PROGRAMACIÓN

línea de de división

Programa
.
LINGUA GALEGA E LITERATURA

Educación Secundaria Obrigatoria

Primeiro Ciclo
lº Ciclo
I N D I C E

0l.- Introducción.
02.- Obxectivos xerais.
03.- Bloques de contidos.
04.- Selección obxectivos 1º nivel.
05.- Selección criterios de avaliación 1º nivel .
06.- Secuencia de contidos de 1º nivel .
07.- Selección obxectivos 2º nivel.
08.- Selección criterios de avaliación 2º nivel.
09.- Secuencia de contidos de 2º nivel .
10.- Contidos transversais.
11.- Orientacións metodolóxicas .
12.- Organización de aula.
13.- Avaliación .
14.- Atención a diversidade .
15.- Materiais e recursos didácticos.
16.- Actividades complementarias, utilitarias e extraescolares.
17.- As unidades didácticas.
18.- Organización de contidos .

01 - INTRODUCCION

02 Obxectivos xerais para o primeiro e segundo nivel do( PRIMEIRO CICLO)

03 BLOQUES DE CONTIDOS (04)lº Nivel. Se1ección de obxectivos
  1. 01.- Valorar e estima-las dúas linguas oficiais da nosa Comunidade comprendendo as circunstancias que condicionaron a súa evolución e o seu uso, e afirmando a lingua galega como propia de Galicia (Obx. 1).
  2. 02.- Capta-lo contido explícito e implícito en mensaxes e textos orais e escritos de forrna habitual (Obx. 2).
  3. 03.- Expresarse oralmente e por escrito de forrna coherente, correcta e creativa considerando as diferentes situacións de comunicación e utilizando os PROCEDEMENTOS que dan cohesión ó texto. (Obx. 3, 5).
  4. 04.- Identifica-los elementos formais do texto nos planos fónico, morfosintáctico e textual de acordo coa nonna lingüística, coa intención do emisor e o contexto de comunicación en que se produce (Obx. 4, 2).
  5. 05.- Identificar e utilizar diversos recursos e fontes de información para satisface-las necesidades concretas e levar a cabo traballos siinxelos de invéstigación (Obx. 6, 3 , 8).
  6. 06.- Utilizar produccións escritas propias e doutros (resumos, fichas, listas; notas) para organiza-la información e executar tarefas concretas individualmente ou en grupo (Obx. 6).
  7. 07.- Considera-la lectura e a escritura fontes de pracer e medios para o perfeccionamento lingüísticos e persoal así como para o coñecemento do patrimonio cultural, desenvolvendo unha actitude crítica ante temas e expresións que denoten algún tipo de discriminación (Obx. 7, 9).
  8. 08.- Recoñecer, analizar e interpretar elementos e características dos medios de comunicación escritos, co fin de ampliar destrezas discursivas e desenvolver ACTITUDES críticas ante as súas mensaxes, valorando a importancia das súas manifestacións na cultura contemporánea (Obx. 8, 3).
  9. 09.- Utilizar harmonicamente tódolos recursos expresivos, tanto lingüísticos como non lingüísticos, na comunicación directa con outras persoas (Obx. 3, 5).
  10. 10.- Recoñecer algúns aspectos das deterninacións ideolóxicas e sociais (política, función social, sexo, raza, . . .) que regulan os usos orais e escritos da lingua (Obx. 9).
  11. 11.- Manipular textos co fin de recoñece-las posibilidades expresivas e lúdicas da linguaxe (Obx. 3, 6, 9).
  12. 12.- Analizar e interpretar textos literarios, tendo en conta o sentido do texto, elementos estructurais básicos e os procedementos retóricos emitindo valoracións persoais (Obx 2,3, 7).
Os obxectivos que figuran entre parénteses están en relación cos obxectivos xerais de etapa.

Criterios de avaliación do ciclo = C. A.

01 . Identificar mediante a comparación de textos diferentes as principais variantes dialectais do galego e integralas nunha concepción global da lingua.
02. Identificar, localizar e descubri-los fenómenos de contacto da lingua galega con outras linguas..
03 Integra-los vínculos que se establecen entre a persoa, o territorio, a cultura e a lingua. .
04 Identificar, en textos orais e escritos de distinto tipo e ámbito de uso, imaxes e expresións que denoten algún tipo de discriminación social, racial, sexual, etc. , e utilizar opcións que eviten o seu uso nas propias produccións. .
05 . Elaborar un resumo dunha exposición ou debate oral sobre un tema determinado..
06. Sintetizar oralmente o sentido global de textos escritos de diferente tipo e de distinto nivel de formalización, identificando as ideas principais e secundarias, recoñecendo as posibles incoherencias ou ambigüidades de contido e aportando unha opinión persoal. .
07 Integrar informacións escritas procedentes de diferentes textos sobre un mesmo tema, co fin de elaborar un texto de síntese que reflicta as informacións e puntos de vista principais, asi como as propias opinións. .
08 Expoñer oralmente un tema axustándose a un plan ou guión, con secuencia lóxica na presentación de informacións e argumentos, adecuando a linguaxe ó cóntido, á intención e á situación comunicativa.
09 Producir textos escritos de diferente tipo (nàrrativos, descritivos, expositivos, argumentativos), prestando atención á situación de comunicación e ós criterios de corrección establecidos.
10. Debater sobre un tema previa busca e selección de información, establecendo unha liña argumentativa propia e respetando as regras socio comunicativas e pragmaticas que rexen o debate. .
l 1 Consultar diferentes fontes de información, utilizando todo tipo de instrumentos lingüísticos e gráficos para realizar traballos de investigacións sinxelos. .
12 Integrar nos textos escritos as normas derivadas das convencións ortográficas, atendendo á adecuación das estructuras morfolóxicas e sintácticas. .
13 Reflexionar sobre os mecanismos da lingua e os seus elementos formais (marcas de adecuacíón, estructuras textuais, procedementos de cohesión, estructura da oración, formación de palabras, etc.) para comprende-los textos alleos e para mellora-las propias produccións. .
14. Identifica-lo xénero ó que pertence unha obra literaria, lida na súa totalidade, recoñece-los elementos estructurais e os recursos estilísticos básicos e emitir unha opinión valorativa sobre a mesma. .
15 Utiliza-las propias ideas e experiencias para a producción de textos de intención literaria, tomando como modelo as obras traballadas na clase. .
16 Establecer relacións entre obras, autores e movementos máis relevantes da literatura galega e os elementos máis destacados do contexto cultural social e histórico no que aparecen. .
17 Comentar oralmente ou por escrito textos, tanto orais como escritos, procedentes dos medios de comunicación próximos ós intereses dos alumnos e ligados a algún aspecto de actualidade.

(05) 1º Nivel Selección de criterios de avaliación

01. Identificar mediante textos as diferentes variantes dialectais do galego e valorar fenómenos de contacto da lingua galega con outras . linguas como riqueza común, tomando conciencia da pertenza a unha comunidade histórica e social determinada (C.A. l , 2, 3).
02. Identificar, en textos orais e escritos de distinto tipo, imaxes e expresións que denoten algún tipo de discriminacíón social, racial, sexual. . . e tender á autocorreccion (C . A . 4, 6, 7, 9, 16, ) .
03 . Expresar de forma oral presentando sinteticamente, de maneira expresiva e emitindo valoracións persoais, o contido de textos . escritos de diferente tipo, recoñecéndo as súas intencións, ideas principais e secundarias, incoherencias ou ambigüídades (C.A. 5, . 6., 8, 10, 17).
04. Ordena-la propia actividade servíndose de plans de traballo organizados que utilicen procedementos eficaces para aprender a aprender (C.A. 7, 8, 10, 11).
05 . Expresar, de forma oral, opinións e ideas persoais sobre temas de interese e actualidade, integrando informacións de diferentes . fontes e demostrando a capacidade de mante-la atención do receptor (C.A. 7, 8).
06. Identificar en usos propios e alleos da lingua os elementos formais básicos nos planos fónico, morfo-sintético, léxico-semántico e . textual e aplica-las normas ortográficas (C. A. 12, l3, 14).
07. Determina-lo xénero ó que pertence un texto literario lido na súa totalidade, identificando elementos estructurais e retóricos e . expresar opinións e gustos persoais sobre ó mesmo (C.A. 15, 16).
08 . Producir textos de intención literaria tomando como modelos as obras traballadas na clase (C.A. 15).
09. Producir textos escritos de diferentes tipo prestando atencións á situación de comunicación e ós criterios de corrección . establecidos.(C. A. 9).
10. Comentar oralmente ou por escritos textos orais e escritos procedentes dos medios de comunicación próximos ós intereses dos . alumnos e ligados a algún aspecto de actualidade (C. A. 17)

Estes criterios están en relación cos criterios de avaliación da área para a etapa (numeración entre parénteses).

(06) Selección e secuencia de contidos que no interior de cada un dos bloques, a orde dos tres tipos pretende suxerir cal debe ser prioritario.

Obxectivos2.-Contidos{Bloque 1.-LINGUA E SOCIEDADE}
A.-Actitudinais
B.-Procedimentais
C.-Conceptuais
3.-Comprender oralmente e por escrito diferentes tipos de mensaxes nas linguas de Galicia, analizando e valorando o seu uso nos diferentes contextos e situacións.
4.-Expresarse oralmente e por escrito con coherencia, corrección creatividade e adecuación ás necesidades comunicativas.
8.-Ler con fluidez, comprensión e actitude crítica, considerando a lectura como fonte de pracer, ampliación de experiencias, coñecemento do patrimonio cultural e como estímulo para unha práctica literaria propia.
*Comprensión da situación idiomática de Galicia e valoración dos esforzos en favor da normalización lingüística(3,8)
*Estimación positiva da competencia nas dúas linguas oficiais de Galicia (3,8)
*Valoración da lingua como instrumento cognitivo e medio de comunicación privilixiado, así como elemento configurador da identidade persoal e colectiva (3,4,8)
*Actitude crítica ante prexuízos referentess ás linguas e ás variedades sociais e xeográficas das mesmas, adoptando ACTITUDES comprensivas e tolerantes(3,4,8).
* Uso e elaboración de mapas para localizar neles áreas e fenómenos lingüísticos(3, 4, 8).
* Identificación en diversos mensaxes dos distintos niveis de uso.
* Análise dos comportamentos e uso de rexistros lingüísticos na vida social(3, 4).
* Uso da lingua segundo as necesidades de cada situación comunicativa (3,4)
* Multilingüísmo
* Multilingüísmo. A lingua como referencia ou etiqueta, chama-las cousas polo seu nome. O conflicto non é só lingüístico (3, 4, 8).
* A condición social da lingua. Cronoloxía dun conflicto (I, II). O conflicto dificulta as linguas. As saídas do conflicto. Contra o pesimismo(3, 4, 8).
* Lingua de instalación e linguas de relación (3,4).
* Normalización, normativización. A lingua baixo sospeita(I, II). Tolerancia e dignificación da lingua (3, 4, 8).
Continuára...
-----
Obxectivos2.-Contidos{Bloque 2.-LINGUA ORAL}
A.-Procedimentais
B.-Actitudinais
C.-Conceptuais
3.-Comprender oralmente e por escrito diferentes tipos de mensaxes nas linguas de Galicia, analizando e valorando o seu uso nos diferentes contextos e situacións.
4.-Expresarse oralmente e por escrito con coherencia, corrección creatividade e adecuación ás necesidades comunicativas.
8.-Ler con fluidez, comprensión e actitude crítica, considerando a lectura como fonte de pracer, ampliación de experiencias, coñecemento do patrimonio cultural e como estímulo para unha práctica literaria propia.
* Interpretación do contido de textos orais tendo en conta intencionalidade, situación de comunicación e características dos textos citados (3, 4, 8)
* Análise de textos orais, diferenciando ideas principais, secundarias, recoñecendo diversas partes do texto e sinalando características e procedementos peculiares do mesmo (4,8)
* Lectura expresiva en voz alta de textos en prosa e verso atendendo á entoación, acentuación, pausas. (3, 4).
* Producción de textos orais de diverso tipo, atendendo a criterios de coherencia e corrección (3,4)
* Intervención e argumentación en público (debates, coloquios)
* Valoración da importancia que ten o adecuado uso da lingua oral para o desenvolvemento persoal e a vida social(3,4)
* Valoración positiva das produccións orais caracterizadas pola súa corrección, coherencia, creatividade.(3,4)
* Actitude crítica ante expresión de lingua oral que supoñen calquera tipo de discriminación (3, 4, 5)
* Receptividade, interese e respeto por opinións alleas expresadas na lingua oral (3,4).
* A comunicación oral(3,4, 8)
* Trazos distintivos da lingua oral: fonéticos, prosódicos, paralingüísticos.
* Emprego da coma, o punto e o punto e coma. Signos de interrogación e exclamación. Os dous puntos. Os puntos suspensivos (3, 4, 8)
* Tipoloxía dos textos da comunicación oral (3, 4, 8)
* As formas elocutivas na comunicación oral (narración, descrición, exposición, argumentación... )(3, 4 8)
* As formas singulares (exposición), duais (conversación, diálogo, entrevista...) e plurais (debate, coloquio...) da comunicación oral (3, 4, 8)
Continuára...
-----
Obxectivos2.-Contidos{Bloque 3.-LINGUA ESCRITA}
A.-Procedimentais
B.-Actitudinais
C.-Conceptuais
* 03 Expresarse oralmente e por escrito de forma coherente.
* 06 Utilizar produccións escritas propias e doutros (resumos, fichas, listas e notas) para organiza-la informaación e executar tarefas concretas individualmente ou en grupo.
* 07 Considera-la lectura e escritura como fontes de pracer e medios de perfeccionamento lingüísticos.
* Interpretación de textos escritos de diversa natureza, atendendo ás peculiaridades dos mesmos(4)
* Análise de textos escritos de diversos tipos, diferenciando ideas principais, secundarias, recoñecendo partes e sinalando características e procedementos peculiares dos mesmos(4)
* Elaboración de resumos e esquemas de textos orais e escritos (3,4).
* Uso da lingua escrita na resolución de problemas cotiáns (1, 2, 3, 4, 5, 6, 7 8)
* Producción de: textos de usso habitual atendendo a criterios de coherencia e corrección (1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8)
.
* Valoración da importancia da lingua escrita no intercambio social e como medio para fixa-lo pensamento e para acceder a información.(3,4)
*O interese pola lectura como fonte de información, aprendizaxe coñecemento e pracer (3, 4, 6)
* Valoración positiva ante produccións escritas caracterizadas pola corrección, eficacia comunicativa, beleza, coherencia e creatividade.(3,4)
* Actitude interpretativa na recepción de textos escritos atendendo especialmente a expresións que supoñan calquera tipo de discriminación (3, 4, 5)
* A comunicación escrita(3,4, 5)
* Tipoloxía dos textos da comunicación escrita (3, 4, 8).
* As formas elocutivas na comunicación escrita (narración, descrición, exposición, argumentación, diálogo...(3, 4, 8).
* Características gráficas da lingua escrita. O subliñado. Uso das maiúsculas. Regras do acento gráfico. A paréntese. A raia e o guión. Dous puntos. Puntos suspensivos. as comiñas. A diérese (3, 4, 8)
* Textos pertencentes a diversos tipos de discursos: científico, humanístico, técnico, xúridico, administrativo, xornalístico, literario...(1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8).
Continuára...
-----
Obxectivos2.-Contidos{Bloque 4.-LINGUA COMO OBXECTO DE REFLEXIÓN }
A.-Conceptuais
B.-Procedimentais
C.-Actitudinais
*01 Valorar e estima-las dúas linguas oficiais da Comunidade.
* 02 Capta-lo contido dos mensaxes orais e escritos.
* 03 Expresarse oralmente e por escrito de forma coherente.
* 04 Identifica-los elementos formais do texto.
* 05 Identificar e utilizar distintos recursos expresivos.
* 06 Utilizar produccións escritas propias e doutros (resumos, fichas, listas e notas) para organiza-la informaación e executar tarefas concretas individualmente ou en grupo.
* 07 Considera-la lectura e escritura como fontes de pracer e medios de perfeccionamento lingüísticos. * 08 Recoñecer, analizar, interpretar e valorar elementos e características dos medios de comunicación e producción escritos.
* 09 Utilizar harmónicamente tódolos recursos expresivos (lingüísticos-non ling.), na comunicación con outras persoas.(Obx 3,5)
* A oración e os seus constituíntes. A oración simple e complexa.(3, 8)
* Relacións morfo - sintácticas
* Concordancias clases de palabras.
* Elementos nucleares e adxacentes.
* A oración simple.
. * Léxico e semántica. Formación de palabras. Monemas. Morfemas. Lexemas. Prefixos e sufixos (3,8)
* Normas ortográficas de uso do B (I II) e o V. Uso do H. Uso de S e X. Uso das maiúsculas. Regras do acento gráfico (3)
* Relacións entre oracións. Indicadores oracionais: entoación e puntuación (3,8)
* Manipulación de textos oracións e secuencias: substitucións, supresións, ampliacións, cambios de orde e de categoría gramatical e analiza-las consecuencias que para o significado teñen os cambios.(3,4)
*Analises de oracións simples. Identificacións de funcións sintácticas, clasificación de palabras e oracións (3, 8)
* Uso de normas ortográficas na producción de textos.(3,)
* Uso de diccionarios na interpretación e producción de textos alleos e propios (orais e escritos) (3, 4)
* Actitude reflexiva no uso da lingua (3,4,)
* Valoración da lingua como producto e proceso socio - cultural que evoluciona, como como vehículo de comunicación e creación intercultural(1,2,3,4,5,6,7 8).
* Interese e autoesixencia na eleción dun léxico preciso e adecuado para textos propios, prestando atención á coherencia e correción (3,4).
Continuára...
------------
Obxectivos2.-Contidos{Bloque 5.-LINGUA LITERARIA }
A.-Actitudinais
B.-Procedimentais
C.-Conceptuais
* Obxectivos * Valoración do feito literario como producto lingüístico, estético e sociocultural (3,4,6,8)
* Interese e gusto pola lectura de textos literarios de distintos xéneros e épocas, e utilización de criterios propios de selección, interpretación e valoración (3,4,6)
* Aprecio polo patrimonio literario propio, así como produccións literarias doutras comunidades (3,4,6,8).
* Recepción da tradición literaria como referencia para creación doutros textos, empregando as posibilidades expresivas, estéticas e lúdicas da lingua (3,46,8).
. * Sensibilidade ante produccións literarias propias e alleas e actitudes críticas ante os temas que denoten dicriminación de calquera tipo (3,4,5,6,8)
* Lectura e interpretación de textos literarios (3,4,6, 8)
* Análise e explicación de textos literarios.(3,4,8)
* Identificación das características temáticas e formais dos textos. (3, 4)
* Elaboración dun criterio persoal argumentado (3,4)
* Relación entre textos e realidade histórica, cultural e social da súa producción (3,4,6,8)
* Producción de textos de distintos xéneros prestando atención a criterios de coherencia e corrección, axustándose ás características formais pertinentes e buscando un estilo propio de expresión (3,4,8)
* Xéneros literarios. Os personaxes na narración. A narración fantástica. Tempos de narración. A novela. Estilo directo e indirecto no relato. A figura do narrador. Poesía. Poesía, prosa e verso. Poesía social. As vanguardas (3,4,6,8).
* Autores e obras: X. Alcalá, M. Rivas, Castelao, Celso Emilio Ferreiro, V. Risco, P. Vázquez, García Sabell, X Álvarez Blázquez, M. Antonio, X. Pisón, U. Heinze, R. Cabanillas (3,4,6,8) * A literatura infantil e xuvenil
Continuára...
-----
Obxectivos2.-Contidos{Bloque 6.-LINGUA E MEDIOS DE COMUNICACIÓN }
A.-Actitudinais
B.-Procedimentais
C.-Conceptuais
* Obxectivos * Conciencia da importancia decisiva dos medios de comunicación social escritos no mundo de hoxe e actitude crítica ante o seu uso, distinguindo entre información e opinión (1,2,3,4,5,6,7,8)
* Uso práctico de medios de comunicación escritos, analizando a súa linguaxe específica, (1,1,3,4,5,6,7,8)
* Relación entre textos e realidade histórica, cultural e social da súa producción (3,4,6,8)
* Uso racional de medios de comunicación escritos como fontes de formación e información e entretemento(1,2,3,4,5,6,7,8) * Producción de modelos escolares dos medios de comunicación escritos. (1,2,3,4,5,6,7,8,11,12)
* Medios de comunicación escritos: diarios, xornais, revistas.
* Linguaxe xornalística (1,2,3,4,5,6,7,8)
Continuára...
-----
(07) 2 º Nivel.Se1ección de obxectivos
01. Recoñece-las posibilidades da lingua literaria para expresar sentimentos e mellora-la relación cos demáis.(Obx 1)
Ø-Dominar vocabulario preciso de campos semánticos na expresión distinguindo sílabas tónicas e átonas.
Ø-Aprecia-la diversidade lingüística como unha riqueza cultural.
Ø-Estima-las posibilidades da lingua literaria para expresar sentimentos e mellora-la relación cos demais.

02. Ampliar vocabulario con afixos ,aplicar correctamente as normas de acentuación, puntuar axeitadamente e recoñecer oracións segundo a actitude do falante desde o punto de vista sintáctico.(Obx 2)
Ø-Analizar e identifica-las características do texto expositivo.
Ø-Interpretar datos non explícitos nos discursos, diferenciar ideas fundamentais das secundarias.
Ø-Aplicar técnicas mnemotécnicas.

03. Producir textos orais e escritos non que se manexen estructuras textuais básicas: narración, descrición e exposición.(Obx 3, 5)
Ø-Identifica-los ditongos decrecentes e crecentes.
Ø-Recoñece-las funcións na oración simple e concordancias.
Ø-Amosar interese para expresarse con precisión e rigor.

04.Descubri-las estructuras da lingua no discurso, na oración e na palabra.(Obx 4, 2)
Ø-Analizar textos verbais e non verbais sobre un plano, itinerario, esbozo,...
Ø-Recoñecer elementos formais do texto nos planos morfolóxico, sintáctico, léxico-semántico segundo a norma e a intención do contexto.
Ø-Analiza-lo sintagma nominal desde o punto de vista morfolóxico e sintáctico.

05. Observar, explorar e analizar mensaxes icónicos, musicais e xestuais.(Obx 5, 4, 6)
Ø-Amosar unha actitude crítica ante a posible manipulación producida a través de tales recursos.
Ø-Analizar e comentar oracións, parágrafos e textos.
Ø-Recoñecer o xénero ó que pertence un texto literario, recoñecer os recursos retóricos que contén e facer unha valoración sobre algún aspecto do mesmo ou sobre o texto na súa totalidade.

06. Organizar, construír, comentar e transmiti-la propia actividade. (Obx 6, 4)
Ø-Formar palabras mediante afixos.
Ø-Analiza-los diferentes complementos da oración.
Ø-Coñecer e usa-las novas tecnoloxías como recurso de consulta para o tratamento da información.

07. Analizar e comentar textos descritivos de ambiente. (Obx 7, 9)
Ø-Formar palabras mediante o procedemento da derivación.
Ø-Recoñece-los complementos a partir da pronominalización.
Ø-Inducir e aplicar normas ortográficas sobre o uso dos grupos consonánticos problemáticos e dos puntos suspensivos.

08.Descubri-las posibilidades da lectura como fonte de pracer, agrado, encanto, información e de saber.(Obx 8, 3)
Ø-Ler de modo expresivo textos de diferente tipo, tanto en prosa coma en verso, tendo en conta: articulación, entoación, ton, intensidade de voz, acentuación e pausas.
Ø-Utilizar, recursos, técnicas de lectura e escritura que permitan enriquecerse culturalmente.
Ø-Ler, analizar, comentar fábulas con diálogo identificando antónimos.

09.-Iniciarse nas técnicas específicas dos medios de comunicación de masas.(Obx 9 )
Ø-Desenvolver unha actitude crítica ante as mensaxes dos medios de comunicación, analizando os recursos empregados para influír no público, así como aqueles que comportan algún tipo de discriminación.
Ø-Analiza-los diferentes complementos da oración.. (CC, C Ax).
Ø-Esforzarse na elaboración das propias produccións lingüísticas e na corrección dos posibles erros.

10.-Recoñecer, interpretar, textos, analizar algunhas linguaxes de determinacións ideolóxicas e sociais, política, función social, sexo, raza..... a través de prácticas discursivas como debates, entrevistas.(Obx 10)
Ø-Analizar e comentar textos informativos.
Ø-Recoñece-las formas non persoais do verbo e analiza-las súas funcións.
Ø-Aplicar diversas técnicas para a definición de termos.

11.-Analizar textos argumentativos e as súas características. (Obx 3, 8)
Ø-Planificar e elaborar textos argumentativos.
Ø-Recoñecer oracións simples e compostas.
Ø-Recoñecer oracións compostas por xustaposición, coordinación e subordinación.

12.-Analiza-lo texto verbal e non verbal da portada dunha revista, diario. (Obx 3, 9)
Ø-Recoñecer as normas ortográficas para escribir correctamente.
Ø-Recoñecer e empregar palabras homónimas e polisémicas.
Ø-Clasificar e recoñece-los tipos de proposicións coordinadas e subordinadas.

Os obxectivos que figuran entre parénteses están en relación cos obxectivos xerais da área para etapa.

(08) 2º Nivel Selección de criterios de avaliación

01. Tomar conciencia mediante a comparación das propias produccións orais con outras do contorno da existencia de diversas variantes de fala no galego. (C. A. 1, 2, 3)
Ø-Transformar un enunciado dado para que predominen nel catro funcións deferentes da linguaxe, distinguir nas palabras sílabas tónicas e átonas.
Ø-Aprecia-la diversidade lingüística como manifestación de riqueza cultural.
Ø-Recoñecer palabras de campos semánticos.
Ø-Apreciar as posibilidades da lingua para expresarse mellor.

02. Relacionar difinicións con palabras que conteñen afixos de orixe greco-latina, localizar tecnicismos, distinguir enunciados que son oracións e que non o son.( C. A. 2, 4, 6)
Ø-Identifica-la existencia de fenómenos de contacto derivados da convivencia de linguas nun mesmo territorio.
Ø-Escribir oracións segundo a actitude do falante.
Ø-Tomar conciencia da necesidade da normalización lingüística.
Ø-Valora-la diversidade lingüística como unha manifestación de identidade e como mostra de riqueza cultural.

03. Reconsiderar o valor da lingua como declaración dunha cultura propia. (C. A. 3)
Ø-Ampliar un vocabulario claro e preciso na expresión.
Ø-Clasificar palabras segundo teñan ditongos crecentes ou decrecentes e acentualas xustificadamente.
Ø-Identifica-lo suxeito dunhas oracións.
Ø-Valora-la lingua como elemento configurador da identidade persoal e colectiva e como máxima expresión creadora da comunidade na que vive.

04. Identificar en textos orais, escritos de distinto tipo , imaxes e expresións que denoten algún tipo de discriminación social, racial, sexual, etc. e utilizar alternativas que eviten o uso das mesmas nas propias produccións. (C. A. 4, 3)
Ø-Ler composicións, indicar as súas características e prevenir discriminacións de todo tipo.
Ø-Identificar elementos formais do texto nos planos morfolóxico, sintáctico, léxico-semántico segundo a norma e a intención do contexto.
Ø-Realiza-la análise morfosintáctica duns sintagmas nominais.
Ø-Respeto polas diferentes variantes léxicas da lingua galega.

05.Extraer un resumo e formular a idea principal dunha exposición, debate, coloquio, textos orais ou escritos de diferente tipo e nivel.
Ø-Apunta-las palabras claves, frases significativas..... (C. A. 5)
Ø-Distinguir o suxeito do predicado dunhas oracións indicando de que tipo son.
Ø-Identificar o xénero ó que pertence un texto literario.
Ø-Apreciar as propias tarefas ben feitas.

06.Identificar en usos propios e alleos da lingua os elementos formais básicos nos planos fónico, morfo-sintáctico, léxico-semántico e textual e aplica-las normas ortógraficas.(C A. 6, 3)
Ø-Formar palabras a partir de varios tipos de afixos.
Ø-Captar datos dentro dun contexto determinado.
Ø-Distingui-lo esencial do complementario.
Ø-Reflexiónar sobre a importancia das actitudes positivas cara ó galego para logra-la súa normalización.

07.Integrar informacións escritas procedentes dun texto referidas a un mesmo tema ben sobre cores, sensacións, sentimentos,.... e clasificalas. (C. A. 7, 3)
Ø-Completar un cadro sobre a creación de novas palabras por derivación e engadir exemplos semellantes.
Ø-Face-la substitución pronominal correspondente duns obxectos directos e indirectos.
Ø-Aplica-las normas ortográficas apropiadas sobre os grupos consonánticos.
Ø-Interesarse na autoesixencia e ampliación do propio vocabulario e na elección dun l éxico preciso.

08.Documentarse sobre determinados aspectos dun tema e planifica-lo seu contido en partes por escrito. (C. A. 8, 7, 9, 15)
Ø-Expresar oralmente e en público vivencias, experiencias, ideas,...
Ø-Adecua-la entoación a intención comunicativa co fin de captar e mante-la atención.
Ø-Elaborar e autocorrixir unha fábula.
Ø-Participar activamente en colaboracións e en axuda a axudar.

09.Producir textos escritos de diferente tipo prestando atencións á situación de comunicación e ós criterios de corrección establecidos.
Ø-Producir textos segundo unha estructura previa, (narrativo, descritivo, expositivo.....). (C. A. 9, 7)
Ø-Identificar os complementos en oracións e indica-los tipos.
Ø-Autocorrexi-los textos elaborados (Ob.) (=Ob servación de comportamento e conducta).
Ø-Autoesixirse nas propias produccións.

10.-Recoñece-los elementos estructurais: argumento, personaxes, accións, espacios, tempos, ....... (C. A. 10)
Ø-Completar oracións con palabras pertencentes os medios de comunicación, linguaxe administrativa.
Ø-Subliñar formas non persoais, indica-lo seu nome e a súa función.
Ø-Definir uns termos mediante a técnica da sinonimia.
Ø-Reflexionar nas propias produccións.

11.-Utiliza-las propias ideas e vivencias para a producción de textos de intención literaria, tendo como pauta os textos traballados na clase. (C. A. 11, 12, 13, 14)
Ø-Elaborar textos argumentativos.
Ø-Recoñece-los compoñentes morfosintácticos das oracións, tempos verbais, concordancias, funcións sintácticas, distinción de oracións.
Ø-Recoñecer elementos textuais: conectores temporais, espaciais, nexos.
Ø-Respetar as ideas, opinións do compañeiros.

12.- Comentar oralmente ou por escrito textos dos medios de comunicación próximos ós intereses dos alumnos e ligados a algún aspecto de actualidade. (C. A. 12, 8 , 16, 17)
Ø-Observar, aplicar as regras ortográficas escribindo con corrección as propias creacións.
Ø-Clasificar palabras en homónimas ou polisémicas; anota-lo seu significado e escribir unha oración con cada unha.
Ø-Subliñar proposicións subordinadas e dicir se son substantivas, adxectivas ou adverbiais.
Ø-Recoñece-los usos sociais da lingua na observación de determinados medios de comunicación.(revistas, xornais, bandos, anuncios, notificacións,.....).
Ø-Elaborar mensaxes nas que se integren a linguaxe verbal e non verbal.
Ø-Valorar linguaxes non verbais e non verbais na sociedade actual.

(09) Selección e secuencia de contidos de 2º nivel.
Obxectivos2.-Contidos{Bloque 1.-LINGUA E SOCIEDADE}
A.-Actitudinais
B.-Procedimentais
C.-Conceptuais
* * Comprensión da situación idiomática de Galicia e valoración dos esforzos individuais, colectivos, institucionais en favor da normalización lingüística.
* Estimación positiva da competencia nas dúas linguas oficiais de Galicia.
* Valoración da lingua como instrumento cognitivo e medio de comunicación privilixiado, así como elemento configurador da identidade persoal e colectiva.
* Comprensión e tolerancia coas opcións lingüísticas non coincidentes coa propia.
* Actitude crítica perante os prexuízos referentes ás linguas e ás variedades sociais e xeográficas delas.
* Respeto e aceptación razoada das normas la lingua estándar.
* Utilización e elaboración de mapas para localizar neles áreas e fenómenos lingüísticos.
* Identificación en diversas mensaxes dos distintos niveis de uso.
* Utilización da lingua de acordo coas necesidades de cada situación comunicativa.
* Recoñecemento dos fenómenos de interferencia lingüística e emprego das expresións e construccións propias de cada lingua.
* Transformación de textos dun rexistro a outro.
* Análise dos comportamentos e uso de rexistros lingüísticos na vida social.
* AS LINGUAS DO MUNDO
- Dimensión histórica das linguas: expansión, fragmentación, regresión.
- O feito plurilingüe no mundo.

* A SITUACIÓN LINGÜÍSTICA DE GALICIA.
- Antecedentes históricos e aspectos psicosociais.
- O galego e o castelán como linguas en contacto.
- Interferencia entre as dúas.
- Lexislación que regulamenta o uso das linguas oficiais de Galicia.

* AS VARIEDADES XEOGRÁFICAS E SOCIAIS DA LINGUA GALEGA.
- A variedade da lingua: as variantes dialectais.
- Os rexistros lingüísticos: nivel culto e nivel coloquial, lingua culta e língua estándar; os niveis específicos (científico, técnico,...) e as xergas.
- Diferentes usos sociais.

Continuára...
-----
Obxectivos2.-Contidos{Bloque 2.-LINGUA ORAL}
A.-Procedimentais
B.-Actitudinais
C.-Conceptuais
* * Interpretación do contido de textos orais, tendo en conta a intención do falante (ironía, dobre sentido, sentido figurado, retranca,..); a situación de comunicación e as características dos textos citados .
* Análise de textos orais, diferenciando as ideas principais das secundarias, recoñecendo as diversas partes do texto, e sinalando as súas características e procedementos peculiares.
* Enunciación crítica de textos orais atendendo ós seguintes aspectos: dicción, entoación, fluidez, corrección gramatical, propiedade léxica, claridade, orde, coherencia e adecuación do nivel da lingua e da estratexia adaptada áa situación comunicativa.
* Producción previa planificación de textos orais de diverso tipo (descricións, narracións, exposicións, ...), atendendo ós aspectos sinalados no punto anterior.
* Lectura expresiva en voz alta de textos en prosa e en verso, atendendo á dicción, entoación, intensidade de voz, acentuación, pausas, ritmo, melodía ...
* Dramatización de situacións da vida diaria, narracións e textos teatrais.
* Intervencións e argumentacións en público ( debates, coloquios, mesa redonda ...)
* Conciencia da importancia que o axeitado uso da lingua oral ten para o desenvolvemento persoal e para a vida social.

* Valoración positiva das produccións orais caracterizadas pola súa corrección, eficacia comunicativa, beleza e creatividade. Coidado na planificación e execución das produccións orais propias.

* Receptividade, interese e respeto polas opinións alleas expresadas en lingua oral.

* Valoración e respeto polas normas que rexen o intercabio comunicativo en diálogos, coloquios, debates, mesas redondas, ...

* Actitude reflexiva e crítica perante as expresións da lingua oral que comporten calquera tipo de discriminación social, racial, sexual, etc

* ELEMENTOS E FUNCIÓNS DA COMUNICACIÓN ORAL
- A intención de enunciación e os seus elementos.

- Intencionalidade comunicativa e funcións da comunicación.

- Características da lingua oral: fonéticas, prosódicas, paralingüísticas, etc

* TIPOLOXÍA DOS TEXTOS DA COMUNICACIÓN ORAL.
- O oral espontáneo e oral planificado.
- As formas singulares (exposición, conferencia, discurso, duais(conversa, diálogo, entrevista) e plurais (debate, mesa redonda, coloquio, ...) da comunicación oral.

* As formas elocutivas na comunicación oral. ( narración, descrición, exposición, argumentación).

Continuára...
-----
Obxectivos2.-Contidos{Bloque 3.-LINGUA ESCRITA}
A.-Procedimentais
B.-Actitudinais
C.-Conceptuais
* * Interpretación de textos escritos de diversa natureza, atendendo a peculiaridade dos mesmos.
* Análise de textos escritos de diverso tipo, diferenciando as ideas principais das secundarias, recoñecendo as diversas partes do texto e sinalando as características e procedementos do mesmo.
* Resumo -por escrito- de textos orais ou escritos, recollendo con exactitude e certo grao de elaboración persoal o contido esencial dos mesmos.
* Elabroración -a partir dun texto escrito- de esquemas que permitan visua-las relacións e ordenación xerárquica dos conceptos.
* Planificación mediante un guión previo da información que se vai desenvolver nunha exposición oral ou escrita.
* Utilización da linguaxe escrita para a resolución de problemas cotiáns. (instancias, impresos, formularios ...)
* Producción -previa planificación- de textos -de diverso tipo (descricións, narracións, exposicións, ...)- con organización lóxica, claridade, orde e coherencia, corrección gramatical, propiedade léxica, adecuación do nivel de lingua adaptado á situación comunicativa e á natureza do texto; presentación externa clara, ordenada e con corrección ortográfica.
* Selección, localización, consulta e aproveitamento das fontes de información escrita para realización de determinados traballos.
* Conciencia da importancia da lingua escrita no intercambio social e como medio para fixalo pensamento e para acceder a información.
* Interese pola lectura como fonte de información, aprendizaxe, coñecemento e pracer.
orais propias.

* Valoración positiva das produccións escritas caracterizadas pola súa corrección, eficacia comunicativa, beleza e creatividade.
* Interese pola expresión escrita das propias ideas e sentimentos de maneira precisa e persoal. Coidado na planificación e execución dos propios textos, revisión e autocorrección.
* Actitude interpretativa na recepción de textos escritos, atendendo especialmente ás expresións que supoñan calquera tipo de discriminación.
* Claridade e limpeza na presentación dos traballos.
* Estima e coidado no bo uso das situaacións comunicativas.
* Valoración e aprecio das distintas fontes de información escrita.

* Elementos e funcións da comunicación escrita

* PECULIARIDADES DA SITUACIÓN COMUNICATIVA ESCRITA.

- Diversidade de funcións da lingua escrita; instrumental, comunicativa, creativa.
* TIPOLOXÍA DOS TEXTOS DA COMUNICACIÓN ESCRITA

- Textos da vida diaria, xerais (cartas, diarios, demandas de información, anuncios, apuntamentos, notas, ... ), e específicos(currículo, actas, instancias, cartas comerciais, ...)

- Características gráficas da lingua escrita.

- Textos pertencentes a diferentes tipos de discurso: científico, humanístico, técnico, xurídico, administrativo, periodístico, literario...

- As formas elocutivas na comunicación escrita (narración, descrición, exposición, argumentació, diálogo, ...
- USOS DAS FONTES DE DOCUMENTACIÓN ESCRITA.

Continuára...
-----
Obxectivos2.-Contidos{Bloque 4.- A LINGUA COMO OBXECTO DE REFLEXIÓN }
A.-Conceptuais
B.-Procedimentais
C.-Actitudinais
* * A lingua como producto social e cultural en cambio permanente.
* A norma lingüística.
* O texto e a súa estructura .
* A oración e os seus constituíntes. A oración simple e a complexa. Relación entre oracións. Indicadores oracionais: entoación e puntuación.
* Relacións morfosintácticas. Concordancias. Clases de palabras. Elementos nucleares e adxacentes. Léxico e semántica .
* A estructura léxica das palabras. Os diccionarios. Modismos, locucións e frases feitas. Neoloxismos, estranxerismos, hiperenxebrismos e sexismo. ...)
* O significado das palabras. Polisemia, homonimia, ssinonimia e antonimia. Familias léxicas e campos semánticos.
* Normas ortográficas. A ortografía da palabra. A ortografía da oración. A ortografía do discurso.
* Comparación de textos, oracións e secuencias, identificando equivalencias e patróns comúns.

* Producción de textos, oracións e secuencias (substitución por secuencias equivalentes, adición ou supresión de elementos, cambio de orde ou de categoría gramatical, ...), analizando e apreciando as consecuencias que para o significado teñen os cambios realizados..

* Segmentación de textos, oracións e secuencias en oracións, constituíntes e elementos nucleares e adxacentes .
* Identificación de funcións sintácticas; clasificación de palabras e oracións.
* Utilización adecuada de diversos tipos de diccionarios na interpretacióne e producción de textos propìos e alleos .

* Aplicación de conceptos e métodos básicos de lexicoloxía e semántica á producción, interpretación e análise de textos .

* Actitude reflesiva no uso da lingua.
* Valoración da lingua como producto e proceso sociocultural que evoluciona e como vehículo de comunicación, transmisión e creación intercultural "Orde e precisión na reflexión sobre a lingua.

* Interese e autoesixencia na elección dun léxico e adecuado para os textos propios.

* Conciencia do carácter convencional de toda terminoloxía.

Continuára...
-----
Obxectivos2.-Contidos{Bloque 5.-LINGUA LITERARIA}
A.-Actitudinais
B.-Procedimentais
C.-Conceptuais
* * Valoración do feito literario como producto lingüístico, estético e sociocultural.
* Interese e gusto pola lectura de textos literarios de diferentes xéneros e épocas, utilizando criterios propios de selección, interpretación e valoración.
* Aprecio polo patrimonio literario propio como expresión lingüística de identidade colectiva e de cultura privilexiada, así como das diversas producciións literarias doutras comunidades.
* Recepción da tradición literaria como referencia para a creación doutros textos.
* Interese e gusto por transmiti-las propias ideas, sentimentos e fantasías, empregando as posibilidades expresivas, estéticas e lúdicas da lingua, descubertas principalmente a través da lectura de textos literarios.
* Sensibilidade estética perante as produccións literarias propias e alleas, valorando os seus elementos creativos e innovadores.)
* Preparación para a interpretación das obras literarias e actitude crítica ante os temas que denoten discriminación de calquera tipo.
* Lectura e interpretación de textos literarios.
* Comparación e diferenciación de textos literarios de diversos autores, xéneros e épocas.
* Análise e explicación de textos literarios.
* Identificación das características temáticas e formais dos textos.
* Elaboración dun criterio persoal argumentado.
* Relación entre os textos e a realidade histórica, cultural e social da súa producción.
* Producción de textos dos distintos xéneros, -de modo libre ou a partir de modelos- nos que predomine a súa calidade expresiva, estética, ludica ou imaxinativa, axustándose, se é o caso, ás características formais pertinentes e buscando un estilo propio de expresión.
* Redacción de traballos que inclúan características da obra, contestualización da mesma e expresión razoada do propio xuízo.
* A literatura como fenómeno comunicativo e estético.

* A lingua literaria: peculiaridades.

* A literatura como canle de transmisión e creación cultural e como expresión da realidade histórica e social.

* As formas literarias básicas: a narrativa, a lírica, o teatro e o ensaio.

Continuára...
-----
Obxectivos2.-Contidos{Bloque 6.-LINGUA E MEDIOS DE COMUNICACIÓN }
A.-Actitudinais
B.-Procedimentais
C.-Conceptuais
* * Conciencia da importancia decisiva dos medios de comunicación social no mundo de hoxe.
* Interese e apertura ante novas tecnoloxías de comunicación e actitude analítica ante o seu uso.
* Recepción activa e actitude crítica ante as mensaxes de distintos medios de comunicación, diferenciando entre información e opinión.
* Valoración das posibilidades comunicativas e artísticas dos códigos non verbais, ( icónicos, acústicos. ...).
* Respeto polas normas que regulan o uso dos sistemas de comunicación non verbais.
* Sensibilidade ante o emprego da publicidade con fins consumistas ou persuasións ideolóxicas, e ante a utilidade de contidos e formas que comportan discriminación ou degradación das persoas.
* Utilización racional dos diferentes medios de información como fonte de información, información e divertimento.
* Uso práctico dos diferentes medios de comunicación, analizando as súas linguaxes específicas.
* Análise das mensaxes propagandísticas e publicitarias, con especial atención á estratexia persuasiva adoptada.
* Producción de mensaxes que integren a linguaxe con outros códigos non verbais. autocorrección.
* Creación de modelos escolares dos diferentes medios de comunicación (prensa, radio, Tv).
* Análise da interación entre elementos lingüísticos e non lingüísticos na comunicación ordinaria e nos medios de comunicación.
* Importancia dos elementos e sistemas non verbais na comunicación humana.

* Características e interacción da comunicación verbal e non verbal.
* Os elementos da comunicación social.
* Elementos lingüísticos e non lingüísticos na linguaxe dos medios de comunicación: prensa, radio e Tv.
* Os medios de comunicación escritos: diarios, periódicos e revistas. Análise da súa linguaxe e estructura. As diferentes seccións e xéneros periodísticos.
* A radio, semellanzas e diferencias con outros medios. A inmediatez como especificidade radiofónica.
* Os medios de comunicación baseados na interacción entre códigos verbais, icónicos e outros: cine, tv, cómic e publicidade. Análise das diferentes linguaxes específicas.
* A linguaxe en interacción coa música e a mímica: a recitación, a canción, o mimo, a dramatización, ...

Continuára...
-----
(10) Contidos transversais:

Educación para a paz (1) Educación para o lecer, ocio (2) Educación ambiental (3)
Educación vial (4) Educación para a igualdade entre sexos (5) Educación para a saude e cualidade de vida (6)
Educación para o consumidor (7) Cultura galega

Partimos do convencemento de que os temas transversais deben impregna-la actividade docente e estar presentes na aula de forma permanente, xa que se refiren a problemas e preocupacións fundamentais da sociedade.

11.- O R I E N T A C I Ó N S - M E T O D O L Ó X I C A S.
Preparámo-lo proceso educativo para a consecución dos obxectivos en tres aspectos:
secuenciándoos durante toda a etapa tomando como OBXECTIVO o PROGRESO do alumno mergullado dentro dun ensino INDIVIDUALIZADO onde o mestre dosifica e secuencia actividades adoptándose ó ritmo de cada educando e tendo en conta o acollemento dos discípulos non galego-falantes en aspectos fundamentais para o logro dos obxectivos previstos na programación de Aula e proxectos polo que formulamos:

Iniciación ó texto literario. No primeiro curso abórdase cos seguintes propósitos:
- Coñece-los principais xéneros da literatura, así como os principaisrecursos literarios.
- Crea-lo gusto pola literatura mediante o achegamento de textos adecuados ós intereses e capacidades dos alumnos.
    O estudio da literatura organízase sobre dous eixes:
  1. * Os xéneros. Pártese dunha exposición teórica na que se recollen os aspectos teóricos máis salientables que caracterizan o xénero. Inclúese un texto representativo do xénero e sobre el formúlanse actividades de recoñecemento das principais características que o permiten encadrar e clasificar como tal.
  2. * Os recursos. Pártese dun breve texto literario que contén o recurso, e explícase en qué consiste e a súa función dentro do mesmo. Logo, formúlanse actividades de recoñecemento e de construcción, fomentando a idea de que estes recursos non están só nos textos literarios, senón que os usamos de cotío na lingua habitual.
    Os contidos da sección de Literatura distribúense nos dous cursos deste xeito:
  1. • O primeiro curso céntrase no estudio dos xéneros e recursos literarios. - Nos xéneros, analízanse a narrativa (o conto, a novela de intriga e a novela fantástica), a poesía (lírica e narrativa) e a dramática. Tómanse textos tipo de cada xénero de autores galegos contemporáneos: Alvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor, Darío Xoán Cabana, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Cabanillas , Manuel Lourenzo...
    - Nos recursos trátanse a comparación e a metáfora, a onomatopea e a aliteración, a metonimia, a rima e medida dos versos, os tipos de estrofas e os xogos de palabras.
  2. * No segundo curso ofrécese un panorama da evolución da literatura galega ó longo do tempo. Divídese este estudio por épocas literarias (a época medieval, os séculos escuros, o rexurdimento, a época Nós...), faise fincapé no xénero máis característico da mesma (a cantiga na literatura medieval, a lírica e narrativa de raíz popular nos séculos escuros...) e estúdianse o autor ou autores máis representativos de cada un.
    a.- Lingua e comunicación .
  1. a.- Ó longo deste programa preséntase un desenvolvemento secuenciado das funcións básicas da linguaxe (contar, expoñer, argumentar, pedir, ordenar...). Analízanse os elementos de comunicación de distintos tipos de mensaxes e dánselle ó alumno os mecanismos para que el os poña en funcionamento cunha finalidade comunicativa noutras situacións. Pártese da análise dun tipo de texto da vida diaria (os anuncios, a carta, o telegrama, a reclamación...) e trabállase a función lingüística que predomina nel. Por exemplo, a partir do texto dunha nota persoal trabállase a función lingüística de «facer pedimentos»; a carta aprovéitase para traballa-la función de «conta-las propias impresións»; a reclamación serve para trata-las técnicas argumentativas, etc.
    b.- Técnicas de estudio.
  1. b.- Preténdese dota-los alumnos dunha serie de técnicas (resumir, anotar, subliñar, esquematizar, memorizar...) para que eles as exerciten tanto na área de Lingua e Literatura coma noutras áreas.
    Pártese dunha breve explicación sobre a técnica e dánselle os pasos secuenciados, para que o alumno a poña en práctica a través dunha actividade.
    c.- Lingua literaria.
  1. c.- Neste programa trabállanse os recursos expresivos que arrodean o feito lingüístico. Iso supón que entran en xogo os signos e códigos das distintas linguaxes, a relación entre imaxe e lingua, a verbalización de linguaxes icónicas, os usos e efectos dos distintos rexistros...
    Ocupan un lugar importante as actividades que se desenvolven . Préstase, tamén, unha especial atención ás actitudes que se manifestan no acto comunicativo, tanto por parte do emisor coma do receptor.
    d.- Creación literaria.
  1. d.- O programa axuda a adquiri-los coñecementos que permiten un uso preciso e correcto da linguaxe e que fan posible evita-las incorreccións e resolve-las principais dúbidas que se presentan no uso diario da linguaxe.
    Insístese en aspectos puntuais e problemáticos de morfosintaxe galega: contraccións, colocación do pronome, uso preciso de certas formas pronominais (o/lle, te/che), etc.