e expresámonos | noso saber | a lingua | para aprender | ||
*Lemos e entendemos. *Seis semanas sen saír
Lingua oral
Lingua escrita |
*Comunicación e sociedade * A reportaxe
*Lingua literaria |
*Gramática O adxectivo
*Vocabulario
*Ortografía
Acento gráfico |
Recursos para inicia-lo estudio |
||
Ó final serás capaz de... | |||||
|
Lemos e entendemos
Comprendemos e expresámonos
-Reflexionade en pequenos grupos qué hábitos ou elementos do contorno poden influir
positivamente ou negativamente no coidado da vosa saúde. Seguide estas indicacións.
|
* Análise e interpretación dun texto científico. * Técnicas de estudio: o resumo mediante cifras e letras. * A sinonimia
* Preparación e realización dunha exposición científica. |
* Identificación e clasificación de pronomes: persoais, demostrativos, posesivos, indefinidos, interrogativos e relativos.
* Uso de punto e coma. | * Recoñecemento dos diferentes tipos de personaxes. * Comentario dunha lenda. * Recursos literarios sintácticos: diloxía e calambur. * Elaboración dunha lenda estructurada e con personaxes dadas. | ||
Ó final serás capaz de... | ||||
|
1.-Anota elementos que poden produci-la contaminación e solucións para reducila ou evitala.
Gases tóxicos dos automóbiles. | Utilizar menos o automóbil e máis o transporte público |
O lixo urbano | Existencia de plantas transformadoras |
Gases tóxicos das industrias | Controlar a saída de gases |
Vertidos incontrolados , os ríos, mares, etc | Usar depuradoras |
... | ... |
... | ... |
Os contaminantes atmosféricos son substancias que se están presentes na atmosfera implican risco de dano para o ser humano e o seu medio ambiente. Os efectos negativos dos contaminantes deben entenderse na súa máis ampla acepción, pois non só inclúe os riscos para a saúde do ser humano, dos animais e as plantas, senón perigos de variación de temperatura ambiente e alteracións do clima, así como riscos para a calidade de vida ou o disfrute de bens utilitarios ou artísticos, como edificios, monumentos, etc. A contaminación pode ser natural, se está orixinada por un fenómeno da natureza como unha erupción volcánica, ou antropoxénica se é debida ás actividades domésticas ou industriais do ser humano. Os efectos da contaminación débense, non só á natureza e cantidade das emisións contaminantes, senón tamén ós niveis de ínmísión na zona circundante, é dicir, ás cantidades de gases e partículas incorporadas á atmosfera e ó tempo que permanecen nela. Non hai que esquece-los efectos sínérxícos que a acción recíproca dos contaminantes pode exercer aumentando a súa acción nociva. Deixando á parte que os contaminantes atmosféricos se dispersan tanto horizontal como verticalmente, aproveitando a circulación das correntes de aire e o intercambio vertical, a atmosfera ten mecanismos de depuracíón eliminando as ímpurezas por sedimentación, absorción, precipitación atmosférica e lavado . |
A sedimentación dáse en partículas de grande tamaño, xeralmente na proximidade do lugar onde
se producen, aínda que ás veces a grandes distancias. A absorción ten lugar na superficie da
auga, na terra, na vexetación ou nas edificacións e
depura unicamente as capas inferiores da atmosfera. As precipitacións de auga limpan un maior
volume de aire ó se-las substancias polucionantes
núcleos de condensación de gotas. Finalmente o
lavado dáse por simple arrastre de contaminantes
ata o solo pola auga da choiva ou pola neve.
Os fenómenos contaminantes que ata hai poucos
anos eran esporádicos ou ocasionais, de xeito que
só influían temporalmente na atmosfera e daban
tempo a esta a recupera-lo seu estado inicial me-
diante autodepuración, hoxe son cotiáns e a súa
constancia e persistencia fan que o proceso de de-
puración estea desbordado, non sendo posible
restablece-la pureza do aire máis que limitándoos
ou eliminándoos.
Álvaro Rodríguez López, Química e medio ambiente,
|
-----