Aula 2º

línea de de división

Tema 10.-¡Que misterio!
.
------
Nesta unidade estudiarás
Comprendemos
e expresámonos
Ampliámolo
noso saber
Máis sobre
a lingua
Recursos
para aprender
*Lemos
e entendemos.
*A caixiña de Emilie

Lingua escrita
O horóscopo.

Lingua oral
O debate

*Comunicación
e sociedade

*Interferencias
lingüísticas

*Lingua literaria
*O xornalismo

*Gramática
Oracións reflexivas
e recíprocas

*Vocabulario
Frases feitas

*Ortografía

Uso de "c" e "z"

Grupos
consonánticos

Ler un libro
Ó final serás capaz de...
-----

Lemos e entendemos Comprendemos e expresámonos

- Formade pequenos grupos para comentardes cuestións coma estas.

  • Vivistes algunha situacíón que se poida cualificar como aventura? ¿Tedes pasado por situacións de moito medo ou que resultasen sumamente arriscadas? ¿Que pasou? ¿Gustaríavos repetir unha experiencia similar? ¿Por que?
  • ¿Gústanvo-los relatos de medo, de misferio, de aventuras...? ¿Por que?

A caixiña de Emilie
1.-enxugar: quita-la humidade de algo. -¡Le en voz alta! -dixo David.

E Annika leu:

Hoxe é o día 30 de xuño de 1763. Acabo de escoitar o reloxo dando as oito abaixo no salón.

Anika quedou calada un momento, mirando para David.

Tamén hoxe era día 30 e acababan de escoitar o reloxo dando as oito alí embaixo... A Xonás saíanselle os ollos do seu sitio. ¡Aquelo si que era sorprendente! Conectou o magnetófono. Había que o gravar o que estaba lendo Annika, que naquel momento tremía de emoción. Despois daquela pausa seguiu:

Estou sentada diante da uentá. Sei que non me queda moito tempo de uida. Sen embargo non estou triste. lYa mesa que está diante de min teño a caixiña que Andreas me fixera o día que cumprín catorce anos. Cando contemplo os meus ollos e o meu rostro no espello do interior da tapa,gustaríame que quedasen aquí gravados e cos ollos da persoa que un día vai abrir esta caixa. ¡Como me gustaría contemplar os seus ollos! As cartas que aquí deixo secretamente en depósito son para min un asunto moi querido.

As miñas horas están xa contadas. As últimas palabras que van saír da miña pluma e as últimas que uan saír da miña boca son. estas: Sempre, sempre amei a Andreas.

Annika quedou un momento en silencio. Resultáballe difícil ler as últimas liñas, sentíase emocionada e tiña lágrimas nos ollos.

Toma unha pastilla de regaliz, Annika -dixo Xonás para consolala.

-¿Non está firmada esa carta? -preguntou David- ¿Non di quen a escribiu?

-Si... -Annika inclinou a cabeza e enxugou1 unha lágrima- Pon. . . Emilie -dixo tan baixiño que a penas se oíu.<

-¡Veña, imos empezar de novo! -dixó Xonás metendo a man dentro da caixiña. Sacou outra carta e entregoulla a Annika.

Annika colleuna, pero antes de lela púxose a mirar arredor do cuarto. Os outros seguían a súa mirada, que se detivo primeiro na mesiña e despois na cama. E os tres tiveron o mesmo pensamento. Pensaron en Emilie, que unha tarde de había máis de douscentos anos estivera sentada na mesa escribindo a súa última carta, para despois volver á cama a deitarse para morrer.Nunha tarde coma esta, unha tarde normal de xuño. Tiña que sentirse moi soa aquel día. Por eso dirixiu a súa carta a alguén no futuro, a un ser completamente descoñecido.

Polo visto era a eles, a David, a Xonás e a Annika, a quen ela lles dirixira a súa última carta.
María Grìpe, Os escarauellos uoan á tardiña.
Ed. SM (adaptación)

Bny Hill


Tema (7+2+1=) 10.-O cinto de seguridade
.
Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
*Análise do contido dun texto sobre a circulación de vehículos de motor.
*A linguaxe administrativa.
Lingua e comunicación
*Análise e definición de impresos.

*Técnicas de estudio: Definición por sinonimia

*As formas non persoais do verbo: infinitivo, xerundio e participio.
*Funcións das formas non persoais.
*Uso do infinitivo conxugado.


*Uso de "s"/"x".
*Uso de comiñas.

*Subxéneros: traxedia, comedia, traxicomedia e drama.

*Elaboración dunha comedia.

Ó final serás capaz de...
 Analizar e comentar textos informativos.
 Respecta-las normas de circulación como medio de prevención de accidentes.
 Recoñece-las formas non persoais do verbo e analiza-las súas funcións.
 Inducir e aplicar normas ortográficas sobre «s» / « x» e sobre as comiñas.
 Analizar e encher impresos.
 Respecta-las normas básicas de circulación como conductor.
 Aplicar diversas técnicas para a definición de termos.
 Recoñece-las principais características dos subxéneros da dramática.
 Elaborar unha comedia.

A información

Ex 1 - 168/p . Pensa e anota elementos de seguridade dos vehículos e a súa utilidade.
ElementosUtilidade
cinto
apoiacabezas
parachoques
para que a persoa non bata contra o parabrisas...
.............
.............

- Contrasta as túas respostas coas dun compañeiro ou compañeira e comentade as semellanzas e diferencias.
- Elaborade unhas conclusións sobre os elementos de seguridade.
páx / 168

A finalidade do cinto de seguridade é reter e protexe-lo corpo do conductor e dos demais ocupantes do vehículo, en caso de detención instantánea, debida a unha colísíón, a unha freada brusca ou a un envorcamento.

Por causa da enerxía cinétíca acumulada, os corpos do conductor e dos ocupantes do vehículo son lanzados cara a diante en proporción directa coa velocidade e a brusquidade da detención. 0 cinto de seguridade intenta retelos no asento, evitando os seus golpes contra a estructura do vehículo ou que saian despedidos

. A eficacia do cinto de seguridade está demostrada estatisticamente, incluso en vías urbanas, reducindo considerablemente o número e a gravidade das lesións. En accidentes con cinto redúcese un 40 por 100 o número de mortos en velocidades altas e un 60 por 100 en velocidades reducidas.

Para que sexa eficaz, o cinto deberá estar:

- Homologado. 0 tecido debe ser extensible, pero non elástico.

- Ben afírmado. Débense revisar periodicamente as ancoraxes.

- Ben regulado e axustado ó corpo, nin moi frouxo nin moi apertado.

- Correctamente abrochado. 0 conductor debe abrocha-lo seu e coidar de que o abrochen os demais.

Están na obriga de abrocha-los cintos de seguridade ou outros sistemas de retención homologados, tanto na circulación en vías urbanas coma nas vías interurbanas:

 0 conductor e os pasaxeiros dos asentos dianteiros, centrais e laterais e os ocupantes dos traseiros en :

- Tódolos turismos, tanto particulares coma SP.

- Vehículos con PMA ata 3 500 quilogramos dispostos para o transporte de persoas e/ou cousas.

 0 conductor e pasaxeiros dos asentos dianteiros de:

- Vehículos destinados ó transporte de mercadorías con PMA non superior a 3 500 quilogramos.

- Vehículos destinados ó transporte de persoas con mais de oito prazas, ademais do conductor, cun PMA non superior a 5 000 quilogramos.

Código Fama. EI permiso de conduccíón,
Ed. Fama (1995).
(Traducción)
colisión:choque entre dous ou máis vehículos
cínétíca: relativa ou pertencente ó movemento.
homologado:aprobado, rexistrado
afírmado:que algo está firme e ben suxeito
ínterurbana:aplícase ás relacións e ós servicios de comunicación entre dúas ou máis vilas ou cidades.
turísmo: coche pequeno de uso particular.
S.P.: servicio público.

P.M.A: peso máximo autorizado


 Comentario do texto
Exer 2.- 170 páx Identifica as partes do texto e sinala a idea principal de cada unha.

PartesIdea principal
Primeira
(desde = A finalidade = ata « despedidos » )
Finalidade do cinto de seguridade.
Segunda
(desde « A eficacia » ata « demais »)
Requisitos a cumprir polo cinto de seguridade e a reducción de mortes co seu uso.
Terceira
(desde «Están na obriga » ata o final )
Quen está obrigado a usalo.

Exer 3.- 170 páx . Xustifica por qué poden ser causas de accidentes de tráfico...

 0 exceso de velocidade

 0 mal estado da estrada ---> Pode causar rotura (dunha parte, dunha roda ) unha avaria no coche e provocar unha colisión con outro.

 As condicións atmosféricas adversas ---> Diminuen a visibilidade do conductor podendo provocar facilmente un accidente.

0 exceso de velocídade ímpide que se poída frear a tempo para evíta-la saída da estrada, a colísíón con outros vehículos. . .

- Indica solucións para as causas anteriores.

CausasSolucións
0 exceso de velocidadeConducir sempre á velocidade indicada polas normas ou polos sinais de circulación.
Mal estado das estradasIr a modo e con precaución.
Condicións atmosféricas adversasO vento fai volcar, a moita chuvia diminue totalmente a visibilidade.
Imprevistos na estradaburatos tapados por follas, areas, troncos, aceite vertido, cortes de estrada invisibles.

- Anota ti outras causas e as posibles solucións.

0 cansazo do conductor: non conducír cansado ou parar nalgún lugar a descansar.

Exer 4.- 170 páx . Contrasta e comenta cos teus compañeiros as causas e solucións anotadas.
- Elaborade unha lista sobre as causas máis frecuentes dos accidentes de tráfico e as súas solucións.
Convén respecta-las normas de circulación como medio de prevención de accidentes.
páxi/ 170

 0 léxico da nosa lingua

A línguaxe adminístrativa

A linguaxe administrativa caracterízase polo uso dun léxico moi específíco, é dicir, empréganse unha serie de palabras que non van aparecer noutras situacións.

Exer 5.-171 páx Relaciona os tipos de documento e as definicións do cadro.

1.-albará, 2.- factura , 3.- recibo 4.- pedimento

4.- encargo dunha determinada mercadoría.
3.- documento que xustifica que se recibiu unha determinada mercadoría.
. .- relación detallada das mercadorías que se deben pagar.
1.- documento que acredita que se recibiu unha determinada cantidade de cartos.

1.- Albará: documento que xustífica que se recíbíu unha mercadoría.

2.- factura : relación detallada das mercadorías que se deben pagar

3.- recibo: documento que xustifica que se recibiu unha determinada mercadoría

4.- pedimento: encargo dunha determinada mercadoría.

Exer 6.-171 páx . Completa estas oracións coa palabra adecuada.

prazo - liquidez - debedor - acredor - fiador

 Pedro está arruinado e non nos pode pagar todo o que nos debe.
É un debedor da nosa empresa.
 Neste momento, a empresa atópase nunha situación difícil porque non dispón de cartos, é dicir, que non ten ..... liquidez
 Para que o banco nos dea o préstamo, precisamos un ........... fiador
 Temos que pagar tódalas débedas ós nosos ........... acredores......, senón lévannos a xuízo
.  Hoxe acábase o ......... prazo............. para face-lo segundo pagamento da declaración da renda

Exer 7.-171 páx. Na linguaxe administrativa e comercial, adóitase empregar abreviaturas. Relaciónaas de forma correcta.

(1) núm. (2) rúa
(2) r. (1) número
(3) tel. (4) artigo
(4) art. ( ) esquerdo, esquerda
(5) esq. ( ) teléfono

páxina / 171

Exerc 8.- 172 Substitúe o máximo de expresións por abreviaturas.

SOLICITUDE
Sabela Ferreiro Noia, con DNI 88 888 888, domiciliada en Or-
des (provincia da Coruña), rúa do Camposanto, número 3,1º .
esquerda, teléfono 680 99 99.
SOLICITA, de acordo co artigo 87 da Lei de procedemento
administrativo, ser admitida nas probas de selección para cu-
brir unha praza vacante de bibliotecaria, convocada polo con-
cello de Ordes.
Ordes, 4 de agosto de 1996.
(sinatura)

SUBSTITUCIÓN
Faino ti agora.

Sabela Ferreiro Noia, con DNI 88 888 888, domiciliada en Or-
des (provincia da Coruña), rúa do Camposanto, núm 3, 1º .
esqu. , tel. 680 99 99.
SOLICITA, de acordo co art 87 da Lei de procedemento
administrativo, ser admitida nas probas de selección para cu-
brir unha praza vacante de bibliotecaria, convocada polo con-
cello de Ordes.
Ordes, 4 de agosto de 1996.
(sn)

Exerc 9.- 172 Asocia estes verbos co seu significado

(1)Avalar (5)Reter un obxecto por mandamento xudicial para responder de débedas e multas impagadas.
(2)Alegar (1)Responder da solvencia económica doutra persoa.
(3)Confiscar (2)Achegar elementos ou razóns na defensa de algo.
(4)Desgravar (3)Apropiarse o Estado dos bens dunha persoa ou institución.
(5)Embargar (4)Rebaixa-los impostos sobre uns obxectos

Exerc 10.- 172 . Substitúe as expresións destacadas incorrectas polas correspondentes correctas.

inscribirse - contrato de alugueiro - pagar de contado - xustificante de recepción - axudas de custo - orde de desafiuzamento

2.- Ó comezares a traballar, cómpre que te deas alta na Seguridade Social.-inscribas
3.- Rebaixáronlle medio millón de pesetas por pagar ó contado a súa vivenda.- pagar de contado
4.- 0 transportista pediume que lle asinase o acuse de recibo.- xustificante de recepción
5.-  Estamos temendo que nos chegue a orde de desahucio.- orde de desafiuzamento
6.-  Na empresa on e traballo agora, non me pagan díetas.- axudas de custo
1-1 - Remátano-lo contrato de alugueíro do piso a finaís deste mes.

Reflexión sobre a lingua

As formas non persoais do verbo

Observa as formas destacadas en cursiva:

Píntar é relaxante.
Pedro está pintando a parede.
Xoán xa ten a parede píntada.

As formas non persoais do verbo non presentan morfemas de persoa nin de tempo e modo. Son infínítívo, xerundío e partícípío.

Ás veces, as formas non persoais acompañan un verbo en forma persoal e forman un só verbo.

ValorCuando aparecen en...FormasExemplo
VERBALPerífrases verbais  Infinitivo
 Xerundio
 Participio
 Debo facer iso.
 Está chorando.
 Deuno feito.
Pasivas  Participío Foi publicado.

Cando o infinitivo, xerundio e participio non forman perífrases verbais ou formas pasivas, poden funcionar coma un nome, un adverbio ou un adxectivo, respectivamente.
Fíxate nestas oracións:

 Xoán vai adestrar.(N)---> Xoán vai ó adestramento(N).
- 0 infinitivo funciona coma un nome


 Ana é feliz pintando(Adv).---->Ana é feliz así.(Adv)
- 0 xerundio funciona coma un adverbio.


 Ten os folios manchados(Adx).--->Ten os folios sucios.(Adx)
0 participio funciona coma un adxectivo.

Os participios dalgúns verbos son irregulares. Observa:
Infinitivo Participio
abrir - - aberto
morrer - - morto
- Escribe o participio dos seguintes verbos.
infinitivo --- participio --- xerundio
escribir - - escrito -- escribindo
dicir - - dito -- dicindo
facer - - feito -- facendo
poñer - - posto -- poñendo
ver - - visto -- vendo
bailar - - bailado -- bailando
cantar - - cantado -- cantando

O infinitivo, participio e xerundio funcionan coma:
nome - adxectivo - adverbio


Páx 173 Funcíóns do ínfínifivo, o xerundío e o participio

Cando as formas non persoais teñen o valor dun nome, un adverbio ou un adxectívo, poden realizar diversas funcións. Observa este cadro:

Forma non persoalPode funcíonar de...Exemplo
Infínítívo Suxeito Rir é bo.
ODFilipe quere casar
Atr0 mellor é descansar
CCMarchou sen comer
CNComprei papel de envolver.
CAIso é difícil de encontrar.
XerundíoCCPedro viaxa durmindo.
PartícípíoCNGústanlle as patacas cocídas

0 infínítívo conxugado

Observa estas oracións equivalentes, prestando especial atención ás formas destacadas:

Ela berrouche por falar - Ela berrouche por falares

. falar = falares = CC = CC son dous complementos circunstanciais equivalentes.

Ó lado do infinitivo invariable, que non presenta morfema de persoa nin de tempo e modo, hai outro infinitivo que ten morfema de persoa; é o infinitivo conxugado.

Fíxate cómo se forma o infinitivo conxugado:
infinitivo invariableDesinencias persoaisInfinitivo conxugado
cantar ø
-es
ø
-mos
-des
-en
cantar
cantares
cantar
cantarmos
cantardes
cantaren
A función do infinitivo conxugado é basicamente a de CC.
Saudáronme ó pasaren
CCT
Raramente pode funcionar como
Suxeito ou OD.

páx 174

infinitivoxerundioparticipio
Éu admiro ese andar elegante
Oración transitiva
Suxeito--->Eu(Nml)
P. verbal
verbo-->admiro
O.D.-->ese andar elegante
(ese=D, andar=N,
elegante=adxectivo) ANDAR=infinitivo
Irimia chegou á casa chorando
Oración intransitiva
Suxeito-->Irimia
P verbal
verbo-->chegou
CC lugar-> á casa
CC modo -> chorando
CHORANDO=xerundio=adverbio
María quere o pan cocido
Oración transitiva
Suxeito -->María(Nml)
p verbal
verbo -->quere
O.D.--> o pan cocido
COCIDO=participìo=adxectivo

As tres oracións están formadas por un suxeito (Eu, / Irímía, María) e un predicado (admíro ese andar elegante, chegou á casa chorando, quere o pan cocido).

0 suxeito de todas está formado por un nome (Eu, Irímia María).

0 predicado de cada unha das oracións está formado por:
- Un núcleo (admíro) e un OD (ese andar elegante -> admíroo), constituído por un determinante (ese), un infinitivo que funciona coma un nome (andar) e un CN (elegante).

- Un núcleo (chegou), un CC (á casa) formado por un relacionante (a) un determinante (a) e un nome (casa) e outro CC (o xerundio chorando) .

- Un núcleo (quere), un OD (o pan cocído -> quéreo), formado por un determinante (o), un nome (pan) e un CN (o participio cocido).

Exerc 11- 175 . Analiza a función do infinitivo nestas oracións. Sigue o modelo
 Encántame viaxar.=Suxeito
 Ela quere comer.=CD
 É difícil de explicar.=c. adxec.
 Marchou sen cear.=C.C.
 Teño ganas de pasear.=C. N.
 0 mellor é descansar.=Atributo
Encántanme as viaxes. Funcíón: Suxeito
Ela quere comidas.Función:OD
Eso é o difícil explicativo.Función:c. adx
Marchou sen cea.Función: CC de modo
Eu teño gana paseante.Función:C.N.
O mellor é o descanso.Función:Atributo
- Analiza estas oracións.

Quero leite sen ferver.
Miña irmá baixou as escaleiras saltando.
Tomarei leite fervido.
O meu veciño tomará leite fervido


Quero leite sen ferver

O. transitiva
Suxeito-->elíptico(Eu>
P verbal
V -->quero
OD-->leite
CN ou MODIFICADOR-->sen ferver

Miña irmá baixou as escaleiras saltando
O. transitiva
Suxeito-->Miña irmá
V --> baixou
OD --> as escaleiras
CC de modo -> saltando
XERUNDIO --> saltando
Tomarei leite fervido
O. transitiva
Suxeito-->elíptico(Eu)
V --> tomarei
OD --> leite fervido
CN(compl. nome=fervido)
O meu veciño tomará leite fervido
O. transitiva
Suxeito-->O meu veciño
V --> tomará
OD --> leite fervido
CN(compl. nome=fervido)

Ortografía

Uso de « s » / « x »

Exerc 12 -176p. Observa estas palabras, prestando especial atención ás letras destacadas.

extraterrestre - - hexasílabo
extraxudicial - - sexteto


excarcerar - - exhumar
exomuñón - - exhortar
- Relaciona as palabras de cada cadro coa norma correspondente sobre o uso de « x » e anota novos exemplos.

Escríbense con « x »PalabrasNovos exemplos
As palabras que comezan polo prefixo latino ex-, que significa « fóra de »,
privación « que foi e xa non é » .
excarcerarexposición, exportar
As palabras que comezan polo prefixo latino extra-, que significa
« fóra de » , « moi ».
extraterrestre, extravagante, extrañar,...
As palabras que comezan polos prefixos hexa- e sex-, que significan « seis ».sextetohexágono, sexenio,..
As palabras que comezan por exh-.eshumar exhibir, exhausto, ...

Hai varias palabras que se escriben incorrectamente con « x » , cando se deben escribir con « s » .

Incorrecto - - Correcto
oxíxeno - - osíxeno
excusa - - escusa
extraño - - estraño
extranxeiro - - estranxeiro
exixir - - esixir

Exerc 13 - 176p. Pronuncia estas palabras co son que se indica en cada caso.
Con x Con ks ou s
xamón
xurdir
feixe
eloxio
xantar
texto
tóxico
extremo
galaxia
nexo
- Con axuda do diccionario, anota máis palabras que se pronuncien con x e con ks ou s.
------

A letra « x » ten dúas pronuncías: unhas veces pronúncíase x e outras ks, aínda que exíste a tendencia a pronuncíar ks como s.
page/176

Uso das comíñas ( « » )

Exer 14. páx 177 Fíxate nas normas de uso das comiñas e apunta outros exemplos.
Úsanse as comiñas...Exemplos
A. Para citar textualmente o que dixo unha persoa.El contestou: «Non quero pan».
B. Para indicar un barbarismo ou un estranxeirismo.Gústame ese « spot » publicitario.
C. Nos nomes de publicacions xornalísticas, títulos de libros, películas, discos...Merquei « 0 Correo Galego » .
D. Para indicar que unha palabra se emprega con dobre sentido.Has ser moi « famosa ».

Exer 15.-177 Coloca « s » ou « x » segundo conveña.
asfi * ia, e * tran * eira, apro * imar, e * ame , * oves, e * ótica, e * trañeza, e * cavar, eli * ir, e* plo* ión, e * a*erar, ne* o, a* ila, e * tender, tóra*, e * ceso

S O L U C I Ó N : aSfiXia, e S tran X eira, apro X imar, e X ame , X oves, e X ótica, e X trañeza, e S cavar, eli X ir, eX plo S ión, e S aX erar, ne X o, a X ila, e S tender, tóraX, e X ceso

Exer 16.-177p Pon comiñas nestas oracións onde cumpra e indica a regra na que te baseaches.
 0 presentador dixo: De seguido, voulles presenta-los concursantes.
 Lin Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro e gustoume moito.
 Este é un hándicap que non sei se poderei superar.
 Henrique sempre a considerou unha rapaza moi lista e moi esperta.

S O L U C I Ó N:
0 presentador díxo: « De seguido, voulles presenTa-los concursantes »--> A é o caso. Para citar textualmente o que dixo unha persoa.
Lin « Merlín e familia » de Álvaro Cunqueiro e gustoume moito --> C é o caso. Nos nomes de publicacions xornalísticas, títulos de libros, películas,discos...
Este é un « hándicap » que non sei se poderei superar. ---> B é o caso. Para indicar un barbarismo ou un estranxeirismo.
Henrique sempre a considerou unha rapaza « moi lista e moi esperta».-> D é o caso. Para indicar que unha palabra se emprega con dobre sentido.
páx/177

Lingua e comunicación

O impreso

Na nosa vida diaria é habitual ter que ir á Administración ou a outros organismos para pedir algunha cousa que nos interesa.
Nestes lugares, e tendo en conta a cantidade de xente que pide o mesmo, é preciso que che ofrezan un folio impreso no que só teñas que enche-los datos que che piden. Así, existen impresos para o DNI, para carné de conducir para os permísos de círculación, para pedir bolsas. . .

Exer 17.-178p Observa este impreso para solicitar un carné de biblioteca e completa as partes da marxe segundo o modelo.

PARTES DO IMPRESO.
- Primeira parte.Son uns espacios que se deben deixar.....xa que os cubrirán as persoas que reciban a solicitude.

- Segunda parte. Contén, en xeral, todo o que está relacionado cos datos persoais:
³ Nome e apelidos
³ Enderezo
³
³
³
- Terceira parte. Só se debe cubrir se o solicitante ten .... de catorce anos.

X U N T A
DE GALIClA ö

CONSELLERÍA DE CULTURA

SOLICITUDE CARNÉ DE LECTOR

BIBLIOTECA PÚBLICA

Nº LECTOR ....................... Fotografía
D.N.I ............................
CLAVE(1) ..........................

APELIDOS..............................................
NOME ..............DATA NACEMENTO ...................
PROFESION(2) .........................................
ENDEREZO (habitual)...................................

CÓDIGO POSTAL:.................LOCALIDADE:.............
TELÉFONO:..............................................
ENDEREZO (Se é distinto do habitual)...................

TELÉFONO:..............................................
SE É MENOR DE 14 ANOS:.................................
NOME E APELIDOS DO PAl/, NAI 0U TITOR:.................

D.N.l.:.............................

Con esta solicitude comprométome a cumpri-las normas de funcionamento da Biblioteca.

-- ., a - - - - de - - - - de 2_ _ _ _.

Sinatura:


OBSER\/AClÓNS A esta solicitude debe adxuntar dúas (2) fotografías e fotocopia do D.N.l.
(1) Cubrir se desexa que os datos sobre os seus empréstimos sexan confidenciais, máximo 8 caracteres. (2) Se pon "estudiante" especifìque o tipo do estudios.



páx /178 Exer 18.-.179 pá Copia o impreso da páxina anterior e completa os datos seguindo estes consellos.

Consellos para cubrír impresos
 Antes de comezar a escribir, le atentamente as instruccións e os datos que che piden.
 Escribe tódolos datos con letra moi clara (normalmente pediranche que emprégue-las maiúsculas) e evita os borranchos.( =borranchóns)
 Repasa ben os datos que escribiches, comprobando que non deixaches ningún.

Exer 19.-.179 pá 19. Facede grupos de catro e elaborade un impreso tendo en conta: - É o impreso de matrícula nun ximnasio onde se ofrecen diferen- tes deportes, en horarios e categorías diferentes,...
- Pensade en tódalas partes (datos persoais, dafos referídos ós deportes e horarios, . . .).
- Preparade o impreso nun papel.
Exer 20.-.179 pá . Conservando os grupos que fixestes para a actividade anterior, realizade varios modelos de impresos.

Técnicas de estudio

Defínícíón por sinonímía
Exer 21.-.179 pá . Relaciona cada palabra cunha sinónima e completa.

Palabra - - - Sinónima - - - Trazos particulares

(1)cativo - - - (2) fío - - -(2) lado afiado dun instrumento cortante
(2)gume - - - (1)neno - - -(1) que non chega á adolescencia
(3)gromo - - - (4)tempo - - -(4) circunstancias climáticas. Bo ou mal tempo.
(4)clima - - - (3)fillo - - -(3) que nace dalgures

A defínícíón por sínonímía consiste en usar un termo sínónimo que se lle asígnan unha seríe de trazos partículares.
páx / 179

A lingua literaria

O teatro, Traxedía, comedía e drama


Ti es a miña felicidade,
a gran honra que gana,
a honorable caridade,
e o corazón non engana.

Estou ó pé da forca,
coa sentencia lida;
se me olvido do teu querer
perdóaseme a VIDA.

---continuará---


línea de de división

Cadro de versos populares
GALEGO
CASTELAN
Unha froita naceu verde
cor que co tempo perdeu,
o corazón naceu libre,
e a Virxe mo embeleceu.
Una fruta nació verde,
el tiempo la maduró;
mi corazón nació libre,
y la Virgen lo embelleció.
------------------------------------------------

Pinchen para suxerencias, propostas...


volver... -----