Aula 1º

línea de de división

Tema 14.-O trebello
. -----

Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
* Análise e estructura dun texto de ciencia-ficción.
* Técnicas de estudio: A memorización.

* As acepcións das palabras

Lingua e comunicación

* Elaboración dunha narración de ciencia-ficción.

* A oración: suxeito e
predicado.

* Análise do suxeito e dos seus
complementos



* Uso das comiñas.
* Uso do "h"
* Uso da diérese

* A representación o
decorado, a iluminación, o son,
o vestiario e a maquillaxe.
* Representación dunha obra teatral.
Ó final serás capaz de...
* Analiza-la estructura dun texto de ciencia-ficción.
* Mostrar sentimentos de cordialidade polas persoas sen ter en conta o seu lugar de procedencia, a súa raza ou o seu sexo.
* Utilizar diferentes recursos para exercita-la memoria.
*Identifica-las distintas acepcións de cada palabra.
* Distingui-lo suxeito do predicado e recoñece-los distintos compoñentes do suxeito.
* Iducir e aplicaar normas ortográficas sobre as comiñas, o "h" e aa diérese.
* Recoñece-los distintos elementos materiais da representación dunha obra.
* Representar unha obra de teatro.
-----

A).- A información

1.-Dá a túa opinión sobre estas cuestións.
-¿É posible que haxa vida similaar á humana noutros planetas?
-¿Existen os ovnis (obxectos voadores non identificados)?
-¿Pode haber na Terra algunha outra forma de vida que aínda non sexa coñecida ou fose descuberta?

2.-Seguro que sabes que as películas ET e A guerra das Galaxias pertencen ó cenema de ciencia-ficción. ¿Cres que realidades coma as que se describen son posibles?. Xustifica a túa resposta.

Estaba un día como tantos outros nas touzas e serían, calculo eu polo tempo que levaba alí, as dez da noite, máis ou menos. Permanecía deitado, cos ollos fixos no niño dunha aguia e vía os aguíachos, que se amosaban inquedos porque a súa nai tardaba e tardaba.
Así estaba eu, medio hipnotizado, cando, de golpe, unha luz potentísima cubriu toda a zona ó tempo que as pólas dos carballos estremecían por algo que desde logo non era unha aguia e que emitía un estraño zunido. Esquecín os aguiachos e todo e, en canto a miña pupila se afixo a aquela claridade, descubrín un artefacto metálico brillando cunha especie de luces intermitentes que me lembraba a unha xigantesca lanterna vermella.

De súpeto, aquel artefacto deixou de zumbar, pero mantivo a claridade do principio, claridade que agora saía en forma de raios láser atravesando unha nube de po. Volveu o silencio ás touzas e foi entón cando tratei de botar a correr, pero de repente, diante dos meus pés, foi dar un trebello moi brillante e redondo cuns pés que semellaban os dun escaravello. Logo abríronse dúas comportas, polas q u e aparece ron d úas figuras rarísimas. Tamén parecían metálicas, ou alomenos de metal eran os seus traxes. Serían tres ou catro, todos da mesma estatura, baixiños, cunhas pernas moi delgadas, uns brazos esqueléticos, moito máis longos cós dos homes e rematados nunhas mans coma as poutas dunha aguia.
pá 227

Botáronse enriba de min pegando uns gruñidos que semellaban os dos coellos cando caen presa das aguias ou do raposo. Ñon me fixeron dano, iso si, pero cando quixen chiar xa estaba encima daquel monstro de ferro, que se comezaba a erguer da terra.
Tanto como ver aqueles persoeiros, sorprendeume contemplar, baixo a luz duns potentes focos, a paisaxe das touzas desde as alturas, coa sombra dos carballos máis altos e as cintas de prata dos ríos. Pero durou moi pouco a miña felicidade porque axiña puiden ver como o ronsel da nave prendía lume nas ramas máis altas das árbores e eu pensei que aquilo era o final das miñas touzas, que nunca se queimaran. 0 recordo daquelas lumieiras e da fumeira que alcanzaba case a nave acompañoume durante toda a aventura.

A volta ós mundos de Tucho Olegario Sotelo Bianco, Ed. Sotelo Blanco.
aguiachos: crías da aguia.
trebello: utensilio que se emprega para calquera cousa.
ronsel: rastro de espuma que deixa unha embarcación ó pasar e, tamén, rastro que deixa un avión ó seu paso polo aire.


 Comentario de texto

3.-Indica se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As que sexan falsas convérteas en verdadeiras.
AfirmaciónsVerdadeirasFalsas
Eran aproximadamente as dez da noite.X
A nave dos extraterrestres non tiña Iuces. X
No niño só estaban os aguiachos.
Os extraterrestres eran grandes e gordos. X
Os extraterrestres tiñan uns brazos moi
longos, moito máis cós dos homes.
X
Cando os extraterrestes capturaron o
protagonista, mancárono.
X
Cando despegaron, o ronsel da nave
prendeu lume nas pólas máis altas das árbores.
X

4. Completa este cadro no teu caderno a partir da estructura do texto.

IntroducciónDesenlace
- Tempo: un día
ás dez da noite.

- Lugar: ...

- O protagonista...
.......

- Na touza apare-
ce .......

- A nave dos
extraterrestres é ...

- Os extraterres-
tres son .....

- Os extraterres-
tres capturan .....

- O protagonista
ve desde as alturas
...........

- 0 protagonista
non pode esque-
cer.........


SOLUCIÓN:
IntroducciónDesenlace
- Tempo: un día
ás dez da noite.

- Lugar: ..a touza....

- O protagonista..O Tucho.
.......

- Na touza apare-
ce ..unha luz.....

- A nave dos
extraterrestres é ..brillante...

- Os extraterres-
tres son..baixiños...

- Os extraterres-
tres capturan ..a Tucho...

- O protagonista
ve desde as alturas
..as touzas..

- O protagonista
non pode esque-
cer..as lumieiras
e a fumeira


Contesta con sinceridade as seguintes cuestións.

 Se vén vivir ó lado da túa casa un rapaz ou rapaza estranxeiro/a, ¿ignóralo ou tratas de axudalo a que se integre na comunidade?

 Se á túa clase chega un rapaz ou rapaza doutra raza ¿trátalo amablemente ou con desprezo?

-Reflexiona e proporciona opcións para axudar a persoas estranxeiras ou doutras razas a se integrar nunha comunidade distinta a sua.

5. Indica cáles destas características da ciencia-ficción están presentes no texto.

 Presencia doutras formas de vida semellantes á humana que, xeralmente, proceden doutros planetas.

 Avances científicos ó alcance do home.

 Experimentación técnico-científica.

 Presencia de máquinas extraordinarias.

* A ciencía-ficción é un subxénero líterarío que adoíta situa-la acción no futuro e que se basea en supostos avances cíentíficos e técnícos.

páx 228

Técnicas de estudio: A memorización

6. Imaxina que debes memorizar estas palabras.

- Fai grupos de dúas ou tres palabras e destaca a primeira le- tra de cada palabra.
Mercurio - Venus / Terra - Marte / Xúpiter - Saturno...

- Agora forma, coa primeira letra de cada palabra, outras pala- bras que che sexan moi coñecidas:

7. Formade parellas, escribide listas de nomes e intentade memorizalos aplicando a técnica que aprendestes.

O léxico da nosa lingua

As acepcíóns das palabras
8. Le atentamente os diferentes significados da palabra fresco e pon ó lado de cada oración o número correspondente.
Palabra Acepcións
Fresco1 . Moderadamente frío.
2. Recente, acabado de facer.
3. Que non está canso.
4. Dise dun tecido que non dá calor.
5. Pintura sobre unha capa de xeso fresco.
Relaciona os cadros.
AcepciónOracións
5 Este fresco do Pantocrátor é extraordinario.
2Gústame moito o pan fresco.
3Eu sempre estou máis fresco pola mañá.
1 que non Ile gusta lavarse en auga fresca.
40 algodón é moi fresco.
Completa o cadro e utiliza, se o
necesitas, o diccionario.
CienciaCientífico Estudia
Matemáticasmatemático números
Medicinamédicosenfermidades
Bioloxíabiólogoseres vivos
Astronomíaastrónomoastros
Filosofíafilósofosabiduría
Fisioloxíafisióloxistanaturaleza
Meteoroloxíameteorólogotempo
Xeoloxíaxeólogoterra
Zooloxíazoólogoanimais
Antropoloxíaantropólogohome

As acepcións son os diferentes significados que pode ter unha palabra.
p 229

9. Busca estas palabras no diccionario e anótaas segundo o modelo.

PalabraAcepciónsExemplos
carta1.- Escrito dirixido a unha
persoa ausente.

2. Mapa especial para a
navegación.

3. Xogo de mesa.

1)- Xa me chegou a carta que
esperaba.

2)- Durante a viaxe, o capitán
díxonos se queriamos velas
cartas de navegación
pero, ó final, non puidemos.

3)- Neste xogo, as cartas
sempre van ó descuberto.


PalabraAcepciónsExemplos
cámara1.- Sala en habitación
principal dunha casa.

2. Corporación
xunta dunha institución.

3. Neumático, interior dunha roda
4. Cámara fotográfica, en
cinematografía.

- A miña cámara é a máis grande da casa.
- Hoxe reúnese a Cámara dos Deputados.
- Teño que cambiar a cámara da roda
- Merquei un cámara para sacar fotografías.

PalabraAcepciónsExemplos
columna1.- Pé dereito máis longo que ancho
serve de soporte.

2. Cada división vertical dunha páxina
impresa nun xornal.

3. Grupo de soldados que desfila

- A columna do edificio aínda resiste.
- Non atopo ningún artigo nesta columna.
- A columna de soldados desfilou ben

PalabraAcepciónsExemplos
estudio1.- Acción e efecto de estudiar.

2. Taller, departamento

3. Traballo científico para profundizar un tema.

- Teño moita horas de estudio.
- Onte comprei un estudio.
- O arquitecto fixo un estudio profundo.

PalabraAcepciónsExemplos
paso1.- Movemento feito a andar.

2. Pegada, vestixio dun pé.

3. Imaxe que representa a paixón de Cristo.
4. Chanzo dunha escaleira

- Atrévete dar un paso adiante.
- Os meus pasos son grandes.
- Fermosos son os pasos da Semana Santa.
- Rompeu o paso da escaleira.

PalabraAcepciónsExemplos
raíz1.- Parte inferior dunha planta.

2. Orixe ou principio dunha cousa.

3. Parte invariable dunha palabra.

- Esa planta ten moita raiz.
- A raíz do problema ben o coñeces tí.
- A raíz é a parte que aporta o significao léxico.

10. Sinala, con axuda do diccionario, cáles destas acepcións lle corresponden á palabra picar.

+ Morder un insecto.
. Abri-la boca.
+ Peteira-las aves.
+ Comer pequenas cantidades de comida.
. Deterse ou permanecer nun lugar determinado.
+ Partir en anacos pequenos; esmiuzar.

Busca no diccionario estas palabras e anota o seu significado.
Todas están relacionadas coas viaxes espaciais.

  • órbita - astronauta
  • zapón
  • gravidade - espacial
  • velocidade
  • asteroide - satélite
  • constelación
- Forma oracións que conteñan
estes grupos de palabras.
11 . Explica o significado da palabra máscara nas seguintes oracións.
 Merquei unha máscara para me disfrazar no entroido.
 Tivemos que poñer unhas máscaras para non intoxicármonos.
 0 cirurxián puxo a máscara antes de entrar no quirófano.
 Á miña avoa tiveron que poñerlle unha máscara de osíxeno.
 Está moi fea coa máscara que pon para limpa-la pel da cara.
1)Disfrace
2)Peza para defende-la cara ó contacto con gases perigosos.
3)Peza para defende-la cara por razón de mante-la hixiene.
4)Peza que se coloca na cara co fin de axudarnos a respirar.
5)Producto que se usa para a limpeza da pel.

12. Relaciona a definición coa palabra que Ile corresponde.
DefiniciónsPalabras
1)Observación dos astrólogos que adiviña o destino de alguén.
2)Grupo de estrelas ó que se Ile deu un nome.
3)Estudio aplicado á interpretación das influencias dos astros sobre o destino do home.
4)Ciencia que estudia os astros.
3)Astroloxía
1)Horóscopo
2)Constelación
4)Astronomía

p 230
Desenvolvémo-lo vocabulario

13. Ordena estas sílabas e obtera-lo nome de nove deportes.
lon-mán-ba;.- nis-te;.- bol-fút
quet-bás;.- clis-ci-mo;.- lei-vo-bol
tle-tis-a-mo;.- quí-es;.- pi-hí-ca
SOLUCIÓN:.-

14.- Resolve, a partir das definicións, o encrucillado sobre o nome que reciben as persoas que practican os distintos deportes.
1 . Xogador de fútbol.
2. Persoa que practica o atletismo.
3. Persoa que xoga ó tenis.
4. Persoa que practica o ciclismo.
5. A que practica o esquí.
6. 0 que xoga ó xadrez.
7. Persoa que practica a hípica.
8. 0 que practica a natación.
9. Persoa que practica o alpinismo.
5
7xi
4 2
9
1
8
6
3
SOLUCIÓN:
5
7xinete
s 4 2
q c a 9
1futbol ista
i c ll
8nadador l ep
d i ti
o s an
6 xadrecis ta i
a s
t
3ten ista
15. Clasifica os seguintes termos segundo o modelo.

FútbolBásquetCiclismoAtletismo
canear
cambadela
traveseiro
persoal
cancha
bancada
contrarreloxo
selín
carreira de relevos
percorrido
16. Relaciona e explica o significado de cada refrán.

1)Quen peixes queira pescar - - - - - 6)vén o pago.
2)Algo alcanza. - - - - - - - - - - -3)pouquichiño a pouco fura.
3)Auga mol en pedra dura. - - - - - - 5)non se fan logo as cousas.
4)O que sabe porfiar. - - - - - - - - 2)aquel que non cansa.
5)Con pouco traballo. - - - - - - - - 1)tense que mollar.
6)Detrás do traballo. - - - - - - - - 4)algunha vez o ha de lograr.

Quen peixes queira pescar tense que mollar: O que queira conseguir algo ten que esforzarse e traballar para conseguilo.
p 231

17.Indica, con axuda do diccionario, cáles destes termos designan xoguetes e cáles xogos.

18.- Busca nesta sopa de letras dez xogos e xoguetes.
A R R A N D E A D 0 I R 0 P
X E D R T Y S W F L N L Ñ A
D E A F Y W C M J G L 0 P P
R X D G U M 0 P W I Q T S A
C R U X E R R U X E I Z Q V
X H U I W I R P W A T E N E
A P I T A C E G A T B E Y N
X C E F R 0 G R W E A X T T
T D H D R U A D P R N U 0 0
F X V W E E D P W A I Y 0 S
F T S 0 R M 0 N E C A Z Y S
T E S P W N I R W R X V Z 0
R T Y N M D R P P T U E M S
O S B I R L 0 S I X B R E Z
01ª fila-> arrandeadoiro
05ª fila-> cruxerruxe
05ª fila diagonal a baixo->chifre
07ª fila->a pita cega
11ª fila e 6ª columna -> moneca
14ª fila-> os birlos = xogo semellante ó dos bolos
07ª columna-> escorregadoiro
14ª columna-> papaventos
11ª columna contando por baixo->buxaina = trompo
19.-Sinala, con axuda do diccionario, o significado destas expresións.
- Estar en xogo algo. - - Dar xogo unha cousa.
 Poder ser modificado algo. D  Que se pode xogar con ela.
 Que se está xogando algo. D  Que ofrece posibilidades.

20.-Substitúe os símbolos polas vocais correspondentes e obterás refráns.

1)- B& # t#r #n q*# s# #ntr#t#r.
2)- N#n & d&m%ng*#%r&, r#n#g@ d& l*ns.
3)- &nd# h@% m&%t@ @l#gr%@, h@% @l#gr%@.
p 232
Reflexión sobre a lingua

A oración: suxeito e predicado
Fíxate nos exemplos.
ExemploSentido completoPausa final
A cea de hoxe.NonNon
Imos cear.SiSi
A oración é unha unidade de comunicacíón que ten sentido completo e pausa final.

21.- Localiza o verbo destas oracións. Aplica as preguntas e sepáraas segundo o modelo.

 María estudia matemáticas.
 0 irmán de Xoán toca a guitarra.
 Os meus compañeiros xogan ó básquet.
 Nós cantamos unha canción.
 Ela é alemana.
 Miña avoa é moi velliña.

Completa o que falta para formar oracións. Despois sepáraas en suxeito e predicado.

1) Onte chegaron ..
2) O mecánico.......
3) ..... vai visita-lo enfermo.
4) A modista.......
5) Esta muller......
6).... vai explica-la solución.
7) ... . . é de cor negra.
SuxeitoPredicado
1)Os meus curmáns
2)O mecánico
3)O médico
4)A modista
5)Esta muller
6)O profe
7)A roda
chegaron onte.
arranxoume o coche
vai visita-lo enfermo
cose a roupa
é miña tía
vai explica-la solución
é de cor negra.

¿ Quen ? ¿ Que fai ou que é ?
María
O irmán de Xosé
Ramón
estudia matemáticas.
toca a guitarra.
toca o acordeón
SuxeitoPredicado
Oración
A oración está formada por un suxeito que é o que realiza a acción (quén) e un predicado que expresa a acción realizada polo suxeito (qué fai ou qué é).Entre o suxeito e o predicado hai unha relación de concordancia de número e persoa.
Elasaía de casa Elessaían de casa
3ª pers.3ª pers.3ª pers.3ª pers.
sing.sing.pluralplural
p 233

Determina se a concordancia entre o suxeito e o predicado é correcta(c). Se é incorrecta(i), corríxea.

 Marta está moi enferma. (correcta)  Interésame moito eses libros.(I)  Interésanme moito ese libros.(c)  Agrádanme esas películas antigas.(c)  Gústame moito os teus contos.(i)  Gústanme moito os teus contos.(i)  O presidente convocou unha reunión(c)

Ás veces, sen embargo, hai verbos nos que é difícil recoñece-lo seu suxeito. Para identificalo, cómpre que empreguémo-la proba da concordancia. Imos ver algún caso.

  • Agrádame
    • o libro
    • este xersei
    • a película de acción
      • Singular
  • Agrádanme
    • os libros
    • estes xerseis
    • as películas de acción
      • Plural
A concordancia de número sérvenos para identifica-lo suxeito de calquera oración, posto que o suxeito e o verbo deben te-lo mesmo número.

Análise do suxeito: o núcleo e os seus complementos

O suxeito é un sintagma nominal (SN) formado por un núcleo que pode ir acompañado por uns complementos.
- O núcleo pode ser ...
 Un substantivo.
O artista conseguiu un enorme éxito. O artista = S, (=Suxeito)

 Un pronome (persoal, demostrativo, indefinido...).
Ela acórdase sempre de todo. Ninguén lle indicará o camiño. S = Ela, Ninguén.

 Tamén poden ser núcleo do suxeito outras categorías substantivadas (adxectivos, infinitivos...)

Comer ás presas non é san.

- Os elementos que acompañan o núcleo do SN poden ser:
Determinantes Artigos, demostrativos
numerais
Este libro publicouse o outro antonte.
Complementos
do nome
AdxectivosO coche vermello corre moito.
Sintagma prep.
(prep. + SN)
O xoguete do neno foi moi caro.
p 234

Observa estas oracións nas que non aparece o suxeito.

    • A - Chove moito.
    • B - Axúdase ós alumnos.
A oración A é unha oración unipersoal, xa que o verbo, que é meteorolóxico, só se conxuga nunha soa persoa: a 3ª pers. do singular.

A oración B é unha oración impersoal, na que non se coñece ou non se quere expresa-lo suxeito.


22. Subliña o suxeito nas seguintes oracións.

 O sobrado parecía moi pequeno. S = O sobrado
 A veciña do terceiro é moi faladora. S = A veciña do terceiro
 0 último é curmán meu. S = O ultimo
 Ese coche corre moito.S = Ese coche
 Gústame moito esa xente.S = esa xente
 Cantar é o que máis me gusta.S = Cantar
 Ela sempre foi moi traballadora.S = Ela
 0 xersei encarnado non che queda ben.S = O xersei encarnado

Hai oracións que teñen suxeito pero este non está representado por ningunha palabra. Chamámoslle suxeito elíptico. 0 número e a persoa do suxeito xa veñen dadas pola desinencia do verbo.

 Saíron da casa moi cedo.
(eles)(=Suxeito elíptico)

 Ireí ó ximnasio cada semana.
(eu)(=Suxeito elíptico)

Convén ter coidado coa 1ª e 3ª persoas dalgúns tempos verbais (imperfecto de indicativo e subxuntivo, presente de subxuntivo...), pois teñen a mesma desinencia.

Antes ía ó cinema cada semana. (¿Quen: eu ou el?) (¿Quen: eu ou el?)=Suxeito

- Descompón o suxeito segundo o modelo.
NúcleoElementos que o acompañan
sobrado
veciña
último
coche
xente
cantar
ela
xersei
o
A, ,do terceiro
o
-
-
O, ,encarnado
- Clasifica o núcleo segundo o tipo de categoría gramatical que sexa.
SubstantivoPronomeCategoría substantivada
Adxectivo Infinitivo
sobrado
veciña
coche
xente
xersei
elaúltimocantar
- Sinala, nun cadro coma este, a qué clase pertencen os elementos que acompañan o núcleo.
DeterminantesComplementos do nome
AdxectivosSintagma preposicional
o,a,o,ese,esa,oencarnado do terceiro
Indica se estas oracións son unipersoais ou impersoais.

1) Hoxe pode chover.
2) Castigarase ó culpable.
3) Agora anoitece pronto.
4) Xa non sarabia.
5) Prohíbese fumar.

1)unipersoal
2)impersoal
3)unipersoal
4)unipersoal
5)impersoal

Inventa oracións nas que o suxeito teña a estructura seguinte.

 Pronome: Eu espero que veñas
 Determinante + substantivo.
- O can come carne
 Categoría substantivada.
- O fermoso toca a gaita
 Determinante + substantivo +
complemento do nome (adxectivo)
 Determinante + substantivo +
complemento do nome
(sintagma preposicional)
 Pronome.

p 235

Ortografía "Uso das comiñas"
23. Relaciona as normas de uso das comiñas cos exemplos correspondentes.
Normas
Exemplos
A. Para citar textualmente o que dixo unha persoa.  Non se debe escribir xamais "maravilla", senón marabilla.(B)
B. Para indicar un barbarismo ou un estranxeirismo. A  0 gañador do premio dixo: "Hoxe é o día máis feliz da miña vida".
C. Nos nomes de publicacións xornalísticas, títulos de libros, películas, discos ...  Ese home élle moi "intelixente"(D
D. Para sinalar que unha palabra ou expresión se utilizan con dobre sentido.  Un dos libros galegos máis lidos é "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas(C
Uso de "h"
24.-Completa, no teu caderno, este cadro sinóptico a partir das letras destacadas.
Palabras
Escríbense con "h"
hipopótamo, hipérbole, hipotenso... As palabras que comezan por "hipo"
heptasílabo, hepteroxéneo,homoxéneo... As palabras que comezan polos prefixos hept-, heter-, hom-,
harmonía, harmonioso,harmonio, harmonización, harmoniosamente A palabra... ..harmonía..... mailos seus derivados.
hospital, hóspede As palabras que comezan polo grupo .....hosp-.....
horrible, hórreo... As palabras que comezan polo grupo ...horr...
p 236

Uso da diérese " ( ) "
25.-Observa as regras de uso da diérese e engade outros exemplos para cada caso.
Colócase diérese sobre...
Exemplos
O "u" nos grupos gue e gui, para ìndicar que esta letra se pronuncia.ambigüidade, lingüística, antigüidade...
O "i" da primeira e segunda persoa do plural do imperfecto de indicativo dos ver bos rematados en -aer, -oer, -aír, -oír e -uír, para indicar que o "i" forma sílaba en por si. Así, distínguense estas das do presente de subxuntivo. distribuïamos, oïades, caïamos...
- Coloca diérese nas palabras que o precisen.

saïamos (imperf.)
- ungüento, argüir
-guitarra, pingüín
-moïades(imperf. - guerra
- lingüísta ambiguo, ambigüidade
- saiades
(pres. subxunt.)

26. Coloca comiñas onde sexan necesarias.
 En galego non debemos dicir averiguar, senón "pescudar".
 Un ecoloxista afirmou nun telexornal: "As baleas están en perigo de extinción.
 Eu sempre dixen que ese rapaz era moi entendido.
 A vindeira semana irei a súa casa ver "Sempre Xonsxa".
 0 meu pai merca tódolos días "O Correo Galego" e a "Voz de Galicia".

27. Completa as seguintes oracións, colocando "h" onde conveña.
 Algunhas persoas din que os *ipopótamos son uns animais *orribles.
 A *iperbole é un recurso estilístico semántico.
 Caeu dun *orreo e está ingresado no *ospital.
 Un *eptasílabo é un verso de sete sílabas.
 Comproú unha *armónica e pretende entrar nunha fil*armónica.
Nota: Todas estas palabras levan "h"

- Comproba no diccionario que as escribiches ben e completa un cadro cos erros que cometiches.
Palabra corríxidaErro cometidoForma unha oración
hipopótamoipótamo O hipopótamo come herba
hipopótamo
p 237

Lingua e comunicación

Elaboración dunha narración de ciencia-ficción
Propoñémosvos que elaboredes unha narración de ciencia-ficción.
Podedes seguir este proceso.
- Formade cinco grupos de seis ou sete persoas e sorteade estes temas: A. Unha viaxe submarina á Antártida.
B. Perdidos nunha galaxia afastada.
C. 0 virus descoñecido.
D. Unha parella invisible.
E. A invasión dos habitantes de Xúpiter.

- Tendo en conta o tema que vos correspondeu, cada grupo debe inventar:
O tempoO lugarAs personaxes
Situa-los feitos nun tempo futuro e distante.Inventa-la paisaxe, o lugar... e describilos.Pensar cántas personaxes intervirán e anotar brevemente as súas características.

-Unha vez inventados os datos anteriores, cada grupo ten que crea-la estructura da narración segundo as tres partes principais.
IntroducciónDesenlace
Dise ónde e cándo comezan os feitos e a presentación das personaxes. Explícase o desenvolvemento dun feito sorprendente. Acábase o relato cun final feliz, triste, sorprendente...

- Cada grupo debe ir anotando as ideas nun esquema, e despois un dos membros do grupo escribirá a redacción definitiva.

- Mediante un portavoz, cada grupo lerá a súa narración á clase. Os compañeiros e compañeiras tomarán nota e valorarán as na- rracións. Cómpre que teñan en conta:
 A estructura (se se respectaron as partes, se están ordena- das ...).
 0 contido (se aparecen elementos propios da ciencia-ficción: máquinas estrañas, descubrimentos insospeitados...).
p 238

A lingua literaria
 Xéneros e recursos
A representacíón: decorado, ílumínacíón, son, vestíario e maquíllaxe

Os elementos materiais que interveñen na representación son o decorado, a íluminación, o son, o vestíarío e a maquíllaxe.

Decorado
- Reproduce o lugar onde se desenvolve a acción da obra teatral.

- Segundo o número de decorados que aparezan durante a representación, pódense establecer distintos tipos:

 Decorado permanente: Aparece durante toda a obra o mesmo decorado, con pequenos cam- bios se os esixe a acción. Eses cambios realízanse modificando distintos elementos do decorado: rochas, árbores...

 Decorado simultáneo: Consiste en colocar tres decorados, un situado no centro do escenario, outro na esquerda e outro na dereita. Cando a acción require un dos decorados, déixase ese ó descuberto e ocúltanse os outros.

- Os elementos complementarios do decorado son os adornos (mobles, alfombras, cadros...) e instrumentos ou obxectos (periódicos, maletas, mistos...) que empregan os actores en escena.

Iluminación
- As variacións da iluminación, a combinación de cores, os distintos graos de intensidade da luz...fan que esta poida constituir decorados teatrais por si soa, de aí a súa importancia.
- Os instrumentos de iluminación máis frecuentes son os reflectores e os instrumentos de proxección.
 Os reflectores empréganse para ilumina-los actores ou ben para elimina-las sombras que os actores proxectan sobre o decorado.
 Os instrumentos de proxección serven para imitar estrelas, o mar...
- Á hora de crea-la iluminación, adóitase ter en conta unha serie de cousas:
 A luz debe ilumina-los actores, non os decorados.
 A luz debe proceder de riba, dese xeito ilumínanse os actores e elimínanse as sombras destes sobre o escenario.
 Se a escena se desenvolve de noite, no escenario non pode haber unha escuridade total,pois o público ten que ve-los actores. Por iso, cómpre conseguir un ton de luz axeitado.
 Cómpre evita-los excesos de luz sobre elementos do decorado como as árbores, pois fainos parecer planos
Son eu,

que axudo a axudar
nas representacións
eu
p 238

Son
-Antigamente, o son e os ruídos facianos, uns especialistas mediante aparellos que, ás veces, facían eles. Dese xeito, conseguían imitar pasos, tronos, asubíos do vento...
-Agora, xeralmente, estes efectos de son xa se levan gravados, incluso, xa existen discos con todos estes efectos para usalos cando as circunstancias artísticas das obras a representar o permitan e poder impresionar ó público.
No tocante ó VESTIARIO sucede o mesmo habendo vestidos adatados ás virtudes, vicios e defectos para reflectir (bondade, amabilidade,..., xenreira,.. e outras características), todo o que é posible para que o público perciba ben.
Maquillaxe
-A maquillaxe, achégaselle ó público a primeira impresión sobre as personaxes. Polo tanto, se, ó longo da obra, se producen cambios nas personaxes ( estados de ánimo, cambios de saúde, ...), a maquillaxe tamén ten que cambiar. Hai unha serie de cores para reflecti-las peculiaridades das personaxes.
-O amarelo serve para reflecti-la soberbia.
-O pálido reflicte desvergonza.
-O branco indica piedade.
Representación dunha obra teatral.

-Creade unha redacción de algo que decentemente sexa representable.
-Lede de común acordo comentando o agrado que poida impactar.
-Facede os primeiros ensaios.
-Cada actor e actriz empregue as técnicas máis axeitadas.
-A véspera da representación facer un ensaio xeral para que a obra resulte do agrado de todos.
-Ánimo, paz e ben para todos.
-----

Un vasiño de viño tomado,
con bo gusto e pracer,
eu só cho comparo
cun bico dun gran querer.

--continuará--

Visita: www.terra.es/personal/nortegal


------


línea de de división

Cadro de versos populares
GALEGO
CASTELAN
Unha froita naceu verde
cor que co tempo perdeu,
o corazón naceu libre,
e a Virxe mo embeleceu.
Una fruta nació verde,
el tiempo la maduró;
mi corazón nació libre,
y la Virgen lo embelleció.
------------------------------------------------

Pinchen para suxerencias, propostas...


volver... -----