Aula 1º

línea de de división

Tema 1.-Un puzzle para miña vida.
.
Nesta unidade estudiarás
Conceptos
Procedementos
Actitudes
Obxectivos didácticos
. Palabras polisémicas.
. Barbarismos.
. Recursos literarios: a imaxe.
. Campo semántica: a saúde e as doenzas.
. O sufixo -ite.
. Sistemas de comunicación verbal e non verbal.
. Os elementos presentes na comunicación: emisor/a, receptor/a, mensaxe, canle, código, contexto.
. O texto e a súa estructura: texto, parágrafo, oracións (simples e compostas), frase, palabra.
. As linguas no mundo.
. O alfabeto: letras e dígrafos.
. Corrección ortográfica: por que, por qué, porque e porqué.
. Manexo do diccionario para buscar palabras polisémicas.
. Recoñecemento de barbarismo nun texto dado e substitución polo termo correcto en galego.
. Identificación de imaxes literarias nun texto dado.
. Realización de actividades de ampliación do léxico propio do campo semántica tratado (a saúde e as doenzas).
. Recoñecemento dos elementos que interveñen nun acto de comunicación.
. Distinción entre linguaxe verbal e non verbal.
. Utilización do sufixo -ite nos nomes de enfermidades a partir do correspondente étimo latino ou grego.
. Recoñecemento de textos, parágrafos, oracións (simples, compostas), frases e palabras a partir dun texto dado.
. Creación de oracións compostas a partir de oracións simples.
. Análise das diferentes linguas existentes no mundo e do seu proceso de espallamento ou de substitución.
. Identificación das letras e dígrafos do galego a partir dun texto dado.
. Manexo da orde alfabética.
. Recoñecemento das diferencias entre por que, por qué, porque e porqué.
. Interese por adquirir e utilizar de xeito progresivo un léxico cada vez máis amplo e preciso.
. Valoración dos códigos verbais e non verbais que permiten a comunicación entre os humanos.
. Autoesixencia no uso de barbarismos e na corrección de fenómenos de interferencia lingüística.
. Valoración da pluralidade de linguas existentes no mundo e do seu valor como elemento fundamental no desenvolvemento dos pobos.
. Aceptación razoada das normas de funcionamento da lingua.
. Manexar o diccionario para buscar palabras polisémicas.
. Recoñecer barbarismos nun texto dado e substituílos polo termo correcto en galego.
. Identificar imaxes literarias e analizar a súa funcionalidade e significado.
. Adquirir unha maior amplitude de léxico propio do campo semántico tratado (a saúde e as doenzas).
. Recoñecer e analizar os elementos que interveñen nun acto de comunicación.
. Establecer as diferencias entre a entre linguaxe verbal e non verbal.
. Utilizar o sufixo -ite nos nomes de enfermidades a partir do correspondente étimo latino ou grego.
. Recoñecer textos, parágrafos, aracións (simples, compostas), frases e palabras a partir dun texto dado.
. Analizar as diferentes linguas existentes no mundo e o seu proceso de espallamento ou de substitución.
. Identificar letras e dígrafos do galego a partir dun texto dado.
. Manexar da arde alfabética.
. Recoñecer as diferencias entre por que, por qué, porque e porqué.
Ó final serás capaz de realizar máis accións...

-------


Tema 1.- Ola, "compa"
.
------
Nesta unidade estudiarás
Comprendemos
e expresámonos
Ampliámolo
noso saber
Máis sobre
a lingua
Recursos
para aprender
*Lemos
e entendemos.
*Comeza o curso

Lingua oral
O diálogo

Lingua escrita
A carta persoal

*Comunicación
e sociedade

*A diversidade
lingüística

*Lingua literaria
*A comunicación
literaria

*Gramática
A lingua:
instrumento
de comunicación

*Vocabulario
O signo lingüístico

Léxico e vocabulario

*Ortografía
O alfabeto

Signos de puntuación

Uso do diccionario
Ó final serás capaz de...
-----

Lemos e entendemos Comprendemos e expresámonos

Antes de lére-lo texto, reflexiona sobre as seguintes cuestións. Podes comenta-las respostas con outros compañeiros e compañeiras.

- ¿Que relación cres que pode haber entre o título da unidade e o título da lectura? ¿De que cres que pode tratar este texto?

- ¿Que é para ti a amizade? ¿Que é para ti a amizade? ¿Que cousas fas cos teus amigos e amigas?


Comeza o curso.
Os mestres
non venden, ofrecen:
non predican, explican;
non xogan, xógana;
non explotan, sementan;
non castigan, liberan;
non cobran, pagan;
non asustan, consolan;
non se marchan, permanecen;
non ofenden, perdoan.

Tema 1.- A chegada a nova Vila
. -----
Nesta unidade coñecerás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
*Análise e comprensión dun texto descritivo.
*Técnica de lectura: localización de palabras nun texto.
*Uso do diccionario: as palabras guía, as abreviaturas e a busca de palabras segundo a categoría gramatical.
Lingua e comunicación
*Descrición oral e escrita de obxectos
*A linguaxe, a lingua e fala
*Principais linguas do mundo
*As linguas rómanicas
*A diversidade lingüística
*As letras da lingua
*Desaxustes entre sons e letras
*Principais signos de puntuación.
*Textos literarios e non literarios.
*Análise dun texto literario contido e forma.
*Elaboración dun texto literario partindo doutro
Ó final serás capaz de...
* Analizar textos descritivos e recoñece-las técnicas descritivas.
* Empregar correctamente o diccionario.
* Identifica-las principais linguas do mundo e recoñece-las linguas románicas.
* Valora-la diversidade lingüística e os esforzos en favor da normalización do galego.
* Identifica-los principais desaxustes entre sons e letras.
* Recoñece-los principais signos de puntuación.
* Describir oralmente obxectos.
* Distinguir textos literarios dos non literarios.
* Comentar textos poéticos.
* Elaborar poemas a partir doutros.

-----

A) A información

1.-Antes de le-lo texto da páxina seguinte, propoñémosche que o leas por fases, seguindo estas pautas.

Fases Parte destacada¿De que informa
1
2
3
O título
As palabras en negriña
O texto completo
...........
...........
...........

*O Título e as palabras clave dun texto aachégannos ó seu contido globaal; por isto é fundamental telos en conta e lelos atentamente.


Lectura


A nova casa dos Carver estaba situada na beira norte dunha longa praia que se estendía fronte ó mar coma unha lámina de area branca e luminosa, con pequenas illas de herbas salvaxes que se axitaban ó vento. A praia formaba unha prolongación da vila, constituída por pequenas casas de madeira de non máis de dous pisos, a meirande parte pintadas en amables cores pastel, co seu xardín e o seu valo branco aliñado pulcramente, reforzando a impresión de cidade de casas de bonecas que Max tivera ó pouco de chegar. De camiño cruzaron a vila, a rúa principal e a praza da casa do concello, mentras Maximiliam Carver explicaba as marabillas da vida co entusiasmo dun guía local. O lugar era tranquilo e estaba posuído por aquela luminosidade que enfeitizara a Max ó ve-lo mar por vez primeira. A maioría dos habitantes da vila empregaban a bicicleta par os seus traslados, ou simplemente ían a pé. As rúas estaban limpas e o único ruído que se escoitaba, agás algún ocasional vehículo de motor, era o suave envite do mar rompendo na praia. A medida que percorrían a vila, Max puido ver como os rostros de cada un dos membros da familia reflectían os pensamentos que lles producía o espectáculo do que ía se-lo novo escenario das súas vidas.

(Carlos Ruíz Zafón)
O príncipe da brétema
Edebé-Rodeira(1995)

Comentario do texto.

2 Xustifica estas afirmacións con palabras do texto.

Afirmación Palabras do texto
-A nova casa dos Carver estaba xunto ó mar.
-A villa e a praia estaban mo próximas.
-Non había grandes edificios.
-Na vila traballaba o alcalde.
-Non había moitos coches polas rúas.
-A vila non era moi ruidosa.
-Había moita luz en todo o lugar.
A nova casa dos Carver estaba
situada na beira norte da praia.
.................................
.................................
.................................
.................................
.................................

3.-Completa este cadro cos trazos descritos e as técnicas ou recursos que lle serviron ó autor para describi-la paisaxe.

Partes Trazo descrito Recurso descritivo
Espacio natural area da praia
illas
herbas
branca e luminosa
pequenas
salvaxes
Espacio urbanoas casas
valo
rúas
lugar
pequenas, pintadas co seu xardín
branco, aliñado pulcramente
limpas, silenciosas
tranquilo, de luminosidade

4.-Tendo en conta a actividade anterior, escolle a resposta correcta en cada caso.

Predominan
É
Descríbese
  • Verbos
  • Substantivos
  • Adxectivos
  • Unha narración
  • Unha descrición
  • Un diálogo
  • Un Obxecto
  • Unha personaxe
  • Un lugar

Describir é explicar como é un lugar, unha personaxe, un obxecto,...Por isto, os adxectivos e os substantivos son as palabras máis empregadas.

A descrición que se centra nun lugar (unha paisaxe natural, unha cidade, unha habitación...) denomínase topografía
.
Se a descrición se centra nunha persoa, é dicir, nos seus trazos físicos e morais, chámase retrato
.

C.-O léxico da nosa lingua.

Uso do diccionario

--------Reflexión sobre a lingua--------
Linguaxe, lingua e fala
Linguaxe--> é a capacidade que ten o home para comunica-los propios pensamentos ó recptor mediante código compartido.
Lingua--> é o conxunto de signos que contén un idioma e que está a disposición dos seus falantes
Fala-->é a realización concreta e individual da lingua que fai un falante.

As linguas do mundo.
No mundo hai actualmente unhas 6000 linguas. Algunhas delas pódense aagrupar porque teñen unha orixe común. Un destes grupos é o que forman as linguas indoeuropeas.

O Indoeuropeo era unha lingua falada aproximadamente no ano 2500 a. C. por un pobo que estaba situado entre o Danubio e o mar Caspio. Este pobo foise estendendo progresivamente cara a Europa e algunhas zonas de Asia. Así foise producindo a evolución desde unha primeira lingua común, o indoeuropeo, ata linguas diferentes.
Estas son as principais linguas de orixe indoeuropeo.

Indoeuropeo
HititaIndoiránico
indiraníBengalí
IránicoPersa
Curdo
Grego
Grego
Románico
Galego
Portugués
Castelán
Catalán
Francés
Occitano
Italiano
Sardo
Romanés
Retoromance
Armenio
Armenio
Xermánico
Occidental Inglés
Alemán
Holandés
Setentrional Danés
Sueco
Islandés
Noruegués
Albanés
Albanés
Céltico
Goidélico Irlandés
Escocés
Britónico Galés
Bretón
Baltoeslavo
Báltico Lituano
Léton

Eslavo Esloveno
Serbo-Croata
Macedonio
Búlgaro
Bielorruso
Ucraino
Ruso
Polaco
Checo
Eslovaco


As linguas románicas.
Cando os romanos chegaron ó noso país no século I a. C. trouxeron consigo unha civilización moi avanzada, os seus costumes e a súa lingua: o latín.

Cando o imperio romano se desmembra, no ano 476 d. C. o latín fálase xa en diferentes zonas do seu dominio e comeza a se fragmentar nunha serie de linguas novas, chamadas linguas románicas.

As linguas románicas son as seguintes:galego, portugués, castelán, catalán, occitano, francés, italiano, sardo, romanés e retorromance.

Compara cómo evolucionou o latín en diferentes linguas románicas.

LatínGalego PortuguésCastelánCatalán FrancésItaliano
lacrimalágrimalágrimalágrimallàgrimalame lacrima
rotarodarodaruedarodaroueruota
foliafollafolhahojafullafeuillefoglio


11.-Elabora un mapa lingüístico no que aparezan tódalas linguas da península ibérica incluíndo o vasco, que non é unha lingua románica nin indoeuropea.

-Contrástao cun mapa político da mesma zona onde aparezan os límites administrativos entre comunidades autónomas.

A diversidade lingüística.

12.- Observa os seguintes cadros.

Lingua
Estados onde se fala
EstadoLinguas faladas nese estado
InglésGran Bretaña, Estados Unidos, Canada, Australia, Nova Celandia.. SuizaAlemán, francés, italiano, retorromance.
EspañolEspaña, Arxentina, Bolivia, Perú, Paraguai, Cuba, Guinea Ecuatorial... Turquíaturco, árabe, curdo, armenio, grego,
QuechuaPerú, Bolivia, Ecuador, Colombia, Arxentina, Irlanda gaélico, inglés
Keniakiswahili, kikuyu, kambu, inglés

-Completa coas palabras do cadro á marxe.

paises-varios-lingua-existe
mesmo-falarse- distribución
Non sempre ___________ unha correspondencia exacta entre a _______________ das linguas e os limites dos _______________ ou estados. É por isto que moitas veces unha ________ pode ser falada en _______________________
países e noutras ocasión nun ________ país poden ___________ varias linguas

Nós temos dúas linguas oficiais: o galego, a propia de Galicia e o castelán.

13.- Le agora o seguinte texto

" Durante o vindeiro século, morrerán 3000 das 6000 linguas existentes e outras 2400 estarán en vías de extinción, motivo polo cal só ficarán 600 linguas dentro da categoría de "segura" doss 100000 habitantes ou máis. É dicir, o noventa por cento das linguas do mundo están en perigo,(...) A meirande parte das linguas de Australia están en perigo de extinción e, de feito, o mesmo hai que dicir en canto á maioría das rexións do mundo, probalemente todas." ---> Ken Hale

-Indica, seguindo o modelo, cáles son os aspectos que considerás positivos ou negativos para a conservación das linguas.
Aspectos positivos Aspectos negativos
-Forma un grupo con outros
compañeiros e redactade, en
común, un texto no que pro-
poñades ideas que axuden á
conservación e normalización
das linguas que están en pe-
rigo de extinción.
A diversidade lingüística é un ben que debemos aapreciar e defender. Cómpre que sexamos respectuosos con tódalas opcións lingüísticas e, ó mesmo tempo, que saibamos valora-los esforzos en faavor da normalización da nosa lingua.

Ortografía

.As letras da lingua.
O alfabeto galego está composto por 23 letras. No seguinte cadro presentámosche o seu nome xunto coa grafía correspondente.

GrafíaNomeGrafíaNome
a
b
c
d
e
f
g
h
i
j
m
n
a
be
ce
de
e
efe
gue
hache
i
ele
eme
ene
ñ
o
p
q
r
s
t
u
v
x
z
eñe
o
pe
cu
erre
ese
te
u
uve
xe
zeta

Existen algunhas paalabras, xeralmente de procedencia estranxeira, nas que poden aparecer letras que non son propias do noso alfabeto. Este é, por exemplo, o caso de j(iota),ç(ce cedilla),k(ca),w(uve dobre) e y(i grego).

Así sucede, por exemplo, en jazz, jockey, Valença, koala, Nova York...

Desaxustes entre sons e letras

14.-Le en voz alta estas palabras e fíxate nos sons das letras destacadas. Pronunciamos un mesmo son,mais a letra cambia. Non ha, polo tanto, unha correspondencia entre sons e letras. Estes desaxustes orixinan o estudio da ortografía.

zapato - cesto
guerra - gato
balea - vapor
casa - karate
queixo - can
huno - uno
. Principais signos de puntuación.
Cando falamos, facemos pausas e dámoslles ás oracións unha entoación diferente segundo o que queremos expresar. Cando escribimos, precisamos marcar esas pausas e esa entoación mediante os signos de puntuación.
Fíxate no cadro e pon tamén outros exemplos.
SIGNONOME DO SIGNO EXEMPLO
.
:
...
,
;
¡!
¿?
''
" "
( )
-
punto
dous puntos
puntos suspensivos
coma
punto e coma
admiración
interrogación
comiñas simples
comiñas dobres
parénteses
guión
Son as nove.É hora de cear
Os días son: luns, martes...
Todo polo chan: discos, libros, apuntes...
Xosé, eu marcho.
Xoga a pelota; pero non saias ó patio.
¡O que te quero!
¿Quen dixeches?
Este 'ismo' maniféstase na literatura galega
Nota: "carretera": dise estrada
Manuel Fdez María(Outeiro de Rei), estudiou en Santiago.
co-ra-zón

6.-Tratamento da información. Descrición de obxectos.

A d i v i ñ a s
Pequeniña coma un leirón
e garda a casa coma un león.
----evach<-----
----------7.- A lingua literaria----------

8.-Xéneros.
Textos literarios e textos non literarios.
9-a.-¿Que é o contido?
9-b.-¿Que é a forma?

O foguete

O foguete sube ó ceo
como un raio.
Perde forza e cai ó chao
nun desmaio.

¡O foguete chega ás nubes!
¡Qué bravura!
¡Qué de estalos! ¡Qué bruído!
¡Pouco dura!.

Mais a cana do foguete
cai de prano.
¡Qué aguillada de xoguete!
¡Qué galano!.
---------------------------->Autor: Manuel María
- - - - - - - -Os soños na gaiola.
9-c.-¿Que é o verso?
9-d.-¿Que é a rima?
10.-CREACIÓN LITERARIA. Inventa uns poemas creados por vostede.Exemplo(s)
A saúde é unha prenda
gran sostén da nosa vida,
e naide lle dá valor,
ata que xa ve perdida.

Repasa os elementos da comunicación literaria.

  • Emisor, a mensaxe, a canle, o receptor, o código e o contexto.

    línea de de división

    ------------------------------------------------

    Cadro de versos populares
    GALEGO
    CASTELAN
    Unha froita naceu verde
    cor que co tempo perdeu,
    o corazón naceu libre,
    e a Virxe mo embeleceu.
    Una fruta nació verde,
    el tiempo la maduró;
    mi corazón nació libre,
    y la Virgen lo embelleció.
    ------------------------------------------------

    Pinchen para suxerencias, propostas...


    -
    -
    volver...