Aula 1º

línea de de división

Tema 13.-A saúde
.
Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
* Análise dun texto instructivo.
* O campo semántico.

Lingua e comunicación

* Definición por sinonimia.
* Elaboración de textos instructivos.

* Preposicións e locucións
preposicionais.



* Uso do acento gráfico en
palabras compostas



* Uso de "s" e "x".

* A representación o director,
os actores, o apuntador
e o público.
* Recursos literarios semánticos:
a apóstrofe e a hipérbole.
Ó final serás capaz de...
* Analizar textos e localiza-las ideas principais.
* Adquirir hábitos relacionados co coidado da saúde.
* Organiza-lo vocabulario en campos semánticos.
* Recoñecer e empregar correctamente preposicións.
* Inducir e aplicar normas ortográficas.
* Definir por sinonimia.
* Elaborar textos instructivos.
* Identifica-las persoas que forman parte dunha representación teatral.
* Identificar recursos literarios semánticos.
-----

A).- A información

1.-Indica se as seguintes afirmacións sobre a nosa saúde son, segundo ti, verdadeiras ou falsas.
Verdadeira Falsa
Vivir nun medio ambiente san non é importante para gozar de boa saúde. ...x
A calidade da nosa saúde depende, en primeiro lugar, dos nosos propios hábitos.x...
Unha vez curados dunha enfermidade, xa non temos que mante-la boa saúde.... x
Para unha correcta curación das nosas enfermidades debemos consulta-lo persoal especializado.x...
É moi importante estar informados sobre riscos para a saúde. x...

Nota: Xa indicamos as máis certeiras; pero indica ti senón estás de acordo.

2. Elabora unha lista de dez recomendacións que poidan axudar a manter unha boa saúde.
p 210

A saúde
Prevención, curación e rehabilitación.
Ó longo da vida é frecuente que pasemos de estar sans a estar enfermos por causas moi diversas. Ademais, en moitas ocasións pasamos unha época convalecentes antes de volver estar en plenaforma.

O coidado da nosa saúde non se debe reducir a segui-lo tratamento que o médico indique cando nos poñemos enfermos. Podemos traballar pola saúde, antes, durante e despois de enfermar.

 A prevención

A prevención é un conxunto de medidas que evitan que aparezan as enfermidades.

Para poder realizar unha prevención eficaz precísase recibir informacion sobre que accións supoñen algún risco para a saúde e cómo evitalas.

Hai que destaca-la importancia da prevención, non só para preserva-la nosa saúde como individuos, senón tamén pensando no conxunto da sociedade.

 A curación

A curación realízase cando xa apareceu a enfermidade, e consiste en aliviar ó enfermo e facer que a enfermidade desapareza.

Para a curación é imprescindible a consulta ó persoal sanitario es ecializado.

 A rehabilitación

A rehabilitación é un conxunto de actividades que permiten a recuperación total das persoas que, aínda que xa non padezan a enfermidade, non se atopan capacitadas para realiza-la súa actividade normal.

Ademais da acción do persoal sanitario, a rehabilitación require, en moitas ocasións, a acción doutros profesionais como psicólogos ou asistentes sociais.


 Comentario de texto

O texto da páxina anterior explica de forma clara e ordenada unha serie de contidos coa finalidade de instruír ó lector sobre ese tema, neste caso a saúde e os seus coidados.

Este tipo de texto, chamado texto instructivo, é o máis común nos libros das diferentes áreas que estudias e a súa estructura adoita estar distibuída en apartados e subapartados.

3. Copia este esquema no teu caderno e complétao empregando os datos que obtiveches trala lectura do texto da páxina anterior.


O esquema co que acabas de traballar sintetiza os principais contidos do texto e, alén disto, reflicte claramente a súa estructura. - O título presenta o tema fundamental do texto.
- O apartado fai unha introduccíón xeral do tema e menciona os subapartados que se van tratar.
- Os subapartados desenvolven cada un dos díferentes aspectos específicos que son de relevancia nese tema.

4. Busca nos teus libros de lingua ou doutras áreas un texto que se axuste ás anteriores características.
- Preséntallelo ós teus compañeiros e indica, xustificadamente, qué elementos o caracterizan como texto ínstructivo.
p 212

O léxico da nosa lingua

O campo semántico

5. Fíxate nestas palabras relacionadas coa construcción dun edificio e engade outras que tamén se relacionen con isto.

Campo semántico
A mesma área de significado
Profesionais da construcción
- Arquitecto
- Aparellador
- Albanel
- Promotor
- Capataz
-..........
Materias da construcción
- Cemento
- Ladrillo
- Area
- escaiola
- bloque
- ..........
CONSTRUCCIÓN
Partes dun edificio
- Alicerces
- Vigas
- Tellado
- paredes
- escaleiras
- ..........
Accións da construcción
- Alicerzar
- Ladrillar
- Lousar
- enfoscar
- alisar
- ..........

Todas estas palabras pertencen ó mesmo campo semántico: o dos termos relacionados coa construccíón.

Denomínamos campo semántico ó conxunto de palabras que pertencen a unha mesma área de significado. 0 trazo común a partír do cal se establece a relacíón enfre as díversas voces que compoñen o campo semántico denomínase núcleo.

6. Clasifica estas palabras pertencentes ó campo semántico das profesións tendo en conta en cada caso o ámbito en que se desenvolven.

actriz - chofer - dentista - enfermeiro - carniceiro - farmacéutica - apuntador - leiteira - camioneiro - pasteleiro - piloto - director - tremoieiro - panadeiro - taxista - masaxista - maquinista - maquillador

Profesións
TeatroMedicinaAutomóbilAlimentos
actriz
apunt
dentista
enfer
chofer carniceiro
SOLUCIÓN->
Profesións
TeatroMedicinaAutomóbilAlimentos
actriz
apuntador
director
tremoeiro
maquillador
dentista
enfermeiro
farmacéutica
masaxista
chofer
camioneiro
piloto
taxista
maquinista
carniceiro
leiteira
panadeiro
pasteleiro

p 213

7. En cada unha das seguintes series de palabras hai unha que non pertence ó mesmo campo semántico. Identifica o campo semántico de cada serie e a palabra que é allea a el.

8. Completa o seguinte cadro indicando cáles son os trazos que diferencian entre si os elementos do campo semántico do transporte.
Trazo común
Trazos que os diferencian entre si:
Medios de
transporte
Tracción
Capacidade
HumanaAnimalMotor1 persoa 2 persoasMáis
tándem x x
motoxxx
bicicletaxx
carro x
cochexx x
sidecarxxx

Desenvolvémo-lo vocabulario
9. Ordena convenientemente estas sílabas de xeito que fórme-los nomes dos alimentos definidos á dereita.
Sílabas
PalabraDefínición
1)com me(6 zo(5 compota(1 Doce feito de froitas cocidas en auga e azucre.(1
2)paxi(7ta(1pataca(2 Tubérculo moi empre ado como alimento.(2
3)cenpo(1xo(4requeixo(4 Masa que se obtén tirándolle todo o soro ó leite callado.(4
4)reta(2lo(6mexillón(7 Molusco comestible de cuncha negra.(7
5)chouto(3ca(2chourizo((5 Embutido feito con carne de porco.(5
6)marquei(4llón(7marmelo(6 Froito grande de cor amarela moi empregado en confeitería.(6
7)meri(5la(3 centola(3 Crustáceo mariño moi apreciado pola súa saborosa carne(3
p 214

10. Busca nesta sopa de letras silábica os nomes dos dez alimentos que aparecen preto dela.
xeloitursoñala
alcospodoudibo
cogomelosarce
abelaranxaxo
leitugazaqueimon
farchocolamavi
cogomelo - abela - laranxa
leituga - polo - maza - sardiña
cebola - queixo - xamón
SOLUCIÓN
3ªfila = cogumelo; 4ªf = abela
4ª fila-3ªcolumna = laranxa;5ªf = leituga
6ªf-5ªc diagonal superior esquerda = mazá
5ªf-5ªc diagonal superior dereita = queixo
4ªf - 6ªc diagonal inferior dereita = xamón
2ªf-3ªc diagonal inferior dereita = polo
3ªf-5ªc vertical arriba = sardiña
3ªf-6ªc vertical arriba = cebola

11 . Clasifica os seguintes alimentos segundo o tipo de porcións en que adoitan ser fragmentados.

ToroRebandaTalladaRación
peixepan
torta
carneempanada
xamón
chourizo

12. Escolle o significado correcto das seguintes expresións coloquiais e logo fai unha frase con cada unha.

Estar nas patacas.
 Traballar no campo.
 Estar despistado.
 Estar limpando a casa.
Andar feito un vinagre
 Camiñar ás présas.
 Leva-la roupa sucia.
 Estar malhumorado. .
Sacha-los nabos antes de nacer.
 Precipitarse.
 Traballar sen ánimos.
 Chegar tarde ós sitios.
Andar con pés de manteiga.
 Ter moitos accidentes.
 Facer algo en secreto.
 Comportarse sen educación.
Solución:1)Estar nas patacas -> Estar despistado; 2)Andar feito un vinagre-> Estar malhumorado.; 3)Sacha-los nabos antes de nacer.-> Precipitarse; 4)Andar con pés de manteiga.-> Ter accidentes.
p 215

Reflexión sobre a lingua

As preposicións
Observa as palabras destacadas nestas oracións.

Todas elas son preposicións. Os trazos que caracterizan as preposicións son os seguintes:

- Son invariables. Non teñen xénero nin número.
Teño unha mesa de madeira nobre.
Temos unhas mesas de madeiras nobres.

- Non teñen significado léxico (o seu valor depende do contexto).
O noso profesor é de Marín. Exprésase idea de oríxe.
Perdeu a súa cadea de ouro. Exprésase idea de materia.

- A súa función é relacionar outros elementos na oración.

Onte xoguei coa irmá de Neves.
Teño ganas de ir á praia.

Lembra que, sendo as preposicións invariables na súa forma, algunhas delas (a, con, de, en, por e tras) presentan diferentes posibilidades de contraccións con determinantes e pronomes.

- Consulta, (a unidade 5 e o apéndice do libro) e escribe dúas frases para cada unha destas preposicións, unha coa súa forma plena e outra en contracción con outro elemento.
Mañá ímos a Portonovo.
Ela ten medo ó teu can.

As preposicìóns galegas máis importantes son as seguintes.

  • a cabe/cabo contra en perante tras
  • agás canda de entre por xunta
  • ante cas deica excepto segundo
  • ata con desde/dende onda sen
  • baixo conforme durante para sobre
Seguidamente imos tratar algunhas destas preposicións, que ás veces presentan dúbidas sobre os seus usos correctos.

* Canda e onda

Estas dúas preposicións empréganse cando van seguidas dun pronome ou dun nome (nunca cando van seguidas dun verbo).

María chegou canda ti. Dareicho canda volvas.Correcto->Dareícho cando volvas.


 Cas

Emprégase para expresar na casa de ou á casa de e pode ir precedida doutras preposicións.

Vou cas Emilio. - Veño de cas teu irmán.
p 216

Deica

Expresa sempre deste preciso momento ou lugar a, polo que é máis preciso ca ata. É incorrecto, polo tanto, o seu uso en contextos abstractos.

Vai deica a tenda e trae pan.

 Perante
Ten o valor de ante, en presencía de, e só se usa en contextos moi cultos e elevados.

Asinaron o contrato perante notarío.

As locucións preposicionais

Repara no seguinte exemplo.

onda
-Vai < - - > túa nai.
a xunto de

A expresión a xunto de, formada por máis dunha palabra, é unha locución preposicional que equivale á preposición onda porque as dúas teñen a mesma función e expresan a mesma idea.

Algunhas das locucións prepositivas máis frecuentes na nosa lingua son as seguintes.

13. Anota no teu caderno as preposicións e locucións prepositivas das seguintes oracións.
Lembra que poden aparecer contraccións.

p 217

4. Escribe no teu caderno as seguintes frases incluíndo nelas as preposicións ou locucións prepositivas deste cadro que consideres precisas.

 Onte, miña nai comeu ........... teus pais.
 Os agasallos que mercamos onte son ........... Xulia.
 Non pasei frío porque estaba ........... a cheminea.
........... te levantar, tes que remata-la comida.
 Os encoros están cheos porque choveu moito .. o inverno.
 Veño do xulgado, de declarar ........... o xuíz.
 Organizaron unha festa ........... o voso aniversario.
 Coñezo a Paula o ano pasado.

SOLUCIÓN
 Onte, miña nai comeu ....con....... teus pais.
 Os agasallos que mercamos onte son .....para...... Xulia.
 Non pasei frío porque estaba .....a carón de(da)...... a cheminea.
.....Antes de...... te levantar, tes que remata-la comida.
 Os encoros están cheos porque choveu moito...durante.... o inverno.
 Veño do xulgado, de declarar....perante....... o xuíz.
 Organizaron unha festa.....con gallo de(do>....... o voso aniversario.
 Coñezo a Paula....desde.......o ano pasado.

15. Substitúe cada unha das locucións preposicionais destacadas nas seguintes frases por unha preposición simple equivalente.

 O avión chegou tarde a causa do mal tempo.
 O noso balón entrou a través daquela fiestra.
 Pousade os libros debaixo da mesa.
 Se queres, fágoo eu en vez de ti.
 Cambiei a almofada a fin de durmir mellor.
 Tódolos atletas saltaron por ríba dos dous metros.

SOLUCIÓN
[a causa do]  O avión chegou tarde por mal tempo.
[a través d]  O noso balón entrou por aquela fiestra.
[debaixo d]  Pousade os libros baixo a mesa.
[en vez de]  Se queres, fágoo eu canda ti.
[a fin de]  Cambiei a almofada para durmir mellor.
[por riba d]  Tódolos atletas saltaron sobre os dous metros.

16. Cada unha das seguintes frases presenta unha incorrección na forma ou no uso das preposicións e locucións prepositivas. Corríxeas no teu caderno.
 Ela pasou onde nós pero marchou sen nos saudar.Erro, onde = onda
 César estudiou pola noite deica as once. Erro, deica = ata
 O gato de Manuel pasou porriba da mesa. Erro, porriba = enriba
 O noso coche chegou ó aparcamento cando o voso. Erro, cando = canda
 Souben do teu premio po-las noticias dos xornais. Erro, {(po - las) = polas}  Según o avogado, o ladrón xa foi levado ante o xuíz. Erro, {(Según - o) = Segundo }
p 218

 Ortografía

Uso do acento gráfico en palabras compostas.
17. Observa este esquema sobre as regras de acentuación en palabras compostas e as súas principais excepcións. Logo engade outros exemplos para cada caso.
Palabras compostas sen guiónExemplosExcepcións
Seguen as regras xerais de acentuación como se fosen simples. Mesmo as palabras compostas de verbo e pronome átono ou os adverbios acabados en -mente. balonmán, ollomol, dirémosllelo, córtamo, facilmente...
Palabras compostas con guión ExemplosExcepcións
Os dous elementos da palabra composta considéranse independentes e cada un deles acentúase segundo as regras xerais de acentuación.xurídico-económico, político-militar As palabras compostas coa segunda forma do artigo considéranse palabras únicas e seguen as regras xerais de acentuación.

servínlle-la comida, contóuno-lo conto...


Uso de "s" e "x"

A letra "x" ten dúas pronuncias principais.

- Unhas veces coma x (un son semellante ó do "ch", pero máis relaxado) : peíxe, xamón, deixar, xente. . .

- Outras veces p ron u nciase como ks : exame, sexo, éxito. . .

Nestes últimos casos, os de pronuncia ks, hai unha tendencia natural na fala a pronunciar ks coma s. Esta tendencia produce, ás veces, confusións na escrita dalgunhas palabras, pois escríbese "s" onde cumpría "x".

Incorrecto

escéntrico
escelente
asfisia

Correcto

excéntrico
excelente
asfixia

18. Consulta o teu diccionario e engade ti outros exemplos a esta lista de palabras que se deben escribir con "x" aínda que tenden a pronunciarse coma "s".

Hai un bo grupo de palabras que se deben pronunciar e escribir con "s" e, sen embargo, escríbense incorrectamente con "x".

Observa e aprende:
Incorrecto

oxíxeno
exaxerar
extraño
extranxeiro
expontáneo
exixir
excusa

Correcto

osíxeno
esaxerar
estraño
estranxeiro
espontáneo
esixir
escusa


p 219

Observa e aprende:

Incorrecto

sastre
grasa
grasento
cornisa
sordo

Correcto

xastre
graxa
graxento
cornisa
xordo

19. Asocia cada grupo de exemplos coa norma que lle corresponde.

ExemplosEscríbense con "x"...
A. exceder, exalumno, expropiar...  As palabras que comezan polo prefixo latino extra que significa `fóra de', 'moi'..(D
B. exhausto, exhibir...  As palabras que comezan polo prefixo latino ex- que significa `fóra de', `privación', `que foi e xa non `é'... (A
C. hexasílabo, hexágono, sexto...  As palabras que comezan con ex- seguido de "h".(B
D. extraterrestre, extrafino...  As palabras que comezan polos prefixos hexa- e sex-, que significan `seis'.(C

Hai un bo número de palabras que teñen distinto significado segundo se escriban con "s" ou con "x". Debes, polo tanto, lembrar cál é a súa escrita correcta.

sesta
(de durmir)
estirpe
(antergos)
laso
(canso)
esterno
(óso)
sexta
(nº ordinal)
extirpe
(de extirpar)
laxo
(relaxado)
externo
(de fóra)
- Consulta o diccionario e en- gade ti outros exemplos a esta lista.

20. Copia estas frases no teu caderno e pon "s" ou "x" segundo conveña en cada caso. Xa sabes que podes consulta-lo diccionario se o precisas.

 Dei*a que *a lle *aco eu a gra*a ó e*tractor.
 E*í*oche que non *e*as tan e*a*erado.
 O bo*eador está le*ionado no *eonllo.
 Esta é a se*ta e*cursión que facemos a San*en*o.
 O e**ogador do noso equipo fixo ho*e unha e*hibición.
 É e*traño que ela faga agora unha via*e ó e*tran*eiro.

SOLUCIÓN
 Deixa que xa lle saco eu a grasa ó extractor.
 Esíxoche que non sexas tan esaxerado.
 O boxeador está lexionado no xeonllo.
 Esta é a sexta excursión que facemos a Sanxenxo.
 O exxogador do noso equipo fixo hoxe unha exhibición.
 É estraño que ela faga agora unha viaxe ó estranxeiro.

21 . As seguintes frases teñen unha serie de erros que afectan á acentuación ou ó uso de "s" e "x". Corríxeos todos sabendo que o número da dereita indica cántos hai en cada frase.

 Esas estatísticas politico-sociais non son tas. (2), político,exactas
 Pagueille-las miñas debédas ó sastre esta mañá. (3) pagueillas, débedas, xastre
 Ainda que Ana é sorda adaptouse ó traballo fácilmente. (3) Aínda,xorda, facilmente
 Ela experaba ursentemente a noticia e nós dixemosllela. (3) esperaba, urxentemente, dixémosllela
 Para relasarme séntome cómodamente e vexo a tele. (2) relaxarme, comodamente
 Compramo-lo libro se nolo rebaisades. (2) Comprámo - lo, rebaixades
p 220

Lingua e comunicación

Definición por sinonimia

22. Relaciona cada voz co seu sinónimo. Despois engade características propias de cada elemento que os poidan diferenciar doutros semellantes.
PalabraSinónimoTrazos partículares
1)lóstrego
2)barco
3)cume
4)batalla
5)face
6)lei
cima(3
navío(2
combate(4
raio(1
norma(6
cara(5
altura na terra(3
corpo flotante(2
loita feroz(4
súpeto, de gran resplandor(1
regra de convivir(6
rostro persoal(5

- Redacta a definición de cada palabra incluíndo o sinónimo e as características particulares que escribiras.
Lóstrego: raio súpeto e de gran resplandor que se produce. . .

23. Completa correctamente as definicións seguintes con estes sinónimos das palabras definidas.

a) Máscara:.................... que cobre o rostro e pode ter diversos usos.
b) Obstáculo:.................. para a realización dun propósito.
c) Salaio:..................... dado por unha pena.
d) Rego: ...................... feito no chan polo arado ó labra-la terra.
e) Antollo: ................... pasaxeiro de algo.
f) Antoloxía:.................. de textos de diversos autores ou de diferentes textos dun mesmo autor.
SOLUCIÓNS:a)careta, b)impedimento, c)xemido, d)suco, e)capricho, f)escolma

24. Usa esta técnica ou calquera das técnicas vistas en unidades anteriores para facer unha definición de cada unha destas voces.

mesa = moble consistente nunha peza horizontal sostida por varios pés.
pan = masa de fariña e auga que unha vez cocida serve de alimento.
fiestra = abertura na parede para que entre a luz eo aire.
nó = lazo ou atadura de cordas, fíos, etz. frigorífico = neveira que fai que baixe a temperatura(tº) e se conserven os alimentos.
chama = luz que se desprende dun corpo que arde.

Elaboración de textos instructivos.

Os textos instructivos son aqueles que están concebidos para explicar un determinado contido de xeito que o lector reciba unha información correcta e fácil de comprender.

A lingua literaria.

 Xéneros e recursos

A representacíón: o director, os actores, o apuntador e o público

O fin último do texto teatral, que estivemos analizando en unidades anteriores, é o de ser posto en escena ante un público.

Para que isto sexa posible, na representación deben intervir un gran número de elementos humanos e materiais. Os elementos humanos máis importantes que participan na representación teatral son o director, os actores, o apuntador e o público.

O director
- É quen, normalmente, escolle os actores que representarán a obra. - Dá instruccións ós encargados de elabora-los vestidos de actores e actrices, os decorados, a iluminación... para que todo se corresponda coa descrición feita polo autor da obra.

- Organiza os ensaios. Para isto emprega o caderno de dirección onde anotará: as entradas e saídas do escenario dos actores, os seus movementos e colocación no escenario, o seu ton e a súa xesticulación. Tamén anotará os elementos do decorado que debe haber en cada momento no escenario.

- Por outra parte, debe procurar que se manteña o espírito de colaboración e harmonía entre tódolos que forman parte da representación.

Actores e actrices
- Son os que interpretan as diferentes personaxes da obra teatral. Fano mediante a palabra, pero tamén coa entoación, o aceno, o movemento...

- As súas intervencións están sometidas ó texto e ás indicacións do director. Deben memoriza-lo seu texto e adopta-la personalidade das personaxes.

- Segundo a importancia das súas personaxes, os actores clasifícanse en principais e secundarios.
 Os actores principais son sobre os que xira a acción principal da obra. Estes adoitan dividirse en protagonista (o que ten o papel máis importante) e antagonísta (o que se opón ó protagonista).
 Os actores secundarios son os que axudan ó desenvolvemento da trama pero non teñen tanta importancia coma os anteriores.

O apuntador
- É a persoa que, durante a representación e desde algún lugar oculto, se ocupa de lembrarlles ós actores, se o precisan, os seus textos.
O público
- O público, que asiste á representación para vela,e escoitala, é o receptor último da obra teatral.
- Ademais de gozar da obra, debe valora-lo trabaIlo colectivo que supuxo a representación.

Recursos literarios semánticos.

Apóstrofe.- A apóstrofe consiste na interpretación directa a un ser (humano ou non humano, presente ou ausente, real ou imaxinario). "Escoitame, Walt Disney,¿onde estabas que os meus ollos de pombas non te viron cando o meu corazón inda era neno e había carabeles nos meus ollos?
Hipérbole.- Este recurso consiste en facer unha esaxeración moi grande para remarcar así unha determinada idea.
Exemplo: Teño un balón tan grande, tan grande; que é máis grande que un monte.
-----


Duro cravo me cravaches
con ese teu maldicir,
con ese louco pedir
no sei que queres de min
---continuará---

Visita: www.terra.es/personal/nortegal


---------


línea de de división

Cadro de versos populares
GALEGO
CASTELAN
Están os teitos brancos
da neve que caeu,
abre miña vida a porta
que veño morto de frío.
Están los tejados blancos
de la nieve que ha caído,
abre mi vida la puerta
que vengo muerto de frío.
------------------------------------------------

Pinchen para suxerencias, propostas...


volver... -----