Aula 1º

línea de de división

Tema 10.-Percorrido por Galicia
.
------
Nesta unidade estudiarás
Comprendemos
e expresámonos
Ampliámolo
noso saber
Máis sobre
a lingua
Recursos
para aprender
*Lemos
e entendemos.
*Nas terras
de Celanova

Lingua oral
Exposición oral

Lingua escrita
Itinerario turístico

*Comunicación
e sociedade

*As variedades
xeográficas

*Lingua literaria
*Temas: a paixase
e a lingua

*Gramática
Verbo regular
e irregular

*Vocabulario
Familia léxica

*Ortografía
Uso do guión
Uso do "b"

Técnicas
de memorización
Ó final serás capaz de...
-----

Lemos e entendemos Comprendemos e expresámonos

-Reflexionade sobre as seguintes cuestións

  • ¿Gústache viaxar? ¿Que che interesa máis cando visitas algún lugar novo?
  • ¿Tes feito moitos percorridos por Galicia?¿Que zonas coñeces mellor?¿Que é o que che atrae máis delas? ¿Por que?
-Formade grupos e comentade as vosas respostas ás cuestións anteriores.

Nas terras de Celanova.

Tema 10.-Os medios de comunicación
.
Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
* Análise do texto sobre
os medios de comunicación.
* Polisemia, siglas e acrónimos
Lingua e comunicación

* Elaboración dun programa de
radio.

* As formas non persoais.
* As perífrases verbais.

* Uso da coma.
* Uso de "v"
* Econtro de vocais na
palabra: o tritongo.

* A novela e o cine.
* Elaboración dun guión
cinematográfico.
* Recursos literarios sintácticos: asíndeto e polisíndeto
Ó final serás capaz de...
* Reflexionar criticamente sobre o uso que facemos dos medios de comunicación.
* Recoñece-las formas non persoais e identifica-las distintas perífrases verbais.
* Formar oracións activas e pasivas e recoñece-lo complemento axente das pasivas.
* Aplicar adecuadamente nos escritos propios as normas de uso de "v" e a acentuación de palabras.
* Empregar correctamente a coma nos escritos.
* Inducir e aplicar normas ortográficas-
* Elaborar un programa de radio.
* Contrasta-la relación entre a novela e o cine.
* Realizar un guión cinematográfico a partir do texto dunha novela.
* Recoñecer e utiliza-los recursos literarios sintácticos do asíndeto e o polisíndeto.
-----

A).- A información

1.-Elabora unha lista de tódolos medios de comunicación que coñezas:

- Medios escritos: prensa, revistas, ...
- Medios audiovisuais: ...
- Anota qué tipos de menxases proporciona cada un destes medios: noticias, xogos, reportaxes culturais ...

2.-Comentar as listas que se elaboran da cantidade de medios de comunicacion social como a cantidade e calidade das contribucións que aportan ó benestar social.


L E C T U R A
Cando falamos de medios de comunicación, moitas veces referímonos só á prensa e ós sistemas informativos de radio e televisión, esquecendo con frecuencia o papel esencial que neles xogan as axencias de noticias. Sen embargo, os medios de comunicación -incluso se lles engadímo-lo apelido do de social- abranguen unha grande cantidade de elementos e sistemas de uso habitual entre nós. 0 teléfono, a estrada, o correo, o telégrafo, o diñeiro, as tarxetas de crédito, o automóbil e os medios de transporte en xeral son, sen dúbida, medios de comunicación, como o son o libro, o teatro, o cinematógrafo e ata as artes plásticas e a música.

Os adiantos científicos - mecánicos primeiro, eléctricos ou electrónicos máis tarde- e a normal constitución das sociedades modernas fan recaer, non obstante, nos medios de información de masas sas -o xornal ou a revista semanal, a radio e a televisión- a responsabilidade social da transmisión de noticias e a análise da actualidade. [...]

Pero a pesar do inmenso desenvolvemento da comunicación de masas, segundo un informe da UNESC0, o sesenta por cento da poboación mundial, en estado rural e gran parte dela analfabeta, adquire a maior parte dos seus coñecementos mediante medios de comunicación interpersoaís.

Entre estes e as xigantescas montaxes da comunicación, unha manchea doutros sistemas de reproducción e transmisión de noticias segue a funcionar no mundo: a fotocopiadora, o periódico mural, as conferencias ou mitins, as pequenas emisoras locais ou de radioafeccionados, os festivais e as convencións...

Todo iso configura un amplo esquema de comunicación e interdependencia humanas que dunha maneira ou doutra contribúe á definición das sociedades, á súa xerarquización e á súa ordenación, sexa cal sexa o modelo elixido. 0 que caracteriza ós medios de comunicación de masas é, sen embargo, a capacidade impresionante que posúen para transmitir univocamente a mesma mensaxe a millóns de persoas. [. . .] Se algo caracteriza o fenómeno televisivo é a súa rápida extensión nas sociedades iletradas ou menos desenvolvidas. En menos de medio século, a súa máxica influencia acercouse a pobos primitivos, a formas de civilización ancestrais, a clases sociais deprimidas, nas que unha loita de centos de anos non foi suficiente para que a imprenta e os medios de reproducción mecánicos puidesen substituí-la comunicación oral. [...] Independentemente do entretemento e do lecer que achega a TV, persoas analfabetas, que nunca soñaron coa posibilidade de aprender a ler, e que nunca viaxaron máis aló de cincuenta quilómetros ó redor da súa vila ou aldea, reciben hoxe a diario, gracias a ela, informacións de tódalas partes do mundo e sobre as máis variadas cuestións. [...] Igualmente a información que recibe un neno a través da pequena pantalla nos primeiros dez anos da súa vida é infinitamente superior á que tiña acceso un estudioso da Idade Media durante toda a súa existencia. Antes de que saiban ler e escribir, os nosos fillos aprenden hoxe gran cantidade de cousas que revolucionarán o seu comportamento intelectual no futuro.

Juan Luis Cebrián
¿ Qué pasa en el mundo?
Los medíos de información de masas,
Ed. Salvat

ínterpersoais: entre persoas.
unívocamente: no mesmo sentido
íletradas: sen coñecemento de letras

-----

Es un, es mil,
es un millón e es mil millones,
es a comunicación maior
onde todo o mundo entra.
continuará

------


línea de de división

Cadro de versos populares
GALEGO
CASTELAN
Unha froita naceu verde
cor que co tempo perdeu,
o corazón naceu libre,
e a Virxe mo embeleceu.
Una fruta nació verde,
el tiempo la maduró;
mi corazón nació libre,
y la Virgen lo embelleció.
------------------------------------------------

Pinchen para suxerencias, propostas...


volver... -----