Aula 1º

línea de de división

Tema 15.-Con precaución
. -----

Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
* Análise de textos verbais e non verbais.
* O contexto e a situación.


Lingua e comunicación

* Elaboración de anuncios propagandísticos.

* A oración: o predicado e os
complementos.

* Recoñecemento dos comple-
mentos do predicado



* Uso do "h"
* Grupos consonánticos proble-
máticos. *Uso de "ll", "x", e "i".

* Subxéneros dramáticos.
traxedia, comedia e drama.
Ó final serás capaz de...
* Interpretar textos onde se utilizan recursos expresivos verbais e non verbais.
* Comprender e distinguir mensaxes publicitarias e propagandísticas e reflexionar sobre a publicidade no mundo actual.
* Elaborar anuncios propagandísticos relacionados con temas de interese humano, social, cultural...
* Amplia-lo vocabulario e empregalo axeitadamente segundo o contexto e a situación.
* Recoñece-los elementos constituíntes do predicado.
* Inducir e aplicar normas ortográficas.
* Recoñece-los trazos máis importantes dos principais subxéneros dramáticos.
-----

A).- A información

1.-Selecciona anuncios de revistas. Recórtaos e elixe os seis que máis che agraden.

2.-Comenta os anuncios anteriores competando, para cada un, un cadro coma este, que che poñemos de modelo.

Anuncio¿En que consite
a imaxe.
¿Que di o texto?¿Que pretende
o anuncio.
1Un contedor de vi-
dro e unha man
que bota unha bo-
tella baleira.
Empreguémo-
los contedores
de vidro: reci-
clémolo.
Instruír e edu-
car.

Usa a bice, motocicleta; pero con precaución,
anda, camiña e non perdas a animación.

A moita marcha produce 
moitos gases no tubo do escape


-----

Cantan os galos, é día.
-¡Meu amor!-, arriba, érguete;
¿Como me hei de erguer e deixarte,
coller o vehículo para matarte,
pensar de non volver a verte?.

------


Actividade 3.- Analiza o anuncio anterior tendo en conta estes elementos:
  • Imaxe: enumeración dos elementos que nel aparecen (figuras humanas, obxectos...), a súa forma, a medida, a cor, o sentimento que expresan...
  • Texto: o contido das palabras, a brebidade do texto, o tipo de oración que se emprega (interrogativa, enunciativa ou exclamativa), a rima (se a hai)...

Os anuncios comunican unha mensaxe a través da linguaxe non verbal (imaxe) e da linguaxe verbal (texto).

0 texto do anuncio denomínase slogan e ten unhas características especiais a través das que intenta resultar atractivo, enxeñoso e fácil de lembrar. Algunhas destas características son:

Xa observarías que os anuncios empregan todos estes recursos para influír na conducta das persoas, para capta-la súa atención e obter unha reacción favorable ó que se di.

4. Reflexiona sobre o ue retende o anuncio anterior e tamén sobre o que pretenden estoutros dous. Indica, en cada caso, se teñen unha finalidade cívica, cultural, comercial...

  • A FROITA MÁIS NATURAL
  • MERCA FRUITPUR, VEÑA
Un anuncio é propagandístico cando pretende dar un consello cunha finalidade cívica, cultural, ideolóxica...

Un anuncío é publicitario cando o seu obxectivo é persuadir para que se compre unha cousa, é dicír, ten unha fínalidade comercial.
p 246

O léxico da nosa lingua

O contexto e a sítuacíón

Hai palabras que teñen diversos significados segundo os termos que as acompañan, é dicir, segundo o contexto en que se atopan.
5. Compara os significados da voz língua nestas dúas frases, e observa a diferencia que hai segundo as palabras que as acompañan.

Onte, mentres comía, mordín a lingua.----------->  do corpo
Klaus fala a nosa lingua porque súa nai é galega.->  idioma
Existen, por outra parte, palabras que poden ter diferentes acepcións segundo quen as diga, onde as diga... Isto quere dicir que o seu significado varía segundo a situación en que se desenvolvan.

6. Relaciona estes debuxos coa definición correspondente da palabra operacíón.

Operación AOperación BOperación C

DefiniciónSituación
a)Transacción comercial ou financeira.b)A
b)Intervención cirúrxica sobre un corpo vivo.c)B
c)Serie de actos feitos con vistas a conseguir un resultado.a)C

7. Relaciona as frases cos diferentes si nificados das palabras des- tacadas. Sinala qué termos che axudan a recoñecelos.

1)0 avogado realizou unha defensa brillante.---2)Parte do coche
2)Golpeei un pouco a defensa do seu coche.-----1)Acto de defender
3)A defensa do equipo ten que mellorar moito.--3)Xogadores que defenden
4)A fronte desa igrexa é moi bonita.-----------4)Fachada.
5)0 dianteiro rematou coa fronte. -------------6)Vangarda.
6)Ese soldado foi enviado á fronte.------------5)Parte da cabeza.

8. Copia un cadro coma este no teu caderno. As palabras que están destacadas poden darlles un sentido distinto ás súas frases segundo a situación onde se empreguen. Explica en qué consisten estas.

FraseSítuaciónDiferencia
Por aquilo Xosé recibiu varios puntos.Nun centro médico
Nunha proba no colexio
Xosé está ferido e están a coserlle a ferida.
Xosé fixo un exame de Lingua
Naquel momenfo perdín unha peza.Nunha cacería
Nunha partida de xadrez
Estou cazando no monte
Estou xogando ó xadrez
Detrás da serra atopará-lo que buscas.No campo
Nunha carpintería
Estás no monte
Estás buscando instrumentos na carpintería
Por aí non pode pasar un peón.Nunha rúa
Nunha partida de xadrez
Está na rúa onde non hai paso de peóns
Parte dunha peza xogando ó xadrez

Desenvolvémo-lo vocabulario

9. Asocia cada frase feita co significado que Ile corresponda.

Expresión Significado
A.- Deitarse coas galiñas.
B.- Andar a paso de can.
C.- Leva-la ovella ó río.
D.- Pilla-lo porco polo rabo.
E.- Andar cun ollo no gato.
e outro no prato.
B) Camiñar rapidamente.
C) Equivocarse.
A) Irse á cama cedo.
D) Conseguir un o que quere.
E) Actuar con precaución.

See page 248 of book

10. Completa as frases coas formas axeitadas destes verbos referidos ós sons de animais. Acude ó diccionario se o precisas.

ornear - bear - ouvear - miar - cacarexar - bruar

1) Algo Iles pasa ás galiñas, que están cacarexando moito.
2) Sei que o gato anda por aquí porque o sentín....miar
3) Escoita como ...bruan...... as vacas na corte.
4) Cando escoitei o lobo....ouvear..... sentín moito medo.
5) Recoñezo o teu burro porque sempre.....ornea...do mesmo xeito.
6) A miña ovella....bea......máis cá túa.

11 . Consulta o teu diccionario e fai corresponder, no teu caderno, cada animal co seu nome.

E)golfiño esquío)C
B)toupa paspallás)D
H)polbo pega)A
J)coello raposo)G
I)bufo pomba)K
L)lontra teixugo)F

12. Asocia cada nome do animal macho co correspondente da femia e co nome da cría de cada especie.

MachoFemiaCríaSoluciónMachoFemiaCría
touro/boiegua/bestapito....1)touro/boi3)egua/besta4)pito
castróncadelaaño....2)castrón5)cadela4)año
cabaloovellacabrito....3)cabalo4)ovella2)cabrito
carneirovacacadelo....4)carneiro1)vaca5)cadelo
cangaliñapoldro....5)can6)galiña3)poldro
galocabrabecerro....6)galo2)cabra1)becerro

páx 249

Reflexión sobre a lingua

 A oracíón: o predicado e os complementos

O predicado dunha oración está formado por un núcleo, que é un verbo en forma persoal, e uns complementos que o acompañan.
Segundo o tipo de núcleo podemos falar de dous tipos de predicados: nominal e verbal.

O predicado nominal está formado por un verbo copulativo (ser, estar, semellar, parecer...) que relaciona o suxeito (Ricardo) cunha calidade (canso). Os verbos, nestes casos, non teñen significado propio.

Os complementos que poden acompaña-lo verbo son: obxecto dírecto, obxecto indirecto, complementos círcunstanciaís, complemento predícatívo, atríbuto e complemento axente.

O OD case nunca está introducido pola preposición a.Esta regra gra xeral rómpese nos seguintes casos.

- Cando o OD é un pronome persoal tónico.

Atopeinos a eles alí: - Cando o OD é un nome propio

Vin a María na festa.

Cando o OD é un substantivo referido a persoas e cómpre evitar algunha ambigüidade entre Suxeito e OD.

Non paraban de molestar ós veciños.

OD

(É diferente a: Non paraban de molesta-los veciños.)
Sux->Os veciños

Recoñecemento do obxecto dírecto. (OD)

Para identificalo, cómpre ver se é posible a substitución por un dos pronomes seguintes: o, a, os, as.

Xulia abre o caixón.(OD = o caixón) - - Xulia ábreo (OD = o) Xulia abre as portas.(OD = as portas) - - Xulia ábreas (OD = as)

Aínda que tamén podemos recoñece-lo OD transformando a oración, se é activa, en pasiva. O suxeito da pasiva é o OD da oración activa.

Xulia abre o caixón (OD = o caixón)->(oración activa)

(O caixón é aberto por Xulia (C.Axente=por Xulia)(Sux= O caixón)->(ora pasiva)

  • Oración pasiva
  • Suxeito paciente --> O caixón
  • verbo pasivo -> é aberto
  • Complemento Axente - -> por Xulia

250 p

Recoñecemento do obxecto indirecto (Ol)

0 obxecto indirecto pode recoñecerse porque se pode substituír po- los pronomes Ile (cando é singular) ou lles (cando é plural). Ade- mais, frecuentemente van precedidos da preposición a.

  • A película agradou á miña amiga. A película agradoulle
  • OI=á miña amiga.- OI = lle
  • Dade pousada a estes peregrinos. Dádellespousada
  • OI=a estes peregrinos. - OI =lles
O obxecto indirecto adoita
aparecer en forma de pronome átono.

Carme pasoume a pelota.

Eu xa lle dei as gracias.

De feito, é moi común que a información sobre o obxecto indirecto apareza reduplicada.

Luís arranxoulle a radio a Eva.
A avoa contoulles unha hístoria ós nenos.


Recoñecemento do complemento circunstancíal (CC)

Os complementos circunstanciais, a diferencia dos complementos anteriores, non poden ser substituídos por pronomes átonos.

  • EI botou unha man na cociña á súa nai. El botoulla na cociña
  • CC = na cociña

  • Nós lavámo-lo coche cada semana. Nós lavámolo cada semana.
  • CC = cada semana
Para recoñecérmo-los complementos circunstanciais debemos atender ás nocións de lugar (donde?), de tempo (¿cando?), de modo (¿como?), de cantidade (¿canto?)... presentes no predicado.

  • Eu vou moito á praia no verán en bicicleta.

  • CC de Cantidade = CCC = moito
  • CC de Lugar = CCL= á praia
  • CC de Tempo = CCT = no verán
  • CC de Modo = CCM = en bicicleta
Ademais dos complementos circunstanciais que acabas de ver,adóitanse considerar outros como:

- CC de Compañía.
Vide ó parque connosco

CC de Comp.->connosco

- CC de Causa.

Tomei o caldo por obriga.
CC de Causa.-> por obriga


Recoñecemento do complemento predicativo (Pvo)

O complemento predicativo aparece en predicados verbais acompañando verbos como seguir, quedar, chegar, volverse, aparecer, presentarse...

Ademais, concorda en xénero e número co núcleo do suxeito e nunca vai precedido de preposición.

251 p

Recoñecemento do atributo (Atr)

O atributo acompaña verbos copulativos: ser, estar semellar, parecer... Por outra parte concorda en xénero e número co núcleo do suxeito e pódese substituír polos pronomes seguintes:

- o, a, os, as. Cando o que se atribúe é unha identidade. O atributo é un substantivo e mantense a concordancia co seu xénero.

Aquel home era o meu padriño. Aquel home érao
Atr -> o meu padriño, Atr = o

Aquelas mozas parecen as túas irmás. Aquelas mozas parécenas Atr->as túas irmás - Atr ->as.

- o. Cando o que se atribúe é unha calidade. Neste caso o atributo é un adxectivo.

O coche era vello - O coche érao
Atr -> vello - Atr ->o

As miñas amigas están contentas. - As miñas amigas estano
Atr -> contentas- - Atr -> o

Os veciños parecen anoxados - Os veciños paréceno
Atr - >anoxados - Atr - > o

Recoñecemento do complemento axente (Ax)

Para recoñecérmo-lo complemento axente, hai que saber que sempre acompaña un verbo en voz pasiva e vai introducido pola preposición por.

O lixo foi recollido por aqueles varredores.
Ax - >por aqueles varredores.

Se transformámo-la oración pasiva en activa, o complemento axente convértese en suxeito.
Exemplo: Aqueles varredores recolleron o lixo

Esas luras foron pescadas polo meu pai. (Or. pasiva)
Oración predicativa, 1ª de PASIVA
Suxeito paciente - - - - - - -> Esas luras
verbo pasivo - - - - - - - - -> foron pescadas
Complemento Axente (C. Ax.) -> polo meu pai

Se transformámo-la oración pasiva en activa, o complemento axente convértese en suxeito.

Meu pai pescou esas luras. - (Or. activa)
Oración predicativa, activa, TRANSITIVA
Suxeito axente - - > Meu pai
verbo activo - - -> pescou
OD -> esas luras, (OD = Complemento Directo).

A conferencia será pronunciada polo novo director. (Or. pasiva)
Oración predicativa, 1ª de PASIVA
Suxeito paciente - - - - - - -> A conferencia
verbo pasivo - - - - - - - - -> será pronunciada
Complemento Axente (C. Ax.) - -> polo novo director

Se transformámo-la oración pasiva en activa, o complemento axente convértese en suxeito.

O novo director pronunciará a conferencia. (Or. activa)
Oración predicativa, activa, TRANSITIVA
Suxeito axente - - > O novo director
verbo activo - - -> pronunciará
OD -> a conferencia, (OD = Complemento Directo).
p 252

13. Distingue se os complementos subliñados son de OD ou OI e explica cómo os recoñeciches. Fíxate no modelo.

 Maria escribe unha carta ó seu noivo.OI = ó seu noivo
 Xurxo mercou un coche novo.OD = un coche novo
 0 camareiro serve os cafés á clientela.OD = os cafés; OI = á clientela
 Levade estes libros á biblioteca.OD = estes libros
 Ela envioulles un paquete ós seus pais.OD = un paquete; OI = ós seus pais
 Onte vin pasar a Xosé pola praza.OD = a Xosé

Na primeíra oracíón "ó seu noivo" é OI porque se pode substituír polo pronome lle.

1ª)María escríbelle unha carta.
2ª)Xurxo mercouno
3ª)0 camareiro servellos
4ª)Levadeos
5ª)Ela envioullelo.
6ª)Onte vino pasar.

14. Constrúe frases correctas engadindo a cada exemplo os complementos circunstanciais que che indicarnos.

 Eu xogo ó básquet. (+CCT, +CCL). Eu xogo tódolos días ó basquet no pavillón.
CCT = tódolos días.; CCL = no pavillón.
 Vós pescaredes. (+CCC, +CCM); moito con cansancio.
 Agardaremos a Mónica. (+CCL, +CCT); no instito a tarde.
 Todos traballamos. ( + CCC, + CCL); pouco no parque.
 Durmirei. (+CCT, +CCM, +CCL); pola tarde con agrado no ximnasio

15. Distingue os complementos predicativos e os atributos nas frases que hai a continuación. Xustifica a túa resposta segundo o modelo.

 María é miña curmá. Atr = miña curmá; María éa.
 Nós chegamos cansos despois da carreira.Pvo = cansos, a oración está formada por un verbo predicativo.
 Eses libros semellan novos. Atr = novos. Eses libros semellanos. O atributo pode ser substituído polo pronomeos
 Aquelas mulleres parecen miñas tías. Atr = miñas tías; Aquelas mulleres parecenas. O atributo pode ser substituído polo pronomeas
 Os viaxeiros resultaron feridos no accidente. Pvo = feridos; a oración está formada por un verbo predicativo.

"Míña curmá" é atríbuto porque acompaña un verbo copulativo e pode ser substituído polo pronome a.
p 253

Ortografía

Uso do "h"

16. Relaciona os seguintes exemplos coas normas correspondentes sobre o uso do "h".
Observa e aprende:
Con "h"Sen "h"
hasta
herba
harmonía
hospicio
úmero
ermida
ombro
orfo
- Forma oracións.
ExemplosEscríbense con "h"...
1)habería, houben..
2)habitaba,cohabitou...
3)hospedar,hospedería.
4)herda, desherdou...
5)humano, humillar...
3)Tódalas formas do verbo hospedar e mailos seus derivados.
1)Tódalas formas do verbo haber.
4)Tódalas formas do verbo herdar e dos seus derivados.
5)As palabras que comezan polo grupo hum-
2)Tódalas formas do verbo habitar e dos seus derivados.

- Completa as seguintes oracións coa palabra que cumpra.
ai - hai

 Magoácheste na cabeza e non se oíu un .
...moitos anos que pasou esa historia.
ora - hora

 Hai unha .... que debería ter vido.
 Se dis que ... tódolos días, eu créocho.
huno - uno

 E o cura dixo: ".........vos en santo matrimonio".
 0 pobo ...... invadiu o Imperio Romano.
17. Observa as seguintes palabras homófonas con "h" e sen "h". Escribe outras oracións para cada caso.
Con "h"
Sen "h"
ha(verbo haber)
Logo ha de haber máis herba.
a (preposición; artigo)
Foi buscar a Ana.
hai(verbo haber)
Hai moita xente no cinema.
ai(interxección de dor)
Soltou un ai que lle saíu da alma.
hora (espacio de tempo)
Chegarei dentro dunha hora.
ora(verbo orar)
Ela sempre ora axeonllada.
huno (nome dun pobo nómada
asiático que invadiu o Imperio
Romano e dos seus habitantes)
Dicíase que por onde pasaba o
cabalo de Atila, un rei huno
, non volvía medra-la herba.
uno (verbo unir)

Uno dous dos extremos dun
cadrado e fago un triángulo.

p 254

Grupos consonántícos problemáticos

Existe unha serie de palabras que che poden resultar conflictivas por presentar un grupo de dúas consoantes. Aquí vas ver algunhas destas palabras.
18. Observa cómo se escriben estas palabras, fixándote especialmente nas letras destacadas.

acción - occidente conducción - confección pneumático - pneumonía hipnose
pseudónimo - psicanálise psiquiatra - psicólogo acto - delicto - respecto

- Con axuda do diccionario, escribe a familia léxica destas palabras e comproba se manteñen estes grupos de consoantes. acción: accionar . . .

- Completa con "h" onde cumpra. Pódenche axudar as letras destacadas.

abitan
ipopótamo
irmán
orror
omoxéneo
óspede
orfo
emisferio

- Comproba no diccionario que
as escribiches ben e
completa este cadro cos erros
que cometeses.

Palabra
corrixida
Erro
cometido
Formaunha
oración
.........


Actividade 18.-

Uso de "ll", "x" e "í"

Existe un bo número de palabras en galego que presentan as letras "II", "x" e "i" e que, por influencia do castelán, se lles cambian estas letras por outras. De seguido, podes ver algunhas destas palabras.

19. Le estas palabras e clasifícaas no cadro.

alleo - iodo - pallaso - xeso - iate - parella - traxecto - coello
xastre - praia - xema - baralla - proxecto - iugoslavo

Escríbense con "II"...Escríbense con"x"... Escríbense con "í"...
alleo, pallaso, parella, coello, barallaxeso, traxecto, xastre, xema, proxectoiodo, iate, praia, iugoslavo

20. Completa as seguintes oracións con "ll", "x" e "í".

* Esa parea de paasos desexa mercar un ate. parella, pallasos, iate.
* Hai un longo traecto ata a praa. traxecto, praia.
* Puxéronlle un eso na perna. xeso
* 0 astre atropelou un coeo. xastre, coello
* Case Ile arrinca a pelea na pelea. pelexa, plexa
p 255

Lingua e comunicación

Elaboración de anuncíos propagandísticos Agora inventaredes vós mesmos algúns anuncios propagandísticos.

21 . Formade grupos e pensade anuncios propagandísticos que se adecúen ás situacións propostas. Despois, completade un cadro coma este.
FinalidadeDebuxoSlogan
Favorece-la igualdade entre os sexos.Pais e fillos realizando as tarefas domésticas.Na casa vivimos todos, fagámo-lo labor entre todos.
Conserva-la natureza. ... ...
Respecta-las normas de circulación. ... ...
Axuda-las persoas que o necesiten. ... ...
Elimina-las diferencias por cuestións de
raza, cultura, lingua...
... ...
Concienciar para levar unha vida sa. ... ...
Outras. ... ...

22. De tódolos anuncios que pensastes, elixide un e realizádeo nunha cartolina. Pensade antes cómo e qué debuxaredes e escribiredes.
Imaxe: obxecto ou persoas (idade, sexo, aspecto físico, carácter...), lugar, tempo, cores ...
Texto: contido das palabras, xogos de palabras, as rimas ...
23. Despois facede un mural co voso anuncio e co dos vosos compañeiros de clase. Comentádeos.
24. Por último, transformade o voso anúncio nunha mensaxe oral, e gravádeo. Seguide estes pasos.
- Pensade e buscade unha música que se axeite ó texto e á imaxe do voso anuncio: estridente, relaxante, alegre, triste...
- Elixide alguén do voso grupo para que lea o anuncio en voz alta e o grave nunha radiocasete, xunto coa música xa escollida. Tede en conta a entoación, as pausas, a vocalización...
- Cando a gravación estea preparada, presentádellela ós vosos compañeiros de clase.
p 256

A lingua literaria

Subxéneros dramáticos: traxedía, comedia e drama

Os tres subxéneros máis destacados son a traxedia, a comedia e o drama. Estas son as principais características que permiten distinguir estes tres subxéneros.
Traxedía - O conflicto que se manifesta é serio e grave. As personaxes enfróntanse a un destino contra o que loitan e que as acaba vencendo.
- 0 protagonista é, normalmente, unha personaxe heroica e nobre: un reí... - 0 desenlace sempre leva a un final fatal.
Comedia- 0 conflicto representa unha situación cotiá con elementos humorísticos; a miúdo é un xogo de equívocos. Ten unha intención crítica ou moralizadora.
- 0 protagonista é unha personaxe cotiá, próxima ó público. - 0 desenlace sempre Ieva a un final feliz.
Drama - 0 conflicto é serio e grave igual ca na traxedia, pero sitúase nun contexto próximo ó público.
- O protagonista é unha personaxe cotiá, coa que o espectador se pode identificar.

Visita: www.terra.es/personal/nortegal


---Continuará---


línea de de división

Cadro de versos populares
GALEGO
CASTELAN
Unha froita naceu verde
cor que co tempo perdeu,
o corazón naceu libre,
e a Virxe mo embeleceu.
Una fruta nació verde,
el tiempo la maduró;
mi corazón nació libre,
y la Virgen lo embelleció.
------------------------------------------------

Pinchen para suxerencias, propostas...


volver... -----