Aula 2º

línea de de división

Tema 5.-Lémbrome de...
.
------
Nesta unidade estudiarás
Comprendemos
e expresámonos
Ampliámolo
noso saber
Máis sobre
a lingua
Recursos
para aprender
*Lemos
e entendemos.
*Todo acontecera
un ano antes

Lingua oral
A narración
en 1ª persoa

Lingua escrita
As memorias

*Comunicación
e sociedade

*A opinión na prensa

*Lingua literaria
*A lírica:
recursos literarios

*Gramática
Predicado:
complemento directo

*Vocabulario
Polisemia

*Ortografía

Acento gráfico
en ditongo

A numeración
romana

Técnicas de estudio
O mapa conceptual.
Ó final serás capaz de...
-----

Lemos e entendemos Comprendemos e expresámonos

-Reflexionade sobre estas cuestións e coméntar con compañeiros

  • ¿Cales son os primeiros recordos que tes da túa infancia? ¿Algún deles ten un valor especial para ti? ¿Por que?
-Facede unha posta en común en toda a clase sobre as coincidencias e diferencias entre as vosos recordos.

Todo acontecera un ano antes
1.- dantesca: aterradora, espantosa
2.- cobregueante: que se move en zigzag ou coma unha cobra.
3.- escintileo: brillo intermitente.
4.- arroiada : corrente que se forma coa auga da chuvia cando esta é forte e abundante.
5.- cambalear: moverse a un lado e a outro coma se fose caer.
Iria anunciou que ía durmir na casa da tía. Ana fixo o propio. Esta era unha estratexia moi empregada por ámbalas dúas rapazas, xa que na casa da tía carecían de teléfono e iso eliminaba a posibilidade de que as nais telefonasen a altas horas da noite para controla-las súas respectivas fillas, deporte este no que eran auténticas especialistas.

lria buscou un lugar seco no que esperar, pero non o encontrou e arrimou as costas contra a parede. Consultou o reloxo. Pasaban uns minutos das once. Ana non tardaría en aparecer. [...] De repente, pareceulle escoitar pisadas distantes, creu sentir risas, percibiu ledicia e felicidade ó seu redor e notou unha agradable sensación de conforto. Pouco a pouco, como quen enfoca uns prismáticos, a escena foi alcanzando progresiva nitidez, ata que se fixo patente con perfecta claridade.

Era a noite de San Xoán. ¡Non podía ser outra! E Iria distinguiu perfectamente a Carlos, a Xurxo e a Xosé. Estaban, ademais, Ana, a súa curmá, e Heike, a súa amiga. [...] Estaba revivindo a última reunión do dado de lume. Tivera llugar a noite de San Xoán do ano anterior, e a ela asistiran un grupo de nenos con sorrisos feiticeiros e tenros, coa inocencia abrollándolles por cada poro das súas infantís peles [...] Todo isto acontecera tan só un ano antes. ¡Pero había tanto tempo diso! [...]

De súpeto, un lóstrego máis terrorífico cós anteriores rachou a escuridade da noite, e a visión da xuntanza desapareceu da mente da rapaza. Case ó mesmo tempo, un impresionante trono fixo treme-las arruinadas fiestras da casa.

Outro estalido no ceo, outro lóstrego, un trono, máis lóstregos. A rúa estouraba nunha dantescal exhibición de cobregueantes2 escintileos3 e pavorosos estrondos. De golpe, unha arroiada 4 procedente dun sumidoiro situado na parte alta da rúa, que rebentara pola presión da auga, bateu con forza contra a debilitada porta de madeira, derrubouna e inundou con celeridade a escura sala.

0 estridente berro de Iria foi acompañado, case simultaneamente, por outro tan estridente coma o seu, que procedía do exterior.

-¡lrial ¿Que demo fas aí sentada? ¡Aínda has afogarl -preguntou unha asustada rapaza, ó tempo que entraba camba1eando5 na asolagada estancia.

As dúas mozas abrazáronse cun angustiado nerviosismo.

-¡Menos mal que estás aquí! ¡lsto é terrible, arrepiante, horroroso, terrorífico! ¡lmonos de aquí, que morro de medo! ¡Como cheguen a saber isto as nosas nais, esfólannos vivas!

Ana, coma sempre, era un remuíño de palabras e de acenos.
Abrazada a Iria, apertábaa con forza.

Milagros Oya, 0 dado de lume. Edebé-Rodeira


Tema 5.-A fichaxe dun futbolista ( Pepeto )
. -----

Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
* Análise dun texto teatral breve.
* Siglas e acrónimos



Lingua e comunicación
* Representación dun texto teatral.
* Técnicas de estudio para a área de ciencias sociais.
* Predicado verbal e predicado nominal.

* Os complementos do predicado.

* Tipos de oración.

* O acento diacrítico.

* Uso da coma.

* A novela: aspectos xerais.

* Clasificación da novela.

* Comentario dun texto literario.

Ó final serás capaz de...
 Analizar e comentar textos diálogados.
 Recoñecer e formar siglas e acrónimos.
 Recoñece-lo predicado verbal, o predicado nominal e os principais complementos da oración.
 Empregar correctamente o acento diacrítico.
 Inducir e aplicar normas ortográficas sobre o uso da coma.
 Representar obras teatrais tendo en conta tódolos elementos necesarios.
 Aprecia-la dramatización como medio para potencia-las propias calidades e a relación cos demais.
 Aplicar técnicas de estudio a unha área determinada.
 Recoñece-los principais trazos do subxénero narrativo da novela.
 Comentar textos narrativos.

A información


Activ. 1.- Noticias Tv
O alumnado de ALFOZ - VALADOURO; 
o mellorciño de mundo. Sufridos, responsables, correctos, cautelosos, 
super- , bondadosos, . . . * O aseo na persoa moitos bens proporciona, bo porte e bos modais abren portas principais, quen de amigos carece proba que non os merece, Deus ó humilde levanta e ó orgulloso quebranta, a calumnia e a mentira provocan a súa ira, propio é do xusto e do sabio o perdoar un agravio, dá apoio e tende a man ó enfermo e ó anciano, nunca trates con desprecio ó que teñas por necio, se saúde e dita queres pon límete ós praceres, sempre que poidas fai o ben e non repares con ninguén, o pudor e un esmalte que preserva e da resalte, non hai que a Deus resista nin se esconda a súa vista, pobres e ricos iguais ante Deus son mortais, ó xulgar un feito alleo mete a man no teu seo, segue a sá razón antes que a vana opinión.
Actividade 1-b . Le este texto. É un fragmento do comezo da peza teatral titulada Telexornal ningunha edíción, que serve de lectura da unidade.

" (Cando se abre o telón están no escenario dous presentadores sentados en cadansúa mesa e con cadanseu micrófono diante. Cada vez que haxa unha entrevista entrará o reporteíro correspondente coa persoa que vai entrevistar, e deberán ser eles os que ocupen o prímeíro plano desa escena.)

(0 grupo musícal -Caramelo-Plis - é unha especie de comodín que ofrece a posíbílídade de introducír na obra calquera tipo de cancíón ou baíle.) "

Lectura
María. -Seguimos con este telexornal, e esta é a última noticia: 0 famoso xogador de fútbol Pepeto pode ser fichado proximamente polo Muros F.C. 0 noso compañeiro, Matías Tacatá, atópase co presidente do Muros e co xogador Pepeto, tentando que Ile dean algunha declaración en exclusiva para este telexornal.

Reporteiro. -¿ Ten algo novo que contarnos, señor presidente?

Presidente. -Pois nós estamos facendo todo o que podemos para que Pepeto fiche para o noso equipo, pero el parece non decidirse.

Pepeto. -Eu teño unha familia que manter; e como comprenderá, debo estudiar coidadosamente o asunto económico.

Presidente. -Nós estamos sendo máis ca xenerosos. Ofrecémoslle vintecinco millóns de pesetas ó mes.

Pepeto. -!Non me fagas rir! Iso chégalle á miña muller para esmaltes.

(Entra unha rapacíña cun cacho de boroa e unha sardiña.)

Rapaza. -Señor Pepeto, isto é para vostede. Mándallo o meu pai, que é seareiro seu.

Reporteiro. -Neniña, non molestes ó señor Pepeto.

Pepeto. -Non é molestia, todo o contrario, xa empezaba a ter fame. (Come) ¡Um, um...!, isto está botísimo. ¿Que é?

Rapaza. -É unha sardiña asada con boroa.

Pepeto. -¿E esas hainas aquí?

Presidente. -Aquí pode comer toda a boroa e tódalas sardiñas que queira. ¡ E de balde!

Pepeto. -Entón, trato feito.

Reporteiro. -Logo, ¿xa firma vostede definitivamente polo Muros F. C.?

Pepeto. -Por suposto, e agora imos comer máis desas.

Presidente. -Tódalas que queira, señor Pepeto.

Reporteiro. -E con esta importante exclusiva devolvémo-la conexión ós estudios centrais.

Pachín: E con esta noticia damos por... (Soa o telé fono.). Perdón, (escoita). Señores e señoras, acábanme de comunicar que o grupo musical infantil Caramelo-Plis xa foi liberado e cunha actuación del poñemos punto final a este telexornal .

Socorro Tajes Fernández,
" Telexornal ningunha edición " en 5 pezas para pícaros
Fontel Edicións.

* Comentario do texto

2.- Completa este cadro sobre as accións ou as personaxes da peza.
Xustifica a túa resposta con palabras do texto.
AfírmaciónCertoFalso Xustíficación
- O telexornal está a acabarx---e esta é a última notícia.
- O Club que quere fichar a Pepeto é o C. D. Ourense.---xMuros F. C.
- O presidente devece por face-la fichaxe.x---facemos todo o que podemos
- A Pepeto non lle interesa o asunto económico---xdebo estudiar o asunto económico
- A nena intenta ser amable con Pepetox---Mándallo o meu pai, que é seareiro seu.
- Pepeto probou a empanada---xsardiña asada
- Pepeto aceptou a ofertax---trato feito

0 autor dunha obra teatral exprésase no texto de dúas maneiras diferentes: o diálogo e as acotacións.

No diálogo o autor dá conta das conversacións entre as personaxes. Nas acotacións prodúcense os comentarios que o autor introduce dando orientacións sobre o decorado, o mobiliario, o aspecto externo das personaxes, os xestos... e aparecen normalmente entre parénteses.

3. - Copia as acotacións que aparecen no texto e di qué indican. Sigue este modelo.

AcotaciónIndica
(Entra unha rapaciña cun cacho de boroa e unha sardiña.)Sae á escena a actriz que interpreta a nena levando.
(Soa o teléfono)óese o son do teléfono
(Come)fai que come
(escoita)fai que escoita

4. - A linguaxe empregada no teatro ten unha serie de características especiais. Xustifica con palabras do texto estas afirmacións.

 A linguaxe teatral adoita ser viva, porque hai moitas exclamacións e preguntas.

Suliña no texto:
Reporteiro. -¿ Ten algo novo que contarnos, señor presidente?
Pepeto. -!Non me fagas rir!
¡ Um, um! ¿Que é?
Pepeto. -¿E esas hainas aquí?
Presidente.- ¡E de balde!
Reporteiro.- ¿xa firma vostede definitivamente polo Muros F. C.?
 A linguaxe teatral adoita ser viva, porque as frases son xeralmente curtas.
Ler as frases curtas
Exemplos:
Reporteiro. -¿ Ten algo novo que contarnos, señor presidente?

*0 léxico da nosa lingua
Siglas e acrónimos
As siglas son termos que se formaron a partir da unión das letras iniciais das palabras dun sintagma. Normalmente, designan nomes de entidades, de documentos, de partidos políticos...

Asociación de Pais de Alumnos -> APA

5. - Abrevia en forma de sigla os sintagmas do recadro.

Converxencia Intersindical Galega - Sociedade Anónima - Servicio Público - Organización Non Gubernamental - Número de Identificación Fiscal - Mesa pola Normalización Lingüística - Comite Olímpico Internacional

C.I.G. - S. A. - S. P. - O. N. G. - N.I.F. - M. N. L. - C.O.I.

As siglas escríbense con maiúsculas e sen puntos.
 Este é o emisario da ONU.

 O COI organiza as olimpíadas.

 As siglas non varían aínda que se refiran a un plural

 Viaxarei ós EUA.

 Preciso os seus DNI.

Os acrónimos son palabras formadas a partir de siglas que se desenvolveron como substantivos con sentido propio e mesmo poden ter entrada nos diccionarios.

Ovni -> Obxecto Voador Non Identificado
Na radio dixeron que onte se vira un ovni.

6.- Escribe o acrónimo que xurdiu dos seguintes sintagmas.
Tren Articulado Lixeiro Goicoechea Oriol - > Talgo.
Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida...> ...
- Busca estes acrónimos no diccionario e escribe unha oración con cada un.

Os acrónimos escríbense con minúsculas cando constitúan un nome común.
 0 pescador instalou un sonar no seu barco.
so/und na/vigation r/anging.
A letra inicial debe ser maiúscula cando é un nome propio.
 Falaban sobre a condesa de Fenosa.
Forza eléctrica nor oeste s. a .

7. - Relaciona cada sigla co sintagma correspondente e explica a qué se refire (institución, organización.)
SiglaSintagma Refírese a. . .
1)ONU . . . .Consello da Cultura Galega(3 Consello que serve para...
2)DOGAxudante Técnico Sanitario(4Axudante que asiste ...........
3)CCGOrganización das Nacións Unidas(1 -- > Organización........
4)ATSDiario Oficial de Galicia(2 Periódico oficial de ...
5)OMSOrganización Mundial da Saúde(5Organismo que vela pola saúde do mundo.

8. - Forma unha lista con tódalas siglas e os acrónimos que coñezas.
(escribe ó lado o sintagma ó que corresponden).
- Escribe oracións nas que aparezan todos estes termos.
BOE --> Boletín Oficial do Estado
PSOE -->
PP -->
URSS -->
USA -->
RAU --> SEAT --->

* Desenvolvémo-lo vocabulario

Imos ampliar e precisa-lo vocabulario referido ós nosos gustos e ás nosas fobias.
9.- Consulta o seu significado no diccionario e completa as oracións seguintes axeitadamente.

Observa e aprende:
IncorrectoCorrecto
interésinterese
pasiónpaixón
placerpracer
rencorrancor
. Eles gozaron moito vendo aquela película tan boa.
. ... ... ... que non veñas cando te chamo.
. Non me .. .. .. .. as explicacións que me deches.
. Eu .. ... .. . por volver a aquel magnífico restaurante.

10.- o sufixo -fobia significa "medo ou aversión por algo".
Repara no exemplo e continúa relacionando. Consulta o diccionario.
PalabrasTer medo a. . . Oración
1)fotofobiaauga(2 Non vai a praia porque ten hidrofobia(2
2)hidrofobiaespacios pechados(5Non vai en ascensor por ter claustrofobia(5
3)zoofobiaespacios abertos(4 Non sae da casa por ter agorafobia(4
4)agorafobia animais(3Nunca foi ó zoo por..(3
5)claustrofobialuz(1Leva lentes de sol porque ten fotofobia.(1

11 . - Relaciona as palabras dos dous cadros e fai oracións.
Palabra . Persoa á que lle agradan...
A. Numismático
B. Bibliófilo
C. Cinéfilo
D. Filatélico
. B  os libros
C  O cine
D  os selos
A  as moedas

Exer 12. - Completa as oracións coas expresións coloquiais que cumpran.
Explica despois o seu significado.

Pasa-las de Caín - Enche-lo ollo
Poñer mala cara - Andar de foliada

. En canto o vin no escaparate encheume o ollo e merqueino.
. "Enche-lo ollo" significa "gustar".
 Aínda que ti ..........., tes que face-la túa cama.
 Para chegarmos á meta coa roda pinchada, .......
 Hoxe estamos cansos porque onte........
SOLUCIÓN:  Aínda que ti ..... pos mala cara...., tes que face-la túa cama.
 Para chegarmos á meta coa roda pinchada, .... pasámo-las de Caín .
 Hoxe estamos cansos porque onte ....andamos de foliada. (=saímos )

*Reflexión sobre a lingua
O predicado
A oración está constituída por un suxeito (realiza a acción) e un predicado (acción realizada polo suxeito).

O predicado dunha oración está formado por un núcleo e uns complementos. O núcleo é sempre un verbo en forma persoal que concorda co suxeito.

O predicado pode ser de dous tipos: o predicado nominal (PN) e o predicado verbal (PV).

Para distingui-los dous tipos de predicado, cómpre observa-lo núcleo do sintagma verbal; é dicir, o verbo. Agora estudiarémo-las súas características.

Predícado nomínal
Fíxate nestas oracións e, especialmente, nas palabras destacadas.

Os alumnos están cansos. Esta comidaé nutritiva
S Verbo Atr . S VerboAtr
SuxeitPN________ . Suxeit PN________

Os verbos están e é son o núcleo do PN e serven de enlace entre o suxeito e un complemento (atributo). Este atributo expresa unha calidade ou estado do suxeito.

Polo tanto, o predicado nominal é aquel que ten como núcleo un verbo copulativo; é dicir, verbos como: ser, estar, parecer, semellar...

Predícado verbal ( = PV )

Os nenosxoganesta tarde no parque
SVerboComplementos
Suxe. PV__________
Miña nailevoua Carme á feira
S V Complementos
Suxe. PV__________

Nestas oracións, os núcleos verbais (xogan, levou) indican o que fixo o suxeito (os alumnos, miña nai). Estes verbos teñen significado propio e adoitan aparecer con complementos (no parque, a Carme. . .) que amplían a información. Son os denominados verbos predicativos.

Daquela, o predicado verbal é o que ten como núcleo un verbo predicativo (todos excepto verbos como: ser estar semellar parecer ...).

* 13.- Selecciona o verbo das seguintes oracións e di se o predicado é nominal (PN) ou verbal (PV).
 Eles son uns indesexables. -> son -> PN, Atr= uns indesexables
 Laura viaxou a Lugo. -> viaxou -> PV, CC de lugar= a Lugo
 Ela busca o libro na biblioteca. -> busca -> busca, OD = o libro, CC de lugar = na biblioteca
 Os amigos de Ana parecen simpáticos. -> PN -> parecen, Atr = simpáticos
 Eu pedinlle un bolígrafo a Xoán. -> PV -> pedinlle, OD = un bolígrafo, OI= a Xoán
 Xurxo semella triste. -> PN -> semella, Atr = triste
 Nós atopamos un canciño na rúa. -> PV -> atopamos, OD = un canciño, CC de lugar = na rúa

14.- Relaciona os seguintes elementos para formar oracións con predicado nominal e con predicado verbal. Faino segundo o modelo.

SuxeitoVerboComplementos
1)Meu paiviaxaron(4mazás a diario(2.
2)Eusemella(3máis alto.(1
3)A túa amigaé(1contenta.(3
4)Elescomo(2a Vigo onte.(4

Meu paí é o máis alto.; Verbo: é. Predicado Nominal: = máis alto

Complementos do predicado

O predicado está formado polo núcleo (verbo) e polos complementos.
Observa:
ComplementosOraciónsCaracterísticas
Obxecto directo (OD)Antón mercou unha lambetadaSobre el recae directamente a acción expresada polo verbo
Obxecto indirecto (Ol)Alberte deu as gracias a todos. É o destinatario da acción verbal. Adoita ir introducido pola preposición a
Atributo (Atr)Meu pai é felizAparece con verbos copulativos, e expresa unha calidade ou un estado do suxeito.
Complemento predicativo. (Pvo)O neno chegou canso.Fai referencia ó suxeito e ó verbo ó mesmo tempo.Pvo =Predicativo = canso concerta en número e xénero co suxeito que é neno.
Complemento axente. (Ax)Esta película foi dirixida por PedroAparece en oracións en voz pasiva indicando o autor da acción.
Complemento circunstancial. (CC)Os meus amigos chegarán mañáIndica as circunstancias de lugar, de tempo, de modo, de cantidade... nas que se produce a acción.
82-páx

Tipos de oracíóns segundo a relación suxeíto predícado

Observa estas oracións.

Os tres exemplos teñen en común que son predicados que non veñen acompañados por un suxeito, pero son oracións moi diferentes.

A oración A é unha oración con suxeito ou oración persoal (como as que temos visto ata agora). Este suxeito, chamado suxeíto elíptico, non aparece expresado, senón que vén indicado polos morfemas persoais do verbo.

A oración B é unha oración unipersoal, xa que o verbo só se conxuga na terceira persoa de singular.

Sucede isto cos verbos meteorolóxicos (chover, nevar, orballar..):

Tamén con determinadas construccións dos verbos haber, facer, ír.
A oración C é unha oración impersoal. Non se coñece ou non interesa resalta-lo suxeito. Moitas destas oracións constrúense co pronome se e o verbo en terceira persoa.
Acti 15.-.- Indica se estas oracións son persoais (P), unipersoais (U) ou imper- soais (l). Xustifícao.
 Ela ten moita fame. ; P
É unha oración persoal porque ten suxeito (Ela), e ademais está expreso.

 Nevou moito esta noite. ; U -> 3ª pers sing.
 Hai caldo e guiso de bacallao. ; U ->
 Gástase moito diñeiro aquí. ; I ->
 Hoxe viredes á miña casa. ; P ->
 Danse clases de inglés. ; I - >
 Xurxo non participou no campionato. ; P ->
 Esta mañá orballou na miña vila. ; U ->
84-páx

*Actividade 16.- Escribe o infinitivo dos seguintes verbos e indica se son regulares ou irregulares.

  • Forma verbal - Infinitivo - Tipo
  • haxa - ........ ........
  • gravaron ......... .........
  • vallades ......... .........
  • trouxestes ......... .........
  • fose ......... .........
  • varría - varrer - regular
- . - SOLUCIÓN:
Forma verbalInfinitivoTipo
haxahaberirregular
gravaron gravarregular
valladesvalerirregular
trouxestestraer "
foseser / ir "
varríavarrerregular
. Recorda que os verbos galegos rematados en -cer -ucir e -uír
IncorrectoCorrecto
obedezcoobedezo
traduxotraducíu
destruíamosdestruamos
- Escribe tres oracións correctas empregando as formas en bo galego.
Parroquial de Ferreira do Valadouro Activ. 17.- Indica cales dos seguintes verbos son regulares e cales irregulares.
Exemplifícao segundo o modelo. presente, perfecto, 3ª persoa de singular do Futuro.
VerboRegularIrregularExemplo
Facer...xFago, fixen, fará
Saber...xsei, souben, saberá
Deberx...debo, debín, deberei
Andarx ...ando, andei, andarei
Estar...xestou, estiven, estarei
vir...x vou, fun, irei
Cantarx...canto, cantei, cantarei
Querer...xquero,quixen, quererei

Exér 18.-Fai as transformacións necesarias nestas oracións con verbos en presente a oracións con verbos en pretérito perfecto.

 Hoxe son a persoa máis feliz do mundo.
Naquel momento fun a persoa máis felíz do mundo.
 Agora non podo colaborar nese proxecto. Resposta: Onte non puiden...
 Non hai posibilidades de victoria. R.: Non houbo ...
 Eu dou tres voltas ó campo no adestramento. R.: Eu dei ...
 Eles hoxe van a pé ata a fraga. R.: Eles onte foron ...
 Esta semana estou bastante enfermo.R.: Esta semana estiven ...
 Antón vén despois do partido da televisión.R.: Antón veu ...
 Vós sempre dicíde-la verdade.R.: Vós sempre dixéste-la verdade ...

Actividade 19.- Transforma estas oracións mudando os verbos á primeira persoa correspondente. Fíxate no exemplo.
 Eles traen as caixas no camión.
Eu traio as caixas no camión.
 Nós non cabemos nese asento. Eu non caibo..
 Nós oímos moi ben o discurso. Eu oio ...
 Eles sempre caen nos seus enganos.Eu sempre caio..
 María non vale para iso. Eu non vallo..
 Vós sabedes toda a verdade. Eu sei..
 Ela agora un paseo pola praia.. Eu dou..

Exér 20.- Completa estas oracións coa forma verbal que corresponda.
 Cando ..(saír).., levade os paraugas. .--- > saiades
 Díxome que ..(ir).. á súa casa en canto poidas. - -> vaias
 Estaba castigado porque non ..(facer).. os deberes. -> fixera
 Gañaron o partido porque ..(ter) .. moita sorte. - > tiveron
 Preciso un traballo que non .(ser). duro. - -> sexa
 Non o .(dicir).. ata que ti mo permitas. - -> digo
 Iremos de pesca cando ..(haber) ... bo tempo. - - > haxa
 Cando sexas grande, ti tamén (poder) conducir. - - > poderás

Exér 21.. Crea oracións coma as do modelo (cun verbo en futuro de indicativo e outro en presente de subxuntivo). Emprega as parellas que che propoñemos.
  • ir + ter - -> Irei á cama cando teña sono.
  • facer + vir - -> ..... cando ......
  • dicir + estar - -> ....cando .....
  • facer + poder - -> ... cando ....
SOLUCIÓN:
ir + terIrei á cama cando teña sono.
facer + virFareino .. cando ...... veñas
dicir + estarDirei a verdade...cando ... esteas aquí
facer + poderFarémolo.. cando .... podamos

Exér 22.- Escribe de novo estas oracións corrixindo os erros que atopes nos seus verbos.
Oracións incorrectas. - - - - - - - - - -> Oracións correctas.
 Eles dicen que ti eres un rapaz moi traballador - - - -> Eles din que ti es ...
 Non faceremos nada ata que esteamos preparados. . -> Non faremos ....
 Din moitas voltas no coche ata que puiden aparcar. - - ->Dei . . .
 Só poderá axudarme quen seipa a solución. - - >Saiba . . .
 Souben onte que el viu de Lugo no mesmo tren ca min. ->Souben onte que el veu . . . .
 Se estuvera alí, podría ir á praia fluvial. - - ->Se estivera alí, podería . . .

Repara nas irregularidades que presentan estes verbos no presente de indicativo.
SeguírDurmir
sigodurmo
seguesdormes
seguedorme
seguimosdurmimos
seguidesdurmides
seguendormen
Conxúganse coma seguir, entre outros, os verbos ferír, mentir ou servir.

Conxúganse coma durmir, entre outros, os verbos cubrír, fuxir, subir, sufrir ou xurdir.

- Corrixe os erros
.Creo que ela minte ----> Creo que ela mente.
.Ás veces xúrdenme ideas.-->Ás veces xórdenme ideas.
.Iso non me sirve para nada -->Iso non me sirve para nada.

Ortografía
O acento diacrítico
Existe un bo número de parellas de palabras que só se poden diferenciar na escrita se unha delas leva acento gráfico. Este acento, que non se corresponde coas regras xerais de acentuación denomínase acento diacrítico.
Sen acento diacríticoCon acento diacrítico
a(artigo, prep.): Vou ir a Marín a semana que vén.á(art.+pre, de ave): O paxaro ferido na á caeu á ría.
ca(conxunción): Ela ten máis fame ca min.(ca + a artigo): A túa bici é máis vella miña.
co(con + o artigo): Estou co teu amigo Antonio. (ca + o artigo): Este coche é máis vello teu.
da(de + a artigo): O espello está enriba da mesa.(pres ind. de dar): Ela sempre paseos por aquí.
mais(conxunción): Díxenllo, mais non me fixo casomáis(adv. cantidade): Ela é máis lista do que parece.
nos(pron. átono: Non nos importa o que penses.nós(pronome tónico): Iso só o sabemos nós.
o(artigo): Xa rematei o exercicio. ó(a prep. + o artigo): Sentei ó lado de Lucía.
oso(animal): Aquel artigo falaba do oso polar.óso: Non me gusta a carne con óso.
pe(nome de letra): Óptica escríbese con pe.(do corpo): Déchesme unha patada no .
pola(galiña, por + a): A pola anda pola horta.póla(rama): Había un neno enriba daquela póla
presa(presada): Colleu unha presa de caramelos.présa(apuro): Levo présa; xa falaremos despois.
ven(verbo ver): Con esta luz, eles non ven nada.vén(verbo vir): Ela vén á miña casa os luns.
vos(pron. átono): Non vos vaiades aínda.vós(pronóme tónico): Vós xa sabedes como é ela.

Activid 23.- Introduce adecuadamente nestas oracións as seguintes parellas de palabras diferenciadas polo acento diacrítico.

 Desde o tren que ......... por alá, os viaxeiros .. ..... ben todo o val.
 A ...... el non .... ... d ixo iso.
 Dille ..... túa amiga que ......... película xa comezou.
 Vin unha serpe moverse .... . desta árbore.
 Pasar por diante ....... docería sempre me.....fame.
 Onte levei ......... can ......... veterinario.

RESPOSTAS:
 Desde o tren que ... vén .... por alá, os viaxeiros .... ven ... ben todo o val . (vir - ver)
 A ... nós .... el non ...nos ... dixo iso . (tónico - átono)
 Dille ...á ..... túa amiga que ...a.... película xa comezou. ( a+artigo, artigo)
 Vin unha serpe moverse ....pola....póla..... desta árbore. (pre + art. , rama)
 Pasar por diante ....da..... docería sempre me ........ fame. (pre + art, verbo)
 Onte levei ...o.... can ....ó.... veterinario [ ó, ( a pre+o arti)]

Uso da coma
Act. 24.-Relaciona cada norma sobre o uso da coma co exemplo que lle corresponde. Fai despois unha nova oración para cada caso.

Escribimos comaExemplo
1)Cando se alterou a orde lóxica da oraciónXa chegaron, polo tanto, podemos comezar.(4
2)Cando se fan incisos ou aclaraciónsEla volverá esta noite e eu, mañá.(3
3)Cando suprimímo-lo verboA túa nai, dálle recordos.(1
4)Cando usamos expresións como: polo tanto, en cambio, sen embargo...Aquel neno, o roxo, meu irmán(2.

ORTOGRAFIA USO DOS DOUS PUNTOS

1º C. Relaciona cada nome co exemplo que lle coresponde. Despois, engade outros exemplos para cada unha.
Norma: escribimos dous puntos. Exemplos
a)Ante de iniciar unha enumeración. ...................... . .... . . .c)Iria díxome: <>
b)Antes de introducir un exemplo ou unha advertencia. ......... d).Querida Luisa: ¿Como estás?
c)Antes de citar textualmente un fragmento ou unha expresión. .a)As estacións do ano son: primavera, verán, outono e inverno.
d)No encabezamento dunha carta. .. .... . .... . .b)Debes comer moita froita, por exemplo: laranxas, maz s, peras,..

USO DAS MAIÚSCULAS
1º C. Observa estas normas de uso das maiúsculas e engade outros exemplos para cada caso.
Normas: Úsanse maiúsculas en.... Exemplos
Os nomes dos acontecementos históricos . .Revolución Francesa, Constitución do 1812.
Os nomes de premios e condecoracións . .Premio Novel de Fisica, Premio de Ouro
As reunións, tratados e documentos políticos . .Estatuto de Autonomia. Pacto de Varsovia. Xogos Olímpicos de Atlanta
As disciplinas académicas . .Facultade de Dereito, Matemáticas, Linguas
Os puntos cardinais . .Norte, Sur, Leste, Oeste, América do Norte.
Despois dos dous puntos nos encabezamentos das cartas. .Apreciable compañeira: Unhas letras para notificar ...
Cando se cita textualmente . .O xuiz dixo: "Xulgarei a tempo"

USO DO GUIÓN: SEPARACIÓN DE PALABRAS A FINAL DE LIÑA
Fíxate como facémo-la separación de palabras a final de liña e aprende a norma.

Actividade 25.- Escribe as comas que faltan nas seguintes oracións e indica a norma que seguen en cada caso.
 Con Marta fun cine o luns pasado.
 Ela non escoitou o que dixeron en cambio eu si.
 0 teu amigo o que estivo hoxe connosco tivo un accidente.
 Pedro estudia Dereito e Marta Matemáticas.
 Comezou o curso polo tanto temos que ir a escola.
 Os domingos xogarémo-los partidos a partir de agora.
 0 elefante ese enorme plantígrado vive en África e Asia.
 Eu comprei moitas cousas e miña nai poucas.

Correxida a ACTIVIDADE. Segue a aclaración.
 Con Marta, fun ó cine o luns pasado. Cómpre que escribamos coma cando se alterou a orde lóxica da oración.
 Ela non escoitou o que dixeron , en cambio, eu si. Cando usamos expresións como: polo tanto, en cambio, sen embargo
 0 teu amigo, o que estivo hoxe connosco, tivo un accidente. Cando se fan incisos ou aclaracións.
 Pedro estudia Dereito e Marta, Matemáticas. Cando suprimímo-lo verbo
 Comezou o curso, polo tanto, temos que ir a escola. Cando usamos expresións como: polo tanto, en cambio, sen embargo
 Os domingos, xogarémo-los partidos a partir de agora. Cando se alterou a orde lóxica da oración.
 O elefante, ese enorme plantígrado, vive en África e Asia. Cando se fan incisos ou aclaracións.
 Eu comprei moitas cousas e miña nai, poucas. Cando suprimímo-lo verbo
Finalmente, contrastade as correccións e aclaracións.

Lingua e comunicación

Representacíón do texto teatral
Actividade 27.- Propoñémosvos que representedes unha obra de teatro entre tódolos compañeiros de clase seguindo estas indicacións.
- Buscade o texto completo de Telexornal ningunha edición de Socorro Tajes Fernández, ou, se queredes, outra pequena peza que vos guste.

Me gusta cantar, me gusta bailar; soñar, pensar,  estudiar..., actuar e a todo mundo axudar. UN para todos e TODOS para UN.
- Repartide as diferentes tarefas de xeito que todos participedes.
TarefaFunción
Director/aCoordinar toda a representación teatral.
Responsable do escenarioPrepara-lo escenario con mobiliario, decoración e todo o que axude a ambienta-la obra.
Actores e actricesMemorizar e representa-las personaxes da obra
Apuntador/aRecorda-los textos que se esquezan durante a representación.
Responsable da música Seleccionar fragmentos musicais para o inicio e o final, ou para momentos clave da obra.
Responsable do vestiario Selecciona-la roupa e os complementos de acordo coa época na que se sitúan os feitos.
Público Asistir e presenciar atentamente a representación (tamén pais, amigos...)

Act. 28.- Representade a obra e gravádea en vídeo para comentala despois.

Act. 29.- Expoñede en común as vosas opinións e facede unha valoración dos seguintes aspectos.
- A interpretación dos actores (boa, regular...).
- A pronuncia e a entoación.
- A adecuación do vestiario, da música...
- A coordinación de todos en escena.
- A escenografía (pobre, suficiente...).
- O resultado final e a acollida do público.
- Valoración global da experiencia.

 Técnicas de estudio

A área de Ciencias Sociais
Para estudiar un tema da área de Ciencias Sociais, é fundamental que,a partir dos textos de traballo, elabóre-los teus propios resumos. Para isto, podes aplicar dúas técnicas que che permitan buscar e lembra-las ideas esenciais: o subliñado e o esquema.
TextoPasos do subliñado Esquema
A biosfera é a zona da superficie terrestre e a zona da atmosfera en contacto con esta superficie na cal é posible a vida. Podemos distinguir tres zonas na biosfera: a litosfera a hidrosfera e a troposfera.

A hidrosfera constitúe a capa superior da codia terrestre. Tanto as terras emerxidas como os fondos mariños forman parte da litosfera.

A hidrosfera está formada polas augas que cobren o planeta.

A troposfera é a capa de atmosfera duns dez quilómetros de altura, que está en contacto coa superficie terrestre. Nesta capa prodúcense os fenómenos meteorolóxicos.

-Ler atentamente o texto para indentifica-la idea central de cada parágrafo.

-Buscar no diccionario as palabras que non se entendan.

- Ler de novo para obter unha comprensión global do texto.

- Subliña-las palabras clave(normalmente, substantivos e verbos).

- Escribi-lo esquema, tendo en conta as palabras subliñadas no texto.

  • BIOSFERA
    • Litosfera
      • Formada por ...
      • Situada en..
    • Hidrosfera
      • Formada por ...
      • Situada en ...
    • Troposfera
      • Formada por ...
      • Situada en ...

Actividade 30.- Fai un esquema coas ideas esenciais deste texto. Sigue o modelo que acabas de estudiar.

A sociedade da antiga Roma era diferente da nosa sociedade actual. Naquela época consideraban que algúns homes eran seres inferiores e que podían ser empregados como instrumentos de traballo. Por isto, podemos afirmar que había dúas clases de persoas na sociedade romana da época clásica: os homes libres e os escravos.

Os homes e mulleres libres podían ser patricios ou plebeos. Os primeiros eran o grupo social dominante. Tiñan grandes riquezas e explotaban a man de obra escrava. Os plebeos, pola súa banda, eran unha clase media e traballaban no campo ou na cidade a cambio dun pequeno soldo.

Os escravos eran a base económica do imperio xa que, sen recibiren ningún soldo, traballaban nas propiedades agrícolas, na artesanía, como empregados domésticos... e mesmo podían ser vendidos. Eran escravos os fillos dos escravos, moitos condenados polos tribunais e tamén os prisioneiros de guerra.

Na área de Ciencias Sociais son moi importantes os gráficos, as fotografías... Á hora de estudiar, é importante que prestes moita atención a todos estes elementos para a comprensión global do tema.

A lingua literaria
A narrativa: a novela

A narrativa é o xénero literario no que o autor presenta uns feitos reais ou imaxinarios a través dun relato. A prosa é o medio expresivo da narrativa. A novela, o conto e a lenda son os principais subxéneros narrativos.
Para caracteriza-la novela, leremos este texto.
" Sentiu voces e brados na hospedería. Os seus compañeiros estaban a facer exercicios coas ar mas. Gundesteo amostraba o tórax espido, como se a friaxe non fose con el.
- ¡Veña, Maeloc! -berroulle-. Non se fai así un soldado. Colle a túa espada.
Tivo que acceder. (...) Por uns instantes cambiou golpes co seu impetuoso compañeiro, con tanto empeño que chegaron a suar. Eran golpes estudiados de defensa e ataque, imprescindibles para o combate corpo a corpo. (...) Algúns monxes, e con eles o xograr, estábanos a ollar desde a porta".
Xoán Bernárdez Vilar, No ano do cometa.
Repara en que alguén (narrador en terceira persoa) nos expón uns feitos (o adestramento duns soldados) e unhas personaxes (Maeloc, Gundesteo, monxes, xograr...) nun tempo(deducimos que a Idade Media: espadas, monxes, xograres) e nun lugar (unha hospedería) determinados.

A narrativa é o xénero que relata os feitos ou ímaxinaríos, que realízan unhas personaxes, nun tempo e nun espacio determinados.

Elementos Características
Estructura narrativaA narración dos feitos segue unha orde, que adoita responder a este esquema:
-Introducción: é o inicio dos feitos; preséntanse as personaxes, a situación, o tempo, o lugar...
- : establécese o conflicto polo cal se desenvolverá a acción.
- Desenlace: é o final da historia e, polo tanto, a solución ó conflicto presentado no nó.
NarradorQuen conta a historia é o narrador e faino desde un determinado punto de vista. Por exemplo:
- Narrador omnisciente (3.a persoa): non intervén na historia e sabe o que senten as personaxes.
- Narrador protagonista (1.a persoa): é protagonista da historia e, ó mesmo tempo, quen a explica.
- Narrador testemuña (1.a ou 3.a persoa): é un espectador que simplemente explica o que ve.
PersonaxesSegundo o grao de participación clasifícanse en:
- Principais: as súas accións dirixen o relato: Brancaneves (protagonista), madrasta (antagonista).
- Secundarias: xiran arredor das principais e contribúen á acción: ananos, príncipe.

Segundo a caracterización clasifícanse en:
- Planas: non evolucionan ó longo da narración: Brancaneves. - Redondas: son máis complexas e evolucionan: Balbíno (de Memorias dun neno labrego).

AmbientaciónOs feitos narrados sitúanse nun tempo e nun espacio determinados:
- O espacio é o lugar onde se localiza a acción.
- O tempo vén determinado pola época en que se desenvolven os feitos.

A novela
A novela é unha narración que explica uns feitos que suceden a unhas personaxes nun tempo e nun lugar determinados. O tema é o contido principal ou idea que quere transmitir quen escribe, ou que se desprende da lectura do texto (o amor a vida no campo, un crime. . .)
Novela CaracterísticasExemploArgumento
Aventuras - Explica unha historia chea de situacións arriscadas e perigosas.
- Pode situarse no presente ou no pasado.
- O protagonista adoita ser un heroe capaz de superar calquera risco
Darío Xohán Cabana, As aventuras de Breogán Folgueíra Mal sabía Breogán, un esperto rapaz de catorce anos, que ía compartir aventuras con Amadís de Gaula, D' Artagnan, Pegaso ou o mesmo Rambo
Histórica- Relata un episodio da historia.
- As personaxes históricas son reais.
- Poden aparecer elementos ficticios.
Ramón Otero Pedrayo, A romeiría de Xelmírez.Corre o século XII. 0 arcebispo Xelmírez viaxa por Europa camiño de Roma para solicita-la dignidade do Palio para a sé compostelá. Unha Galicia europea participa da cultura do seu tempo.
Negra ou policíaca - Narra as investigacións sobre un feito misterioso (asasinato, desaparición...).
- A personaxe principal adoita ser un policía ou un detective.
-As persoaxes secundarias son os sospeitosos ata que se resolve o caso.
Carlos G. Reigosa, Crime en Compostela.Un importante constructor aparece morto nunha céntrica rúa,compos- telá. Nirvado Castro, home arriscado e ben relacionado, será o encargado de descrubri-la identidade dos culpables rastrexando nos ambientes nocturnos da cidade.
Realista - Reproduce feitos, personaxes e escenarios con intención de que teñan aparencia de ser reais.
- Ofrece un retrato fiel da época.
Eduardo Blanco- Amor, A esmorgaUnha mañá de luns, Cibrán cambia a sorte da súa vida ó unirse a dous coñecidos seus que volven da esmorga da fin de semana.
Fantástica- Os feitos, personaxes e lugares onde pasa a acción están condicionados por factores que non pertencen ó mundo real (animais que falan, poderes máxicos...) Álvaro Cunqueiro, Merlín e familia Felipe de Amancia foi paxe de Merlín cando este se veu retirar a Galicia, no seu pazo de Miranda. Felipe, xa ancián, nárrano-las diversas historias extraordinarias que ocorreron no tempo en que serviu ó célebre mago.
Ciencia - ficción - Os feitos desenvólvense nun mundo inventado, situado, normalmente, no futuro da humanidade.
- O avance científico configura as características deste mundo.
- Dótase ás personaxes de medios técnicos inexistentes na actualidade.
Ramón Caride Ogando. Soños eléctricos.A terra no futuro distante. Non existe a natureza, só o deserto. A poboación concéntrase no interior das cidades, illadas do exterior e controladas por complexos sistemas cibernéticos. Os investigadores pescudan sobre a vida de Stevo o creador da Neo-revolución

*****
Activi 31 . Le detidamente estes fragmentos de tres novelas distintas.
*A
" Sen agarrarme, pero si con xestos moi claros, os dous seres que acompañaban a Dionisio convidáronme a saír por un portelo a rentes do chan. O que vin era tamén moito máis fantástico ca calquera película: raves espaciais por todas partes, escintileos de luz de tódalas cores que poidades imaxinar e centos de seres coma os que coñecera na nave." Olegario Sotelo Blanco: A volta ós mundos de Tucho

*B
"Cando cheguei ó lugar en que o túnel entroncaba na parede do pozo, a luz era case cegadora, mais aínda así puiden ver a Daúro, porque el e non outro era o estraño ser que tiña diante. Non era outra cousa máis que o dragón máis grande que, seguramente, ninguén vira antes." Xabier P. Docampo , O país durminte.

*C
"Iamos loitar contra o Islam, os enemigos de Deus, para salvar os cristiáns que vivían alí. Don Fernando estivo tres longos e solemnes días suplicando axuda ós pés do Apóstolo. Despois partimos. Era a principios de xaneiro, baixo o frío e a chuvia. Tamén era a primeira acción importante na que tomaba parte don García. Con nós estaban igualmente os seus irmáns, a raíña doña Sancha, don Cresconio, o bispo de Lugo... "
Xoán Bernárdez Vilar, No ano do cometa.

- Indica, nun cadro coma o que che propoñemos, en qué tipo de novela situarías cada fragmento de acordo co seu tema.
TextoTipoXustificación
*A....
*B....
*C....
SOLUCIÓN:
Exér 32 .Resultados Texto (A, B,C ) Tipo (ciencia-ficción, fantástica, histórica) e xustificación debido a que.
- Dá exemplos dos diferentes tipos de novelas con títulos que ti teñas lido.
*****
Actividade 32.- Le estes fragmentos.

A1
" Nun cuarto hai dúas mesas de despacho enfrontadas. Nunha delas está sentado un home duns corenta e algo de anos ten gafas de pasta marrón e tapa a calva pasando os pelos de lado a lado. Diante de si ten un xornal aberto e enriba un boleto que mira atentamente cun boli na man. Xunto á fiestra un individuo máis novo de barba negra ten aberto un caixón dun arquivador e asubía distraído mentres axexa a rúa por entre a persiana. (...)
O que está sentado rompe a tusir dobrado sobre a mesa. Tose e tose. O de barbas mira para el e logo achégase a darlle uns golpiños no lombo".Suso de Toro, Ambulancia.

A2
" Baixo a luz caduca dun farol o Pedro despedíuse do Paulino e o Chanflú, rapidamente, e comezou a cruzar a Praza do Conde amaldizoándose con todas as forzas da alma, pisando con xenreira as lousas da praza, como a si propio querería pisarse por se ter deixado levar dunha cobiza louca que agora o obrigaba a abandonar o mellor da súa vida, a amizade daqueles homes que desde os anos da neneza lle foran fieis, os únicos seres que abofé amaba nesta arrastrada vida..."
Xavier Alcalá, Ínsua

A3
"Pasábame os días na ponte e pola ribeira do río descuidando o chocolate de meu amo, e esquecíame de sacarlle brillo ás fibelas de prata, de pór a refrescar o viño branco, de engraxar a escopeta... Todas as miñas obrigas quedaban para mañá!"
Álvaro Cunqueiro, Merlín e família
-Completa un cad
TextoTipoXustificación
A1....
A2....
A3....
SOLUCIÓN: A1= testemuña, A2= omnisciente, A3= protagonista.

.Actividade 33. - Le este fragmento e responde ás cuestións
“ 0 cacique da vila chamábase don Andrés,e non era político por ideas senón por encher de diñeiro as gabetas. Por fóra ase mellábase ós cambistas da vella pintura flamenga, e por dentro tamén. A súa casa era unha tenda de diñeiro para vender pesos a sete pesetas, e cando se achegaba unha vítima collíanlle os beizos un aquel o de ledicia, coma se Ile rañasen os proídos do lombo; pero na faciana cndcxamáis se lle posou a risa limpa dos homes de ben. Era moi ruín o camanduleiro, e tiña tanta xente collida nos seus papeles que ademáis de noxo daba medo.
Castelao, Os dous de sempre
- Sinala o adxectivo que mellor defina á personaxe do fragmento. Xustifica con palabras do texto a túa elección:

- Don Andrés é unha personaxe plana na obra Os dous de sempre. Transfórmao en personaxe redonda, continuando o texto e propoñendo a evolución do seu carácter.


Comentario de textos
“ E andaba Rosa á caza dun rato, que Ile metía grima sabelo na casa e que todo o tocaba e uliscaba. E tiña a cociña coma unha patena, sen chisco de lixo nos currunchos nin nos baixos dos mobles, e o chan fregado con lixivia e brillado con cera. E puxo ambientadores con recendo a limón. Das cousas de comer, o que non tiña en frío envolvíao en panos brancos e papel de aluminio, non só o brando senón tamén o que viña na súa lata ou en caixa, como as xoubiñas de La Onza de Oro ou as galletas de María Fontaneda, tal foi a guerra que Ile entrou. E co arrepío de que explorase nas paisaxes azuis dos pratos e pratelas, onde sen ela sabelo se contaba a historia dunha princesa chinesa que fuxiu co ámante prohibido converténdose en rula, antes de ir durmir cubría tamén a vaixela cun mantelo.

Só deixaba, no medio e medio do pousadoiro de mármore, unha rateira co cebo dun anaquiño de queixo.

E ao espertar agardaba un pouco para que home baixase primeiro, temerosa de ver o que xa vira na imaxinación, o corpo escachado polo ferro de resorte. De feito, abría os ollos crendo ter oído o ruído da trampa. Pero a cada mañá encontraba o trebello intacto, agás o cebo, que xa non estaba, todo lambido o gancho. E como o queixo do país era moi mol, mercou un taco de manchego, que non Ile gustaba polo duro, pero papouno todo tamén o rato en pequenas racións. E entón Rosa púxolle chourizo, ben prendido na parte do touciño acurtando ata o límite a distancia do fixador que, ao se soltar, accionaba a rateira, e botou unhas pingas de aceite para facelo máis esvaradío, tan no ar todo que ela mesma tiña medo a se pillar a man. Pero aquel era un demo de becho que non caía (...)”
Manuel Rivas, En salvaxe compaña. Ed. Xerais

*Lectura e comprensión do texto, Emisor-Autor, Contexto, Mensaxe, Canle, Código, Receptor-lector.

• Lectura e comprensión do texto
- Busca no diccionario estas palabras do texto e relaciona
PalabrasSinónimo
1)lixiviabrando(4
2)recendoacalquera animal(6
3)arrepíolíquido desinfectante(1
4)molescorregadizo(5
5)esvaradíoolor agradable(2
6)bechomoito medo, noxo (3

- Consulta tamén no diccionario o significado daqueloutras palabras que descoñezas.

• Emisor-autor
Manuel Rivas é un dos máis destacados escritores da literatura galega actual.
- Busca información (en enciclopedias, libros sobre.... literatura galega, revistas especializadas...) e completa esta ficha .
Nome completo:
Lugar e ano de nacemento::
Estudios: ...:
Títulos de obras súas::
Premios que recibiu: .:
Outras ocupacións: . .:

Contesto
Manuel Rivas é un autor fortemente comprometido co actual progreso da cultura galega, tanto no ámbito do periodismo, como no da literatra.
Como periodista participou e participa na dirección de diversos periódicos e revistas (Díario de Galicia, Luzes...). Tamén colabora con artigos e reportaxes noutros medios.
Como escritor participa no recente apoxeo das nosas letras. As súas obras son traducidas a outras línguas e recibiu os premios máis prestixiosos: En salvaxe compaña (1994, Premio da Crítica) ou ¿Que me queres amor? (1996, Premio Nacional de Literatura) .


Se a auga do rio ouro fora viño mouro, as penas de Oirán bo pan e as da Frouseira manteiga.-¿Que ben 
se viviría no VALADOURO

• Mensaxe

- Busca a información que expoña de xeito máis claro o tema deste fra mento e elixe entre os seguintes.
 Rosa alimentá o rato.
 Rosa limpa a cociña .
*  A guerra entre Rosa e o rato .
 0 rato come de todo.
Xustifica a túa elección con palabras do texto.
- 0 texto ten dúas partes ben diferenciadas. Com pleta este cadro.
ParteIdea xeralOracións do texto
1A limpeza da cociña.Comeza en ...
Remata en. .
2A caza coa rateira.Comeza en ...
Remata en. .

  • SOLUCIÓN:
  • 1.-Comeza.-1º paragrafo Remata.-en 1º parágrafo
  • 2.-Comeza.-2º parágrafo Remata.- en 3º parágrafo
* Canle

Este texto está escrito en prosa, medio de exprexión da novela. 0 narrador é moi importante porque é quen explica a historia.
- Indica qué tipo de narrador ten este fragmento.
 Testemuña.
 Protagonista.
*  Omnisciente.
Xustifica a túa rcsposta poñendo exemplo texto (formas verbais, pronomes...)..
Na novela, as personaxes son outro elemento básico.
- Indica razoadamente se os seres do seguinte cadro, que aparecen no texto, son personaxes ou non .
PersonaxesXustificación
SiNon
Rosa...............
Rato...............
Princesa chinesa...............
O home...............

Na novela, ademais de parte narrativa, adoita haber pasaxes descritivas e mesmo dialogadas.
- Ordena cos números 1 , 2 e 3 estas formas de expresión segundo predominen máis (1 ), menos (2) ou non haxa (3) no texto.
2.- Descrición; 3.- Diálogo; 1.- Narración.
- Localiza no texto un fragmento descritivo e extrae os elementos e as técnicas descritivas que se utilizan.

• Código
A ambientacíón da acción que relata o texto está conseguida, entre outras cousas, pola presencia de termos de campos semánticos relacionados coa vida no fogar.
- Completa este cadro sobre os campos semánti- cos que poidas atopar no texto.
Campo semánticoElementos que aparecen no texto
Alimentos xoubiñas, galletas, queixo....
Menaxe pratos, mantelo, ....
Productos de limpeza lixivia , cera, ambientadores

0 recurso do polisíndeto consiste no uso innecesa rio de conxuncións coordinantes (e, nin...).
- Tira do texto tódolos exemplos de polisíndeto que atopes e explica qué se pretende ó usalo.

A linguaxe que se emprega no texto é clara e dun nivel popular.
- Indica o significado destas expresións do texto.

Tiña a cocíña coma unha patena.
 A cociña estaba chea de cousas.
 A cociña estaba moi limpa. *
 A cociña estaba moi sucia

Tal foi a guerra que Ile entrou
 A muller enrabechouse moito
 A cociña parecía un campo de batalla
 A muller declaroulle a guerra ó rato.

Aquel era un demo de becho
 Aquel animal era moi dócil.
 Era un rato con aspecto de demo
 Era un animal difícil de controlar

• Receptor-lector
- Elabora unha pequena continuación do fragmento no que cónte-lo final da historia de Rosa e o rato.
- Reflexiona sobre a actitude da protagonista ante a presencia do rato na súa casa e contesta razoadamente a estas cuestións.
¿Que circunstancias provocarían en ti unha repulsión semellante?

Eu como máis que queixos, máis que pan e agora dádeme  todo o que me falta

Nesta terriña, pretiño de mar ténoche a miña casiña

----CONTINUARÁ---

Visita: www.terra.es/personal/nortegal


Tantas voltas dáche a auga,
na busca do seu destino,
tamén eu dounas cada tarde,
xogando ó balón preto ó muíño.
------


línea de de división

Cadro de versos populares
GALEGO
CASTELAN
Unha froita naceu verde
cor que co tempo perdeu,
o corazón naceu libre,
e a Virxe mo embeleceu.
Una fruta nació verde,
el tiempo la maduró;
mi corazón nació libre,
y la Virgen lo embelleció.
------------------------------------------------

Pinchen para suxerencias, propostas...


volver... -----