Aula 1º

línea de de división

Tema 11.-Radio e TV
.
------
Nesta unidade estudiarás
Comprendemos
e expresámonos
Ampliámolo
noso saber
Máis sobre
a lingua
Recursos
para aprender
*Lemos
e entendemos.
*É absolutamente
fantástico

Lingua oral
O noticieiro

Lingua escrita
A entrevista

*Comunicación
e sociedade

*Normalización
lingüística

*Lingua literaria
*Temas: o mar

*Gramática
O advervio

*Vocabulario
As siglas

*Ortografía
As comiñas
Uso do "v"

Preparación
e realización de exames
Ó final serás capaz de...
-----

Lemos e entendemos Comprendemos e expresámonos

- Completa unha ficha na que respondas ordenadamente a estas cuestións.

  • ¿Cantas horas ves a diario, aproximadamente, a TV? ¿E á semana?
  • ¿Cantas horas escoitas a diario, aproximadamente, a radio? ¿E á semana?
  • ¿Que tipo de programas de radio ou televisión che gustan? ¿Por que?
- Intercambiade as fichas e comentade as respostas.

¡E absolutamente fantástico!.

Tema 11.-Falando con...
.
Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
* Análise dun contido dunha
entrevista.
* A organización do léxico.

Lingua e comunicación

* Elaboración dunha entrevista.
escrita.

* O verbo: formas regulares e
irregulares.



* Uso de "v"
* A raia.

* O xénero dramático.
* Recursos literarios
semánticos: a comparación,
a metáfora e a metonimia.
Ó final serás capaz de...
* Analiza-la estructura dunha entrevista escrita.
* Valora-las opinións alleas e respecta-la personalidade
dos demais.
* Coñece-los principais recursos que se empregan
para organiza-lo léxico
* Recoñece-los verbos regulares e irregulares.
* Inducir e aplicar normas sobre o uso de "v".
* Empregar correctamente a raia.
* Elaborar un entrevista escrita.
* Recoñece-los elementos que constitúen o xénero
dramático.
* Comprender e analiza-los recursos literarios semánticos.
-----

A).- A información

1.-Reflexiona sobre a actitude que adoptas cando falas con alguén por primeira vez e responde:
ActitudeSiNon
Intento valora-las opinións, aínda que sexan distintas as miñas. ......
Fago un esforzo por coñecer e acepta-la súa maneira de ser e de pensar ......
Trátoo da mesma maneira tanto se é un home como se é unha muller. ......
Acéptoo e respéctoo con independencia da súa lingua, procedencia ou grupo social.......
Intercambio opinións con esa persoa con corrección e sen feri-la súa sensibilidade. ......
Falando con....


Miguelanxo Prado

Le:
Miguelanxo Prado resulta un creador de historietas dificil de catalogar tanto polos seus inicios como pola súa traxectoria.

Segundo el mesmo nos conta, descubriu tardiamente a historieta, xa con 20 ou 21 anos e sendo alumno da Escola de Arquitectura. Ó caer nas súas mans as primeiras revistas importantes que daquela se publicaron, descubriu este medio que Ile permitía mestura-las súas grandes paixóns: a pintura e a literatura.

Papeles: ¿ Cando te propós a creacíón dunha obra, que xorde prímeíro, o texto ou as imaxes?

Miguelanxo: No meu caso sempre é o texto.
Parto dun texto escrito completamente. Pero xa dende o momento inicial teño máis ou menos claro se ese texto vai conserva-la súa estructura unicamente textual, é dicir, se se converte nun conto, unha novela, un poema . . . ou vai ter adaptación visual. (...)

P: ¿E como valóra-la túa experíencía como ílustrador de libros?

M: Eu traballei durante case dous anos facendo ilustración para o mercado norteamericano e foi unha experiencia desastrosa. Aquilo é un mundo que empobrece ó creador, onde todo está perfectamente controlado, milimetricamente estudiado.

Agora cando ilustro libros é porque o que me propoñen me gusta. A miña é, polo tanto, unha posición privilexiada, en nada comparable coa da persoa que ten que vivir da ilustración. (...)

P: ¿En que medída o cómíc partícípa doutras línguaxes como poden se-lo cine ou a Iiteratura ?

M.: Hai unha clarísima participación. 0 cómic, o cine, o vídeo, teñen un espírito mestizo, de confluencia doutras moitas cousas.

A relación coa pintura e coa literatura é moi evidente como os dous soportes básicos do cómic.

A nivel narrativo ten un parentesco co cine, contínuamente falarnos de planos de secuenciación, xogo de planos, montaxe... Pero ademais incorpora outros medios como o deseño, a moda, a música... (...)

P: Gustaríame coñece-la fúa opiníón sobre unha serie de tópicos que circulan, incluso entre as persoas cultas, con respecfo ó cómíc.

M: Unha das cousas que máis me chamou a atención dende que cheguei a este medio é o gran descoñecemento no que está. Isto propicia unha serie de tópicos como é consideralo un medio puramente de evasión adecuado para un público infantil ou adolescente.(...)

P: Durante moíto tempo, e quizais por ese descoñecemento do que falas, o mundo do ensino viviu de costas ó cómic. (...) ¿Que pensas ti que pode aporta--lo cómíc á formación dos nenos e os xoves? M: Ese medio tcn un atractivo innegable, é o atractivo do soporte visual. Esta relación da imaxe co texto ten que dar moito xogo para un educador porque atrae ós rapaces. (...) E para os rapaces e xoves un producto moi asimilable que non ten por que entrar en competencia con outro tipo de lecturas.(...)

P: E xa para fínalizar. ¿Que consellos lles poderías dar ós que se queren iniciar neste medio como expresíón arfístíca?

M: Eu penso que para chegar a contar cousas interesantes, primeiro hai que ter consumido moita cousa interesante. 0 único xeito, aínda que poida parecer tópico, é ver moito cine, ver moita pintura, escoitar moita música..

Papeles de Literatura Infantil, n.º 14 (A Coruña, 1991 ).

Comentario do texto
Actividade 2 Xustifica se as seguintes afirmacións sobre a personaxe se din no texto ou se deducen. Copia, segundo conveña, as palabras do texto onde se din ou explica por que se deducen.
Afirmación Dise Dedúcese Xustíficación
Miguelanxo descubriu o cómic cando estudiaba arquitectura X ... Descubriu tardiamente a historieta (...) sendo alumno da Escola de Arquitectura.
Gústalle debuxar, pero tamén escribir. X...Mestura-las súas grandes paixóns: a pintura e a literatura
EI traballa máis a gusto en Galicia ca en Norteamérica. ... X Aquilo é un mundo que emprobece ó creador.
Segundo Miguelanxo Prado, o cómic e o cine teñen conexións evidentes.X... Hai unha clarisima participación. O cómic, o cine, o video, teñen un espíritu mestizo, ...
Considera que o cómic aínda é un descoñecido. X... Unha das cousas ...... a atención dende ..... medio é o gran descoñecemento en que está.
Pensa que a lectura de cómics é compatible con outras lecturas. ... X.non ten por que entrar en competencia con outro tipo de lecturas

Ex 3-11 Identifica a estructura da entrevista anterior tendo en conta as partes de que consta, indicando as túas observacións.
Parte Contido No texto
1.- Título Anuncia o tema da entrevista Falando con Miguelanxo Prado
2- Presentación Parte non dialogada que serve para presenta-la personaxe. Migelanxo Prado................. e a literatura.(...)
3- Desenvolvemento Intercambio de preguntas e respostas entre o entrevistador e o entrevistado. Papeles: ¿Cando....outro tipo de lecturas (...)
4- Conclusión Ás veces, o entrevistador sintetiza a entrevista pedíndolle unha última declaración ó entrevístado ou facendo el mesmo un resumo.Papeles: E xa para finalizar... escoitar moita música.

A entrevista é unha forma de comunicación, oral ou escrita, na que un entrevistador fai unha serie de preguntas a un entrevistado. A través da entrevista podemos coñece-la personalidade e feitos relevantes da vida do entrevistado.

O léxico da nosa lingua.
A organizacíón do léxico
Dependendo do tipo de relación que se estableza entre o significado e o significante, ou o tipo de relación que establezan as palabras entre elas, podemos organiza-lo léxico da lingua tendo en conta diferentes conceptos. Os máis importantes son: campo semántico, campo léxico, acepción, contexto e situación.
Observa este cadro.

Organización do léxico
ConceptoSignificadoExemplo
Campo semánticoConxunto de palabras que pertencen a unha mesma área de significado.Vermello, azul, amarelo, laranxa, verde,...
Campo léxicoConxunto de palabras derivadas dun mesmo significado ferro, ferrar, ferreiro, ferrería, ferraxería...
AcepciónCada un dos diferentes significados que pode ter un mesmo significantedía fresco -> frío
peixe fresco -> do día
ContextoPalabras que seguen ou preceden unha voz e que determinan o seu significadochave da porta
chave inglesa
chave de judo
chave da cama
chave do contacto
SituaciónCircunstancias en que se produce un enunciadoA palabra gato pode ter significados distintos segundo a empregue un zoólogo ou un mecánico

Actividade 4.- Engade exemplos de cada un destes campos semánticos.

Campo semánticoExemplo
Instrumentos musicaisguitarra, gaita...,tambor, frauta, violín, piano, trompeta,
Árbores froiteirascerdeira, pereira..., nogueira, castiñeiro, ameixeira, pexegueiro,
Verbos referidos á meteoroloxíachover, nevar..., orballar, saraibar, ventear, airear,

Actividade 5.-. Busca palabras da mesma familia léxica ca estas: { barba - cruz - labor - máquina}

  • barba,--> barbear, barbeiro. . .barbudo, imberbe.....
  • Cruz--> cruzada, cruceiro, cruce, encrucillada, ...
  • labor -->laborable, laboral, laboreo, laboratorio, .....
  • máquina ---> maquinista, maquinación, maquinaria, .......

    Actividade 6-. Observa os diferentes significados que teñen, segundo o contexto, as voces seguintes e engade outros exemplos.

    Engade e inventa exemplos
    Palabra Acepción Exemplos
    Lixeirolivián - ----- Colle ti esa maleta que é máis lixeira.
    - ----- Este caixon é ben lixeiro.
    rápido ----- Corre lixeira, que se che vai o tren.
    ----- - Se andas lixeiro, chegaremos antes.
    Fontemanancial----- - A fonte da praza está a ser reparada.
    ----- - Debe encher o porrón con auga da fonte.
    orixe----- - A soberbia é a fonte dos teus problemas.
    ----- - Considéraste a fonte da sabiduría

    Actividade 7- Clasifica as seguintes palabras segundo o campo semántico ó que pertenzan. Consulta o diccionario se o precisas e emprega un cadro como o que che propoñemos.

  • pradería - carreiro - rúa - estrada - aldea - fraga - vila - camiño - cidade - xungla - casal - autoestrada - sabana - metrópole - estepa.
    Variedades de vexetaciónEntidades de poboaciónVías de comunicación
    pradería, fraga, xungla, sabana, ...aldea, vila, cidade, casal, metrópole, .. carreiro, rúa, estrada, camiño, autoestrada, ...

    Actividade 8 .- A palabra corpo pode ter un significado distinto en función do contexto en que apareza. Observa o modelo e escribe unha frase substituíndo corpo polo sinónimo que lle corresponda.

  • tronco - cadáver - conxunto - obxecto - consistencia - organismo

  •  Tralo naufraxio, atoparon un corpo na praia.
    -----> Tralo naufraxio, atoparon un cadáver na praia.

  •  O oculista sacoume un corpo estraño do ollo.
    -----> O oculista sacoume un obxecto estraño do ollo.

  •  Ela tiña feridas nas pernas, nos brazos e tamén no corpo.
    -----> Ela tiña feridas nas pernas, nos brazos e tamén no tronco.

  •  Eu coido moito o meu corpo para ter boa saúde.
    -----> Eu coido moito o meu organismo para ter boa saúde.

  •  Miña nai pertence ó corpo dos funcionarios da Xunta.
    -----> Miña nai pertence ó conxunto dos funcionarios da Xunta.

  •  Bótalle fariña á salsa porque aínda ten pouco corpo.
    -----> Bótalle fariña á salsa porque aínda ten pouco consistencia

    Desenvolvémo-lo vocabulario

    Actividade 9 . - As palabras da seguinte lista teñen as súas sílabas desordenadas. Debes ordenalas todas correctamente tendo en conta que cada unha é o nome dun dos elementos da lista seguinte.
    - Relaciona despois, no teu caderno, cada palabra co número do elemento que lle corresponde mostrando o teu criterio e engadindo as que tú fagas.

    xoga conmigo
    3)ararrúbei
    6)dorvarre
    2)arú
    8)traesda
    5)taisporso
    4)lectorco do xoli
    7)doimirosu
    1)sopa de ónspe
    1.-paso de peóns,
    2.-rúa
    3.-beirarrúa
    4.-colector do lixo
    5.-soportais
    6.-varredor
    7.-sumidoiro
    8.-estrada

    Actividade 10-. Os seguintes substantivos e adxectivos fan referencia a elementos característicos do ámbito urbano. Relaciónaos correctamente e logo constrúe frases con cada parella.

    Substantivo Adxectivo
    1)cabina industrial(4
    2)policía marítimo(5
    3)aparcamento municipal(2
    4)polígono telefónica(1
    5)paseo gratuíto(3

    Actividade 11.- Aquí tes un grupo de palabras referentes a diversas profesións.
    - Clasifícaas segundo o modelo sabendo que a cada profesión lle corresponde unha ferramenta e un lugar.

  • carpinteiro/a - bisturí - obra - albanel - perruqueiro/a - xornalista - xiz - peite - redacción - profesor/a - cirurxián/á - carpintería - quirófano - trade - mecánico - pa - perruquería - aula - parafuso - ordenador - taller

  • Profesíón---------------->Ferramenta-----------------------> Lugar
  • carpinteiro / a ----------> trade ------------------------------> carpintería
  • perruqueiro /a -----------> peite ------------------------------> perruquería
  • xornalista --------------> ordenador --------------------------> redacción
  • profesor /a --------------> xiz --------------------------------> aula
  • ciruxán / á --------------> bisturí ----------------------------> quirófano
  • albanel -----------------> pa --------------------------------> obra
  • mecánico ------------------> parafuso --------------------------> taller

    Reflexión sobre a lingua.
    Verbos regulares
    Actividade 12-Imos estudia-la conxugación dos verbos regulares nos seus diferentes tempos verbais. Seguide estes pasos.
    - Forma un grupo con dous compañeiros máis, repartídevos cada un unha conxugación e, partindo do seguinte cadro, engadide as formas que faltan á que vos córresponda.
    - Lembrade que estes verbos son modelo das súas respectivas conxugacións e que, en caso de dúbida, podedes consulta-lo apéndice dos verbos.

    ¡A que non aprendes os verbos!

    ModoTempos1ª conxugación2ª conxugación3ª conxugación
    IndicativoInfinitivoandarvarrerpartir
    Presenteeu and-o.. eu varr-o..eu part- o ..
    Pret. Perfeu andei.. eu varr- ín..eu part- ín ..
    Pret. Imperfeu andaba..eu varr-ía..eu part-ía
    Pret. Plusc. eu and-ara..eu varr-era..eu part-ira..
    Futuroeu and-arei..eu varr-erei..eu part-irei..
    SubxuntivoPresenteeu and-e..eu varr-a..eu part-a..
    Pret. imperfectoeu and-ase..eu varr-ese..eu part-ise
    Futuroeu and-ar .. eu varr-er..eu part-ir..
    ImperativoPresenteand-a (ti)..varr-e (ti)..part-e (ti)..

    Lembra que os verbos galegos rematados en -cer, -ucír e -uír son plenamente regulares. Procura, xa que logo, evitar incorreccións como:
    IncorrectoCorrecto
    agradezco agradezo
    traduzcamos traduzamos
    incluio inclúo
    obedezca obedeza
    conduxeron conduciron
    construie constrúe
    Actividade 13 - Conxugade, mantendo o mesmo grupo e seguindo os anteriores modelos, os verbos regulares deste cadro.
  • cantar - deber - unir - chegar - quecer - vivir
    Para facelo debedes seguir, alternativamente, estes pasos.
    - Un de vós elixe un dos verbos, por exemplo: chegar
    -Outro escolle un tempo, por exemplo: o Presente de Indicativo.
    - 0 terceiro conxuga completo o tempo indicado: chego, chegas...
    - Reparade, finalmente, en se hai variacións nos lexemas nalgún dos casos e se se seguen tódalas desinencias do verbo modelo.

    Verbos regulares son os que non presentan varíacións no lexema en ningunha das formas da súa conxugacíón e que se-guen as desínencías do verbo modelo correspondente.

  • -Verbos irregulares
    Actividade 14.- Observa no cadro as formas do Presente de Indicativo de varrer
    Escribe as formas correspondentes dos outros verbos.

  • varrer : varr-o varr-es varr-e varr-emos varr-edes varr-en
  • facer : ..
  • ser : ..
    Solución:
  • varrer : varr-o varr-es varr-e varr-emos varr-edes varr-en
  • facer : eu fago, ti fas, el/ela fai, nós facemos, vós facedes, eles/elas fan
  • ser : eu son, ti es, el/ela é, nós somos, vós sodes, eles/elas son
    Os verbos írregulares presentan variacíóns no seu lexema e ou non teñen as mesmas desinencías có verbo modelo.

    Variacións nos morfemas
    Só ocasionalmente podemos atopar formas verbais que presentan variacións nos morfemas de tempo, modo, número ou persoa. Actividade 15.- Fíxate nestes exemplos e engade outros que presenten igualmente variacións nos morfemas.

    Verbo regular Verbo irregular
    a) cant-o (Pres. Ind. de cantar) est-ou (Pres. Ind. de estar)
    b) cant-aches (Pret. Perf. Ind. de cantar) d-eches (Pret. Perf. de Ind. de dar)
    a) -o -ou
    b) -aches - eches

    Os verbos galegos da primeira conxugación (-ar) son todos regulares excepto dar é estar.

     Unha boa parte dos verbos da segunda conxugación (-er) presentan algunha irregularidade:  caber, facer, haber, poder, po ñer, querer, saber, ser. . .

     0 número de verbos irregulares da terceira conxugación (-ir) tamén é importante, aínda que non hai tantos coma da segun- da: dícír, ir, oír, vír .

    Variacións no lexema

    Un pequeno grupo de verbos que presentan só variacións no lexema.
    Verbos Variacións Observacíón
    valer, parir... vall-o, val-es... (Pres. Ind.)
    vall-a, vall-amos, vall-ades... (Pres. Subx.)
    Varía algunha forma do Pres. Ind. e todo o Presente de Subx. segundo o modelo da forma irregular anterior.

    Variacións no lexema e nos morfemas
    A meirande parte dos verbos irregulares presentan complexas alteracións que afectan tanto a lexema como a morfemas.
    Verbos Variacións Observacíón
    querer, facer, poder, dicir.. quix-en... (Pret. Perf. Ind.)
    quix-era, quix-eras... (Pret. Plusc. Ind.)
    Presentan variación respecto do infinitivo no lexema e nos morfemas de diversos tempos como Pret. Perf. Ind., Pret. Plusc. ...
    ser, ir, haber, vir... son, es, é, somos... (Pres. Ind.)
    era, eras... (Pret. Imp. Ind.)
    fun, fuches... (Pret. Perf. Ind.)
    Presentan as maiores irregularidades, que afectan especialmente ó lexema. Este pode presentar un gran número de variacións.

    Actividade - 16 .- Conxuga o Presente de Indicativo dos seguintes verbos nun cadro coma este e marca cunha cruz as caixas onde se producen as irregularidades.

  • facer - saber - dicir - estar - caer

    Solución:
    Verbo Lexema MorfemasÁmbolos dous
    eu fago
    ti fas
    el-ela fai
    nós facemos
    vós facedes
    eles-elas fan
    x
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    x
    x
    -
    -
    -
    x
    Verbo Lexema MorfemasÁmbolos dous
    eu sei
    ti sabes
    el-ela sabe
    nós sabemos
    vós sabedes
    eles-elas saben
    x
    -
    -
    -
    -
    -
    x
    -
    -
    -
    -
    -
    x
    -
    -
    -
    -
    -
    Verbo Lexema MorfemasÁmbolos dous
    eu digo
    ti dices
    el-ela dice
    nós dicimos
    vós dicides
    eles-elas dicen
    x
    x
    x
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    Verbo Lexema MorfemasÁmbolos dous
    eu estou
    ti estás
    el-ela está
    nós estamos
    vós estades
    eles-elas están
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    x
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    Verbo Lexema MorfemasÁmbolos dous
    eu caio
    ti caes
    el-ela cae
    nós caemos
    vós caedes
    eles-elas caen
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    x
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    -
    Verbo Lexema MorfemasÁmbolos dous
    eu sei
    ti sabes
    el-ela sabe
    nós sabemos
    vós sabedes
    eles-elas saben
    x
    -
    -
    -
    -
    -
    x
    -
    -
    -
    -
    -
    x
    -
    -
    -
    -
    -
    Activ. 17.- Copia estas frases no teu caderno e escribe en cada unha a forma conveniente do verbo que che indicamos. Lembra que en caso de dúbida podes consulta-lo apéndice.

    - Saber: Naquel momento eu ........................ cál ía se-lo final da película.
    - Ser: Se eu son teu pai, ti ........................... meu fillo.
    - Facer: Podedes ir ó parque se xa ................ os deberes.
    - Estar: ¡Que fame teño! Oxalá xa ................ feita a cea.
    - Dar: Agora tes que lle da-lo teu porque eu xa lle ......... o meu
    - Saber: Cóntoche todo para que ........... a verdade

    Activida. 17. Copia estas frases no teu caderno e escribe en cada unha a forma conveniente do verbo que che indicamos. Lembra que en caso de dúbida podes consulta-lo apéndice. Solución

    - Saber: Naquel momento eu ....souben.... cál ía se-lo final da película
    . - Ser: Se eu son teu pai, ti ......es..... meu fillo.
    - Facer: Podedes ir ó parque se xa .....fixestes.... os deberes.
    - Estar: ¡Que fame teño! Oxalá xa ....estea.... feita a cea.
    - Dar: Agora tes que lle da-lo teu porque eu xa lle ..dei... o meu
    - Saber: Cóntoche todo para que ..saibas.... a verdade

    Ortografía

    Uso do « v »
    Actividade 19.- Relaciona as seguintes normas sobre o uso do « v » cos exemplos que Iles correspondan.

    Escribimos « v » Exemplo
    A. Nos verbos rematados en -ver.  oitavo, oitava, onceavo..(D.
    B). Nas formas dos Pretéritos Perfecto e Pluscuamperfecto de Indicativo e do Imperfecto e Futuro de Subxuntivo dos verbos estar, ter e derivados.  viñamos, viviades, serviu.(C
    C). Nas diversas formas dos verbos vir, vivir, servir e os seus derivados.  chover, devolver, mover.(A
    D). Nas terminacións -avo, -ava.  estiveron, tiveramos, retivesen, estiver.(B

    - As palabras beber, deber, haber .. son algunhas das excepcións a estas regras sobre o uso do « v » . Acude ó teu diccionario e buscá nel outras posibles exccpcións. Clasifícaas segundo o modelo do cadro anterior.


    Actividade 20.- Completa o seguinte gráfico no teu caderno facendo corresponder axeitadamente cada membro destas parellas de palabras, escritas con « b » e con « v », co seu significado.

    1./.- bela - vela. 2 /.- nabal - naval. 3 /.- bascular - vascular . 4/.- baga - vaga

    1. Dise daquela que resulta agradable á vista ou ó oído bela vela Peza de tea que levan algúns barcos para que os impulse o vento
    2. Relativo ós barcos ou á navegación. naval nabal Terreo sementado de nabos.
    3. Relativo ós vasos ou conductos dos animais e das plantas.. vascular bascular Ter un movemento de vaivén respecto dun punto de apoio
    4. Cápsula que contén a semente do liño. baga vaga Dise daquela á que non Ile gusta traballar.

    Uso da raia

    0 uso do signo da raia ( - ) axústase a estas regras.

    Debemos escribi-la raia.
    Exemplo
    A.- Nos diálogos, para indica-lo comezo da intervención de cada personaxe-¿Que día é hoxe?
    -Hoxe é venres
    B.- Tamén nos diálogos, para separa-las indicacións do narrador. (Cando as palabras do narrador rematan en punto e á parte ou final, non se pon a segunda raia.)-Vai calor - dixo María -. Abre a fiestra
    -Pero só un momento - indiquei eu.
    C.- Cando se abre un inciso dentro doutro inciso maior. Os nenos (que xa dormen -por sorte-) cearon ben.

    Actividade 21.- . Completa este cadro referente ás regras anteriores empregando exemplos do texto seguinte
    Marta “ Foi naquel lugar (no peirao vello - vello polo rompido, que non polo antigo-) onde vin a Marta.
  • -¡Ola, Marta! -díxenlle ó chegar a xunto dela.
  • -¿Que tal, Afonso? ¿Que fas por aquí? -preguntoume.
  • -Viña dando un paseo -contesteille eu- e como te vin aquí soa pensei que, se cadraba, prestábache compañía.”
  • Solución:
    Exemplos da regra A
    Exemplos da regra B
    Exemplos da regra C
    ¡Ola, Marta!-¿Que tal, Afonso? -contesteille eu-(no peirao vello - vello polo rompido, que non polo antigo-)

    Actividade 22.- Escribe estas frases no teu caderno e pon « b » ou « v » onde cumpra.

    1.  0 fío desa bo * ina non ser * e para cose-la *ela do meu barco.
    2.  Esta é a oita * a vez que *oto os teus coellos do meu na * al
    3.  0 médico ad * ertiume que eu tiña pro * lemas *asculares.
    4.  Os o* reiros do sector na * al esti*eron en folga.
    Solución:
    1.  0 fío desa bobina non serve para cose-la vela do meu barco.
    2.  Esta é a oitava vez que boto os teus coellos do meu nabal. ( botar1 )= lanzar, expulsar, chimpar; (botar2 )= dar botes
    3.  0 médico advertiume que eu tiña problemas vasculares.
    4.  Os obreiros do sector naval estiveron en folga.
    Actividade 23 - Corrixe os erros do uso de « b » ou « v » ou a raia que atopes nas seguintes frases. Ó final indicámosche entre parénteses o número de erros que hai en cada unha
    a)-¿Que hora é? preguntei cando comezou a chober. (2)
    b)- 0 meu é a gandería bóbina -falava sempre o meu veciño- (4)
    c)-Debes garda-los ovxectos de máis balor no banco -díxenlle a Branca antes da súa viaxe. (2)
    Solución:
    a)-¿Que hora é? - preguntei cando comezou a chover. (2) -, chover
    b) 0 meu é a gandería bóbina -falaba sempre o meu veciño- (4) O, bobina,falaba, veciño.
    c)-Debes garda-los ovxectos de máis balor no banco -díxenlle a Branca antes da súa viaxe. (2) obxectos, valor

    _______________ Lingua e comunicación _______________

    Elaboracíón de entrevistas escritas
    Actividade 24.- Para realizalas pódese elixir calquera destes dous procedementos.
    - Tamén podedes facer dúas entrevistas empregando primeiro unha das técnicas e logo a outra.
    Procedemento 1.
    Procedemento 2 .
    - Formade parellas. Cada un dos membros da parella ten que escoller unha personaxe famosa e buscar información sobre ela.

    - .Redactade unha breve introducción. sobre o persoeiro elixido. Debedes dar a coñece-los aspectos máis importantes da súa vida e explicar cál é o motivo da entrevista.

    - Un dos membros da parella redactará as preguntas que lle gustaría facer á personaxe que elixiu, pero non as responderá.

    - 0 compañeiro redactará respostas a posibles preguntas que lle poderían facer á personaxe que supostamente entrevista, pero non escribe as prguntas.

    - Intercambiádevos despois estas preguntas e respostas que cada un fixo. Completade a entrevista, vós mesmos, engadindo as preguntas ou as respostas que non se teñen.

    - Poñédelle un título atraente, buscade algunha fotografía deses persoeiros que sirva de ilustra ción á entrevista e expoñede finalmente as vosas entrevistas no taboleiro da vosa aula.

    - Formade pequenos grupos de catro ou cinco membros. Cada membro do grupo debe elixir un persoeiro que Ile resulte interesante, buscar información e redactar unha pequena introducción. á entrevista que se Iie vai facer.

    - Logo, cando todos sabedes cáles son as personaxes elixidas, .formulade por escrito unha ou dúas preguntas para cada unha delas. - Reunide, a continuación, a introducción e tódalas preguntas feitas para cada personaxe.

    - Feito isto, cada un escolle, ó azar, a presentación e as preguntas feitas para aigunhas das personaxes elixidas polos seus compañeiros. as preguntas.

    - Agora debes imarxinarte que e-lo persoeiro que che tocou. Desde ese punto de vista tes que contestar tódalas preguntas que che corresponderon.

    - Finalmente, redacta a túa entrevista completa (introducción, preguntas e respostas) e expona coas dos compañeiros no taboleiro da aula como tamén se indica no outro procedemento.

    _______________ A lingua literaria _______________

    Xéneros e recursos

    0 xénero dramático
    0 teatro é unha arte de estructura complexa concebida para representar, nun escenario, unha historia a través do diálogo duns actores.

    0 teatro, que como xénero literario é denominado xénero dramático, diferénciase fundamentalmente da lírica e da narrativa en que nel o autor expresa canto quere contarnos a través dos diálogos das personaxes. 0 diálogo é, polo tanto, o medio de expresión dominante neste xénero.

    Activiade 25- Le este fragmento dunha obra dramática de Carballo Calero.
    "Persoaxes
    O home
    A muller
    Toda a decoración redúcese a unha arbre, ergueita no meio da escea. Telón de fondo.
    ESCEA I
    En 1908
    Arbre frorída.
    0 home, de vínte anos de ídade, está a esperar, á díreita, a dous metros de dístancia da arbre. É un elegante cabaleiro. A muller, de dazaoito anos de idade, entra pola ezquerda. É unha elegante señorita. 0 home vai correndo ao seu encontro. Diálogo ao pe da arbre
    .

    0 home. -¡Señorita! ¡Señorita! ¡Por fin! ¡Por fin a atopo! ¡Cantos séculos agardándoa! Mais ¿que importan os séculos de agarda? Agora xa está vostede aquí, e me oi, e podo Ile decir que a amo. Si, ámoa. É primavera. Hai gomos nas arbres e os corazóns frorecen. Señorita, non podo vivir sen vostede. Amercéiese do seu fiel escravo, do seu escravo sumiso. Un doce si dos seus labres de framboesa, e a vida será para min un paraíso.

    A muller. -Cabaleiro, debéu vostede dirixirse á miña mamái.

    0 home. -¿Á súa mamái? ¡Ah, si! Sen dúbida. Dirixireime a ela. Pero nestes intres, señorita, é a vostede a quen me dirixo. Porque é a vostede a quen amo, e non á súa respetabre mamái. Dignísima dama, por outra parte, á cal, aínda que non teño o gosto de coñecela, estou disposto a render homaxe da máis filial ternura. Ah, señorita, concédame o seu amor, su rícollo. Ámoa, señorita, ámoa. ¡Meu amor! ¡Meu amor querido! Ámeme vostede un pouco, por favor.

    A muller. -¿ Que idade ten vostede, cabaleiro?

    0 home. -Vinte anos, meu amor.

    A muller. -¿ Profesión?

    0 home. -Tezo tapices cos fíos das bágoas que derramo cando vostede no me olla, apacento años con lirios que frorecen no meu corazón cando vostede me sorrí , compoño valses coa música do salaios que as súas ausencias arrinca da miña alma.

    A muller. -¡Ai! Tres oficios. ¡E qué bonitos!

    0 home. -¿Góstanlle, meu amor?

    A muller. -¿Saberá vostede tecer fita para o meu cabelo?

    0 home. -Si.

    A muller. - ¿ Poderá vostede coidar dos rebaños nunha granxa?

    0 home. -Si, si.

    A muller. -¿Poderá vostede escribir unha mazurca para a nosa primeira festa .

    0 home. -Si, si, si. (...)

    Ricardo Carballo Caiero, Catro Pezas


    Autor, texto e representación
    Autor
    - É o creador do texto dramático.

    - Define o lugar e o tempo en que se desenvolve o argumento, caracteriza as diferentes personaxes e escribe os seus diálogos.

    - Dá, no texto, as indicacións necesarias para que se poida representa-la obra.

    Texto
    ElementosCaracterísticas
    DiálogoÉ o texto que corresponde ó diálogo directo entre as personaxes. Texto que dirán os actores ó representa-la obra.
    AcotaciónsTexto que ofrece indicacións sobre cómo se debe levar a cabo a representación: iluminación, decorados, aspecto externo das personaxes ou os seus xestos...
    Representación
    ElementosCaracterísticas
    DirectorÉ a persoa encargada de coordinal-la representación.
    ActoresPersonaxes que representan as personaxes da obra.
    EscenarioEspacio físico onde se desenvolve a representación. 0 escenario debe estar decorado segundo as acotacións..
    Efectos sonoros e de luzAqueles elementos auditivos ou visuais que, ás veces, se empregan con valor expresivo.
    VestiarioRoupas que levan os actores e axudan a caracteriza-las personaxes.
    Público Espectadores que asisten á representación.
    Actividade 26 - Identifica os fragmentos do texto anterior que se correspondan ó diálogo e ás acotacións.

    Indica se hai ou non diferente forma de representalos.

    Actividade 27.- Clasifica nun cadro coma este a información sobre personaxes e decorados que hai nas acotacións do texto.

    Personaxes
    Decorados
    CaracterísticasAccións
    O home..... ...

    Actuación musical

    --------------------
    "O mundo é un escenario
    e tódolos homes e mulleres
    son simples actores"

    William Shakespeare
    Dramaturgo inglés (1564 - 1616)
    --------------------

    Actuación artística

    Algúns dos recursos semánticos máis importantes son:

    OS TROPOS, Tropo - se dicía- e unha voz grega, que literalmente significa a acción de dar unha volta a un obxecto físico, designa a translación de palabras, frases.
    Tropos:

    1. 1)de conexión de ideas,
    2. 2)de correlación ou correspondencia,
    3. 3)de semellanza.
  • -sinécdoque = tropo de conexión, figura retórica que consite en ampliar ou restrinxi-lo significado dunha palabra tomando o todo pola parte, o xénero pola especie, o singular polo plural ou viceversa, v. gr.: Mil almas-,por mil persoas; mil cabezas-, por mil reses. \(lingua 4º Díaz Plaja, p 106)
  • - comparacíón, = consiste en colocar en relación dous elementos que segundo o autor teñen algunha semellanza usando un enlace. {enlace = (coma)}
  • - metáfora, = consiste en identificar con algunha relación dous elementos que segundo o autor teñen algunha semellanza sen enlace.
  • - metonímía, = tropo de correspondencia onde non se designa o obxecto a que nos referimos senón outro que garda relación con él.
  • - antítese, = consiste en pór en relación dous contidos que se opoñen entre si . “ As miñas feas fillas sempre guapas”
  • - prosopopea, = ou personificación consiste en atribuír calidades propias dos seres animados ós seres inanimados. As follas das árbores xogan co aire.
  • - hípérbole = consiste en facer unha esaxeración moi grande para remarcar unha idea. Esta árbore é tan grande coma unha montaña.
  • - ápóstrofe. = consiste na interpretación directa a un ser (humano, presente ou ausente, real ou imaxinado)


    Recursos líteraríos semántícos
    Recursos líteraríos semántícos

    Os recursos literarios semánticos baséanse na relación que se establece entre o significante e o seu significado. Algúns dos recursos semánticos máis importantes son: a comparacíón, a metáfora, a metonímía, a anfítese, a prosopopea, a hípérbole e a ápóstrofe.

    Comparación

    Existe comparación ó poñer en relación dous elementos que, segundo o autor, teñen algún tipo de semellanza. A estructura das comparacións adoita compoñerse dun termo real -R- (o obxecto comparado), un enlace -E- e un termo imaxe -I- (o obxecto co cal se compara).

    Os teus ollos azuis
    R
    son
    E
    coma as augas do mar".
    I

    As augas do mar son de cor azul, e os ollos tamén, por iso se poden comparar, teñen en común a cor. Coa comparación, queremos expresar que cando vémo-los seus ollos, lembrámo-lo mar.

    Metáfora

    A metáfora consiste en identificar dous elementos que, normalmente, están expresos no enunciado. Esta identificación, que se dá entre un termo real e un termo imaxe sen presencia do enlace, adoita basearse nunha visión subxectiva do autor e non nunha relación obxectiva.

    Os teus ollos azuis
    R
    son
    =
    as augas do mar".
    I

    Mediante esta metáfora exprésase unha equivalencia entre a cor azul dos ollos e das augas do mar.

    Metonimia

    A metonimia consiste en identificar dous elementos por unha relación de contigüidade, por exemplo: a causa polo efecto, o efecto pola causa, a parte polo todo, o lugar polo producto, o autor pola obra, o continente polo contido.

    • "O museo vai mercar un Picasso."
    Cadro de Piccasso.

    ************ -----continuará----

    De neniño rei
    de mozo capitán;
    de casado, burro;
    e de vello, can
    sen comer pan.

    línea de de división

    Cadro de versos populares
    GALEGO
    CASTELAN
    Rapaz que estás á porta
    para ti non hai nada dentro,
    dá a volta pola rúa,
    mira onde corre o vento.
    Rapaz que estás a la puerta,
    para ti no hay nada dentro,
    da la vuelta por la villa,
    mira por donde corre el viento.
    ------------------------------------------------

    Pinchen para suxerencias, propostas...


    volver... -----