e expresámonos | noso saber | a lingua | para aprender | ||
*Lemos e entendemos. *A propaganda
Lingua oral
Lingua escrita |
*Comunicación e sociedade *Prensa para todos
*Lingua literaria |
*Gramática Pronome
*Vocabulario
*Ortografía |
Identificación do tema e da idea principal |
||
Ó final serás capaz de... | |||||
|
Lemos e entendemos
Comprendemos e expresámonos
-Reflexionade en pequenos grupos
|
* Análise do contido e da estructura dun texto expositivo. * Técnicas de estudio: o resumo mediante anotacións á marxe. * A antonimia
* Preparación e realización |
* Identificación dos pronomes átonos.
* Uso da coma. | * Recoñecemento dos diferentes tipos de narradores. * Recursos literarios sintácticos: anáfora, epanadiplose, anadiplose e concatenación. | ||
|
1.-Contesta as seguintes preguntas:
Si | Non | |
¿Falan teus avós habitualmente galego? | ... | ... |
¿Falan teus pais habitualmente galego entre si? | ... | ... |
¿Falan teus pais habitualmente galego contigo? | ... | ... |
¿Falas ti habitualmente galego? | ... | ... |
¿Gustaríache que os teus fillos falasen habitualmente galego? | ... | ... |
2 Contrasta as túas respostas coas que deron outros compañeiros da aula. Reflexiona logo sobre a importancia que para ti ten o uso do galego e redacta un pequeno texto onde describa-lo futuro que imaxinas para a nosa lingua.
E un feito ben certo, aínda que pouco recoñecido, que tódalas linguas son iguais: non hai linguas doces e linguas duras, linguas fermosas e linguas feas, linguas
modernas e linguas atrasadas, linguas ricas e linguas pobres. Como sistemas de comunicación todas son iguais: todas valen para fa larmos uns cos outros. Mesmo
as humildes cousas entrañables ou as requintadamente elaboradas que nos parece que son intraducibles teñen o seu equivalente en tódalas outras linguas.
Sería incluso malo que unha Iingua non fose traducible. Pero á parte de seren instrumentos, as linguas son tamén obxectos de amor, como o é a casa ou a terra. Esta glosofílía non se manifesta normalmente en países dunha soa lingua; a lingua é coma un ben común do que se disfruta; só os «técnicos» de vez en cando disputan sobre a súa ilustración e a súa excelencia en comparanza coas outras; pero asúa excelencia en comparanza coas outras; pero a xente normal limítase a usalas sen se preocupar doutra cousa. Maniféstase en cambio o amor (e o desamor) naqueles países onde hai dúas linguas en contacto. Nestes casos a lingua adquire un valor simbólico engadido, especialmente cando unha delas é dominante e outra subalterna. Por esas dúas etapas pasou a nosa lingua: ningún escritor medieval defende o galego (ou o denigra) porque non ten a necesidade diso: só é na época moderna, ó agudizarse o conflicto, cando podemos atopar conductas de afecto ou desafecto. Tendo en conta que a primeira etapa foi moi breve, podemos dicir que a maior parte da historia do galego é a historia dunha lealdade ou dunha deslealdade. Pero dado o valor simbólico que a lingua ten, e algo máis ca iso aínda: é un espello do grao de autoestima que os galegos temos de nós mesmos coma pobo.
|
A historia da lingua galega (e a de Galicia é a his-
toria dunha decadencia. Isto pode levar, e leva de
feito a moitos a crer que é a historia dunha susti-
tución cun desenlace a máis curto ou máis longo
prazo. Esta é unha idea que hai que desbotar por-
que as linguas non morren de seu. Ceden e recu-
péranse na medida en que cede ou se recupera o
orgullo do pobo que as fala. Na épnca da monar-
quía anglonormanda a situación do inglés non de-
bía ser mellor cá do galego actualmente, e velaí
hoxe. É verdade que hoxe hai medios moito máis efica- ces e rápidos para destruír unha lingua. Pero ta- mén é verdade que nunca ata a época moderna se puideron levar a cabo con éxito medidas de inter- vención humana para salvagardar e restaurar unha lingua, gracias precisamente a eses mesmos medios. Non hai moito que Cunqueiro, case como oración bencía a Deus porque lle dera o privilexio de nacer nun país en que aprendera a dicir bidueira, fonte, seixo, amencer, e auguraba un porvir de mil pri- maveras máis para o galego. Queira Deus que se cumpra este desexo de Cunqueiro e de tantos ou- tros que como Otero Pedrayo «na noite viven o in- tre tráxico da hora do porvir».
Antón Santamarina e Manuel González,
|
-----