Aula 1º

línea de de división

Tema 2.- Trobadores e rockeiros
.
------
Nesta unidade estudiarás
Comprendemos
e expresámonos
Ampliámolo
noso saber
Máis sobre
a lingua
Recursos
para aprender
*Lemos
e entendemos.
*De onte a hoxe

Lingua oral
A canción

Lingua escrita
A noticia

*Comunicación
e sociedade

*Sistemas
de comunicación
non verbal

*Lingua literaria
*O emisor

*Gramática
Texto, parágrafo
e oración

*Vocabulario
As acepcións

*Ortografía
Punto e á parte,
punto e seguido

Signos de admiración
e interrogación

Tipos de diccionarios
Ó final serás capaz de...
-----

Lemos e entendemos Comprendemos e expresámonos

- ¿Gústache a música? ¿Que tipo de música escoitas?

- ¿Estudiaches música algunha vez? ¿Que é o que máis e o que menos che gusta das túas clases de música?

- ¿Tocas algún instrumento musical? ¿Gustaríache tocar algún outro? ¿Cal? ¿Por que? -Reflexionade en pequenos grupos


De onte a hoxe.
Os mestres
non venden, ofrecen:
non predican, explican;
non xogan, xógana;
non explotan, sementan;
non castigan, liberan;
non cobran, pagan;
non asustan, consolan;
non se marchan, permanecen;
non ofenden, perdoan.

Tema 2.-O can no Nilo. Trobadores e rockeiros
. -----
Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
* Lectura dun mesmo texto en verso e en prosa.
* Diferentes diccionarios.
Lingua e comunicación
* Memorización e recitación de poemas.
* Elaboración de textos en prosa a partir de poemas.
* A lingua como sistema de comunicación: elementos e funcións.



* A sílaba
* Clasificación de palabras segundo o número de sílabas.

* Transformación en prosa dun poema.
* A comunicación literaria.
Ó final serás capaz de...
* Identifica-las características dos textos en verso e en prosa.
* Valorar positivamente a solidariedade co grupo.
* Recoñece-las características máis importantes dos diferentes tipos de diccionarios.
* Distingui-los elementos e as funcións da linguaxe.
* Separar palabras en sílabas.
* Clasificar palabras segundo o número de sílabas.
* Memorizar e recitar poemas.
* Elaborar textos en prosa a paartir de poemas.
* Distingui-las características principais dos xéneros literarios.
-----

A).- A información

1 Pensa en diferentes situacións da vida cotiá e escolar en que poidas ser solidario coa xente que te rodea.

Na casa Na rúa Na escola
Colaborar nas tarefas domésticas.
Axudar ós avós.
Socorrer na rúa a xente.
Axiliar ás persoas.
Axudar a actividades escolares.
Fomentar amizade e compañerismo.

2 Reflexiona sinceramente sobre cál é a túa actitude nestes casos e pensa cómo podes mellora-la túa actuación.

A Solidariedade coa xente que nos rodea contribúe a mellora-lo funcionamento do grupo.


Lectura


Chegóuse un cadelo ao Nilo,
púxose logo a beber
e como andaba intranquilo,
ao mesmo tempo a correr.
Unha grúa coroada
buscóulle conversación:
-Seu mozo, é cousa danada
beber nesa condición.
-Señora, pase o que pase,
sería sempre pior
que un crocodilo papase
a este voso servidor.
A cadelo tan prudente
moito debemos loar,
escoller o mal presente
por doutro peor liscar.
Xosé Mª García Rodríguez
Fábulas galegas
grúa: ave de longas patas, gran altura e cor gris, que se alimenta de peixes e réptiles e adoita manterse sobre un pé cando está en terra.

As palabras subliñadas son adaptación ó galego normativo.

En certa ocasión chegou á beira do río Nilo un can
que tiña Mita sede, pois fixera unha longa viaxe
polo deserto.

O can,que parecía un pouco intranquilo, púxose a
beber, pero facíao sen deixar de se mover. O can,
coa súa boca sobre a auga, corría para arriba e
para abaixo pola beira do río.

Case ó mesmo tempo chegou voando unha fermo-
sa grúa que pousou as súas longas patas no leito
do río e tamén se puxo a beber.

Cando a grúa viu como estaba a bebe-lo can dí-
xolle:

-Debes de estar tolo, can. Seica non sabes que
non é nada bo beber e correr ó mesmo tempo.
Aínda te vas atragoar.

-Mire, miña amiga grúa -contestoulle o can.
Sempre é preferible beber de mala maneira e con-
talo que beber quedo na beira e ser papado polo
crocodilo.

B) Comentario do texto.

3)Explica cómo son, segundo ti, os protagonistas destes textos.
O can: é previsor porque.....> bebe con moito coidado mirando a tódolos lados.
A grúa: .....

4)Identifica o tema e xustificao con palabras extraídas das lecturas.
_As diversións. _A prudencia. _O tempo de descanso.

5)Fai un resumo da historia que se conta nos douss textos.

6)Continúa un dos textos e modifica o final que ten. Sigue estas pautas.

.Aparece unha nova personaxe: o crocodilo.
.A grúa reflexiona sobre a súa propia forma de ser.

7)Responde estas 3.-O léxico da nosa lingua. Uso do diccionario. As palabras guía. As abreviaturas do diccionario. Busca das palabras segundo a categoría gramatical.
4.-Reflexión sobre a lingua. Linguaxe, lingua e fala
Linguaxe--> é a capacidade que ten o home para comunica-los propios pensamentos ó recptor mediante código compartido.
Lingua--> é o conxunto de signos que contén un idioma e que está a disposición dos seus falantes
Fala-->é a realización concreta e individual da lingua que fai un falante.

As linguas do mundo.
As linguas románicas.
A diversidade lingüística.
5.- Ortografía.As letras da lingua. Desaxustes entre sons e letras. Principais signos de puntuación.
6.-Tratamento da información. Descrición de obxectos.

----------7.- A lingua literaria----------

8.-Xéneros.
Textos literarios e textos non literarios.
9-a.-¿Que é o contido?
9-b.-¿Que é a forma?

O foguete

O foguete sube ó ceo
como un raio.
Perde forza e cai ó chao
nun desmaio.

¡O foguete chega ás nubes!
¡Qué bravura!
¡Qué de estalos! ¡Qué bruído!
¡Pouco dura!.

Mais a cana do foguete
cai de prano.
¡Qué aguillada de xoguete!
¡Qué galano!.
---------------------------->Autor: Manuel María
- - - - - - - -Os soños na gaiola.
9-c.-¿Que é o verso?
9-d.-¿Que é a rima?
10.-CREACIÓN LITERARIA. Inventa un poema creado por ti.
Exemplo(s)
Bendito Ti, Xesús resucitado,
coas feridas de lanza e máis dos cravos.
Bendito para sempre, Ti es loado.
Bendito Ti, Xesús resucitado.

Bendito no aire fresco da mañá
e no cantar do paxaro ó espertar.
Bendito na auga limpa e rebuldeira,
que lles dá vida ós prados e ás leiras

Bendito nos que ofrecen amizade,
traballando sen cansar pola irmandade.
Bendito sexas nas palabras animosas
dos que alentan a xente que non ousa.

Bendito nas festas populares,
na alegría, na música e nos bailes
Bendito sexas nos vellos acabados
e nos nenos con porvir esperanzado

Bendito nos defuntos benqueridos
que no seo de Deus fixeron niño.
Bendito na esperanza traballada
de chegar a outra terra mellorada.


línea de de división

------------------------------------------------

Cadro de versos populares
GALEGO
CASTELAN
Unha froita naceu verde
cor que co tempo perdeu,
o corazón naceu libre,
e a Virxe mo embeleceu.
Una fruta nació verde,
el tiempo la maduró;
mi corazón nació libre,
y la Virgen lo embelleció.
------------------------------------------------

Pinchen para suxerencias, propostas...


volver...