sílabas tónicas das átonas e clasificar pa-
. labras segundo a posición da sílaba tónica.

* Recoñecer e empregar axeitadamente os dígrafos.
* Analizar e elabora-las bases para un concurso literario.
* Aplicar diversas técnicas mnemotécnicas.
* Definir e recoñece-las características do xénero lírico.
* Identifica-los recursos literarios fonéticos.
* Analiza-la estructura de estrofas cun número fixo de
versos.






-----

A información

1.-Anota anécdotas que che provocasen algún destes sentimentos e emocións.
Tristura LediciaIrritaciónMedoSorpresa
1....................
2....................
3....................
...................
...................
...................
.....................
.....................
.....................
.....................
.....................
.....................
.....................
.....................
.....................

2.-Escolle a anécdota que máis che agrade e fai un poema que exprese o sentimento que a acompaña.
-Fai unha lista de palabras relacionadas con este sentimento.
-De cada idea elabora un verso sen rima.

Amor

Nunha pupila azulada
vin tremer a Amor meniño:
era sobre a flor do liño
unha bágoa da rosada.

Coma un amante a unha amada,
amor etermo -quimeira-
xurou á flor liñeira
a lágrima da orballada.

Mais, da aurora ó clrarexar,
eis que o fado separar
quixo o que Deus axuntara:

a flor do liño esfollouse
e a lagrimiña tornouse
ós ceos, onde morara
---------------------------->Autor: Aquilino Iglesia Alvariño.
- - - - - - -Escolma Poética, Ed. El Correo Gallego.

rosada:orballo
quimeira(en galego correcto quimera): ilusión que
se toma como real.
liñeira:do liño
eis:velaí, aí está.
fado:destino.
esfollouse:perdeu as follas.

Comentario do texto
3.-Despois de le-lo poema, completa este cadro con palabras do texto que xustifiquen a idea principal de cada estrofa. ------------------------------------------------
Poemas Populares
1ª estrofa
2ª estrofa
3ª estrofa
4ª estrofa
O encontro entre a flor e a bágoa do orballo.
A promesa do amor eterno
O destino intervén ó nacelo día.
Os amantes, pinga e flor.
Solucións.Axítase o amor entre a flor e a bágoa
Ofrecéronse amor mútuo.
Pero ó amencer o destino separou o que Deus axuntara.
A flor perdeu as follas e a lagrimiña voltou ó ceo.
------------------------------------------------

O léxico da nosa lingua

Campo semántico

Desenvolvémolo do vocabulario

Reflexión sobre a lingua

Elementos da comunicación

Ortografía

A sílaba tónica e a sílaba átona

Os dígrafos

Lingua e comunicación

O concurso literario

Técnicas de estudio

A memorización, recitación e declamación de poemas

A lingua literaria

Os xéneros literarios

A lírica

A narrativa

O teatro

A métrica. Medida dos versos. Tipos de versos. A rima. O ritmo.

Os esquemas métricos

Copla, Quintilla, Sexteta, Oitava real, Décima

Os recursos literarios

Fonéticos, Morfolóxicos, Semánticos, Sintácticos.



línea de de división

Termos para distinguir claramente.
Linguaxe--> é a capacidade que ten o home para comunica-los propios pensamentos ó recptor mediante código compartido. Lingua--> é o conxunto de signos que contén un idioma e que está a disposición dos seus falantes Fala-->é a realización concreta e individual da lingua que fai un falante. ------------------------------------------------

Cadro de coplas Populares
GALEGO
CASTELAN
Unha froita naceu verde
cor que co tempo perdeu,
o corazón naceu libre,
e a Virxe mo embeleceu.
Una fruta nació verde,
el tiempo la maduró;
mi corazón nació libre,
y la Virgen lo embelleció.
------------------------------------------------

Pinchen para suxerencias, propostas...


volver...