Aula 2º

línea de de división

Tema 12.-Qotidiana delirante(Linguaxe verboicónica)- A prensa hoxe
.
------
Nesta unidade adquirirás
c o n c e p t o s
CONCEPTOS, FEITOS E PRINCIPIOS
PROCEDEMENTOS
ACTITUDES
*A linguaxe verboicónica. Os cómics.
*Os pronomes de solidariedade.
*Os tipos de plano.
*Os principais elementos que constitúen a linguaxe do cómic: as imaxes en movemento e as metáforas visuais.
*Campo semántico a banca.
*A derivación verbal: o sufixo -mento.
*O modificador. Tipos de unidades que desempeñan a función de modificador.
*As etiquetas dos alimentos.
*As propiedades do texto: os nexos oracionais (as conxuncións), as palabras comodín.
*Correción ortográfica:desenvolver e desenrolar
*Literatura: Xosé Luís Méndez Ferrín.
Linguaxe e comunicación
*Análise dun cómic.
*Elaboración dun cómic.
*Manexo do diccionario á hora de contextualizar o vocabulario que aparece nas lecturas.
*Recoñecemento e análise das características propias das linguaxes verboicónicas empregadas polo cómicn.
*Identificación dos pronomes de solidariedade.
*Identificar os tipos de plano: xeral, enteiro, americano, medio, plano, detalle, picado e contrapicado.
*Lectura de cómics identificando as imaxes en movemento e as metáforas visuais.
*Realización de actividades de amplificación do léxico propio do campo semántico tratado: a banca.
*Formación de substantivos abstractos de acción a partir de bases verbais.
*Recoñecemento das funcións sintácticas que realiza o modificador e os distintos tipos de unidades que funcionan como tal.
*Interpretación da información contida nas etiquetas de productos alimenticios.
*Uso correcto das conxuncións dentro das oracións.
*Corrección no uso de desenvolver e desenrolar
*Recoñecemento das relacións entre obras, autores e o momento histórico en que xorden.
*Actitude positiva cara ás actividades de clase que axuden a mellorar a competencia comunicativa.
*Interese pola realización de cómics ou de calquera outra forma de expresión gráfica.
*Interese por adquirir e utilizar dun xeito progresivo un léxico cada vez máis amplo e preciso.
*Curiosidade por coñecer as estructuras sintácticas.
*Valoración da importancia da información contida nas etiquetas de productos alimenticios.
*Aceptación razoada das normas de funcionamento da lingua.
*Interese pola literatura galega actual.
(Obxectivos didáctivos) Ó final serás capaz de...
* Traballar a comprensión e análise textual no cómic.
* Recoñecer e analizar as características propias das linguaxes verboicónicas empregadas polo cómic.
* Identificar pronomes de solidariedade * Identificar e coñecer os elementos que forman un cómic e elaborar o cómic a partir dunhas pautas establecidas.
* Crear unha comicteca no centro.
* Adquirir unha maior amplitude de léxico propio do campo semántico tratado (a banca).
* Formas substantivos abstractos de acción a partir de bases verbais.
* Recoñecer o modificador nunha oración e os distintos tipos de unidades que funcionan como tal.
* Interpretar a información contida nas etiquetas de productos alimenticios.
* Valorar a importancia da información contida nas etiquetas de productos alimenticios.
* Usar correctamente as conxuncións dentro das oracións.
* Empregar correctamente as palabras desenvolver e desenrolar.
* Recoñecer a importancia da figura de Xosé Luís Méndez Ferrín na literarura galega.
* Valorar o feito literario como producto lingüístico, estético e sociocultural.
* Interesarse pla literatura galega actual.
-----

A información

Quotidianía delirante

Cada número de párrafo para inventar unha viñeta
  1. ¡ALTO, ALTO, FERAS! ¡ACOUGADE!
  2. !Non se vos ocorra comezar a gravar aínda!¿Como volo teño que dicir? ¡Método!
  3. ¡Non se vos ocorra comezar a gravar aínda!¡¿Como volo teño que dicir?! ¡Método!
  4. -A ver, ¿que temos?
    Un tipo en ala delta que chocou cuns ciclistas que ían de paseo. Pouca cousa: contusións, ósos rotos, conmocións e algún rabuñón...; pero nada de sangue.
  5. Ben ¡producción! ¡Quero máis ambiente, máis dramatismo!.
  6. E en canto cheguen os das ambulancias dádelles 1000 bellíns e que vaian tomar un café sen présas.
    ¡Marchando! Entendido.
  7. ¿Trouxemos algún zapato con pé dentro incluído?. Non, hoxe non. Pois sonche de máis efecto que sós... En fin, pon algún por aí... ¡Rápido! Vale.
  8. A ver, aquí un plano curto... - poña máis cara de sofrimento, por favor -Estupendo. ¡Listo! -Aiii...-
  9. ¡Alí, máis vísceras. Xa non quedan de cabalo. Só hai de gato. Tanto ten. Para ambientar serven o mesmo.
  10. ¡¡Quero moreas de primeiros planos de tripas e sangue, que isto vai saír á hora da cea!! ¡E amañádeme ó tipo da ala delta, que ten pinta sa de máis! ¡¿E non trouxemos un voitre drogado?! ¡Pois a ver, paspáns, que se vexa! ¡Veña!
  11. Escoite.. non lle faga caso... Asegúrolle que me atopo fatal... de verdade...
  12. ¡Arranxando!
  13. Perfecto... Dende aquí agora... Vai abrindo o plano ata que entre o voitre completo, ¿entendido?. Vale. Aggg.
  14. Vai quedar estupendo. Seguro que con isto levas este ano algún premio. Non me extrañaría que fora o Púlicher
  15. Non creo. Este ano, para o Pulitzer, hai un documental da televisión francesa de canabalismo en directo; ¡en un cru!
    ¡Que forte!
  16. ¡Todos adentro!¡Vámonos! Señores, moitas gracias pola súa colaboración. Loguiño virán atendelos. Boa sorte e ata máis ver. Aggg.
  17. ¡Puagg!¡Vaia porcallada! ¡En plena cea, coma sempre! ¡Toma carnaza!
    Cala, panoco... ¡Guau, que chulo!
  18. ...ble catástrofe aerociclista..
  19. Este fillo teu a máis de imbécil é un mixiricas. ¡CAGONTAL!
  20. Ai, señor, que cousas pasan.
  21. Mira, mira: Hai voitres.. Mamá, Tito estase poñendo branco.
  22. Aquilo de detrás debe ser un anaco de intestino.
  23. ¡E cantos charcos de sangue! ¡A ver quen limpa iso agora!
Autor:
Miguelanxo Prado
Arredor do texto - Tiramos do fío
Falar e escribir
Unha narración en viñetas
- N A R R A C I Ó N -
Facer unha comicteca.
Unha comicteca non é máis que unha sección da biblioteca onde hai unha escolma de cómics de calidade.

Mirando viñetas: os tipos de plano.
¿Que son o ...?

As palabras dos cómics.
Imaxes en movemento.
As metáforas visuais.

Os nomes das cousas.
A banca.- pagina-188

  1. -> Relaciona cada palabra co seu antónimo
    1-beneficio
    2-aforrar
    3-peñorar
    4-portador
    5-prestar
    6-dar
    7-pagamentos
    perda 1
    gastar 2
    desempeñar 3
    tomador 4
    devolver 5
    recibir 6
    cobros 7
A voltas co vocabulario - A DERIVACIÓN VERBAL: O SUFIXO -MENTO
pagar ->pagamento - investir ->investimento

O sufixo -mento forma numerosos substantivos abstractos de acción a partir de bases verbais. Cando se trata de substantivos procedentes do latín, pode non der perceptible a súa relación coa base verbal: complemento (< COMPLEMENTU de COMPLRERE = 'cumprir'), documento (< DOCUMENTU ). Pero a maioría destes substantivos don de reación romance e así aparece a distinción segundo a vocal temática das tres conxugacións (-amento, -emento, -imento).
léxicoForma substantivos a partir das seguintes bases verbais: acabar, aachegar, adiar, amolecer, cesar, contentar, esquecer, illar, pedir, rexurdir, render, render, orzar.

A lingua por dentro.
O modificador.
A función deMODIFICADOR dáse no interior das frases. Os modificadores cualifican un substantivo, un adxectivo ou un adverbio.
Ex.: Fixemos unha casa vermella no terreo de meus pais.
-> Fixemos unha casa vermella no terreo de meus pais.
Vermella e de meus pais ddon modificadores. Vermella é un adxectivo que modifica o substantivo casa e todo xunto (unha casa vermella) é complemento directo dentro da oración. De meus pais é unha frase preposicional que modifica o substantivo terreo, e todo xunto (no terreo de meus pais) é un complemento circunstancial de lugar.

C D

f nominal

D T - NOM

artigo - - f. substantiva
artigo - - - - N MOD
art. - - - subst. adx.
Unha casa vermella
C C

f. preposicional

REL TERMO

RELATOR - - - - - TERMO(=término)

preposición - - - - - - - - - - f. nominal

preposición - - - - - - - DT - - - NOMINAL

preposición - - - - - - - - - - - - f substanti

preposición - - - - - - - - - - N- - - - - MOD

preposición - - - - - - - - - - - - - - - - f preposicional

prep. - -art - - subst. - - - - relator- - - det - - - nominal

prep. - -art - - subst. - - - - relator- - - det - - - subst.

en - - - un - - terreo - - - - - - de - - - meus - - - pais

- - -( Nun ) - - terreo - - - - - - de - - - meus - - - pais

Tema 12.-De Viaxe
.
------
Nesta unidade estudiarás
Comprendemos
e expresámonos
Ampliámolo
noso saber
Máis sobre
a lingua
Recursos
para aprender
*Lemos
e entendemos.
*Mapa de estradas

Lingua oral
Descrición.
dun percorrido

Lingua escrita
A tarxeta postal

*Comunicación
e sociedade

*O galego
e o portugués

*Lingua literaria
*Épocas e autores

*Gramática
Oración simple
e oración composta
*Vocabulario
Abreviaturas
*Ortografía

Uso de maiúsculas
Grupos
consonánticos

Realización
dun traballo escrito
Ó final serás capaz de...
-----

Lemos e entendemos Comprendemos e expresámonos

-Comentada en parellas

  • ¿En que medio de transporte preferides viaxar? ¿Que vantaxes e inconvenientes lles atopades ós medios de transporte máis comúns?

  • ¿Preparades con anticipación as viaxes? ¿Por que? ¿Considerades útil consultar en mapas os percorridos que ides facer? ¿Por que?


Comprendemos e expresámonos

¿Comprendíche-la lectura?

Na páxina anterior tes un mapa de estradas do extremo sudoeste de Galicia, na fronteira con Portugal. Para interpretarmos mellor o devandito mapa, responde no teu caderno a estas cuestións.

  1. . Cita un lugar do mapa onde atópe-los seguintes elementos.
    • Un parque natural ->.............. Un porto deportivo->..............
    • Un cámping->.............. Un faro->..............
  2. . Elixe a opción correcta.
    • Na localidade de Domaio hai...
       un castelo ....  un campo de golf....  un aeroporto

    • Vila Nova de Cerveira é unha localidade portuguesa que está entre...
       Valença e Reboreda ....  Vilarelho e Caminha ....  Valença e Caminha

    • Páramos é unha localidade próxima a...
       Vigo ....  A Guarda ....  Tui

    • 0 río que pasa preto do Porriño é...
       o río Louro ....  o río Miñor ....  o río Carballo

    • En Oia localízase...
       un faro ....  unha aduana....  un mosteiro

    • Entre Vigo e BQiona, o mapa sinQla...
       cinco praias ....  sete praias ....  tres praias

    •  A autovía vai desde...
       Vigo a Cangas ....  Vigo a Valença ....  Vigo a Baiona

    • A estrada entre Cangas e Portela é unha...
       autonómica de segunda....  autonómica de terceira ....  estrada do estado

  3. . Responde ás seguintes cuestións.

     ¿Pódese ir a Portugal en tren?
     ¿Cantos paradores hai sinalados no mapa?
     ¿Cantos quilómetros hQi entre Gondomar e Chaín?
     ¿Cantos quilómetros hai entre Vigo e BQiona?
     ¿Que lugares de interese atopas na localidade de Baiona e no seu contorno?
     ¿Que medios de transporte poderías usar atendendo ós simbolos do mapa?

  4. Imaxina que dispós dun día para facer unha viaxe turística pola área de Galicia vista no mapa. Formade grupos e seguide estas pautas.

    - Estudiade e dicidide, de común acordo, un percorrido que vos resulte interesante.
    - Coidade que este percorrido total teña un mínimo de 50 km e que cada etapa non exceda dos 30 km.
    - Representade o percorrido nunha ficha coma a seguinte.

    viaxe: De.........a.........

    Total de quilómetros:..........
    Posibles etapas:
    Localidade 1:.......... Visitas de interese: ..........
    .......... quilómetros primeira etapa.
    Localidade 2:.......... Visitas de interese: ..........
    .......... quilómetros segunda etapa.

    .......... ..........

    -Finalmente, un portavoz de cada grupo, lerá a ficha ós demais compañeiros.

    Mais a fondo.

  5. Non tódolos elementos de interese turístico ou cultural desta zona de Galicia están sinalados no mapa. Investiga, consultando enciclopedias, libros de texto, guías turísticas, Internet ou outras fontes, e relaciona cada unha das seguintes localidades co elemento que lle corresponde.

    Localidade Elemento
    Goián cruceiro
    Hío transbordador
    Tui pazo
    Gondomar catedral

    -Deseña un símbolo que sirva para representar no mapa cad un dos elementos anteriores: catedral, cruceiro...
    -Fai unha fotocopia do mapa de páxina anterior e sitúa, no lugar correspondente, os sómbolos que acabas de deseñar.
    -Busca nas fontes que consultases previamente algún outro elemento que che pareza de interese e que non estea sinalado no mapa. Anótao cun símbolo no lugar correspondente.


Tema 12.-A prensa hoxe
.
------
Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
*O texto expositivo.
*A portada dun diario.
*Análise dos comportamentos lin-.
güísticos nos medios de comuni-
cación.

*Homonimía e polisemia.

Lingua e comunicación
*Análise dunha noticia.
*Elaboración de noticias.
*A oración composta por subordi-
nación.

*Clasificación e recoñecemento
das proposicións subordinadas.



*Uso de "b"/"v"
*Uso do guión: outros casos.

*Subxéneros teatrais mu-
sicais: ópera, opereta e
zarzuela.

*Elaboración dunha zar-
zuela.

Ó final serás capaz de...
* Analiza-lo texto vrbal e non verbal da portada dun dia-
rio.
* Razoar propostas para a conservación do ambiente.
* Analiza-los comportamentos lingüísticos nos medios
de comunicación.
* Recoñecer e empregar palabras homónimas e polisé-
micas.
* Identifica-la oración composta por subordinación.
* Clasificar e recoñece-los tipos de proposición subordi-
nadas.
* Inducir e aplica-las normas de uso do "b" e "v".
* Aplicar correctamente o uso do guión.
* Analiza-las partes dunha noticia.
* Saber elaborar noticias sobre temas diversos.
* Diferencia-las características principais dos subxéne-
ros teatrais musicais: ópera, opereta e zarzuela.
-----


A información

1.-Imaxina que es un xornalista e, paseando por unha rúa, es testemuña dun incendio. 1.-Escribe unha noticia breve para o teu diario. Sigue estas anotacións.
-Título chamativo.

-Desenvolvemento dos acontecementos: ¿que pasou?, ¿a quen?, ¿onde? ...


2.-Compara a túa noticia coa que aparece no cadro seguinte e anota as semellanzas e as diferencias.

Análise dunha noticia.

Titular: Supera o século, e aspira a cumprir máis.
Subtítulo: A "avoa" de Boqueixón celebra o seu centésimo sexto cumpreanos.
Entrada: O tenente de alcalde e concelleiro de Servicios de Boqueixón, Jesús Sanjuás, e a asistente social do municipio, Carmen Pereira, achegáronse onte ata a vivenda de Carmen Barco para facerlle entrega dun ramo de flores e dunha torta con motivo do seu 106 aniversario. Carme agradeceu os obsequios e manifestou o seu desexo de "cumprir moitos anos máis".
Corpo: Cun gran sorriso acollía Carmen Barco, a avoa de Boqueixón por se-la persoa máis anciá do municipio, o obsequio que Ile entregaban o tenente de alcalde e concelleiro de Servicios Sociais, Jesús Sanjuás, e a asistenta social do municipio, Carmen Pereira.

Este obsequio oficial consiste na entrega dun ramo de flores e dunha torta, vén realizándose desde hai anos por parte do Concello de Boqueixón tódolos anos, desde que Carmen cumpriu os cen en 1990.

Carme, que coa emoción non paraba de falar, afirmaba que « son 106. Foi onte cando os cumprín, pero era día de traballo, por iso o celebramos hoxe que están todos. Todo o mundo me trae regalos» (...)



O CORREO -G A L E G O-
Noticia destacada
Un potente temporal vai varrer hoxe toda Galicia
Ventos de máis de 100 Kmtrs/h, choivas e neve.
Un novo temporal varre-
rá hoxe Galicia. A Xun-
ta, a través da Secretaría
Xeral para a Protección
Civil e Medio Ambiente,
alerta sobre a aparición
de ventos de ata 100 qui-
lometros por hora e reco-
méndalles ós cidadáns
que extremen as medidas
de precaución na circula-
ción pola rede viaria ga-
lega, especialmente no
norte das provincias de
Lugo e da Coruña. Estes
ventos irán acompaña-
dos por precipitacións
xeneralizadas modera-
das e persistentes que en
alturas superiores ós
1.400 metros serán de
neve. No resto do norte
peninsular o tempo tende
a mellorar.
Periódico fundado no ano 1994
Nº 1042, precio 125pts.


*Comentario do texto


Ex3.-206p Observa a portada do diario e localiza as partes que a forman.

Anota un exemplo de cada parte.

Partes dunha portada de diario Exemplos
Noticias breves Eltsin, un paciente
disciplinado que so-
porta a dor en silen-
cio e sen ...análxésicos.
Cabeceira:
* Nome do diario
* Datos: data de publicación, ¿cando se
fundou o diario?, número de exemplar,
prezo...
O Correo galego
.fund..1994.
Nº 1042.....
.125pts.....
............
Noticia destacada:
* Titular (título)
* Entrada (subtítulo)
* Corpo da noticia
o tempo varre Galic
ventos de 100 K
alerta Xunta
mediante a Se.
a precaución.
Outras noticias ............
Fotografías ............



Na portada aparece unha foto do
incendio dunha conserveira.

- Reflexiona e anota consecuen-
cias que pode ter este incendio
sobre o ambiente da zona.

Pode provoca-la contamina- ción de verduras

-Anota ideas para evitar este
tipo de incendios ou reducilos.

Visitar a cotío as instalacións.

Apunta varias actividades que
provoquen incendios forestais.

Deixar unha cabicha mal apa-
gada.

Proporciona solucións para re-
duci-los incendios forestais.

Comprobar se a cabicha está
ben apagada

Observa que algúns dos elementos que forman parte dunha porta-
da son símbolos, imaxes..., é dicir, que non forman parte da linguaxe
verbal.

Ex4.-206 Fíxate en tódolos elementos que anotaches anteriormente e clasifí- caos segundo sexan verbais ou non verbais.

Texto verbal
Texto non verbal
....................

....................

....................

Tipo de letra, cor...

....................

....................





Nun diario, hai dous tipos de textos relacionados entre si. 0 texto ver-
bal
que comprende o nome do diario, os títulos, as noticias e outros da-
tos (data, número de exemplar, prezo...).






0 texto non verbal comprende símbolos, fotografías, debuxos, reca-
dros, mapas... que completan a información.


* Estructura dun diario. Un diario é unha publicación que informa sobre feitos da actualidade.
Componse de diversos folios sen encadernar e está organizado en seccións..

Seccíóns Contido
Editorial Artigo de opínión da redaccíón do díarío sobre un tema
concreto e de actualidade. Aparece sen sinatura.
Internacional Informacíóns de carácter político, económico, social, cultural... do resto do mundo.
Nacional Informacíóns sobre a actualidade política, económica,
social do propio país, comunidade, comarca, cidade. . .
onde se publica o diario.
Economía Noticias sobre aspectos económícos: a bolsa, divisas,
accións.
Deportes Informacións sobre a actualidade no mundo do deporte.
Sucesos Noticias sobre accidentes de tráfico, sucesos e outros
incidentes de interese.
Cultura Informacións sobre os aspectos artístícos, líteraríos e culturaís en xeral, máis destacados do momento.
Carteleira Informacíóns e crítícas sobre os espectáculos locais
que se están a representar na actualidade (teatro, cine-
ma...).
Necrolóxicas Pequenas reseñas sobre as defuncións do día.
Anuncios Ofertas e demandas de particulares ou empresas (com-
pras, vendas, bolsa de traballo ..)
Lecer Horóscopos, programas de televísión, pasatempos, ití-
nerarios de fín de semana...

.Ex 5.-207p Leva un diario á clase e clasifica as seccións que acabas de estu-
diar. Anota o nome de cada unha e despois compáraas coas que
encontrasen os teus compañeiros.

.Ex 6.-207p Buscade varios diarios do mesmo día e seleccionade as informa-
cións máis importantes de cada sección.
- Despois de recompila-la información, facede o seguinte:
 Pegade as noticias en diversos folios.
 Confeccionade un novo diario.
 Anotade o nome das seccións na parte superior dos vosos folios.
See page 207 of book.

Lingua e sociedade

Análíse dos comportamentos língüístícos nos medíos de comunícacíón
Dun tempo a esta parte, o galego comezou a introducirse pouco a pouco nos medios de comunicación de masas, pero o seu uso aínda é moi minoritario con respecto ó castelán.

Ex 7.-208p Realizade unha análise dos comportamentos lingüísticos na prensa, na radio e na televisión. Seguide estas pautas:

- Dividide a clase en tres grandes grupos, de maneira que cada grupo analice un medio.
- Buscade e anotade a seguinte información sobre os medios.
- Facede un esquema completando ó modelo

Prensa RadioTelevisión
- Xornais e revistas integramente en
galego:
0 Correo Galego, A peneira...

* Frecuencia de publicación.
- Xornais, revistas e outras publica-
cións en castelán con algunhas
partes en galego.

* Partes que adoitan estar en ga-
lego.
-Xornais, revistas e outras pulica-
cións sempre en castelán.

- Emisoras que emiten integramen-
te en galego.
Radio galega

- Emisoras que emiten en castelán,
pero teñen algún programa en ga-
lego.

 Programas en galego: temática,
se o presentador fala ou non ga-
lego.

-Emisoras que emiten sempre en
castelán.

-Cadeas que emiten sempre en ga-
lego.

Televisión de Galicia

- Cadeas que emiten normalmente
en castelán, pero teñen algún pro-
gama en galego.
 Programas en galego: temática,
se o presentador fala sempre
galego...

- Cadeas que só emiten en caste-
lán.



- Expoñede a información ós outros grupos e escoitade con aten-
ción a información que eles vos dean.
- A partir de toda a información anterior, debatede e concluíde so-
bre estes aspectos:

 Medio de comunicación no que máis se usa o galego.
 Medio de comunicación no que menos se usa o galego.
 0 galego emprégase moito ou pouco nos medios de comuni-
cación.

Ex 8.-208p Pensade e apuntade:
 As causas do uso minoritario do galego nos medios comunicación.
 Razóns polas que os medios de comunicación poderían prestar unha gran axuda á normalización do galego.
Mira 208 páxina do libro

*O léxico da nosa lingua

Homonímía e polísemía
Existen palabras na lingua que se pronuncian ou escriben igual, pero os seus significados poden ser diferentes ou semellantes.

Palabras SignificadosCaracterísticas
Doce/doce -De sabor agradable.
-Cantidade formada por dez máis
dous.
As palabras doce/doce teñen significados di-
ferentes, que non gardan relación entre si;
pero pronúncianse e escríbense igual. Este
tipo de palabras denomínanse homónimas.
Tamén se consideran homónímas aquelas
que se pronuncian igual, aínda que a escrita
sexa diferente (baca/vaca).
Librería -Moble para gardar libros.
-Tenda onde se venden libros.
A palabra librería ten dous significados, pero
estes gardan unha relación entre si: refírense
a libros. Son palabras polisémicas.

Ex 9.-209p Inventa dúas oracións con cada unha destas palabras polisémicas nas que se aprecien as diferencias de significado.

Palabras polísémicas Oracións
CabezaDoíalle moito a cabeza./Dinlle na cabeza da cuña./ Saquei o cravo pola cabeza.
CaraHoxe tes mala cara. As caras do cubo non son iguis.
Teño un dor no pé./ A fiestra mide dous pés.
PedraAquela imaxe é de pedra./ Ten 34 pedras no pé.
GatoO gato levanta o coche./Os ratos escapanlle ó gato.

Exer 10.209p Consulta estas parellas de palabras no diccionario. Anota alomenos dous significados e di se son homónimas ou polisémicas.
dente/dente - sobre/sobre - boca/boca - bago/vago- brazo/brazo - bascular/vascular

PalabrasSignificadoSon palabras...
dente/dente - Cada unha das pezas implanta- das nas enxivas. - Cada unha das puntas no peteiro dalgunhas aves.Polisémicas
sobre/sobre -Cuberta de papel na que se intro- ducen cartas. -Preposición que indica localización de espacio enriba ou encimahomónimas
boca / boca -Orificio polo que comeza a cavidade dixestiva e onde están ligua, dentes. -Entrada ou saída.polisémica
bago / vago -bago --> uva -vago --> errante, que anda dun lugar para outro.homónina
brazo / brazo -brazo--> membro do corpo que vai desde o ombreiro á man. (ombreiro = ombro) -brazo -> soporte lateral dos sillóns ou cadeiras para apoiar os brazos.polisémica
bascular / vascular -bascular -> Ter un movemento en vaivén -vascular -> relativo ós vasos ou conductos de animais ou plantas homónimas
See 209 page of book.

Desenvolvémo-lo vocabulario

De seguido, vas traballar e aprender vocabulario relacionado coa prensa e o diarío.
Exer 11.-210p Di o período de tempo en que se editan estas publicacións.

" Se non se falase máis dunha
cousa, sería coma se nunca
ocorrese."
"
Oscar Wilde. Escritor inglés(1854 - 1900)
anuario - semanario - edición vespertina - edición matutina - revista quincenal - fascículo semestral - suplementos mensuais - gacetas trimestrais

SOLUCIÓN:.- Anuario: unha vez ó ano(a publicación).semanario: unha vez a semana. edición vespertina: pola tarde.edición matutina: pola maña. revista quincenal: cada 15 días. fascículo semestral: cada seis meses.suplementos mensuais: cada mes. gacetas trimestrais: cada tres (3) meses.

Exer 12.-210. Consulta estas palabras no diccionario e completa o cadro engadindo algunha máis se podes.
tipógrafo - linotipista - reporteiro - correspondente - redactor - corrector
.

Persoa Tarefas
tipógrafo.................. deseñar, compoñer e imprimir.
linotipista................... compoñer e facer liñas
reporteiro.................. recoller e publicar
correspondente.................. representar e comunicar
redactor.................. redactar e dirixir
corrector.................. correxir

Ex 13.-210p Completa as oracións cunha das palabras seguintes.

ameno - obxectivo - insólito - sensációnalista

 Esta noticia vai causar un gran impacto e vai enche-las primeiras planas da prensa sensacionalista.
 Un bo comunicador debe redactar e expresa-las noticias desde un punto de vista.........({solución=} obxectivo)
 A plana de sucesos do diario dedica toda unha columna a comentar aquel ......(insólito).. .... roubo.
 0 periodista que asina a última columna do diario sempre explica algunha curiosidade cun estilo moi .......(ameno)

Ex 14.-210p Escribe o significado de cada unha destas palabras e, a continuación, fai unha oración.

boletín - diario - suplemento - circular - folletín - gaceta - revista

Palabra Definición Oración
boletín Publicación periódica de carácter oficial ................................. ¿Recibíche-lo boletín do Concello?
diario Periódico que se publica tódolos días A portada do diario de hoxe é moi interesante
suplemento Apéndice, anexo dun periódico, revista ................................. O suplemento do "Pais" ten moitos artigos de información
circularCarta ou escrito que se dirixe a varias persoas ó mesmo tempo Onte enviaron unha circular da Xunta
folletín
folletín ..........
Escrito dunha publicación periódica posta na parte .................
inferior dunha páxina
Neste folletín faise unha dura crítica
gaceta Publicación periódica de temas específicos ................................ A Gaceta dos deportes é publicación mensual
revista ........ Publicación periódica non diaria ........................................... As revistas do corazón supoñen o nº 1 en ventas

See page 210 of book.

* Reflexión sobre a lingua

Oracíón composta por subordinacíón

Esta oración está formada por dúas proposicións unidas por unha partícula (R) .

Nós marcharemos cando eles acaben
Proposición ... ... ... R. ... Proposición

Se separámo-las dúas proposicións, observamos que:

Proposíción príncipal Proposícíón subordinada
Nós marcharemos cando eles acaben
Ten sentido completo. Non ten sentido completo.
Depende da proposición
principal.

*As oracíóns compostas por subordínacíón son aquelas que están formadas por unha ou máis proposícíóns que dependen dunha proposícíón príncipal. Únense entre elas mediante partículas subordínantes (R).

Clasífícacíón e recoñecemento das proposícíóns subordínadas

As proposicións subordinadas dependen da proposición principal mediante unha partícula subordinante e poden ser substituídas por un adxectivo, un substantivo ou un adverbio. Clasifícanse, polo tanto, en adxectivas, substantivas e adverbiais.

Oracíón compostaSubstitucíón da proposicíón subordinadaClase de proposición
Vin unha serpe que desprendía veleno Vin unha serpe velenosa.Subordinada adxectiva
Anunciáronme que el chegaba.Anunciáronme a súa chegada.Subordinada substantiva
Faino como che dixen.
Av (así)
Faino así.
Av
Subordinada adverbial

See 211 page of book. Imos analizar detidamente cada unha destas proposicións subordinadas.

- Proposicións subordinadas adxectivas

Separámo-las dúas proposicións desta oración composta:

Vin unha serpe que desprendía veleno.

Proposición principal: Vín unha serpe
Proposición subordinada: que desprendía veleno

Se substituímo-la proposición subordinada por un adxectivo, observamos que a oración composta queda reducida a unha oración simple.

Vin unha serpe que desprendía veleno = oración composta

Vin unha serpe velenosa= oración simple

As proposícíóns subordínadas adxectívas pódense substituír por un adxectívo.

- Proposicións subordinadas substantivas

Seguímo-lo mesmo proceso que fixemos anteriormente e separámo-las dúas proposicións da oración composta.
Relaciona as columnas de ma-
neira que resulte unha proposi-
ción subordinada substantiva.

Agradaríame ..>
Espero........>
Di............>


QUE


xa o acabaches
me escribises
te recuperes

-Inventa dúas oracións máis
que sigan este esquema

Anunciaronme que el chegaba

Proposición principal: Anunciáronme

Proposición subordinada: que el chegaba

De seguido, podemos observar que a palabra que pode substituí-la proposición subordinada é un substantivo


Anunciáronme que el chegaba = oración composta

Anunciáronme a súa chegada = oración simple

As proposícíóns subordinadas substantivas pódense substituir por un substantivo.


See page 212 of book.

- Proposicións subordinadas adverbiais

Analizámo-la última oración composta separando as dúas proposicións:


Faíno como che díxen.


Proposición principal:Faíno

Proposición subordinada: como che dixen

E, finalmente, substituímo-la proposición subordinada por un
adverbio:


Faino como che dixen = oración composta

Faino así = oración simple

As proposícíóns subordínadas adverbíaís pódense substítuír
por un adverbío ou locución adverbíal.

- Substitúe os adverbios desta-
cados por unha proposición
adverbial.
a) Lévao alí.
b) Actúa así.
c) Virán despois.
d) Comeu moito.
e) Tráeme o xersei aquí.
Sustitución:
A)Lévao onde estaba antes
B)Actúa como che indicou
C)Virán cando empece a amencer
D)Comeu canto lle puxeron.
E)Tráeme o xersei a onde se indica


Ex 15.-213 Subliña as proposicións subordinadas e substitúeas por un adxectivo.

 Fun ver un rapaz que toca a guitarra (guitarrista).
 Virán a semana que vén. (vindeira)
 Gañou a carreira un mozo que vai en bicicleta. (ciclista)
 Foron ve-lo fillo que xoga ó fútbol. (futbolista)
 Paseamos con aquel neno que sempre chora. (chorón)

Ex 16.-213 Indica se as proposicións destacadas son adxectivas, substantivas ou
adverbiais. Xustifícao.
 Esperareite onde quedamos. (adverbial) sustitúese por un adverbio
 Conseguín que o cambiasen por outro.(substantiva) sustitúese por un substantivo
 Estou lendo un libro que é moi divertido. (adxectiva) sustitúese por un adxectivo
 Fíxeno como me dixeches. (adverbial) sustitúese por un adverbio
 Chegou a carta que me escribiches. (adxectiva) sustitúese por un adxectivo
 Vin que se queixaba. (substantiva) sustitúese por un substantivo

Esperareíte alí: proposíción subordínada adverbíal; a subordínada pódese substituír por un adverbio.
See 213 page of book.

Ortografía

Uso de - b -

Ex 17.-214 p Fíxate nas letras destacadas e na norma de uso, e completa o cadro. Engade outros exemplos.
Escribimos b nas palabras que comezan por. . .
bu-...
bus- ...
bur- ...
bufón, butaca, butano
buscar , busto, buscador
burla, burro, burgo
Escribimos b nas palabras que acaban en. . .
-bilidade
-bundo
-sílabo
debilidade, amabilidade, sociabilidade, credibilidade, impenetrabilidade,...
meditabundo, vagabundo, nauseabundo, tremebundo, meditabundo, ...
trisílabo, pentasílabo, monosílabo, heptasílabo, hendecasílabo, ....

- As palabras vulgar, vulto, cívílídade e íncívílídade son excepcións ás normas anteriores. Busca no diccionario outras excepcións e anótaas.

Uso de - v -

Ex 18.-214 p Completa as normas de uso do - v - a partir das letras destacadas.
Escribimos - v - nas palabras que comezan por . .
env-enviar,envexa, envolver
adv-adverbio, adversario, advertir, advertencia, adverbial, adviento,...etz.
subv-subvención, subversivo, subvencionar, subverter, ...
div-división, divino, divorcio,...etc.
lev-levar, levita, levadura, levantar,..
Escríbimos - v - nas palabras que acaban en. . .
-eveleve, neve, preve, atreve, .....
-avesuave, nave, cave, escave, ....
-evolonxevo, levo, nevo, . . ..
-ívorocarnívoro, omnívoro, herbivoro, ....
-ivodefinitivo, permisivo, defensivo,......

- Ceíbo e roíbo son excepcións ás normas anteriores. Escribe unha oración con cada unha.

See 214 page of book.

Uso do guíón nas palabras compostas

Ex19.-215p Coloca estes exemplos no lugar correspondente do cadro segundo as normas de uso do guión nas palabras compostas.

 tse-tse, foie-gras, wáter-polo
 non-intervención, non-aliñados
 oés-noroeste, les-sueste

Normas Exemplos
Cando o primeiro elemento da palabra compostanon-intervención , non - aliñados, ...
Palabras referidas ós puntos cardinais. oés - noroeste, les - sueste
Estranxeirismos (palabras procedentes doutras
linguas que aínda non se integraron totalmente
na nosa).
tse - tse foie - gras water - polo

Úso do guíón coa segunda forma do artigo

Ex20.-215p Observa atentamente o seguinte cadro e complétao.

Normas Exemplos
Coas formas verbais re-
matadas en -r ou -s.
(Comer + a) comida = Come-la comida.
(Traes + o) xornal = Trae - lo xornal
Cos pronomes persoais
tónicos nós e vós.
(Nós + os) dous = Nó-los dous.
( Vós + as) tres = Vó-las tres.
Tralos pronomes per-
soais átonos nos, vos e
lles, colocados despois
do verbo.
Dá(nos + o) pan = Dáno-lo pan.
Fágo(vos + as) tarefas = Fágovo - las tarefas
Pedín(lles + os) cartos = Pedínlle-los cartos

Ex 21.-215p . Coloca - b - ou - v - nestas palabras, segundo cumpra.

ama ilidade - ad ersario - en olto - di indade
vaga undo - heptasíla o - sub ersi o - urocracia
ulleiro - .usto - le edar - omní oro
amabilidade, adversario, envolto, divindade,
vagabundo, heptasílabo, subversivo, burocracia,
bulleiro, busto, levedar, omnívoro,

*See 215 page of book.

Lingua e comunicacion
Análíse dunha notícía
Títular Supera o século, e aspira a cumprir máis
Subtítulo A « avoa » de Boqueixón celebra o seu centésimo sexto cumpreanos.
Entrada0 tenente de alcalde e concelleiro de Servicios de Boqueixón, Jesús Sanjuás, e a asistente social do municipio, Carmen Pereira, achegáronse onte ata a vivenda de Carmen Barco para facerlle entrega dun ramo de flores e dunha torta con motivo do seu 106 aniversario. Carme agradeceu os obsequios e manifestou o seu desexo de « cumprir moitos anos máis» .
CorpoCun gran sorriso acollía Carmen Barco, a avoa de Boqueixón por se-la persoa máis anciá do municipio, o obsequio que Ile entregaban o tenente de alcalde e concelleiro de Servicios Sociais, Jesús Sanjuás, e a asistenta social do municipio, Carmen Pereira.

Este obsequio oficial consiste na entrega dun ramo de flores e dunha torta, vén realizándose desde hai anos por parte do Concello de Boqueixón tódolos anos, desde que Carmen cumpriu os cen en 1990.

Carme, que coa emoción non paraba de falar, afirmaba que « son 106. Foi onte cando os cumprín, pero era día de traballo, por iso o celebramos hoxe que están todos. Todo o mundo me trae regalos» (...).

0 Correo Galego

Exerc 22.-216p Partindo da noticia anterior, escribe o nome de cada parte segundo as súas características.

Partes dunha notícíaCaracterísticas
Entrada Presentación en forma de parágrafo da información que se detallará a continuación.
Corpo Desenvolvemento da noticia, incluíndo desde os datos máis importantes ata os detalles máis pequenos.
Titular Resumo esencial dos datos máis importantes da noticia. Normalmente, escríbese con letra máis grosa e negriña.
Subtítulo Completa a información máis destacada do titular.

Exerc 23.-216p Volve le-la noticia anterior e responde estas preguntas: ¿ que ? { (obxecto), o suceso } ¿quen? { (suxeito), protagonista }
circunstancias ---> ¿cando? tempo, ¿onde? lugar, ¿por que? causa e ¿como? modo
¿ Que ? { (obxecto), o suceso }, cumpre 106 anos.
¿quen? { (suxeito), protagonista}, Carmen Barco, unha anciá de Boqueixón
circunstancias ---> ¿cando? tempo----------> no ano 1990 + 6. (1996)
circunstancias ---> ¿onde? lugar------------> Boqueixón
circunstancias ---> ¿por que? causa--------> por se-la persoa máis anciá do municipio
circunstancias ---> ¿como? modo---------->entregando un ramo de flores e dunha torta con motivo do seu 106 aniversario.

As notícías son informacíóns de actualídade que teñen unha estructura externa (título, subtítulo, entrada e corpo) e un contido (responde as preguntas ¿ que ?, . ¿ quen ?, ¿ cando ?, ¿ onde ?, ¿por que ?) esquemático que permite unha lectura rápída e clara.
See 216 page of book. Elaboración de noticías

Ex24.-217p Formade grupos de cinco e escollede unha competición deportiva: fútbol, ciclismo, atletismo, tenis... (Procurade que cada grupo escoIla unha competición diferente do resto.)
- Despois de escolle-la competición, consultade un programa de televisión onde se transmita esa competición.
- Cada membro do grupo debe redactar unha noticia sobre a competición. Antes de redactala, consultade a páxina 216 do voso libro e elaborade un esquema. Noticia
Estructura externa:  Titular,  Subtítulo,  Entrada<
Contido:  Corpo: que contén o contido,--> ¿que?, ¿quen?, ¿onde?, ¿cando?, ¿como?, ¿por que?
Six what....> ¿what?, ¿who?, ¿where?, ¿when?, ¿how?, ¿why?
- Lédelle ó grupo as vosas noticias e facede as correccións oportunas.
- Despois de corrixilas, pasádeas a limpo (podedes utiliza-lo ordenador e escribir en diferentes tipos de letra o titular, o subtítulo, a entrada, o corpo...)
- Ilustrade a noticia con fotografías adecuadas.
Ex25.-217p Recompilade tódalas noticias e confeccionade un diario deportivo.

Ex26.-217p Se o profesor ou profesora o consideran conveniente, podedes ler algunha das vosas noticias e, asemade, proxecta-lo vídeo.
- Mentres os vosos compañeiros len a súa noticia, dá a túa opinión. Podes seguir estes criterios:
Si /non
 Utiliza un ton de voz adecuado.
 Vocaliza correctamente.
 0 título é atraente e acertado.
 0 subtítulo completa a información do titular.
 A entrada resume o esencial da noticia.
 0 corpo responde as preguntas: ¿que?, ¿quen?, ¿onde?, ¿cando? ?, ¿como?, ¿por que?...
Six what...> ¿what?, ¿who?, ¿where?, ¿when?, ¿how?, ¿why?

Ex27.-217p Propón solucións ás respostás que resultasen negativas.
See 217 page of book.

A lingua literaria
0 teatro

Obras musicaís: a ópera, a opereta e a zarzuela

A combinación da arte da canción e o drama dá lugar a tres subxéneros teatrais:a ópera, a opereta e a zarzuela.

De seguido, verémo-las características principais de cada unha destas obras, que foron moi pouco cultivadas en galego

A ópera é un drama para ser representado. Consta dun texto cantado, dun acompañamento orquestral e os elementos escénicos habituais do teatro (decorados, vestiario...) Adoita ir precedida dunha introducción instrumental denominada obertura ou apertura.

0 texto literario da ópera recibe o nome de libreto. A miúdo adaptáronse dramas de grandes autores teatrais.

O texto literario da ópera recibe o nome de líbreto. A miúdo adaptáronse dramas de grandes autores teatrais.

De seguido, podes ver dous exemplos de ópera galega:

 0 drama 0 maríscal de Ramón Cabanillas, musicado en 1929

 Ópera Annus Horribilis de Pepe Sendón, musicado por Fran Pérez.

Os compositores de ópera máis destacados a nivel mundial e as súas obras máis importantes son estas:
ObrasAutores
W. Amadeus Mozart
(Austria, 1756-1791 )
As vodas de Fígaro
Don Giovanni
A frauta máxica
W. Richard Wagner
(Alemaña, 1813-1883)
Tristán e Isolda
As Valquirías
Giuseppe Verdi
(ltalia, 1813-1901 )
Macbeth
Nabucco
Rígoletto
A Traviata
A continuación, presentámosche os datos máis salientablese o argumento da ópera A Traviata



¡Sálvenme! Aquí eu vou, triste de min,axudame San Fermín.
Non tiren a olvidar,
que a VIDA é valiosa,
vale para axudar,
é prenda preciosa.
*****************
------------------------------------------------

Cadro de coplas Populares
GALEGO
CASTELAN
Se varios mandatarios,
dan ó partido o seu voto,
e o cerco militar se dá,
deixan o partido roto.
Si varios mandatarios,
dan al partido su voto,
y los militares asaltan,
dejan al partido roto.

------------------------------------------------

Pinchen para suxerencias, propostas...


volver...