Aula 1º

línea de de división

Tema 3.- Os libros
.
------
Nesta unidade estudiarás
Comprendemos
e expresámonos
Ampliámolo
noso saber
Máis sobre
a lingua
Recursos
para aprender
*Lemos
e entendemos.
*Libros:
vivir experiencias

Lingua oral
Lectura expresiva

Lingua escrita
Comentario dun libro

*Comunicación
e sociedade

*Os medios
de comunicación

*Lingua literaria
*O receptor

*Gramática
Constituíntes
da oración simple
Clases e estructura
das palabras

*Vocabulario
Formación
de palabras

*Ortografía
Uso da coma

A sílaba

Catálogos e fichas
bibliográficas
Ó final serás capaz de...
-----

Lemos e entendemos Comprendemos e expresámonos

Formade parellas e comentade cuestións como as seguintes.

- ¿Dispós de libros na túa casa? ¿Hai bibliotecas ás que poidas acudir sen problema na zona onde vives? ¿Podes levar libros en préstamo da biblioteca do teu centro?

- ¿Gústache ler ou para ti ler é unha carga? ¿Por que?

- Comentade en grupos as vosas últimas lecturas. ¿Cales vos gustaron máis? ¿Por qué?


línea de de división
Libros: vivir experiencias.

Tema 3.-Lémbrome do premio. Os libros
. -----

Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
* Análise dun texto narrativo en primeira persoa.
* O léxico e o vocabulario.
* Uso do diccionario: as acepcións das palabras
Lingua e comunicación

* Narración en primeira persoa.

* O signo lingüístico. Características.
* As partes da gramática

* Localización da sílaba tónica.
* Clasificación de palabras segundo a posición da sílaba tónica.
* O acento gráfico.
* Acento gráfico en esdrúxulas e sobreesdrúxulas.

* Poema, estrofa e verso.
* Métrica do verso.
* Creación dun poema por paráfrase.
Ó final serás capaz de...
* Identifica-las características dun texto narrativo en primeira persoa e elaborar narracións.
* Recoñece-las diferentes acepcións que pode ter unha palabra.
* Distingui-las diferentes partes da gramática.
* Acentuar palabras correctamente.
* Aprecia-las produccións orais e escritas polos seus valores creativos e lúdicos.
* Identifica-los elementos que caracterizan o poema.
* Crear poemas por paráfrase.
-----

A).- A información

1.-Entendendo ben o que les, que é o máis importante; debes ler unhas 150 palabras por minuto
O máis importante é a comprensión.


Lectura


Chegamos a Mondoñedo co tempo xusto, dende Pontebranca é bastante a distancia que hai. A entrega de premios era no Salón de Actos do Instituto, que estaba cheo ata os topes. Aquel día eu debía de ir de verdade moi guapa, acórdome que cando entrei me asubiaban os rapaces, e iso que eran maiores.

*Ós premiados e mais ós acompañantes sentárannos en dúas das filas centrais do salón. Arriba, no escenario, estaba esta señora que se ve aquí na foto, logo souben que era a Alcaldesa, e máis uns homes que foran os membros do xurado. Houbera algúns discursos e logo leran a acta na que estaban os nomes dos premiados, empezando pola categoría A, que era a dos máis pequenos.

*Eu estaba nerviosísima. Pensar que tiña que erguerme e botar a andar polo corredor principal, e subir logo as escaleiras que levaban ó escenario, e logo alí recolle-lo premio e a placa, porque daban unha placa, dábame auténtico pavor. Tiña medo de tropezar, polos nervios, e tamén de que, como a saia era curta e con voo, se me visen as

pernas ó subir ó escenario, e iso que levaba uns pantis azui escuro. Díxenllo a miña nai e riuse; “Non te preocupes por iso, muller. E se chas ven, mellor, que as tes ben bonitas.”

* Pero entón leron o meu nome e toda a xente empezou a aplaudir e eu erguinme e fun coma nun soño, parecíame que non era eu a que estaba vivindo aquelo. E tocoulle entrega-lo premio a Paco Martín, é o señor que está aquí na foto, eu xa lin un libro del que se chama Das cousas de Ramón Lamote, e rascaba coa barba cando me deu dous *bicos. E logo baixei as escaleiras e volvín ata o meu sitio, onde estaban Xabier e miña nai, aplaudindo a rabiar. E ben vin que Xabier estaba emocionado, aínda que facía por disimulalo; á saída deume un abrazo e díxome: « estou moi contento» . E cando me deu aquel abrazo fun, por un momento, a persoa máis feliz do mundo. ¡Gùstaríame que aquel día tamén Lois estivese alí.!

Agustín Fernández Paz,
Trece anos de Branca,
Edebé - Rodeira (1994)

-----

Adeus triste calabozo
sepultura de homes vivos,
onde agótanse as forzas
e olvídanse ós amigos.
------


línea de de división

Cadro de versos populares
GALEGO
CASTELAN
Señor, dámosche as gracias
pola vida, terra, mar e aire.
Señor, queremos cantar,
as grandezas con que nos sabes amar.
Señor, te damos las gracias,
por la vida, tierra, mar y aire.
Señor. queremos cantar,
las grandezas con que nos sabes amar.
------------------------------------------------

Pinchen para suxerencias, propostas...


volver... -----