Aula 1º

línea de de división

Tema 12.-Vacacións con humor
.
------
Nesta unidade estudiarás
Comprendemos
e expresámonos
Ampliámolo
noso saber
Máis sobre
a lingua
Recursos
para aprender
*Lemos
e entendemos.
*Humor gráfico

Lingua oral
Contar chistes

Lingua escrita
Folleto turístico

*Comunicación
e sociedade

*Interferencias

*Lingua literaria
*O humor
na nosa literatura

*Gramática
Preposición
e conxunción

*Vocabulario
Préstamos léxicos

*Ortografía
Uso de "j", "k", "w"
e "y"

Traballo en grupo
Ó final serás capaz de...
-----

Lemos e entendemos Comprendemos e expresámonos

-Reflexionade sobre as seguintes cuestións

  • ¿Gústanche as vacacións? ¿Que adoitas facer durante ass vaacacións do verán? ¿Gustaríache viaxar a algún sitio en concreto? ¿Por que?
  • ¿Como interpréta-lo título desta unidade? ¿Que relación poden te-los dous conceptos que aparecen nel?
- Contrasta os teus gustos e opinións cos doutros compañeiros e compañeiras.

¡A min con este bronceador cómenme as moscas!.
¡Ai, virxensanta; non botóu o adobo da ensalada .



Tema 12.-O pavo
. -----

Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
* Análise dun texto teatral.
* O campo léxico.

Lingua e comunicación

* Preparación dun diálogo.
* A definición descritiva.

* O adverbio.
* Locucións adverbiais.



* Uso da paréntese
* Uso de "v".

* Compoñentes do texto dramático: diálogo e acotacións.
* Recursos literarios semánticos: antítese e prosopopea.
* Elaboración dun texto dramático.
Ó final serás capaz de...
* Comentar textos dialogados.
* Recoñece-los ligamentos semánticos das palabras e utilizalas con propiedade.
* Definir termos empregando diferentes técnicas.
* Recoñecer e utilizar adverbios e locucións adverbiais.
* Empregar correctamente a paréntese.
* Empregar correctamente nos escritos o "v".
* Distingui-los distintos compoñentes do texto dramático.
* Recoñecer e utiliza-los recursos literarios semánticos.
* Elaborar un texto dramático.
-----

A).- A información

1.-Reflexiona sobre esta situación: Es un vendedor de froita. Vén un señor ou unha señora e pídeche mandarinas e non che quedan, pero como non vendiches nada en toda a mañá, intentas que merque outra froita (laranxas, plátanos...). Indica qué estratexias empregarías para conseguilo.

 Ensinarlle unhas laranxas dícíndo que acababan de chegar e estaban moi fresquíñas.

- Comenta cos compañeiros as tácticas que apuntastes.

2.-Le o texto da páxina seguinte e compara as túas estratexias coas da vendedora. p / 194

Escena baleira. Entra un home e diríxese o público.
Home. -Eu chámome Xan e son profesor de violín no Conservatorio do municipio. Vivo no segundo andar, apartamento C, do número trinta e catro da rúa Galileo Ui. (...) (Pausa) Un día decateime que levaba moito tempo vivindo só; iso xa se sabe que é prexudicial para o home. Empurrado por esta razón, collín e fun a unha tenda que hai no centro, entrei e díxenlle á  vendedora:
Dependenta. (Xurdindo da penumbra e póndose debaixo dun letreiro que di "Fauna nova".)
-Aquela maña  alegre e soleada, eu estaba dándolle de beber ós canarios cando apareceu o home e dirixiuse a min cun sorriso:
Xan. -Señorita, por favor. . .
Dependenta. -Dígame, señor.
Xan. -Quero mercar un pavo.
Dependenta. -¿Un pavo?
Xan. -Si, un pavo.
Dependenta. -Perdoe, pero... ¨¿O señor non ter por un casual algún defecto de pronuncia? (...)
Xan. -Eu sei o que quero e máis o que pido: un pavo.
Dependenta. -Avo, avo . . . A ver se o adiviño. ¿Un nabo, quizais?
Xan. -Non, non e non.
Dependenta.- ¨Ou tal vez un cravo...?
Xan . -Pavo, pavo. (...)
Dependenta. (Ó público) -Era certo non había a máis mínima dúbida: aquel home viña realmente a mercar un pavo. (A Xan) ¿É para un neno, se non resulta moito preguntar, señor?
Xan. -Non, señorita, non é para un neno.
Dependenta. -Porque saberá que non se levan aló moi ben. Onde hai un pavo non ode haber un neno e onde hai nenos sobran os pavos. ¿Pódolle suxerir que Ile leve un cadelo, unha tartaruga ou un grilo?
Xan. -Non, non pode.
Dependenta. -Pois élle unha pena, que os temos fresquiños... ¿Ou sexa que persiste na idea.. Ben; dígame logo como o quere.
Xan. -Pois, normal...(...)
Dependenta. -¿Para cebar?
Xan. -Ca. Nada diso. Desexo un pavo de compaña.
Dependenta. -Xa entendo. Vostede, señor, semella vir aquí por un vulgar pavo.
Xan. -Exactamente.
Dependenta. -­Habelo dito antes...! Están esgotados. Síntoo.
Desaparece.
Euloxio R. Ruibal,
Teatro infantil e xuvenil,
El Correo Gallego.
p / 195

 Comentario do texto

3. Xustifica con palabras do texto, se son certas ou falsas as seguintes afirmacións.
AfirmaciónCertaFalsaXustificación
Xan é profesor de matemáticas. XSon profesor de violín.
Xan quere mercar un pavo. XQuero mercar un pavo
Os nenos e os pavos lévanse moi ben.XNon se levan aló moi ben.
A dependenta quérelle vender unha tartaruga ou un cadeloX Pódolle suxerir que lle leve un cadelo, unha tartaruga.
Na tenda só quedan pavos vulgares, os outros esgotáronse. X¿Vir aquí por un vulgar pavo? Están esgotados. Síntoo.

4. Enumera cales son as estratexias da dependenta para non dicirlle a Xan que os pavos están esgotados.

4-1.-Faille unha pregunta coma se non oise ben: ¿Un pavo?.
4-2.-Insiste por se pronuncia mal: ¿O señor non ter  algún defecto de pronuncia?.
4-3.-Fai un xogo de palabras có remate de palabras: Avo, avo ...
4-4.-Preguntalle se é para un neno: ¿É para un neno?.
4-5.-Explicalle que se levan moi mal: Porque saber  que non se levan aló moi ben.
4-6.-Suxirelle que compre outro animal: ¿Pódolle suxerir que lle leve un cadelo, unha tartaruga ou un grilo?
4-7.-Intenta despistalo facéndolle outras preguntas:

5.- Identifica as distintas personaxes que aparecen no texto dialogado e indica que son e como actúan.
- Xan é un profesor de violín, solitario...
- A dependenta, vendedora da tenda (Fauna Nova), trata de vender outro animal, xa que, non ten pavos. Xan insiste en mercar un pavo aguantando con paciencia as tácticas evasivas da dependenta.

Xunto coas palabras e as frases que din as personaxes, hai outros comentarios que aparecen destacados en cursiva e que poden aparecer entre parénteses. Son as acotacións.

Gracias  as acotacións, o autor ou a autora dunha obra teatral indica, dá orientacións sobre como debe se-lo escenario, cómo teñen que se-las personaxes, se unha personaxe determinada lle fala a outra ou se se dirixe ó público...

6. Indica a que fan referencia as diferentes acotacións do texto.
EscenarioPersonaxesPúblico
Escena baleiraEntra un homeDiríxese ó público.
PenumbraAparece a dependentaCara ó público
p/ 196

O léxico da nosa Iingua

O campo léxico

7. Busca palabras derivadas das do cadro, di cál é o seu significado e escribe unha oración con cada unha delas.( gracia ), ( sal )
PalabraPalabras derivadasSignificadoOración
graciagraciosoPersoa simpática, con gracia.Ese neno é moi gracioso.
desgraciaMala sorteÉ unha desgracia o que sucedeu
agraciarPremiar, obsequiarResultou agraciado coa lotería
congraciarseReconciliarseReconciliou o afecto perdido
salsalgarCondimentar con sal.O veciño salga moito a comida.
desalgarQuitarlle o salgadoHai que desalgar o bacallau
saleiroRecipiente para garda-lo salAna bota sal co saleiro
salmoiraAuga saturada de sal
{Non salmoeira}
Fixo un salmoira para lavar os pés.
Salmoeira = rede para pescar salmóns
salinoporcentaxe de ter salQue contén sal de forma natural

O campo léxico é o conxunto formado polas palabras derivadas dunha mesma palabra.

8. Clasifica as palabras segundo o campo léxico ó que pertenzan.

Campo léxico
DentePedraBrancoMetro
dentista
dental
interdental
endentecer
dentame
apedrar
pedrazo
pedregoso
pedreira
brancura
brancor
abrancazado
branquear
outra máis
branquidor
metricamente
centímetro
métrico
hectómetro
outras máis
kilómetro
miriámetro

9. As seguintes palabras pertencen todas ó mesmo campo léxico. Completa as oracións coa palabra axeitada.

p/ 197

Desenvolvémo-lo vocabulario

10. - Busca estas palabras que designan partes da casa no diccionario, anota o seu significado e clasifícaas segundo estean no exterior ou no interior.

soto - faiado - tellado - fachada - cociña - comedor - baño - habitación - corredor - salón

************
  • C O R R E D O R C S V
  • O T O S I F H M Ñ X Z
  • M E B A Ñ O A L W Q S
  • E L T L Ñ L B I F E A
  • D L G O T R I A A K X
  • O A K N H D T X C D O
  • R D B Ñ S T A S H R O
  • C O C I Ñ A C D A W S
  • H V S A M A I Y D G E
  • O U F Z M E O I A G Z
  • L N W I P R N K E U O
- 11 . Busca na sopa de letras dez partes da casa.
As seguintes definicións pódenche axudar.
- Lugar subterráneo dunha casa.
- Cuarto onde se reciben as visitas.
- Parte dianteira dunha casa.
- Lugar onde se fai a comida.
- Parte longa e estreita dunha casa que comunica
unhas habitacións con outras.
- Lugar onde se dorme.
- Planta da casa que está debaixo do tellado.
- Cuarto de aseo.
- Parte superior dunha casa.
- Lugar onde se come.

SOLUCIÓN:
  • C O R R E D O R C S V
  • O T O S . I F H M Ñ X Z
  • M E B A Ñ O A L W Q S
  • E L T L Ñ L B I F E A
  • D L G O T R I A A K X
  • O A K N H D T X C D O
  • R D B Ñ S T A S H R O
  • C O C I Ñ A C D A W S
  • H V S A M A I Y D G E
  • O U F Z M E O I A G Z
  • L N W I P R N K E U O
+++ 11 . Busca na sopa de letras dez partes da casa.
As seguintes definicións pódenche axudar.
- Lugar subterráneo dunha casa.->soto
- Cuarto onde se reciben as visitas.->salón
- Parte dianteira dunha casa.->fachada
- Lugar onde se fai a comida.->cociña
- Parte longa e estreita dunha casa que comunica
unhas habitacións con outras.-corredor
- Lugar onde se dorme.-habitación
- Planta da casa que está debaixo do tellado.-faiado
- Cuarto de aseo.->baño
- Parte superior dunha casa.->teito
- Lugar onde se come.->comedor
Solución con máis precisión.--->
CORRE DORCSV
OTOSIF HMÑXZ
MEBAÑ OALWQS
ELTLÑ LBIFEA
DLGOTRIAAKX
OAKNHDTXCDO
RDBÑSTASHRO
COCIÑACDAWS
HVSAMAIYDGE
OUFZMEOIAGZ
LNWIPRNKEUO
<=========> 11 . Busca na sopa de letras dez partes da casa.
As seguintes definicións pódenche axudar.
- Lugar subterráneo dunha casa.->soto
- Cuarto onde se reciben as visitas.->salón
- Parte dianteira dunha casa.->fachada
- Lugar onde se fai a comida.->cociña
- Parte longa e estreita dunha casa que comunica
unhas habitacións con outras.-corredor
- Lugar onde se dorme.-habitación
- Planta da casa que está debaixo do tellado.-faiado
- Cuarto de aseo.->baño
- Parte superior dunha casa.->teito
- Lugar onde se come.->comedor

12. Relaciona as seguintes palabras co seu significado e co lugar da casa onde adoitan encontrarse.

PalabraSignificadoParte da casa
1)vertedeiroLugar onde se apoia a man.(3cociña(1
2)peiteLugar onde se fregan os cacharros.(1escaleira(3
3)pasamánsUtensilio para peitea-los cabelos.(2salón(5
4)roupeiroCadeira con brazos.(5baño((2
5)butacaLugar onde se garda a roupa.(4habitación(4

13.-Sinala, con axuda do diccionario, cál é o significado destas expresións.

p/ 198

Reflexión sobre a lingua
O adverbio
Os adverbios son palabras que poden modificar un verbo, un adxectivo ou a outro adverbio.
Observa as seguintes oracións:

 Clases de adverbios Segundo o significado, pódense establecer distintas clases de adverbios: de lugar de tempo, de modo, de cantídade, de dúbida, de afirmacíón e de negación.
ClaseAdverbios
Lugar aquí, aí, alí, acá, alá, acó, aló, acolá, enriba, embaixo, diante, detrás, preto, cerca, lonxe, dentro, fóra, algures, ningures, xalundes...
Tempotrasantonte, antonte, onte, hoxe, mañá, antes, arestora,agora, despois, outrora, logo, axiña, tarde, cedo, sempre, decote...
Modoasí, ben, mal, mellor, asemade, engorde, paseniño, adrede, os rematados en -mente...
Cantidade máis, menos, abondo, bastante, moi, moito pouco...
Dúbidaquizais, seica, acaso, disque...
Afirmaciónsi, abofé, tamén...
Negaciónnon, tampouco, nin sequera...
O adverbio de lugar algures emprégase cando non se quere ou non se pode precisar un sitio.

¿A onde vas? Vou a algures.

O adverbio ningures significa "ningunha parte, ningún sitio en concreto".

Ese camíño xa non vai dar a ningures.

O adverbio xalundes significa "calquera outro sitio, outro lugar".

O neno non está aquí, estará xalundes

-Escribe unha oración con cada un destes adverbios.

p/ 199

Observa cómo se forman os adverbios rematados en -mente.
AdxectivoSufixoAdverbio
real-menterealmente
soa-mentesoamente

Nos adxectivos con fiexión de xénero, o adverbio rernatado no sufixo -mente sempre se forma a partir da forma teminina do adxectivo.

lenta + -mente = lentamente

- Forma adverbios, co mesmo procedemento, a partir dos adxectivos seguintes.
escasa - doada - amable continua - triste - próxima sabia - igual - terrible - lenta
Escasamente. . .

Locucións adverbiais

As locucións adverbiais son frases ou expresións que equivalen a un só adverbio.

Fíxate na equivalencia que se dá entre as palabras destacadas das seguintes oracións.

Chegou de Tui trasantonte. - Chegou de Vigo o outro antonte.

trasantonte = o outro antonte

Baixou as escaleiras paseníño. - Baixou as escaleíras a modo.

paseniño = a modo

Vísita o avó decote. - Visita o avó a cotio.

decote = a cotio

Coma os adverbios, tamén podemos clasifica-las locucións adverbiais segundo o seu significado.

ClaseLocucións adverbiais
Lugarpor riba, por baixo, ó carón, ó rente, ó pé, ó lado, a desmán , a contramán...
Tempoo outro antonte, de seguida, de contado, a destempo, a deshora, a diario, a cotío, de contino, a miúdo...
Modoa modo, ó xeito, de vagar, ás présas, de súpeto, a un tempo, ó chou, ás toas, á mantenta...
Cantidadede todo, máis ou menos...
Dúbidaó mellor, se cadra, tal vez...
Afirmaciónde certo, de verdade...
Negaciónde ningún xeito, de ningún modo...

p/ 200

14. Subliña nas seguintes oracións o adverbio cunha (1) raia e a palabra á que acompaña pona de itálica.
 A avoa de Filipe virá mañá. A avoa de Filipe virá mañá
 A túa nai é moi faladora. A túa nai é moi faladora.
 O pavillón do colexio está moi preto. O pavillón do colexio está moi preto.
 Para se-la primeira vez, fixéchelo bastante ben. Para se-la primeira vez, fixéchelo bastante ben.
 O teu pai chegará axiña. O teu pai chegará axiña.

- Clasifica as palabras anteriores nun cadro coma este.
AdverbioPalabra á que acompañaCategoría gramatical
mañá(adv tempo)
moi (adv cantidade)
bastante(adv cantidade)
axiña (adv tempo)
virá
faladora
preto (adv de lugar)
ben (adv de modo)
chegará
verbo
substntivo
adverbio
adverbio
verbo

- Indica a qué clase pertencen os adverbios anteriores.

Mañá: adverbio de tempo.

15. Relaciona cada locución adverbial co adverbio que teña o mesmo significado.
Locución adverbialAdverbio
1)De seguida
2)De balde
3)De contino
4)Hoxe en día
Gratis(2
Axiña(1
Hoxe(4
Continuamente(3

16. Substitúe os adverbios subliñados pola locución adverbial equivalente.

 Rompíche-los pratos adrede. Rompíche-los pratos á mantenta. á mantenta = Locución adverbial de modo.
 Ela sempre baixa as escaleiras engorde.Ela sempre baixa as escaleiras de súpeto. de súpeto = Locución adverbial de modo.
 Volve para a casa rapidamente. Volve para a casa ás présas. ás présas = Locución adverbial de modo
 Comía e asemade vía a televisión. Comía e a un tempo vía a televisión. a un tempo = Locución adverbial de modo
 Xa acabámo-los labores completamente. Xa acabámo-los labores de súpeto. de súpeto = Locución adverbial de modo

- Indica a clase das locucións adverbiais anteriores.
Locucións adverbiaisClase
á mantenta
engorde
...
modo
modo
...
p/ 202

 Ortografía

Uso da paréntese ( )

17. Le e observa:
A. Ramón Cabanillas (1876-1957) escribiu Na noite estrelecida.
B. Vin a Xosé (do que xa falei) cando ía para onda Miguel.
C. Na seguinte unidade (páxina 45) verémo-los verbos.
D. O accidente ocorreu en Verín (Ourense).

Úsanse as parénteses:

18.Pon as parénteses que sexan necesarias nas seguintes oracións, segundo as normas que acabas de ver. Escribe no cadrado a letra da norma correspondente.

 Aqueles nenos Antón e Luís parecen xemelgos.
 Na unidade da saúde páxina 39 pode verse a prevención.
 Manuel Murguía 1833-1923 era o home de Rosalía de Castro.
 Algúns escritores galegos naceron en Rianxo A Coruña.
Us o do "v"

19.-Observa as normas de uso do "v" e engade outros exemplos.

Observa e aprende:
IncorrectoCorrecto
abogado
oubear
barniz
escoba
boda
buitre
cobarde
avogado
ouvear
verniz
vasoira
voda
voitre
covarde

- Escribe oracións coas formas correctas.

ExemplosEscríbese "v"...Excepcións
privar,
prevención...
As palabras que comezan por prí-, pre-prebe, prebélico, prebenda
leve, suave
lonxevo...
Os adxectivos acabados en -eve, -ave, -evo
herebívoro, carnívora...As palabras rematadas en -ívoro, -ívoravíbora
distintivo, festiva
nocivo...
As palabras rematadas en -ivo/aestiba

p/ 202

20. Completa as seguintes palabras con "b" ou "v", fixándote nas letras destacadas.
conserar
icesecretario
meditaundo
trisílao
omnioro
hailidade
masio
voler
urocracia
imotor
automóil
malersar
andaamos
soretes
adertencia
oitao
SOLUCIÓN:
conservar
vicesecretario
meditabundo
trisílabo
omnivoro
habilidade
masivo
volver
burocracia
bimotor
automóbil
malversar
andabamos
sorbetes
advertencia
oitavo
- Comproba no diccionario que as escribiches correctamente e corríxeas nun cadro coma este.
Palabra corrixidaErro cometidoForma unha oración

21.- Observa algunhas das parellas de homófonos "b" e "v" mailo seu significado e completa o cadro formando oracións con cada unha das palabras.
Con "b" Con "v"
baca(portabultos colocado no teito dun coche)
O seu coche non tiña baca
vaca(animal)bovino
As vacas dan leite
bago (cada unha das uvas dun acio)
Comín os bagos ás presas
racimos a+las presas
vago (que non quere traballar)
Aquel é un vago
abellar (pica-la abella)
A abella abellou ó neno.
avellar(facerse vello)
Miña nai avellase moito
bouarte de pesca; embarcación)
O mariñeiro pescou nun bou
bou (verbo ir)
Mañá vou á festa
rebelar (sublevar)
En 1998 rebelouse Cuba
revelar (descubrir>
Os segredos non se deben revelar
biso (saia fina que se coloca debaixo dun vestido ou doutra saia como forro)..
Miña irmá usa biso
viso(indicio; aparencia)
Aquel asunto tiña viso de non ser verdade
abalar(sacudir unha árbore para que caia a froita; ter moito medo)
Abalei a maceira e caeron as mazás
avalar(garanti-lo cumprimento dalgunha obriga por medio dun aval).
Teño que avalar o empréstito

- Completa as seguintes oracións coa palabra axeitada en cada caso.

balor - valor

 Este pan xa ten balor.
 Non sei o .... desa xoia.

bobina - bovina

 As vacas pertencen á raza ..bovina..
 A ......: xa non ten fío.

basto - vasto

 É unha persoa moi ....
 Andou un territorio moi ..

bou - vou

 ...busca-la nena ó colexio.
 O... é un tipo de embarcación.

rebelar - revelar

 Quere .... toda a verdade.
 Hóubose ... contra o seu dominio.

p/ 203

Lingua e comunicación

Preparación dun diálogo
22. Formade grupos de dous ou tres e elixide unha destas situacións da vida cotiá para preparar un diálogo.
Situación ASituación BSituación C
Dous amigos queren mercar un equipo de música e piden información nunha tenda sobre os distintos modelos.Alguén que quere comprar un coche pide información ó vendedor sobre a prestacións e os prezos dos distintos modelosAlguén pide información sobre os horarios e os prezos dos trens ou dos autobuses para ir a algún lugar.

23.- Facede unha representación oral do diálogo que preparastes.
Seguide este procedemento:

Repartídevo-los papeis das diferentes personaxes que interveñen no diálogo.

- Imaxinade qué preguntas e respostas fará cada un.

- Ensaiade o diálogo un par de veces. Procurade que a linguaxe sexa a adecuada para a situación.

- Facede a representación oral diante dos vosos compañeiros.

24.-Fai unha valoración de cada unha das representacións nunha ficha coma esta.
Nome dos participantes: .....
Aspectos externosSiNon
- Controlaron os seus nervios.
- Utilizaron o ton de voz adecuado.
- Interpretaron o seu papel con convicción.
- A expresión da cara e os xestos eran adecuados.
- Vocalizaban tódolos sons e entoaban correctamente.
---
---
---
---
---
---
---
---
---
---
Estructura e contidoNon
- Expresaron as ideas con claridade.
- As preguntas e as respostas eran necesarias.
- A linguaxe empregada adecuábase á situación.
- Evitaron repeticións innecesarias.
- O vocabulario é o máis axeitado.
---
---
---
---
---
---
---
---
---
---
p/ 204

A definícíón descritiva

Le con atención estas definicións:
mesa: moble, xeralmente de madeira, que consiste nunha superficie lisa horizontal sostida por varias patas, e que serve para comer, escribir ou traballar...
cadeira: moble de madeira ou de metal para sentarse unha soa persoa; é lixeira e ten respaldo, e algunhas veces tamén ten brazos.

Act 12 - 25. Anota as diferentes informacións que se dan en cada unha das definicións anteriores.
Obxecto descritoClase de obxectoMaterial FormaFunción
mesamoblemadeira Horizontal con patasserve para.........comer, escribir ou traballar
cadeiramoblemadeira ou metalQuebrada e lixeiraserve para........ sentarse unha persoa
Características

Cando se fai a defínícíón descritíva dun obxecto cómpre específica-la clase de obxecto que é e, despois, describí-las característícas máís importantes(forma, función ....).

Act 12 - 26. Elabora unha definición descritiva dos seguintes termos segundo o modelo.

- Anota cáles son as súas características máis importantes.

Obxecto
descrito
Clase
de obxecto
MaterialForma(s)Función
cullercubertomadeira ou metalpá redondaserve para........ leva-los alimentos a boca
garfocubertomadeira ou metalcon puntasserve para.........leva-los alimentos a boca
armariomoblemadeira - metalalta - vertical garda-los diferentes artigos
camamoblemadeira - metalalongada - horizontaldescansar, durmir e soñar
neveiraaparellometalaltaconservar
fornoaparellometaldiversa(s)transformar os alimentos por acción do calor
Características

- Redacta a definición.
culler: cuberto que consta dunha pá cóncava, con mango, usada para leva-la comida a boca ou materia dun recipiente a outro lugar
garfo: cuberto que consta de tres ou catro puntas para leva-la comida a boca.
armario: moble alto con portas e caixóns para garda-los artigos ou roupa.
cama:moble que consta de catro patas que serve para descansar, durmir e soñar
neveira:aparello frigorífico que produce frío para conservar productos minerais, vexetais, animais, alimentos, bebidas, ...
forno: aparello que desprende calor e que sometendo pola calor os materias ou productos do seu interior fai a correspondente cocción ou transformación.

- Compara as definicións que escribiches coas dos teus compañeiros e compañeiras. Anota coincidencias e diferencias.
See page 205
A lingua literaria

O texto dramátíco
O texto dramático está composto polo díálogo e polas acotacíóns.
O diálogo está constituído polas palabras que din as personaxes, escritas para ser representadas polos actores.
A acotación é un texto, en cursiva e ás veces entre parénteses, que indica e orienta ó director sobre distintos aspectos da representación como: as accíóns e estados de ánimo das personaxes, o aspecto externo das personaxes, o decorado, a iluminación e o son.. .
Recursos literarios semánticos

Vamos a coñecer como son a antítese, a prosopopea
A antítese consiste en pór en relación dous contidos que se opoñen entre si. Con este recurso búscase impresionar e, asemade, salientar unha mensaxe.
"Os meus vellos amores sempre novos(...) Celso Emilio Ferreiro
Nótase a oposición entre dous termos (vellos-->novos)
 A prosopopea
A prosopopea ou personificación consiste en atribuír calidades propias dos seres animados ou humanos a seres inanimados.
"As campanas de Mourente
as campanas de Marcón,
xogan nas nubes do ceo
pola festa do patrón. Corren toleironas
acompañando ....

Observamos que as campanas non poden xogar, correr nin acompañar e que estas características son propias dos seres animados.

Creación literaria

Elaboracíón dun texto dramático
O elaborar un texto teatral destinado a ser representado cómpre que sigas estes pasos:
1º).-Pensar no argumento; 2º).-Listado das personaxes principais, secundarias . 3º).- Reflexionar no escenario. 4º).- Escribir un diálogo coidando a intervención de cada personaxe. 5º).- Anotar as acotacións, decorado, iluminación, son e efectos de agrado ó público asistente.

p/ 208

--continuará--->

As aves das Mariñas
cos aires subirán,
elas así voarán,
e coas nubes residirán
--continuará--

Visita: www.terra.es/personal/nortegal


------


línea de de división

Cadro de versos populares
GALEGO
CASTELAN
A saúde é unha prenda
gran soporte da nosa vida,
e ninguén lle dá valor,
ata que a ve perdida.
La salud es una prenda
gran soporte de nuestra vida,
y nadie le da valor,
asta que la ve perdida.
------------------------------------------------

Pinchen para suxerencias, propostas...


volver... -----