Aula 2º

línea de de división

Tema 3.-Estilos de vida
.
------
Nesta unidade estudiarás
Comprendemos
e expresámonos
Ampliámolo
noso saber
Máis sobre
a lingua
Recursos
para aprender
*Lemos
e entendemos.
*Vivir doutra maneira

Lingua oral
Descrición de ambiente

Lingua escrita
Texto instructivo

*Comunicación
e sociedade

*A pluralidade
lingüística

*Lingua literaria
*Subxéneros
narrativos

*Gramática
O suxeito

*Vocabulario
Relacións
semánticas

*Ortografía

Hiato e ditongo

Técnicas
de memorización.
Ó final serás capaz de...
-----

Lemos e entendemos Comprendemos e expresámonos

-Considerade estas cuestións e comentade en pequenos grupos as vosas respostas.

  • ¿Gústache vivir onde vives? ¿Que botas de menos? ¿Por que?
  • ¿Coñeces xente que viva en lugares moi deferentes? ¿Son amigos, parentes...? ¿Son de Galicia, do estranxeiro...?
  • ¿Viviches con eles neses ambientes diferentes do teu? ¿Que vantaxes ou inconvenientes atopas nestes estilos de vida?

Vivir doutra maneira.
1.- suco: rego, fenda que se fai na terra co arado, legón...
2.-troncho: talo dunha planta.
3.-pinchar: (aplicado a árbores e plantas) derrubar.
4.-cáncamo: persoa vella e achacosa.
5.- cofar: fretar ou pasa-las mans por algunha parte do corpo.
Non sei se sería polo baño en coiro ou o feito de saber que estou ben de saúde, dentro do que cabe, o caso é que, por primeira vez desde que vin, onte á tarde sentinme con verdadeira vontade de traballar. Ofrecinme e os avós chegaron logo á conclusión de que había que cava-lo millo nunha leira á beira do río. Decidiron despois que el botaría as vacas e que ela me acompañaría na faena.

A leira era pequena e sobraríanos tempo para que eu me puidera dar un baño despois, adiantoume a avoa mentres baixabamos cara á ponte, coma se me estivera obrigando a facer algo que eu non pedira.

Comecei convencido de que ía ter que resolve-la maior parte do traballo, e de contado vin que ela avantaba máis ca min. Hai que crava-la aixada no lombo dos sucosl e abri-la terra á esquerda e á dereita para acubilla-las herbas e impedir que chuchen a substancia que precisa o millo para crecer. [...]

-Arrima ben a terra ó troncho2 do millo, para que non o pinche2 o aire cando medre.

É sorprendente a forza que teñen estes vellos. Non só os meus avós. Tódolos vellos deste lugar. É dicir, tódolos residentes menos o Xurxo, que tamén ten forza pero aínda non é vello. Alucino cada vez que vexo os pesos que son capaces de levantar, as árbores onde engatan coma se fosen monos ou mesmo a axilidade e a resistencia que teñen cando se poñen a andar. Parécenme extraterrestres con caretas de cáncamos4, xentes doutra galaxia.

A avoa sacoume deses pensamentos cunha pregunta sorprendente, vindo dela, sempre tan discreta: quería saber se deixara noiva aí. [...] Só quería ter un motivo máis para sentirse orgullosa do seu neto, de xeito que non quixen desilusionala e conteille unha media mentira. Acordeime da Antía, a rapaza que ti levaches por diante cando fuxiamos da policía na movida que houbo, pouco antes de virme, polo adianto no peche dos bares. Acordeime de Antía e díxenlle que si, que tiña unha boa amiga. A avoa sorriu, satisfeita. [ . . .]

Mentres eu pensaba en Antía, a avoa ergueuse de novo cunha man cofando 5 as costas, que lle estarían a doer pola postura, e coa outra acenou cara á outra beira do río, en dirección á vila.

-De hoxe en vinte días é a festa. Terás que ir ó baile -comentou logo.

Xurxo díxome o mesmo hai unha semana e eu estou xa afeito á idea. Debe ser unha das poucas oportunidades que se me van presentar para saír da rutina e ver caras novas, de mozós e mozas que, polo que me contan, acoden á vila para pasar todo o verán ou, cando menos, o mes de agosto.

X. López Rodríguez, Días de desterro. Ed. Xerais


Tema 3.-Unha dorna
. -----

Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
* Texto descritivo dun obxecto.
* Definición e tipos de definicións,
descriptiva e por sinonimia.


Lingua e comunicación


*Elaboración dunha descrición.
*Técnicas de estudio: Memorización por relación e agrupación.

* A oración simple: suxeito e predicado.

* A concordancia: casos especiais.



* Os ditongos: acentuación dos ditongos.

* Uso dos dous puntos.

* Os temas da lírica.

* Comentario do texto.

Ó final serás capaz de...
 Analizar textos descritivos e empregar técnicas descritivas para elaborar descricións de obxectos.
 Distingui-lo suxeito e o predicado dunha oración simple e recoñece-los diferentes tipos de suxeitos.
 Identifica-los ditongos crecentes e decrecentes e acentuar palabras que os conteñan.
 Utilizar correctamente os dous puntos.
 Elaborar unha descrición empregando unha pauta de autocorrección.
 Aplica-la técnica de memorización por relación e agrupación.
 Identifica-los temas líricos máis característicos.
 Valora-los esforzos en favor da normalización lingüística no ámbito da literatura.
 Saber analizar un texto literario a partir da teoría da comunicación literaria.

A información


*Anotade varios tipos de embarcacións.
O mar é un piso moi brando.

Actividade 1 . Forma parella cun compañeiro e realizade esta actividade:
- Anotade varios nomes de embarcacións de pesca que recordedes. dorna. . .
- Investigade sobre o número de tripulantes e a pesca destas embarcacións e completade este .

Lectura
A dorna ten seis metros de eslora, dous de manga e un e medio, popa chata, proa aguda, temón movido por unha cana e unha vela. 0 mastro vai preto da proa e pódese inclinar máis ou menos para coller mellor o vento. A vela é rectangular. (...) A vela ten tamén polas beiras uns lazos de corda, (...); para pór un pao que descansa na borda pola outra punta para carea-la vela ó vento. Nun lado ten unhas forquitas de madeira, gallas ou foinetas, para pousa-los remos cando non se usan. As táboas que forman os costados das dornas, po- den ir de dous xeitos: montando a beira dunha sobre a que vai por baixo -dornas de barragón- ou coas xuntas a pano -dornas de tope.

Ten tres bancadas e unha serie de departamentos no interior. (. ..)

Hai tamén unhas dornas máis pequenas, de tres a catro metros de eslora, que se empregan para pes- ca-lo polbo e que son, en todo o demais, idénticas ás outras; chámanse dornas polbeiras e, claro está, van tripuladas por menos xente. A dorna significa o paso da pesca familiar ó coope-

rativismo; é propiedade dunha soa familia, mais para tripulala precísanse tres homes e un rapaz; non sendo sempre doado atopalos nunha soa familia, os propietarios facilitan a embarcación para que outros tres o acompañen, indo o dono en calidade de pa- trón e traballando todos á parte, fóra da metade que corresponde ó patrón. As dornas empréganse para toda caste de pesca que requira embarcacións do seu tamaño.
Xaquín Lorenzo Fernndez
0 mar e os ríos, Editorial Galaxia (1982).

eslora: medida dun barco na cuberta desde proa a popa.
manga: o ancho dunha embarcación.
popa: parte posterior dun barco.
proa: parte dianteira dun barco
mastro: pao vertical, xeralmente de madeira, onde se sustentan as velas dunha embarcación.
carear: orientar, dirixir cara a.
forquitas: soporte con dous ou máis dentes ou gallas
bancada: banco das pequenas embarcacións.

 Comentario do texto Actividade - 2. Indica se estas afirmacións son verdadeiras ou falsas.
Afirmacións Verdadeiras Falsas
 A eslora da dorna mide seis metros. X ...
 A popa e maila proa son chatas. ... X
 0 mastro da dorna vai cerca da popa e non se move. ... X
 Nos lados, a dorna ten forquitas de madeira, para pousa-las velas. X
 Nunha dorna, navegan tres homes e un rapaz. X ...
 Coa dorna, péscase só polbo. ... X

- Converte as afirmacións falsas en verdadeiras.
 A popa e maila proa non son chatas. ...................................................................................... X
 0 mastro da dorna non vai cerca da popa e móvese. .............................................................. X
 Nun lado, a dorna ten unhas forquitas de madeira, gallas ou foinetas para pousa-las velas.........X
 Coa dorna, péscase polbo e toda caste de pesca. ................................................................... X

Exer 3.- 3. Relaciona estas expresións co seu significado.
ExpresiónsSignificado
1) popa chata  orientar ou dirixi-la vela cara ó vento.(3
2)  proa aguda  lisa, rasa.(1
3) carea-la vela ó vento  dornas nas que as táboas dos costados montan a beira dunha sobre a que vai debaixo.(4
4) dornas de barragón ensamblaxe de dúas táboas(6
5) dornas de tope  dornas moi pequenas (5
6) xuntas a pano  que termina en punta, afiada.(2
7) traballar todos á parte  traballar por unha porción dun todo.(7

Actividade.- 4. Completa o cadro cos elementos descritos e coas técnicas descritivas empregadas.
Elementos descrítosTécnícas descritivas
popa chata
proa aguda
vela rectangular
forquitas de madeira
dornas pequenas dornas polbeiras

A descricíón é un procedemento mediante o que se explíca detalladamente cómo é unha persoa, un animal un obxecto, un lugar, un ambíente, unha experiencía. . .
A descrición que se centra nun lugar (unha paisaxe natural, unha cidade, unha habitación...) denomínase topografía.
Se a descrición se centra nunha persoa, é dicir, nos seus trazos fisicos e morais, chámase retrato.

I)A DESCRICIÓN Substantivos e adxectivos: para describir personaxes (aspecto físico):
Cara: ancha, gordecha (repoluda), ampla, aflixida (magoada), ascética, cadrada, desconfiada, chupada (chuchada, devecida), doce, dura, castigada, confiada, endurecida, curtida, triste, expresiva, fma, franca, fresca, impenetrable, inexpresiva, intelixente, xovial, longa, cha, chea, delgada, reucida, salvaxe, serena, simpática, tranquila. . .
Testa: ampla, engurrada, baixa, estreita, intelixente, curvada, lisa, abombada. . .
Ollos: ausentes, gazos, azuados, baixos, concentrados, espertos, duros, fuxitivos, impenetrables, inexpresivos, intensos, lacrimosos, maliciosos, (raposeiros , solertes), mortos, negros, nerviosos, redondos, serenos, soñadores, negros, turbios, tristes, vivos...
0 Nariz: aquilino. chato (nacho), redondo, fino, longo, puntiagudo, recto, retorcido...
A Boca: fina, fresca, grande, dura, firme, pequena. redonda, bicuda, torcida, faladora. . .
Pescozo : curto, fino, groso, elegante, longo. . .
Dentes: aliñados, brancos, amarelados, tortos, de marfil...
Meixelas: gordechas, repoludas, caídas. inchadas, redondas, suaves, brandas, vermellas, chuchadas..
Labios:esbrancuxados (abrancazados), estreitos, fmos, grandes, herméticos, delgados, voluptuosos, sensuais...
Pestanas: espesas, longas, negras, claras, rizadas...
Cellas: arqueadas, espesas, grosas, xuntas, delgadas, separadas...
Orellas: grandes, longas, redondas , pequenas . . .
Cor: pálida, rosada, albina, morena, rubia, cincenta, amarelada, esbrancuxada, aceitosa,bronceada, torrada, escura..
Cabelos: abandonados, brillantes, sucios, graxentos, castaños, rizados, guedelludos, crechos, negros, ondulados, peiteados. roxos, loiros, ásperos, lustrosos...
Mans: áxiles, brancas, cálidas, rugosas (engurradas), delicadas, finas, torpes, firmes, grandes, grosas, rudas, novas, sensibles. . .
Pernas: delgadas, grosas, esmirradas, fracas, rexas, secas, robustas, repoludas...
Aspecto xeral: alto, atlético, baixo, robusto, rufo, corpulento, lixeiro, esvelto, lanzal, delgado, mirrado, nervioso, débil, firme, forte, áxil, novo, fraco, delgado, vello, san, torpe, meticuloso. . .
Adxectivos para describi-lo carácter
afable, alegre, antipático, apaixonado, atento, atrevido, serio, traballador, alegre, (atordado, toleirón), educado, enxeñoso, esixente, entusiasta, xeneroso, rabudo, túzaro, estúpido, extravagante, inexpresivo, listo, malhumorado, malicioso, mentireiro, gruñón, valente, parvo, burlón, esperto, fanático, fanfurriñeiro, feliz, fiel, honrado, listo, chulo, presumido, farfallán, desvergoñado, medroso, prudente, babeco, zoupón, sandeu, imbécil, calmoso, confiado, contestatario, covarde. culto, groseiro, louco, tolo, soez, sabichón, salvaxe, sensato, sereno, serio, sincero, simpático, sociable, solitario, soso, soñador, teimudo, testán, desordenado, divertido, dócil, idiota, iluso, imbécil, insolente, intelixente, orgulloso, aberto, rebelde, riseiro, risoño, chorón, triste, tímido; rosmón, extrovertido.

Segundo o elemento que se describa, pódense establecer diferentes tipos de descricións.
Tipos de descríciónsElementos descritos
ProsopografíaOs trazos físicos ou o aspecto exterior dunha persoa: ollos, boca, corpo, maneira de andar...
EtopeaO carácter dunha persoa: comportamento, personalidade...
RetratoOs trazos físicos e de carácter dunha persoa.
CaricaturaOs trazos máis característicos dunha persoa de maneira esaxerada e, a miúdo, ridícula.
Topografía
(Toponimia)
Un lugar, unha cidade, unha vila, unha rúa...
De obxectosCalquera tipo de obxectos: mobles, automóbiles...

Actividade 5. Le atentamente estas descricións.

(A)

“É a clásica vasoira bruxeira
con rabo longueirón e mele-
na empenachada.”
Helena Villar Janeiro,
A vasoira máxica.,

(B)

“ Era un home mui alto, mui
fraque, de ollos mui cra-
ros, e sempre con olleiras
mouras.”
A. Cunqueiro,
Escola de menciñeíros,
Ed. Galaxia.

(C)

“Cara ó Leste estendíase
unha praia infinita de areas
brancas, un deserto de per-
las fronte ó mar.”
C. Ruíz Zafón
As luces de setembro
Ed. Edebé-Rodeira.

(D)

“ Era feituco, pequeneiro, lou-
riño, os cabelos como alfi-
netes, coroados no bisel da
fronte. Por sóber todo, era
ledo.
E. Blanco-Amor, Os biosbardos

(E)

“ Para el, o señorito era, co-
mo un fetiche, todo: sabio,
bo, prudente, de conse-
llo."
Ramón Otero Pedrayo,
Pantelas, home libre.

(F)

"Don Celidonio (...) ten as fa-
zulas hipertrofiadas, da cor
do magro do xamón e tan
lustrosas que semella que
botan unto derretido."
Vicente Risco, O porco de pé.

- Indica o tipo de descrición que hai en cada unha das anteriores a partir dos elementos descritos e das técnicas descritivas.
SOLUCIÓN ós tipos de descicións:

DescriciónElemento descritoTécnicas descritívas Tipo de descrición
(A)Vasoira
rabo
melena
clásica, bruxeira...
longueirón
empenachada
De obxecto
"
"
(B)home
ollos
olleiras
alto, fraque
craros
mouras
prosopografía
"
"
(C)praia
areas
deserto
infinita
brancas
de perlas, fronte ó mar
Topografía
topografía
topografía
(D)- persoeiro -{personaxe}
cabelos
-persoeiro. Por sóber(sobre = encima)
feituco, pequeneiro, louriño
alfinetes
ledo
Retrato
"
"
(E)señoritosabio, prudente, de consello.Etopea
(F))Don Celidonio
fazulas,(=meixelas)
"
")
hipertrofiadas
cor do magro do xamón
lustrosas que semella que botan unto)
Caricatura

O léxico da nosa lingua
Desenvolvémo-lo vocabularío

Debemos ter o Mundo limpo Imos traballar con vocabulario referido ó mar
Actividade 6. Relaciona cada elemento do debuxo co nome correspondente.

  • illa - baía
  • ría - onda
  • enseada - península
  • penedo - con
  • esteiro - arrecife
  • acantilado - istmo
  • praia - arquipélago
SOLUCIÓN:
  • 00 illa - 13 baía
  • 08 ría - 09 onda
  • 02 enseada - 10 península
  • 03 penedo - 01 con
  • 05 esteiro - 06 arrecife
  • 14 acantilado - 11 istmo
  • 07 praia - 04 arquipélago
  • 12 cabo, illa ---> é unha parte do arquipélago, un con

Actividade - 7. Asocia estas palabras sobre o estado do mar co seu significado
preamar - mar calmo - marusía - mar picado mar rixo - purga de mar  Estado do mar sen ondas: ................. ...........................................................> mar calmo
 Efecto devastador sobre a vida mariña das augas contaminadas do mar......> purga de mar
 Estado do mar con ondas entre medio e metro e medio de altura...................> mar picado
 Movemento tumultuoso do mar con formación de grandes ondas. ................> maruxía
 Estado do mar con ondas entre un e dous metros. ......................................> mar rixo
 0 nivel máis alto a que sobe a marea. ..............................................................> preamar
-Cantigas do pescador da Mariña Lucense.
Peixe de pratino
fino, fino,
vén a durmir
o meu gorro mariño.
Perla do día
fría, fría,
vén a caer
na miña bota vacía
Feo cangrexo,
vello, vello,
vén a mirarte
ó perfil do meu espello.
Fera onda,
soa, soa
vén a xogar
co teu traxe que non afonda.
Un delfín,
xoguetón,
sen espiñas no corazón,
que toque o violín.
E me vou a pescar
coa rede mariñeira
ó son da brisa
para logo bailar,
repleto de risa,
soñar, bañar e cantar
coa escuma (= espuma) do mar.

Actividade - 8. Asocia, con axuda do diccionario, cada embarcación coas súas características.
EmbarcacíónCaracterísticas
1)dornaEmbarcación pequena, de fondo plano e de forma semeilante a unha artesa.(2
2)gamelaEmbarcación antiquísima de pesca, propia das Rías Baixas.(1
3)chalupaEmbarcación de construcción sólida, que vai remolcada e transporta mercadorías, triangular e popa rectangular.(4
4)gabarraEmbarcación pequena con fondo plano, proa triangular e popa rectangular.(5
5)chalana Embarcación auxiliar semellante na forma á chalana. (3

Actividade 9-Busca na sopa de letras da marxe dez animais mariños e clasifícaos segundo o tipo.
.
¿
PeíxesMaríscosMamíferos
ollomol,
pescado,
peixesapo,
lura
polbo
ameixa,
lagosta,
lumbrigante
balea

*
OLLOMOLOÑL
TAURBUZCPU
DGSRRANOEM
MOVAOSLESB
RSHRLBUECR
OTRPOUTRAI
FAMEIXARDG
HNVASEUUAA
OPHFGLLKSN
OGDRTERFRT
PEIXESAPOE

**
Actividade - 10. Relaciona cada frase feita co seu significado.
ExpresiónsSignificado
1) A mares Navegar sen destino fixo, como facían os piratas.(6
2) Dar golpes ó mar  Incomodarse dúas persoas.(4
3) Lobo de mar  Con gran abundancia, copiosamente.(1
4) Picarse o mar Navegar continuamente.(5
5) Corre-lo mar  Mariñeiro curtido, veterán.(3
6) Corre-los mares Subi-la marea.(7
7) Enche-lo mar. Perde-lo tempo nun esforzo inútil.(2

- Completa estas frases coas expresións anteriores.

Actividade 11 . Explica o significado destes refráns sobre o mar e os mariñeiros.
1)  0 mar ó máis amigo logo o pon en perigo. .............> (O mar é perigoso )
2)  0 que o mar dá, o mar o quita. .......> ( Non se lle pode esixir nada o mar porque el manda )
3)  0 que é bo patrón nunca deixa o temón. .......> ( Sempre atende ó seu traballo)
4)  Quen non sabe de mar, non sabe de marear. ...........> ( Non se fala do que non se sabe )
5)  0 mellor mariñeiro morre no mar, onde ninguén se pode descoidar. .....> ( O mar non é coñecido por ninguén )
6)  0 que queira medrar que viva en porto de mar. ..........> ( O que se queira enriquecer que viva en peiraos )

Enxeña frases- Crea oracións cos refráns anteriores.

  • 1)
  • 2)
  • 3)
  • 4)
  • 5)
  • 6)

    Reflexión sobre a lingua.
    A oracíón simple: suxeito e predicado

    Observa cómo separámo-las seguintes oracións. E moitas máis que poideramos poñer ...
     As galiñas comian grans de millo.
     A torta de amorodos era moi saborosa.
     Os paxaros voaban moi alto.

    ¿Quen realiza a acción ? ¿Que acción se realiza?
    As galiñas comían grans de millo.
    O nenos pintaban os debuxos.
    Os paxaros voaban moi alto.
    A torta de amorodos era moi saborosa.
    A cociñeira era moi limpa.
    Suxeito (s)Predicado (s)

    A oración ten dous elementos principais: o suxeito, o que realiza a acción e o predicado, a acción realizada polo suxeito.

    O suxeito da oración ten un núcleo que adoita ser un substantivo. O predicado da oración ten un núcleo que é un verbo en forma persoal.

    O mensaxeirodeixou un paquete.
    (Subs.) Núcleo(Verbo) Núcleo

    Habitualmente, as oracións
    seguen este esquema:
    Suxeito + Verbo
    Irimia caeu. Irimia + caeu
    Sen embargo ás veces, a orde lóxica dunha oración varía:
    Fíxate
    Levarémosvos nós á casaPred. + Suxeito.
    Levarémosvos á casa nósLevarémosvos á casa + nós


    O núcleo do suxeito e o núcleo do predicado deben concordar en número e persoa.

    A nena corría cara á casa. As nenascorrían cara á casa.
    S.= SuxeitoPred.= predicado. S.= SuxeitoPred. = predicado .
    Fíxate
    PersoaNúmero. Persoa Número
    nena Singular nenas Plural
    comíaSingular comían Plural

    Casos especiais

    Mediante a concordancia co verbo, podemos identifica-lo suxeito dunha oración. Sen embargo, ás veces, prodúcense excepcións:
    - Os dous suxeítos están en singular, pero representan un « nós »; polo tanto, o verbo irá en la persoa, plural.

     El e eu somos amigos. -----> (El + eu = nós)

    - Os dous suxeitos representan un « vós »; polo tanto, o verbo irá en 2a persoa, plural.

     Marta e ti viredes mañá. --------> (Marta e ti = vós)

    Actividade 12.- Escnbe unha palabra que sexa o núcleo do suxeito destas oracions. Despois, separa o suxeito e o predicado de cada unha

    A .. .... do terceiro avisoume do incidente. A vecíña do terceiro // avisoume do incidente.
    Eu / ...... virei máis tarde. (Eu= suxeito) / / (virei máis tarde = predicado)
    0 meu ... (irmán) ... baila moi ben. O meu irmán // baila moi ben.
    ... .. .. e .......... compréndense moi ben. (Xoán e María)
    A Pedro e Pablo // compréndense moi ben.
    Estes .... non se semellan en nada.

    • Estes ....... non se semellan en nada
    • Estes ....(nenos)....... [non se semellan en nada]
    Ás veces, é difícil identifica-lo su- xeito e, para saber cal é, cómpre recorrer á concordancia.

     Suxeito elíptico: supresión do suxeito porque o número e a persoa xa veñen dados polo verbo.

    Hoxe virán máis tarde.

    Para identificar un suxeito elíptico, pódese introducir na oración un pronome persoal que concorde co verbo.

    Hoxe eles virán máis tarde.

     0 suxeito pódese confundir con outros elementos da oración.

    Gústame moito o líbro.

    Para identificalo, debemos cambiar de número o posible suxeito e ver se o verbo tamén o fai; nese caso, quererá dicir que concordan.

    Gústanme moito os libros.

    Gústame moito o libro.

    Actividade 13.- Identifica o suxeito destas oracións a partir da concordancia.

     Estaba de moi malhumor, Pedro. ------> Suxeito (Pedro)
     Interviron tódolos alumnos. ----------> Suxeito ( tódolos alumnos )
     Hoxe fíxome mal o xantar. ------------> Suxeito ( o xantar )
     Agradoume moito a sesión de ioga. ----> Suxeito ( a sesión de ioga )
     Darémoslle as chaves nós. ------------> Suxeito ( nós)
     Veu o neno. --------------------------> Suxeito ( o neno )
     Ensínalle ti toda a casa. ------------> Suxeito ( ti )
     Eu sempre recordarei o seu bo gusto. -> Suxeito ( Eu )

    Exer 3 - 14. Completa estas oracións cos verbos que se indican.

     É (ser) necesario que ela .... (saber) toda a verdade.---> (É, saiba)
     0 meu veciño ..... (vir) á miña casa onte pola tarde. ---> (veu )
     Ti ..... (poñer) a roupa onde .... (querer). -----> {(pos) (queres)}
     Eu ..... (facer) o que ....... (poder). -----------> { (fago) (podo)}
     Nós ...... (ver) un automóbil antigo. -------------> ( vimos )

    Ortografía.
    Os dítongos
    Observa as vocais destacadas nestas palabras.
    feu - dal / claus - tro / pui - den / fian - za / moi - to / fei - to
    As dúas vocais xuntas forman parte da mesma sílaba e reciben o nome de ditongo.
    Tendo en conta se i, u (vocais pechadas) se colocan antes ou despois de a, e, o (vocais abertas), os ditongos clasifícanse en crecentes ou decrecentes:

    Ditongos crecentes
    Mírote e non me ves
    Dítongos decrecentes
    i/u a inercia / actuar a i/u vaixela / trauma
    e carie / secuencia e beira / vendeu
    o aluminio / suor i elixiu
    o loita / chousa
    u xuizoso

    Ditongos crecentes fórmanse cando i, u (vocaís pechadas) preceden a a, e, o (vocaís abertas).

    Dítongos decrecentes fórmanse cando í, u (vocais pechadas) van despois de a, e, o (vocaís abertas) ou van dúas vocais pechadas xuntas.

    0 acento gráfíco en ditongos

    Actividade- 15. Observa as regras de acentuación de ditongos.
    EsdrúxulasGraves Agudas
    Ditongos
    crecentes
    Seguen as regras xerais de acentuación, polo tanto, acentúanse sempre.

    hi-x-ni-co

    Seguen as regras xerais de acentuación, polo tanto, acentúanse se a palabra remata en consoante que non sexa -n, -s, -ns
    d-sel

    Acentúanse se a palabra acaba en vocal ou consoante -n, -s, -ns.

    lo-cn
    Ditongos
    decrecentes
    a-xóu-xe-re
    béis-bol
    Non se acentúan nunca.nunca.
    ca-pi-tais

    Uso dos dous puntos

    Actividade 16. - Relaciona os exemplos seguintes coa súa norma de uso e escribe outros.
    Exemplo Norma de uso
    1)  Carme dixo: « espérame » Introduce unha enumeración.(2
    2)  No caixón encontrarás de todo: gomas, lapis, bolígrafos Introduce unha cita textual.(1
    3)  Compra libros de consulta, por exemplo:
    dicciona rios, enciclopedias
    No encabezamento dunha carta.(4
    4)  Estimado Antón:
    ¿Como che vai?
    Introduce un exemplo ou advertencia.(3

    Actividade - 17. Separa as seguintes palabras en sílabas
    palabras Separación en sílabas.
    xudeu - pauta - afluente - residuo xu deu, pau ta, {*(a flu en te)así facemos un hiato onde non o hai, ue son unidas}, re si duo
    liteira - frouxo - moina - subiu li tei ra, frou xo, moi na, su biu.

    - Identifica os ditongos e clasifícaos en crecentes ou decrecentes.
    Ditongos crecentes re si duo; Ditongos decrecentes xu- deu, pau ta, afluente, liteira, frouxo, moina, subiu

    Actividade 18. Subliña a sílaba tónica destas palabras con ditongos.

    - Clasifícaas en esdrúxulas, graves ou agudas.
    soubeno: esdrúxula.
    - Acentúas se cómpre e xustifícao.
    sóubeno: acentúase porque é esdrúxula
    agudas: azuis, Xosué, recuar, cotián
    graves: poliéster, lixeiro
    esdrúxulas
    : cláusula, puidonos

    Actividade 19.- Coloca os dous puntos nestas oracións e explica a norma na que te baseaches.
     Meu pai díxonos « Se non acabáde-lo labor, non iredes »
     As cores do roupeiro son amarela, verde e vermella.
     Tes que mercar material escolar, por exemplo cadernos, lapis, folios...
    -------------------------------------------------------------------------------------------------------------

    Colocación dos dous puntos e aclaración da norma empregada.
     Meu pai díxonos: « Se non acabáde-lo labor, non iredes » --> Cita textual
     As cores do roupeiro son: amarela, verde e vermella. ---> enumeración
     Tes que comer froitas, por exemplo: mazás, peras, uvas, ... --> Introduce un exemplo, notificación ou advertencia

    Lingua e comunicacion
    Elaboración dunha descríción

    Actividade 20. Agora, vas describir un obxecto da túa casa. Antes de poñerte a escribir, convén que fagas un esquema.
    -Elixe un destes tres obxectos ( un roupeiro, un forno ou unha neveira )
    - Debuxa un plano do cuarto onde esta o obxecto e de todolos obxectos que pode haber nun cuarto.
    - Anota nunha ficha os seguintes datos sobre o obxecto.

    - A partir da información anterior, escribe un bosquexo da descrición. Ten en conta que:
    Vixía a presentación:

    - Escribe o título na parte superior do folio.

    - Deixa marxes brancas á esquerda, á dereita e na parte superior e inferior do folio.

    - Escribe con letra clara e lexible.

    - Deixa un espacio adecuado entre liña e liña.

    - Escribe o teu nome e a data.

    1. parágrafo Localización
    2. parágrafo Descrición exterior
    3. parágrafo Descrición interior

     A descrición debe ser precisa: da-lo nome concreto de cada elemento descrito e caracterizalo mediante adxectivos.

     Non repitas, en ningún momento, a información e preséntaa de maneira ordenada.

    - Antes de pasala a limpo, revisa a descrición segundo esta pauta de autocorrección. Se hai algún aspecto que non tíveses en conta, corríxeo.

    - Cando acábe-la revisión anterior, pasa a limpo a descrición.

    Técnicas de estudio
    Memorización por relación e agrupación

    Actividade 21 . Clasifica estas palabras no seguinte cadro.

    margarida - batedor
    robaliza - lavavaixelas
    forno - sardiña
    peixe sapo - violeta
    rosa - pescada
    Agrupa: Solución
    • a) Flores: margarida, rosa, violeta, ...
      • b) Peíxes: robaliza, peixe sapo, sardiña, pesscada, ...
        • c) Electrodomésticos: forno, batedor, lavavaixelas, ...

    A lingua literaria

    Temas da lírica
    Na lírica galega, hai varios temas que son tratados de maneira recorrente e, ó mesmo tempo, desde distintas perspectivas por autores de diferentes épocas e correntes literarias. De seguido, imos ver algúns deses temas.

    Temas
    Características
    A emigración: A emigración que sufriu Galicia no século pasado e neste, vese reflectida nos poemas dos autores galegos: abandono da terra e da familia, esperanza de progreso, volta da emigración...
    Galicia: Nos poemas onde se trata este tema, vémo-la imaxe que cada poeta ten da terra (a xente da terra, o mar o arado, o gando, a paisaxe...) e tamén as emocións que esta lle provoca (amor, desesperanza...).
    0 amor : 0 amor aparece na lírica galega como amor sensual, como sentimento que provoca felicidade ou dor, como un sentimento intemporal...
    A lingua : Poetas de distintas épocas defenden a lingua galega, principal signo de identidade do pobo galego, e o seu uso nos seus poemas.

    ***********
    Actividade 22.- Le atentamente os seguintes poemas.
    (A)
    “ Cando ninguén os mira,
    vense rostros nubrados e sombnsos,
    homes que erran cal sombras voltexantes
    por veigas e campíos.
    Un, enriba dun cómaro,
    séntase caviloso e pensativo;
    outro, ó pé dun carballo, queda imóbil,
    coa vista levantada hacia o infinito.
    Algún cabo da fonte reclinado,
    parés que escoita atento o murmuio
    da augua que cai, e eisala xordamente
    tristísimos sospiros.
    ;Van deixa-la patria. . . !
    Forzoso, mais supremo sacrificio.
    A miseria está negra en torno deles,
    ¡Ai !, ¡! i adiante está o abismo. . .
    (Rosalía de Castro, Follas Novas)
    *****
    (B)
    “ No fondo do tempo unha man pequena
    sementa o amor como chovendo:
    un pó lizgairo cae no sentimento
    unha canción antiga ou un perfume
    desa esencia que fica na memoria.
    0 amor é o mesmo, trasvasado;
    hai uns ollos no fondo do espello
    que seguen permanentes. E pasa a mocidá,
    pasan os ventos;
    pero hai un intre que non pasa nunca.
    (Antón Avilés de Taramancos,)
    0 tempo no espello
    *****
    (C)
    . “ Língoa proletaria do meu pobo
    eu fáloa porque sí, porque me gosta,
    porque me peta e quero e dame a gaña;
    porque me sai de dentro, alá do fondo
    dunha tristura aceda que me abrangue
    ó ver tantos patufos desleigados,
    que ó pór a garabata xa non saben
    afirmarse no amor dos devanceiros
    falar a fala nai
    a fala dos abós que temos mortos,
    e ser, co rostro erguido,
    mariñeiros, labregos do lingoaxe,
    remo i arado, proa e rella sempre.

    Eu fáloa porque si, porque me gosta
    e quero estar cos meus, coa xente miña,
    perto dos homes bos que sofren longo
    unha historia contada en outra língoa.

    Non falo prós soberbios,
    non falo prós ruís e poderosos,
    non falo prós finchados, (...)
    que falo prós que agoantan rexamente
    mentiras e inxustizas de cotío (...)
    (Celso Emilio Ferreiro,) Longa noite de pedra
    *****

    - Identifica o tema dos poemas anteriores e xustifícao.
    PoemaTema
    Xustificación
    (A) Emigración Porque cita rostros nubrados e sombrisos, homes que erran.... A miseria está negra en torno deles.
    (B) Amor O amor é o mesmo, trasvasado; hai uns...... pero hai un intre que non pasa nunca.(Amor que perdura no tempo)
    (C) LinguaLingoa proletaria do ......; Eu fáloa porque si, ..

    *****

    Actividade 23.- Le atentamente este fragmento dun poema.
    1º Poema)
    “ Entrei naquil local aclimatado
    en busca dos irmaus da emigración.
    Ó velos todos xuntos nun montón
    berrei esperanzado:

    -Falo en nome da Terra, homes de ben...
    Non me escoitou ninguén

    Topenexando baixo escuros veos
    aquiles seres moles, casi vermes
    vexetaban sin luz, torpes i alleos.

    -Falo en nome da Terra, homes de ben...
    Non me escoitou ninguén.

    Esqueceran o tempo da probeza
    i a fala dos abós: pro non sabían
    a vileza sin fin en que vivían
    agora que eran parias da riqueza.

    -Falo en nome da Terra, homes de ben...
    Non me escoitou ninguén
    Celso Emilio Ferreiro
    Viaxe ao país dos ananos.
    **************

    - Indica o tema do fragmento e xustifícao con palabras do texto.
     As preocupacións dos emigrantes.
     A morriña dos emigrantes por Galicia.
    +++  Crítica ós emigrantes por deixarse domi-
    nar pola cobiza e esquece-la súa terra e
    a súa lingua.
    Activi - 24 Le agora estoutro fragmento doutro autor.
    2º poema)
    “ (...) Triste Ramón de Sismundi!
    Aló, na rúa Esmeralda,
    basoira que te basoira
    polvo de estantes e caixas.
    Ó longo das rúas infindas
    . . os galegos paseiaban
    soñando un val imposibel
    na verde riba da Pampa.
    . ¡Triste Ramón de Sismundi!
    Sinteu a muiñeira de ágoa
    mentres sete bois de lúa
    pacían na súa lembranza
    Federico García Lorca
    Seis poemas galegos
    *****
    - Selecciona o tema do fragmento e xustifícao.
    *** A morriña que sente un emigrante por Galicia.
     0 desprezo dun emigrante por Galicia.

    Actividade - 25. Realiza unha análise comparativa do tema dos
    dous poemas, seguindo estas pautas:
    - Indica cal dos temas recorrentes hai nos dous poemas.
     A lingua
     Galicia
    ***  A emigración
     O amor

    - Sinala a cal dos poemas se corresponde
    cada unha das afirmacións. Algunha delas
    pode corresponderse ós dous poemas.
     Os emigrantes esquécense de Galicia e da lingua.1º POEMA
     0 emigrante sente morriña pola terra. ..............2º POEMA
     Fálase sobre galegos que están na emigración. 1º e 2º POEMA
     0 poeta, representante do amor á terra,
    critica os emigrantes dominados pola
    cobiza e a mesquindade. ....... 1º POEMA
     0 poeta ofrece unha visión comprensiva
    da morriña dun emigrante pola terra....2º POEMA
    Poema de Celso Emilio - Os emigrantes. esquecen..a lingua....
    - Poema de Lorca - Os emigrantes paseiaban....
    *****

    - Indica agora as diferencias e semellanzas no tratamento do mesmo tema entre os dous poemas.

    Díferencias Semellanzas
    * - No poema de Celso Emilio, os emigrantes esquécense de Galicia e da lingua.

    *- No poema de García Lorca, o emigrante sente morriña.

    * FÁLASE NOS

    DOUS POEMAS DOS

    E M I G R A N T E S

     Lingua e sociedade

    Os escritores galegos, ó emprega-la lingua galega
    para as súas expresións literarias, contribúen a
    normaliza-lo galego, é dicir, a recuperar e dignifica-lo
    seu uso desde a literatura.
    Ás veces, van máis aló e a defensa da lingua
    convértese no tema central dos seus escritos.

    Actividade 26 Buscade, por grupos, poemas sobre a lingua
    galega en antoloxías, e facede o seguinte:
    - Seleccionade poemas de distintas épocas
    cubride fichas coma estas.

    Título . . Autor . . Época . .
    ... ......
    ... ......

    - Explicade os argumentos que hai en cada
    poema para defende-lo idioma.

    - Comparade os poemas e indicade as semellanzas
    e diferencias.

    Cómpre valora-los esforzos realízados polos escrítores a prol da normalización lingüístíca.

     Comentario do texto.
    0 comentario do texto é un método para analiza-lo contido e a forma dun texto literario. 0 método que usaremos nas unidades sucesivas baséase na teoría da comunicación literaria. De seguido, presentá- mosche o comentario deste poema.

    • Analizar
        • CONTIDO
        • FORMA
    Para comentar hai que:

    Analizar
    contido; forma
    dun texto, dun poema, artigo, ...

    O método basease na teoría da comunicación literaria *****

    0 medo
    (l) “ Cando o corvo da noite se pousaba
    nas derradeiras luces do solpor,
    os meus ollos de neno
    enchíanse de bágoas e de lóstregos.

    (ll) 0 vento que fungaba nas vereas
    era un home langrán envolto en brétema
    cun fol ao lombo pra levar meniños.

    (lll) As arbres semellaban
    pantasmas de cabalos desbocados
    e agallopando os eidos.

    (lV) Un medo que me viña
    das raíces do mundo
    tremíame no sangue.

    (V) Pasaba o xornaleiro asubiando
    con dous luceiros prendidos na eixada
    e eu tiña medo.

    (Vl) Pasaba o cazador
    con bafexantes cans
    arrecendendo a toxos e carqueixas
    e eu tiña medo.

    (Vll) Pasaban de ruada os fortes mozos
    que voltaran da guerra tan contentes,
    e eu tiña medo.

    (Vlll) Ao pasar ó meu lado e verme os ollos,
    alporizados, pasmos, dicíanme:
    “Non teñas medo”
    e eu tiña medo.

    (lX) Soio cando chegaba aos meus ouvidos
    a doce voz de mel da miña vella,
    eu xa non tiña medo.

    (X) Agora non comprendo
    como aquel ser cativo,
    aquela vella nena tan endébel
    (nos seus ollos azures
    había luces de menceres novos)
    podía escorrentar tan grande medo.
    (Celso Emilio Ferreiro. 0 soño sulagado)
    *****

    Método
    Aplicación do método
    Lectura e comprensión do texto

    É imprescindible comprender un texto para podelo comentar. Para entende-la mensaxe que nos transmite o autor, cómpre le-lo texto unhas cantas veces, consultar no diccionario o sig nificado das palabras que se descoñecen e selecciona-la acepción exacta.

    Lectura e comprensión do texto

    - Buscarémo-lo significado das palabras seguintes

    vereas - langrán - eixada - bafexantes - carqueixas - ruada - alporizados - endébel
    Emisor - Autor

    Neste apartado, cómpre consulta-la biografía do autor ou autora e situa-lo texto dentro da súa producción literaria.

    Emisor - Autor

    Celso Emilio Ferreiro (1912-1979) axiña entrou en contacto co galeguismo, fundando a "Mocidade Galeguista de Celanova". Durante a guerra, loitou forzado no bando franquista. Rematada a guerra, instalouse en Vigo onde comezou a publicar poesía. En 1966, emigra a Venezuela buscando na emigración unha Galicia libre. Ó cabo duns anos, desilusionado da emigración, volve para España. Algunhas das súas obras son 0 soño sulagado, Longa noite de pedra, Viaxe ao país do ananos.

    Contexto

    Cómpre situa-lo autor e a súa obra dentro dun contexto literario, social, cultural.

    Contexto

    Celso Emilio Ferreiro abre unha nova etapa na poesía galega de posguerra. Ó lado da súa poesía social, de denuncia contra a opresión, a insolidariedade e a falta de liberdade, cultiva unha poesía onde fala da saudade pola infancia feliz, da nostalxia pola paisaxe galega...

    Mensaxe-Tema

    Consiste en expoñer con exactitude e brevidade un resumo do contido, sen incluí-los aspectos anecdóticos. Débese enuncia-la mensaxe ou o tema que quere transmiti-lo autor.

    Tamén debemos distingui-las partes que o escritor estableceu para desenvolve-la mensaxe e identificar con claridade as liñas, os parágrafos ou as estrofas que forman cada parte.

    Mensaxe-Tema

    - Pódese enuncia-lo tema da seguite maneira: 0 medo dun neno, que só pode ser espantado pola nai.

    - 0 poema pódese dividir en tres partes:
    PartesEstrofas
    Contido
    I-VIII A noite, o vento, as árbores, o xornaleiro, o cazador e os mozos provocan o medo do autor cando era neno.
    IX Ó oí-la voz da nai, ó neno pasáballe o medo.
    X 0 autor, agora de adulto, sorpréndese de que súa nai puidese escorrenta-lo seu medo.

    Canle

    Neste apartado débense precisar dous aspectos: o xénero literario ó que pertence o texto e o medio expresivo no que se manifesta.

    Se é un texto en prosa, cómpre determinar se é narrativo, descritivo ou dialogado. Se é un texto en verso, é preciso establece-la métrica, as licencias poéticas, o ritmo, a rima e o tipo de estrofa empregado.

    Canle

    0 xénero literario ó que pertence o texto é a poesía. Presenta combinacións de versos hendecasílabos (once sílabas), heptasílabos (sete sílabas) e pentasílabos (cinco sílabas), agrupados en estrofas de tres, catro e seis versos, con rima asoante (en dous versos das dúas primeiras estrofas) ou sen rima. Polo tanto, trátase dun poema de verso libre.

    Código

    Esta é a parte máis importante do comentario, pois é necesario ter en conta tódolos datos recompilados e non esquecer que o fondo (o que se di) e a forma (cómo se di) son inseparables.

    Cómpre distingui-los recursos que emprega o autor para expresa-lo tema.

    Código

    - Na primeira parte, o autor emprega a metáfora para se referir á noite (o corvo da noite) e ó vento (o vento era un home langrán envolto en brétema); e a comparación, para as árbores (as arbres semellaban pantasmas de cabalos desbocados). Desta maneira, consegue suscitar no lector a sensación dunha paisaxe escura e medoñenta. Tamén usa o paralelismo nas estrofas V, VI, VII e VIII: pasaba, e eu tiña medo, para salienta-lo medo que o xornaleiro, o cazador e os mozos provocaban nel de neno.

    - Na segunda parte, co uso da metáfora referida á voz da nai (a doce voz de mel da miña vella), reflicte a dozura e a tenrura da nai, que eran as que escorrentaban o seu medo.

    - Na terceira parte, emprega dous termos contrarios: aquela vella nena. Mediante esta antítese, Celso Emilio pretende transmiti-la idea de que súa nai é vella pola idade, pero que o seu espírito aínda se conserva novo. Aparece, ademais, un símbolo recorrente neste libro de Celso Emilio: os ollos azuis da nai, que simbolizan o sosego e a tranquilidade que ela lle proporcionaba.

    No poema, cando o poeta lembra o medo da súa infancia, emprega verbos en imperfecto de indicativo (pousaba, enchíanse...); polo contrario, cando se refire ó seu presente de adulto, usa o presente (comprendo>

    Receptor-Lector

    Neste apartado exponse a opinión persoal do lector sobre o estilo do autor e a impresión que lle produciu a lectura do texto.

    Receptor-Lector

    Para da-la opinión persoal sobre o poema, pódense responder estas cuestións:
    - ¿Como se consegue transmitir claramente a sensación de medo que ten o neno?
    - Cres que o medo é un fenómeno provocado pola nosa mente, sen motivo real? Xustifica a túa resposta.
    - Lembra os teus medos infantís e indica as súas causas, cómo te sentías e cómo che pasaban.
    A resposta a estas ou outras preguntas pode axudar á elaboración dunha opinión ou xuízo persoal sobre o texto.

    --continuará---


    Miña nai como é tan pobre
    en non ten pan que me dar,
    éncheme a cara de bicos
    e despois rompe a chorar.

    Para mi Madre y la Virgen / Para miña Nai e Virxen

    ------


    línea de de división

    Cadro de versos populares
    GALEGO
    CASTELAN
    Eu agora teño un canciño;
    mais meu pai xa che ten dous
    e destes o pequeniño,
    xa fai compañía ós bois.
    Yo ahora tengo un perrito;
    pero mi padre, tiene dos,
    de estos, el más pequeñito
    resultó ser muy veloz.
    ------------------------------------------------

    Pinchen para suxerencias, propostas...


    volver... -----