Aula 1º

línea de de división

Tema 3.-Marcelino Prado.
.
Nesta unidade estudiarás
Conceptos
Procedementos
Actitudes
Obxectivos didácticos
. Os eufemismos.
. A lingua literaria. Os xéneros literarios.
. Campo semántica: o corpo.
. A voltas co vocabulario: a derivación adxectiva a partir de substantivos: os sufixos -al/ -ar
. O complemento directo, o complemento indirecto e o complemento circunstancial.
. As orixes do galego.
. O til diacrítico.
. A diferencia entre sono e soño.
. Manexo do diccionario para buscar o significado de determinadas palabras dun texto.
. Indentificación e análise das características da lingua literaria.
. Recoñecemento dos diferentes xéneros literarios (textos narrativas, dramáticos e líricos) a partir das características que presentan.
. Realización de resumas e esquemas de texto, diferenciando as súas ideas principais e o seu tema.
. Realización de actividades de ampliación do léxico propio do campo semántica tratado (as partes do corpo).
. Creación de adxectivos a partir de substantivos engadindo o sufixo -al / -ar
. Identificación e recoñecemento dos complementos dunha oración (directo, indirecto, circunstancial), así como das unidades que poden desempeñar estas funcións.
. Análise das diferentes orixes que ten a lingua galega.
. Identificación e uso correcto das palabra que levan til diacrítico.
. Recoñecemento da diferencia de significado e emprego correcto de sono e soño.
. Interese por adquirir e utilizar de xeito progresivo un léxico cada vez máis amplo.
. Afección pola lectura de textos literarios valorándoos como proceso de creación individual.
. Valoración das características específicas de cada un dos xéneros literarios.
. Valoración das diferentes achegas das linguas de substrato e superestrato, así como da súa importancia na conformación do galego actual.
. Aceptación razoada das normas de funcionamento da lingua.
. Manexar o diccionario para buscar o significado de determinadas palabras dun texto.
. Indentificar e analizar as características da lingua literaria.
. Recoñecer os diferentes xéneros literarios a partir das características que presentan.
. Realizar resumos e esquemas de texto, diferenciando as súas ideas principais e o seu tema.
. Adquirir unha maior amplitude de léxico propio do campo semántico tratado (as partes do corpo).
. Traballar a formación de adxectivos a partir de substantivos engadindo o sufixo -al/ -aro.
. Identificar e recoñecer os complementos dunha oración (directo, indirecto, circunstancial), así como as unidades que poden desempeñar estas funcións. . Analizar as diferentes orixes que ten a lingua galega.
. Identificar e usar correctamente as palabras que levan ti! diacrítico.
. Empregar correctamente sono e soño.
Ó final serás capaz de realizar máis accións...

-------


Tema 3.- Os libros
.
------
Nesta unidade estudiarás
Comprendemos
e expresámonos
Ampliámolo
noso saber
Máis sobre
a lingua
Recursos
para aprender
*Lemos
e entendemos.
*Libros:
vivir experiencias

Lingua oral
Lectura expresiva

Lingua escrita
Comentario dun libro

*Comunicación
e sociedade

*Os medios
de comunicación

*Lingua literaria
*O receptor

*Gramática
Constituíntes
da oración simple
Clases e estructura
das palabras

*Vocabulario
Formación
de palabras

*Ortografía
Uso da coma

A sílaba

Catálogos e fichas
bibliográficas
Ó final serás capaz de...
-----

Lemos e entendemos Comprendemos e expresámonos

Formade parellas e comentade cuestións como as seguintes.

- ¿Dispós de libros na túa casa? ¿Hai bibliotecas ás que poidas acudir sen problema na zona onde vives? ¿Podes levar libros en préstamo da biblioteca do teu centro?

- ¿Gústache ler ou para ti ler é unha carga? ¿Por que?

- Comentade en grupos as vosas últimas lecturas. ¿Cales vos gustaron máis? ¿Por qué?


línea de de división
Libros: vivir experiencias.

Tema 3.-Lémbrome do premio. Os libros
. -----

Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
* Análise dun texto narrativo en primeira persoa.
* O léxico e o vocabulario.
* Uso do diccionario: as acepcións das palabras
Lingua e comunicación

* Narración en primeira persoa.

* O signo lingüístico. Características.
* As partes da gramática

* Localización da sílaba tónica.
* Clasificación de palabras segundo a posición da sílaba tónica.
* O acento gráfico.
* Acento gráfico en esdrúxulas e sobreesdrúxulas.

* Poema, estrofa e verso.
* Métrica do verso.
* Creación dun poema por paráfrase.
Ó final serás capaz de...
* Identifica-las características dun texto narrativo en primeira persoa e elaborar narracións.
* Recoñece-las diferentes acepcións que pode ter unha palabra.
* Distingui-las diferentes partes da gramática.
* Acentuar palabras correctamente.
* Aprecia-las produccións orais e escritas polos seus valores creativos e lúdicos.
* Identifica-los elementos que caracterizan o poema.
* Crear poemas por paráfrase.
-----

A).- A información

1.-Entendendo ben o que les, que é o máis importante; debes ler unhas 150 palabras por minuto
O máis importante é a comprensión.


Lectura


Chegamos a Mondoñedo co tempo xusto, dende Pontebranca é bastante a distancia que hai. A entrega de premios era no Salón de Actos do Instituto, que estaba cheo ata os topes. Aquel día eu debía de ir de verdade moi guapa, acórdome que cando entrei me asubiaban os rapaces, e iso que eran maiores.

*Ós premiados e mais ós acompañantes sentárannos en dúas das filas centrais do salón. Arriba, no escenario, estaba esta señora que se ve aquí na foto, logo souben que era a Alcaldesa, e máis uns homes que foran os membros do xurado. Houbera algúns discursos e logo leran a acta na que estaban os nomes dos premiados, empezando pola categoría A, que era a dos máis pequenos.

*Eu estaba nerviosísima. Pensar que tiña que erguerme e botar a andar polo corredor principal, e subir logo as escaleiras que levaban ó escenario, e logo alí recolle-lo premio e a placa, porque daban unha placa, dábame auténtico pavor. Tiña medo de tropezar, polos nervios, e tamén de que, como a saia era curta e con voo, se me visen as

pernas ó subir ó escenario, e iso que levaba uns pantis azui escuro. Díxenllo a miña nai e riuse; “Non te preocupes por iso, muller. E se chas ven, mellor, que as tes ben bonitas.”

* Pero entón leron o meu nome e toda a xente empezou a aplaudir e eu erguinme e fun coma nun soño, parecíame que non era eu a que estaba vivindo aquelo. E tocoulle entrega-lo premio a Paco Martín, é o señor que está aquí na foto, eu xa lin un libro del que se chama Das cousas de Ramón Lamote, e rascaba coa barba cando me deu dous *bicos. E logo baixei as escaleiras e volvín ata o meu sitio, onde estaban Xabier e miña nai, aplaudindo a rabiar. E ben vin que Xabier estaba emocionado, aínda que facía por disimulalo; á saída deume un abrazo e díxome: « estou moi contento» . E cando me deu aquel abrazo fun, por un momento, a persoa máis feliz do mundo. ¡Gùstaríame que aquel día tamén Lois estivese alí.!

Agustín Fernández Paz,
Trece anos de Branca,
Edebé - Rodeira (1994)

-----

Adeus triste calabozo
sepultura de homes vivos,
onde agótanse as forzas
e olvídanse ós amigos.
------


línea de de división

Cadro de versos populares
GALEGO
CASTELAN
Señor, dámosche as gracias
pola vida, terra, mar e aire.
Señor, queremos cantar,
as grandezas con que nos sabes amar.
Señor, te damos las gracias,
por la vida, tierra, mar y aire.
Señor. queremos cantar,
las grandezas con que nos sabes amar.
------------------------------------------------

Pinchen para suxerencias, propostas...


volver... -----