Aula 2º

línea de de división

Tema 9.-Contos e poemas
.
------
Nesta unidade estudiarás
Comprendemos
e expresámonos
Ampliámolo
noso saber
Máis sobre
a lingua
Recursos
para aprender
*Lemos
e entendemos.
*O elixir da eterna
xuventude

Lingua oral
Memorización
e recitación
dun poema.

Lingua escrita
Bases dun concurso
literario

*Comunicación
e sociedade

*Historia da lingua

*Lingua literaria
*A didáctica

*Gramática
Predicado:
complemento
axente

Vocabulario
Frases feitas

*Ortografía
Acento diacrítico
Uso do "x", "ll"
e "i"

Técnicas
para mellora-la
comprensión lectora.
Ó final serás capaz de...
-----

Lemos e entendemos Comprendemos e expresámonos

-Reflexionade sobre estas cuestións comentade as respostas nun coloquio na aula

  • Contábanvos contos cando erades pequenos? ¿Buen volos contaba? ¿Os pais, os avós...? ¿Lembrades algún?
  • ¿Sabedes contar contos? ¿Tedes contado algún, por exemplo, a algún irmán pequeno para que adormeza? ¿Gústavos contar contos? ¿Por que?

O elixir da eterna xuventude
1.-elixir: xarope ou licor ó que se lle atriúe un efecto máxico ou milagroso. 2.-innatas:que se teñen desde o nacemento, sen que fosen adquiridas ¿Envellecen os contos? ¿Pásalles coma ás persoas, que a partir dunha certa idade precisan cremas antienrugas? ¿Por eles non pasan os anos? Permítanme, señoras e señores, darlles algunhas respostas. Atrévome a facelo pola miña relación amistosa coas historias que eu mesma conto e ás que lle teño un grande agarimo. Polo tanto, a miña idea sempre foi velas xoves e fermosas para a xente que as escoita, novas e inesperadas, porque así nos transmiten a ilusión de que tamén nós somos xoves e fermosos, novos e inesperados aínda que o tempo pase. Podo dicir que traballo nun desexo antigo. Traballo, coma tantos outros o fixeron antes ca min, no elixirl da eterna xuventude.

A fórmula máxica non pode ser máis sinxela, segundo os canons da boa maxia. A inmortalidade dos contos reside na ansia de comunicar. Os seres humanos buscamos a comunicación para comprendernos mellor e comprender tamén o mundo que nos rodea; pero sabemos que iso non sempre é doado[...]

Pro tamén dispoñemos dun recurso que constitúe outro elemento da fórmula do elixir: a fantasía. Se ás pequenas situacións da vida cotiá, que a miúdo pasan desapercibidas, lles botamos unhas pinguiñas de fantasía, teremos as sementes dos contos. [...] No fondo, as historias contadas sempre son as mesmas. Contos que nos falan de amor, de odio, de risa e de pranto. Non hai historias boas ou malas, como tampouco hai persoas boas ou malas.

Para traballar no elixir da eterna xuventude non se precisa ter calidades innatas2, nin pasar un exame de acceso, nin sequera coñecer os pequenos segredos da maxia. 0 único imprescindible é saber historias e querer contalas. Cada un de nós leva un conto Cada un de nós leva un conto debaixo da lingua, rebuldeiro abondo como para facernos cóxegas en calquera momento e en calquera circunstancia. Daquela, resúltanos moi difícil manter a boca pechada. Só con moita forza de vontade podemos conternos. Se a forza de vontade para calarmos é pouca, cada un de nós vólvese contador ou contadora por uns minutos, por unha noite, por un día enteiro. Hai a quen lle dura meses e ata anos. Isto acontece porque atopou a alguén que escoitou os seus contos, que se emocionou con eles e que, ao mellor, descubriu entre as historias unha en especial que quere ontar á súa vez Así se renova todo, así funciona o elixir..

Señoras e señores, unha vez desvelado o segredo, espero que non o garden. Por favor, non o garden. Vaian espallándoo por aí, berren sen complexos. [. . . ] Créanme se lles digo que calquera está disposto a participar nunha das múltiples caras da inmortalidade, a que nos transmiten os contos de xeración en xeración. E a xuventude é eterna porque, cando se escoita un conto, o tempo non pasa. Confúndese o presente co pasado e co futuro. Isto, na miña opinión, é o máis parecido á inmortalidade.
Paula Carballeira, "O elixir da eterna xuventude".


Tema 9.-E tamén vou
. -----

Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
*Análise dun texto narrativo en
primeira persoa.
*Uso do diccionario.
Lingua e comunicación
*Elaboración un texto en primeira
persoa.
*Os complementos circunstanciais.
*Recoñecemento dos CC.
*Análise e comentario de oracións.
*O complemento axente.
*Uso de "b"e "p".
*Uso das parénteses.
*O xénero dramático: trazos
principais.
*Comentario dun texto
literario.
Ó final serás capaz de...
 Analiza-la estructura dun texto narrativo.
 Empregar correctamente o diccionario e recoñece-los seus diferentes tipos.
 Recoñece-las diferentes acepcións dunha palabra.
 Identifica-lo complemento circunstancial.
 Analiza-los diferentes complementos verbais.
 Recoñece-lo complemento axente.
 Inducir e aplicar normas referidas ó uso de "b" e "v" e das parénteses.
 Elaborar un texto narrativo en primeira persoa.
 Aplicar diversas técnicas para a definición de termos.
 Recoñece-los principais trazos do xénero dramático: personaxes, acotacións...
 Comentar textos literarios.

A información


Ex 1 -Elaborade en grupos esta actividade.
- Consultade a palabra zooloxía nunha enciclopedia.
- Apuntade as diferentes especialidades da zooloxía.

Estudio das aves ----> ornitoloxía

- Anotade nomes de zoólogos famosos que coñezades; ben a través das vosas enciclopedias de consulta, ben a través dos medios de comunicación (tv, revistas...).
- Intercambiade as vosas opinións sobre a información que eses estudiosos vos proporcionaron.
p/ 150

Houbo unha sacudida e o barco comezou a moverse se. Sentín o siseo das caldeiras de vapor que a goleta empregaba para saír do porto e chegar a mar aberto onde o vento permitiría navegar a vela. Sentín ou imaxinei, porque o lugar onde me agochaba non deixaba ver nada do que sucedía no exterior e, a duras penas, respirar. Era este escondedoiro un gran caixón destinado ás mantas, na parte inferior das liteiras no camarote de Andrés, o meu irmán; Andrés debía compartilo con Claudio Fernández, o outro zoólogo da Expedición, especialista en invertebrabos, pero Claudio, debido a unhas inoportunas febres terciás, non comparecera á mañá no peirao de Cádiz, e foi esa ausencia providencial a que me fixo concibir a idea de esconderme no camarote, de converterme no oitavo integrante da Expedición Científica do Pacífico, como segundo zoólogo (talvez fose máis apropiado dicir zoóloga).¿Acaso non recoñecía o propio Andrés que eu sabía moito máis sobre insectos? ¡Non me pedía axuda sempre que se encontraba ante a tarefa de situar un individuo dubidoso no seu grupo? ¿Non era evidente que os exemplares mellor montados da súa colección eran os debidos á miña man? Estes argumentos e outros semellantes ocupábanme a mente mentres o barco esvaraba lentamente cara á bocana do porto, e con eles intentaba convencerme a min mesma de que a decisión de esconderme no camarote fora improvi- sada, e debida á ausencia de Claudio. Pero o certo é que desde que Andrés nos comunicara, había algo máis dun mes, a invitación que recibira para formar parte da Expedición, eu envexaba a súa posición; e durante ese tempo meditara decote na inxustiza que supoñía para min que, por contar pouco máis de doce anos (dez menos que Andrés), e sobre todo por ser muller, non tería a oportunidade de participar nesa marabillosa viaxe.
Marilar Alexandre.
A expedicíón do Pacífico, Edicións Xerais.



goleta: barco veleiro de dous ou tres grandes mastros e bordas pouco elevadas.
febre terciá: tipo de febre palúdica que se repite cada tres días.
bocana: parte dos portos por onde entran e saen os barcos.


Comentario do texto

Actividade - 2. Completa este cadro. Emprega as palabras do texto para a xustificación.
AfirmaciónDiseDedúceseXustifícación
- 0 barco zarpaba
- Aquel era un barco veleiro e tamén de vapor.
- A protagonista non quería ser vista.
- Aquela ía ser unha viaxe moi longa.
- Andrés era o irmán da protagonista.
-A rapaza sentíase discriminada por ser pequena e ser muller.
X
X
..
..
X
X
..
..
X
X
..
..
0 barco móvese.
Sentín o siseo das caldeiras de vapor e o vento permitiría navegar a vela
o lugar onde me agochaba.
É unha expedición.
Andrés o meu irmán.
inxustiza que supoñía para min que, por contar pouco máis de doce anos e ser muller.

Unha narración é a presentación duns feitos que lles pasan a unhas personaxes, nun espacio e nun tempo determinados . Estes feitos adoitan estar ordenados cronoloxicamente.

Activ -3/p-152. Completa estoutro cadro.
¿ Que pasa ?¿ A quen Ile pasa ? ¿ Onde pasa ?¿ Cando pasa ?
Alguén vai de polisón no barco da Expedición Científica do Pacífico. A unha nena a irmá de AndrésNunha goleta. Cando zarpaba

0 narrador que nos relata a historia da lectura é a propia protagonista. É un narrador en prímeíra persoa.

Como viches na unidade 5 ó trata-la novela, desde o punto de vista do contido, as narracións poden ser clasificadas en diferentestipos. Entre os máis importantes están:

-Realista. Reproduce feitos, personaxes e situacións con intención de que teñan aparencia real.

-Fantástica. Os feitos e as personaxes están condicionados por factores que non pertencen ó mundo real.

-Ciencia-ficción. Desenvólvese normalmente nun mundo futuro cheo de avances científicos.

Activ 4.-152 páx Extrae tódolos elementos do texto que xustifiquen esta información sobre o narrador e completa este cadro.
Tipo de narradorXustificación Exemplo
Narrador en primeira persoa. -Abundancia de verbos en 1ª persoa

-Uso de pronomes.

-Sentin o siseo

me agochaba, me fixo, esconderme, converterme.


Desde o punto de vísta do narrador as narracións poden dividirse en:

- Narración subxectiva. 0 narrador explica os feitos en primeira persoa e coma se lle sucedesen a el realmente.

- Narración obxectiva. 0 narrador relata os feitos en terceira persoa e non participa neles. É simplemente un espectador.

Activ 5.-páx 152. Dade exemplos de libros que lerades e clasificádeos desde o punto de vista do narrador.


p / 152

0 léxico da nosa lingua

Uso do diccionario Nesta unídade estudiarás conceptos tan importantes como léxico, vocabulario e diccionario. Observa este cadro.

LéxícoVocabularioDiccionario
Conxunto de palabras que posúe unha lingua. Conxunto de palabras que coñece o falante dunha lingua. Obra que recompila o léxico dunha lingua e o presenta, normalmente, ordenado de forma alfabética. Tamén pode conter outras informacións de tipo gramatical.

Ti, como falante, non sabes tódalas palabras da lingua galega, é dicir, non coñeces todo o léxico, senón que empregas só unha parte del, o teu vocabulario. Observa estas páxinas do diccionario.

orixinalosíxeno
orixinal adx. 1 Da orixe ou relacionado con ela. 2 Que chama a atención porque é distinto do normal. 3 Que non é unha copia.

ornear v. Emiti-la súa voz característica o burro.

orneo s. m. Voz característica do burro.

ornitoloxía s. f Rama da zooloxía que estudia as aves.

orquestra s. f Conxunto de músicos que tocan baixo as ordes dun director.

orquídea s. f Planta de flores de cores e formas raras que se dá en rexións tropicais e temperadas.

ortiga s. f Planta con follas cubertas de pelos que, ó rozalos, producen picores na pel.

ortodoncia s. f Tratamento para amaña-los defectos dos dentes.

ortodoxo adx. Conforme á opinión e ós usos xa establecidos.

ortografía s. f Forma correcta de escribir, segundo as regras que están fixadas.

ortopédico adx. Que serve para evitar un defecto do corpo.

orzamento s. m. 1 Cálculo anticipado do custo dunha obra ou servicio. 2 Cantidade de diñeiro que se destina para certo gasto.

osamenta s. f Conxunto de ósos que forman o esqueleto.

oscilar v. Moverse alternativamente en sentidos opostos.

óseo adx. Que é do óso ou relativo a el.

osíxeno s. m. Ún dos gases que forman parte do ar, necesario para respirar.


As palabras que aparecen na parte superior de cada páxina (oríxinal e osíxeno) son palabras guía, xa que nos indican a prímeíra e derradeíra palabra desa páxina (orixinal e osíxeno, respectivamente).

Os números que aparecen na definición introducen cada un dos significados ou acepcións que ten unha entrada do diccionario. Esta entrada, que é cada unha das palabras definidas, adoita aparecer en negriña pode ir acompañada de ilustracións.

As abreviaturas proporcionan unha serie de informacións complemen- irias: categoría da palabra, xénero..(mascul. femini), número (sing, plur)
p / 153

Activ 6. - 154 p Indica se as seguintes palabras deben ir antes, entre ou despois destas palabras guía greta e guapo.

guardés -- grosella -- gripe -- guedella -- grilo -- grego -- grelo -- gruta - guerra - guía - graxa - groso

Antes de « greta »Entre « greta » e « guapo »Despois de « guapo »
grego, grelo, graxagrosella, gripe, grilo, gruta, grosoguardés, guedella, guerra, guía

Activ 7.- 154/p Despois de le-la definición orixinal, indica a acepción que ten esta palabra en cada unha destas oracións.

OraciónAcepcíón
1)0 cura falou do pecado orixinal.
2)Levas un vestido moi orixinal.
3)Esta é unha reproducción do oríxinal.
3) Que é copia.
1) Relacionado coa orixe.
2) Que chama a atención por ser distinto do normal.

Activ 9 - 8. Busca no diccionario a acepción da palabra peza en cada unha das seguintes oracións.

1  0 motor non funciona porque Ile falta unha peza.
. Peza: cada unha das partes que compoñen un obxecto.

2  0 cazador non conseguiu ningunha peza en todo o día.
. Peza: cada unha das partes que compoñen o conxunto de elementos cazados

3  0 vento levoume varias das pezas que deixara a secar.
. Peza: cada un dos obxectos que deixara para que perdesen a auga.

4  Esa é a peza máis valiosa da miña colección.
. Peza: cada unha das obras, cadros que compoñen unha acumulación ou escolma artística.

5  0 segundo andar da miña casa terá un corredor e tres pezas.
. Peza: cada un dos tramos, partes que compoñen un corredor.

6  Saímos do teatro satisfeitos pola peza que viramos.
. Peza: unha de tantas obras teatrais que se escenifican.

1.-parte mecánica. 2.-animal de caza. 3.- obxecto da colección. 4.- obra artística, traballo científico. 5.- cuarto, estancia. 6.- obra dramática ou musical.

Activ 9 - 154 p. Indica o significado destas abreviaturas. Contrástaas logo coas que aparezan nos diccionarios que ti usas.

adv. - s. f. - adx. - prep. - sing. f. -pron. - conx. - s. m. - v. - sing. m.

adv. = adverbio, s. f. = sustantivo feminino, adx = adxectivo, prep. = preposición, sing. f. = singular feminino, pron. = pronome, conx. = conxunción, s. m. = sustantivo masculino, v. = verbo, sing. m.= singular feminino

Activ 9 -p 154. Consulta o diccionario e explica a diferencia e significado que existe entre estas parellas de palabras.
a fin - o fin - . - a capital - o capital
a cólera - o cólera - . - a guía - o guía
a garda - o garda - . - a cal - o cal

a fin = remate dunha cousa, / o fin = finalidade, motivo
a cólera = ira, violencia, furia / o cólera = enfermidade, contaxio
a garda = protección, vixilancia / o garda = persona encargada de gardar, de custodiar algo
a capital = cidade principal dun estado / o capital = diñeiro e bens.
a guía = libro sobre un museo, cidade,... / o guía = Individuo que mostra o camiño a alguén.
a cal = canle de auga / o cal = óxido de calcio
p/154

Desenvolvémo-lo vocabulario

A continuación traballaremos co vocabulario relativo ós libros e á literatura

Activ 11 (p/ 155) . Relaciona cada un destes termos co seu significado

1)incunable
2)galerada
3)exemplar
4)antoloxía
5)edición
6)manuscrito
5)Conxunto de exemplares dunha obra impreso dunha soa vez.
2)Proba de imprenta dun libro quc se saca para ser corrixida.
1)Calquera libro impreso desde a invención da imprenta ata o s. XVI, que, pola súa escaseza e rareza, adoita ser moi valorado.

4)Colección de textos de diversos autores ou de diversas épocas dun mesmo autor.
6)Texto orixinal, do propio puño do autor.
3)Cada unidade da edición dunha obra.

"Quen nun libro saiba ler, algo pode aprender"
Refrán popular GALEGO

Activ 12.-155-páx Consulta estas palabras no teu diccionario e ordénaas segundo o momento en que interveñen no proceso de elaboración dun libro.

. impresor - encadernador - editor - escritor - corrector - ilustrador

En primeiro Iugar o escritor escribe o libro e. . . despois o corrector, corrixeo; logo vén a labor do ilustrador, para seguir co traballo impresor que lle pasa o seu resultado ó encadernador para que o editor acabe editanto a obra.

Activ 13.155/p Localiza na sopa de letras da marxe sete adxectivos aplicables á literatura.

-Explica logo o seu significado; pero as letras parecen algo dislocadas.

SIMPFQUIO
OFQUANHUP
UERTNUGAO
XCULTACTP
ZAXHAICHU
VEROSIMIL
IPOATENAA
ULLEIG RTR
RCHICOHUE
EPICAMINX
A líteratura oral é aquela que se transmitíu de país a fíllos, de boca en boca e non por textos escrítos.

Activ 9 -14. Relaciona cada unha destas frases feitas co seu significado.
Introdúceas despois en oracións que inventes.

1)Falar coma un libro aberto -- 5)Reprender.
2)Colga-los libros. -- 2)Deixa-los estudios.
3)Pasa-la páxina. -- 1)Falar ben e claro.
4)Ser de libro. -- 4)Ser moi claro e evidente.
5)Chamar a capítulo. -- 3)Esquecer un tema ou problema.

Oracións inventadas_; pero inventa ti distinto.
1.-Enténdote ben porque falas coma un libro aberto.
2.-O meu irmán colgou os libros xa no primeiro ciclo de primaria e nin o Todopoderoso lle fai ler nada.
3.-Xa pasei a páxina naquela cuestión tan difícil.
4.-Toda a miña vida fun de libro no meu pensamento
5.-Miña nai chamoume a capítulo para que estudie máis e sexa aplicado no Instituto.
p / 155

Reflexión sobre a lingua

Os complementos circunstancíaís ( C C )
0 complemento circunstancial expresa as circunstancias en que se desenvolve a acción ou o proceso do verbo: lugar, tempo, modo, cantidade . .

Oración . . . Circunstancia
Os nenos cantaron ben. - - - - - - Modo-----> ¿Cómo cantaron os nenos? ou de que modo cantaron...baixo, forte, roncamente.
Nós chegaremos ás sete. - - - - - - Tempo---> ¿Cando chegaremos nós? De noite, pola mañá ...
Agora están en Ourense. - - - - - - Lugar----> ¿Onde están eles/elas agora? Asia, polo norte, no ceo,
Eles pescaron moito. - - - - - - - -Cantidade> ¿Canto pescaron eles/ elas? kilos, toneladas, ...
Ersilia comerá con amigos.- - - - - -Compañía->¿Con quen comerá Ersilia? con parentes, con comerciantes,...
Antón bailou a rianxeira cos zocos - Materia -> ¿Con que calzado nos pés bailou a rianxeira Antón?

Con zapatos de charol, con chancos, con alpargatas,.... Recoñecemento do complemento círcunstancíal
Podemos identificar estes complementos se atendemos a nocións de modo, (¿como?),tempo (¿cando?), lugar (¿onde?), cantídade (¿canto?),compañía (¿con quen? ), materia ( ¿De que? )

El xogou....pouco....onte.... na miña casa.(El tocou pouco onte na miña casa)
............¿Canto?..¿Cando?.....¿Onde?
..............CCC......CCT........CCL
CC de Cantidade.CC de Tempo...CC de Lugar
<
Axúdanos tamén a recoñecelos o feito de que, a diferencia doutros complementos, os circunstanciais non poden ser substituídos por pronomes.

Eu entreguei o ramo na festa(CCL).-->Eu entregueino na festa(CCL).

Ela sempre(=CCT) está simpática.--> Ela sempre(=CCT) o está.

Diferencia entre Pvo e CC

Estes dous complementos pódense chegar a confundir, pero a concordancia entre o complemento e o suxeito permite diferencialos.

CCXoán e Xosé veñen paseniño
As nenas veñen paseniño
Non existe relación de concordancia entre o suxeito e o CC.
PvoXoán vén canso
As nenas veñen cansas
Suxeito e Pvo concordan necesariamente en xénero e número.

p/ 156

Análíse da oracíón

O xefe de persoal esqueceu os papeis n o despacho d a oficina

O xefe de persoal esqueceu os papeis n o despacho d a oficina
Analise morfolóxico

O = Determinante xéner mascu núm singul, monosílaba
xefe= Nml(nome,substan., concreto),xéner mascu núm singul, bisílaba
de = relacionante, prepos. propia, monosílaba
persoal=Nml(nome,subst., concre.), coa preposi. de(=relacionante) forma CN(=complemento do nome de xefe.
esqueceu =v. activa, verbo en -er(2ª conx.), pret. perfec. indicat. 3ª pers sing. trisi
os=Determinante xéner mascu núm plur., monosílaba
papeis=Nml(nome,substan., concreto),xéner mascu núm plur, bisílaba
no=(en+o)=(r + D)=contracción da prepos(=relator) en máis o artigo (=determinante) o ,monosil.
despacho = Nml(nome,substan., concreto),xéner mascu núm singul, trisílaba
da= (de + a) =(r + D)=contracción da prepos(=relator) de máis o artigo (=determinante) a ,monosil.
oficina = Nml(nome,substan., concreto),xéner femin núm singul, trisílaba

Análise sintáctico
O xefe de persoal esqueceu os papeis n o despacho d a oficina
Oración transitiva
Suxeito-->O xefe de persoal
predicado verbal
Verbo-->esqueceu
OD --> os papeis
CC de lugar --> no despacho da oficina.

Análise morfolóxico
O = atigo determinado xénero masculino número singular palabra monosílaba.
xefe = nome común xénero masculino número singular palabra bisílaba, grave por caer o acento na penúltima sílaba(xe-), non leva til por non terminar en consoante n ou s .
de = preposición propia palabra monosílaba.
persoal = adxectivo calificativo xénero masculino número singular, palabra trisílaba (per so al), hiato en (so al) con dúas vocais(abertas{a,o}) xuntas que pertencen a sílabas distintas, o acento prosódico cae en al que é a última sílaba; pero non leva til ortográfico por non terminar en vocal, n, s segundo as regras de acentuación.
esqueceu = verbo da 2ª conxugación ( -ar =1ª, -er =2ª, -ir=3ª), voz activa, modo indicativo, tempo - perfecto, número - singular, persoa - 3ª , palabra trisílaba o acento prosódico cae na penúltima -ce- e non leva til ortográfico por terminar en vocal.
os = atigo determinado xénero masculino número plural palabra monosílaba
papeis = nome común xénero masculino número plural
no = contracción da preposición (en) + máis o artigo (o) palabra monosílaba.
despacho= nome común xénero masculino número singular, palab tris
da = contracción da preposición (de) + máis o artigo (a) palabra monosílaba.
oficina = nome común xénero fem núm singular pala polis.

Análise etimolóxico
O : morfema independente flexivo de xén. e número, palabra simple

xefe : xef = lexema
e = morfema flexivo de xén e núm., palabra derivada

de: morfema independente, palabra simple

persoal: persoa = lexema
-al = morfema, trabado, derivativo, sufixo, caracterizador., palabra derivada

esqueceu: esquec = lexema
e: vocal temática
u : morfema flexivo de modo, tempo, número e persoa. ., palabra derivada

os: morfema independente flexivo de xén. e número, palabra simple

papeis: pape = lexema
is = morfema trabado flexivo de número, palabra derivada.

no: en = morfema independente + o = morfema independente, palabra composta

despacho: lexema, palabra simple


A ORACIÓN que acabamos de analizar está formada por un suxeito (0 xefe de persoal) e un predicado (esqueceu os papeís no despacho da ofícina).

0 suxeito está constituído por un sintagma nominal (0 xefe de persoal) formado por un determinante (0), un nome (xefe) e un complemento do nome (de persoal).

0 núcleo do predicado (esqueceu) leva: un Obxecto Directo (os papeis) e un Complemento Circunstancial de lugar (no despacho da ofícina).

0 OD está constituído por un determinante (os) e un nome (papeis); o CCL, por un relacionante (en) e un determinante (o) combinados, un nome (despacho) e un complemento do nome (da ofícina).

0 complemento axente

Observa esta oración.
Esta pregunta será contestada por Ana.

Nesta oración, o verbo aparece en voz pasiva (=será contestada); o complemento por Ana indícanos quen é o autor da acción verbal. Este tipo de complemento denomínase complemento axente, (Ax).

Para recoñece-lo complemento axente transformámo-la oración pasiva en activa. 0 complemento axente pasa a se-lo suxeíto desta oración activa.

Esta pregunta [ será contestada ] por Ana.----> Pasiva
S - - - - - - - [ V (voz pasiva ] - - - - - Comple. Axente(= Ax)

Ana [ contestará ] esta pregunta.---> Activa
S - - -V [ voz activa ]- - OD

P / 157 Activ 9 -15.
.-Subliña os complementos circunstanciais
Activ 15.-158 p.- Subliña os complementos circunstanciais que atopes nestas oracións e identifícaos xustificadamente.

 Mónica camiña a modo pola beira da praia.

- A modo é un CC de Modo porque achega ínformación sobre ó xeito en que se realiza a acción e non pode ser substituído por pronomes.

 Pola beira da praia  . . . é CCL porque indica por onde vai

 Luísa onte semellaba cansa. CCT = onte, Pvo (Predicativo)= a, cansa è sustituible polo pronome -a . Luísa onte semellabaa

E NON SON SUSTITUIBLES POR NINGÚN PRONOME

CCT(onte)-- Pvo(=cansa) - - - - onte----> CCT identificámolo coa noción de cando foi
 Mañá iremos a Monforte en tren. a Monforte -----> CCL identificámolo coa noción de onde irá.
CCL(=a Monforte) - - CCM(=en tren) en tren ---> CCM identificámolo coa noción de como irá.
 Vin a Xurxo no parque esta mañá. no parque--->CCL identificámolo coa noción de onde vin
CCL(=no parque) - - CCT (= está mañá) - - esta mañá---> CCT identificámolo coa noción de cando vin
 Ela envíanos saúdos desde Alemaña. desde Alemaña-> CCL identificámolo coa noción de onde envían
CCL(=desde Alemaña)
 Alí están Ana, Telmo e Eva.
Alí ---> CCL identificámolo coa noción de onde están. - CCL(=Alí)

Substitúe os adverbios destacados
polas locucións equivalentes.

de contino - a dereitas
ó chou - de vagar
de máis - de balde

 Creo que falas excesivamente
Creo que falas de máís.
 Non fago nada correctamente
Non fago nada a dereitas
 Dérono gratuitamente.
Dérono de balde
 Continuamente escoito falar de ti.
De continuo escoito falar de ti
 Fixen a comida tranquilamente.
Fixen a comida de vagar
 Elixiu un número aleatoriamente
Elixiu un número ó chou

Activ 9 - 16. Crea oracións que conteñan as seguintes estructuras.

S - + - V - - + - - CCL - - + - - CCT
Ruth aprobou na universidade a mediodía
a)Eu cheguei - á casa - - pola noite.
S - + - V - + - CCL - - + - - CCT

b) S + CCT + V + CCM - - c) CCT + S + V + CCL -
d) S + V + CCT + CCC - - d) S + V + CCM + CD + CCL -

a)S + V - - + - CCL - + - CCT
Eu cheguei á casa pola noite.
O can colleu ó raposo a mediodía

b)S - - + - CCT - + - V - + - CCM
O rapaz onte bailou ben
O antroido a noite púxose alegre

c) CCT - + - S - + - V - + - CCL
Onte elas comeron alí
Pola noite os nenos xogaron aí

d) S - - + - V + - CCT - + - CCC
- -A rapaza xogou hoxe moito
- -Os obreiros traballaron pola tarde bastante

d)S - - + - - V - + - - CCM - - + - - CD - + CCL
- -A azafata indicou correctamente o avión no aeroporto
- -O artísta expuxo ben a obra no círculo das artes

a)S - + - V - + - CCL - - + - - CCT
- -Ela chegou á casa pola maña.
- -Laura examinouse na universidade a maña


Activ 17 (158 p). Indica se os complementos destacados son CCM (Complemento Circunstancial de Modo) ou Pvo ( Predicativo ). Demóstrao.

 Xoán púxose vermello.
 Eles fixérono adrede.
 As nenas camiñaron descalzas.
 Os compañeiros viaxaron tranquilos.
 Os compañeiros viaxaron tranquilamente.
 Xoán púxose vermello. Pvo-> Xoán vermello teñen o mesmo xénero masculino, número singular, caso nominativo. Por iso dise que concordan en xénero, número e caso.
 Xoán púxose vermello.  Xulía púxose vermella. Son adxectivos calificativos (= vermello e vermella)

 Eles fixérono adrede.  C.C.M, adrede é un Complemento Circunstancial de Modo [ C.C.M.]; polo tanto non concorda co suxeito (Eles)
 As nenas camiñaron descalzas.  Pvo concorda co suxeito. As nenas descalzas
 Os compañeiros viaxaron tranquilos.  Pvo concorda co suxeito . Os compañeiros tranquilos
 Os compañeiros viaxaron tranquilamente.  C.C.M, tranquilamente é un Complemento Circunstancial de Modo [ C.C.M.]; polo tanto non concorda co suxeito ( Os compañeiros )

Activ 18.(páx 158) Analiza estas oracións.

 Paulo estudioso fixo o exame n a aula grande e azul.  Elas cantaron ben durante o concerto.
 Meus pais mercaron un agasallo onte nunha tenda do centro.  Cantareilles unha canción ós rapaces polo festival.  O estudio da lingua galega é moi engaiolante.

 Paulo estudioso fixo o exame n a aula grande e azul.
Oración transitiva
Sux -> Paulo estudioso
predicado verbal
V--->fixo
OD --> o exame
CC lugar->na aula grande e azul
 Elas cantaron ben durante o concerto.
Oración Intransi
Su->Elas
predicado
V -> cantaron
CC modo ->ben
CC tempo ->durante o concerto
 Meus pais mercaron un agasallo onte nunha tenda do centro. Oración transitiva
Sux -> Meus pais
predicado verbal
V---> mercaron
OD --> un agasallo
CC tempo-> onte
CC lugar-> nunha tenda do centro
 Cantareilles unha canción ós rapaces polo festival. Oración transitiva
Sux elíptico ->Eu
predicado verbal
V--->cantarei
OI->lles
OD -->unha canción
OI--> ós rapaces
CC tempo->polo festival
 O estudio da lingua galega é moi engaiolante.
Oración copulativa
Sux ->O estudio da lingua galega
predicado nominal
V--->é
Atributo -->moi engaiolante
moi engaiolante = frase adxectiva; ( da lingua galega = CN (complemento do nome de estudio)

Activ 19(p-158). Crea oracións que conteñan os seguintes complementos axentes.

polos socorristas - por César - polo detective - por vós

 0 accidentado foi rescatado polos socorrístas.
 A Galia foi conquistado por César.
 O crime será descuberto polo detective.
 O libro foi estudiado por vós.

Ortografía

Uso de << b >> / << v >>

Activ 9 - 20. Le estas normas sobre o uso de << b >> / << v >> e engade máis exemplos.
Normas do "b"
Normas do "v"
- Diante de consoante (brando,
blasfemía, abdome. . .)

- A palabra móbíl e os seus derivados (mobilizar, automóbil. . .)

- As desinencias dos pretéritos-
imperfectos de indicativo-
da 1ª conxugación
(cantaba, andabamos...)

- Os verbos rematados en
-bir e -buír (concibir, dis-
tribuír . .)

a) O caramelo é brando
b) o automóbil do meu pai é gris
c) Na igresa cantaba e rezaba con ledicia
d) Este distribúe moi ben a propaganda

- Nas palabras que comezan
por pre- e pri- (previsión, privado. . .)

- Nos verbos rematados en
-ver (ferver, volver . .)

- Nos verbos rematados en
-servar e -versar (reservar, conversar ..)

-No perfecto e pluscuam-
perfecto de indicativo e no
imperfecto e futuro de sub-
xuntivo dos verbos ter e es-
tar (tivo, estivo. . .)

a) Este é un terreo privado
b) Pon o leite a ferver
c) Esta rapaza conversa moito
d) Estivo toda noite estudiando

-Inventade seis frases con palabras que conteñan
"b" ou "v"
-Dictádevo-las frases.

-Corrixídeas segundo o modelo.

Palabra - - - Erro - - - Forma
corrixida - -cometido -oracións

a) O caramelo é brando
b) o automóbil do meu pai é gris
c) Na igresa cantaba e rezaba con ledicia
d) Este distribúe moi ben a propaganda

1a) Este é un terreo privado
2b) Pon o leite a ferver
3c) Esta rapaza conversa moito
4d) Estivo toda noite estudiando

) Eu estiven onte na Coruña
) Aquel local é privado
) Canteilla a rapaza unha nova


Uso das parénteses ( )

Activ 9 - 21 . Coloca estes exemplos no lugar correspondente do cadro segundo as normas de uso das parénteses.
- 0 complemento axente vese nesta unidade (páxina 157).
- En Ordes (A Coruña) celébrase unha festa do champiñón.
- Os meus avós maternos (Xosé e Asunción) xa morreron.
- Celso Emilio Ferreiro (1912-1979) é un dos grandes poetas galegos.

-O complemento axente vese nesta unidade (páxina 157)
-En Ordes (A Coruña) celébrase unha festa do champiñón.
-Os meus avós maternos (Xosé e Asunción) xa morreron.
-Celso Emilio Ferreiro (1912 . 1979) é un dos grandes poetas galegos.

Úsanse as paréntesesExemplos
Para aclara-lo sentido do texto.
Para citar un data.
Para indicar un lugar.
Para citar unha páxina.
Os avós (Xan e Rosa) xa morreron.
Celso Emilio Ferreiro(1912 - 1979)
En Ordes (Coruña) celébrase a festa do champiñón.
O Complemento Axente vese neste tema (num 9)

páx 159

Lingua e comunicación

Elaboración de narracións en prímeíra persoa
Propoñémosche que elabores unha narración en primeira persoa, é dicir, unha narración subxectiva.
Activ 22-páx 160. Redacta a narración subxectiva partindo dunha destas situacións.
Situacíón ASítuación BSítuacíón C
Estás facendo unha
viaxe por Inglaterra,
pero tes que volver
antes porque che
roubaron a carteira
e a equipaxe.
A teu tío Paulo encántalle
Ile viaxar. Da súa última
viaxe ó Nepal, tróuxoche
unha estraña medalla
de pedra. Ún día,mentres
a tocabas, sentiches
algo estraño e retrocediches
no tempo ata a época
medieval.
Volvendo da escola,
páraste nunha
cabina a telefonar.
Mentres márca-lo
número, a cabina
despega e en poucos
minutos chegas a Lúa.

- Cando elíxa-la situación ( A, B, C ), enche unha ficha coma esta:
Introducción-¿Onde pasa? - ¿Personaxes?
-¿Cando pasa? - ¿Como comeza a historia?
- ¿Cal é o feito clave da historia?
Desenlace- ¿Cal é a solución e como acaba a historia?

- Despois de decidir todos estes elementos, xa podes redacta-lo teu texto, facendo tantos borradores como precises.

Act 9 - 23. Despois de ler atentamente o texto, corríxeo tendo en conta estes aspectos
PresentaciónOrtografíaNarración C
-Marxes adecuadas

-Texto centrado.

-Liñas rectas.

-Sen borranchos.

-Letra clara.

-Respecta as normas
de ortografía.

* Maiúsculas, acen-
tuación...

* Uso de b, v, h,
z, c, x...

* Uso dos signos
de puntuación.

-Presenta a
estructura
Introducción
Nó-desenlace.

-Emprégase a
primeira persoa.

-O vocabulario é
axeitado.


Técnicas de estudio

( A definicíón )
Definir non é máis ca explícar dunha maneira clara e precisa cómo é un animal, un obxecto ou calquera outro elemento. Nesta unidade e nas dúas seguintes, estudiarás diversas técnicas de definición:

1)- Definición mediante a descrícíón.

2)- Definición por sínonimía.

1)Defínicíón oral medíante a descrícíón.

Act 24.-(161 páx) Observa esta definición e completa o cadro.
pratos: instrumento musical de percusión formado por dúas pezas de metal en forma de disco, e que serve para facer música.

Obxecto - Clase - Material - Forma - Utilidade
pratos - instrumento- metal - disco - tocar

A definícíón descrítíva explíca o signifícado dun obxecto índicando a clase á que pertence e detallando as característícas.

2)- Definición por sínonimía

Palabra - -Sinónima - - Trazos particulares

1)cativo - - 2)fio ....> Lado afiado dun instrumento cortante
2)gume - - 1)neno - - - Que non chega a adolescencia
3)gromo - - 4)tempo ...> Circunstancias climáticas
4)clima - - 3)fillo - - Que nace dalgures
A definición por sinonimia consiste en usar un termo sinónimo que se lle asignan unha serie de trazos particulares.

Act 9 - 25. Por parellas, seguide estas pautas:
- Cada un de vós escribe o nome de tres obxectos que haxa na clase.
- De forma individual, anotade brevemente as características fundamentais dos obxectos elixidos, tendo en conta estes aspectos:
 Clase de obxecto
 Material co que está feito
 Forma
 Utilidade

- A partir das anotacións, describídelle oralmente o obxecto ó voso compañeiro
- Entre os dous, redactade a definición, tendo en conta a descrición feita.
- Comprobade, no diccionario, a definición redactada e corrixídea, se é necesario

A lingua literaria
 0 teatro Consiste en representar un feito real ou ìmaxinario a través do diálogo das persoas.

---------------

A porta da cácere,
no me veñas a chorar;
se non me quitas as penas
non mas veñas a dar.

--Non se debera prender a quen non ten delito.
-Continuará.-------


línea de de división

Cadro de versos populares
GALEGO
CASTELAN
Unha froita naceu verde
cor que co tempo perdeu,
o corazón naceu libre,
e a Virxe mo embeleceu.
Una fruta nació verde,
el tiempo la maduró;
mi corazón nació libre,
y la Virgen lo embelleció.
------------------------------------------------

Pinchen para suxerencias, propostas...


volver... -----