Aula 1º

línea de de división

Tema 6.-O "Celtic News".
.
Nesta unidade estudiarás
Conceptos
Procedementos
Actitudes
Obxectivos didácticos
. O til diacrítico.
. Recursos literarios: a comparación.
. O xornal: as seccións, a primeira páxina, as noticias, os titulares.
. Campo semántica: os productos da horta.
. Os determinantes: artigos (determinados e indeterminados) e os demostrativos.
. A diversidade dos medios de comunicación.
. O uso de prezo, desprezar, menosprezar, apreciar.
. Identificación do uso correcto do til diacrítico.
. Comprensión e análise de distintos aspectos dun texto.
. Identificación das distintas sección dun xornal e do esquema que deben seguir habitualmente as noticias.
. Realización de actividades de ampliación do léxico propio do campo semántica que se trata (os productos da horta).
. Identificación de determinantes (artigos e demostrativos); así como das contraccións que realizan con algunhas preposicións.
. Observación dos distintos medios de comunicación e reflexión sobre os que empregan a lingua galega.
. Emprego correcto de prezo, desprezar, menosprezar e apreciar.
. Interese por adquirir un dominio progresivo no uso do til diacrítico.
. Conciencia da importancia decisiva dos medios de comunicación na sociedade actual, tendo en conta a súa incidencia e os efectos que producen.
. Conciencia da necesidade de medios de comunicación en lingua galega e valoración do papel normalizadar que posúen.
. Aceptación razoada das normas de funcionamento da lingua.
. Usar correctamente o til diacrítico.
. Traballar a comprensión e análise textual.
. Identificar as seccións dun xornal e o esquema que deben seguir habitualmente as noticias.
. Adquirir unha maior amplitude de léxico propio do campo semántico tratado (os productos da horta).
. Identificar determinantes (artigos e demostrativos); así como as contraccións que realizan con algunhas preposicións.
. Reflexionar sobre o emprego do galego nos medios de comunicación.
. Empregar correctamente prezo, desprezar, menosprezar e apreciar.
Ó final serás capaz de realizar máis accións...

-------



Tema 6.-O mundo tecnolóxico
.
------
Nesta unidade estudiarás
Comprendemos
e expresámonos
Ampliámolo
noso saber
Máis sobre
a lingua
Recursos
para aprender
*Lemos
e entendemos.
*Houston, temos
un problema

Lingua oral
Descrición
dun obxecto

Lingua escrita
Instruccións
dun aparello

*Comunicación
e sociedade

*O galego na rede

*Lingua literaria
*A narración

*Gramática
Determinantes:
indefinidos
e numerais

*Vocabulario
Derivación:
os sufixos

*Ortografía
Uso dos puntos
suspensivos

Acento gráfico
en palabras graves

O ordenador como
fonte de información
Ó final serás capaz de...
-----

Lemos e entendemos Comprendemos e expresámonos

-Comenta cos teus compañeiros en cuestións como:

  • ¿Que uso facedes da tecnoloxía na vosa vida diaria? ¿Que aspectos dos avances tecnolóxicos vos parecen máis importantes para a humanidade?
  • ¿Gústavos ler libros ou ver películas sobre estes temas? ¿Cales tedes visto?

Houston, temos un problema.

Tema 6.-Ata a Lúa. O mundo tecnolóxico
. -----
Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
*Análise do contido dun texto con
estilo directo e estilo indirecto.
*Técnicas de estudio: o resumo mediante o subliñado.
*Identificación e formación de pa-
labras parasintéticas.
Lingua e comunicación
*Elaboración de entrevistas.
*Diálogos de estilo directo e esti-
lo indirecto.
*0 adxectivo: xénero, número
e grao; clases de adxectivos;
substantivación de adxectivos.





*Uso dos puntos suspensivos.
*Acentuación diacrítica.

*Identificación dos diferentes compoñentes da obra narrativa: estructura, personaxes, punto de vista, espacio, tempo.
*Análise da estructura e do contido dun conto.
*Recursos literarios morlóxicos.
Ó final serás capaz de...
* Identifica-las características dun diálogo en estilo indirecto e transformalo en estilo directo, e ó revés.
* Elaborar resumos mediante a técnica do subliñado.
* Aprecia-los elementos que contribúen a facer unha interpretación ordenada e clara das mensaxes escritas.
*Recoñecer e formar palabras parasintéticas.
* Empregar correctamente os adxectivos.
* Aplicar correctamente a acentuación diacrítica.
* Elaborar entrevistas seguindo unhas pautas.
* Recoñece-los principais elementos que interveñen nunha obra narrativa.
* Comentar textos poéticos.
* Identificar recursos literarios morfolóxicos: os epítetos.
-----

----------A información ----------

1 . Imaxina que un amigo te chama por teléfono e che di as seguintes frases:
¿Como estás? ¿Queres xogar comígo? ¡Ven ó parque! Teño unha pelota nova. Tamén vaí vír Marta. ¡Non te entreteñas moíto!

Imaxina agora que Ile contas a un irmán teu o que che falou o teu amigo. Clasifica as frases que ti pregarías nun cadro coma o seguinte:

O meu amigo
preguntoume que cómo estaba. - - - -díxome.........pedíume.........
preguntoume.........díxome......... pedíume.........

Lectura
Hai moito tempo vivía un rei a quen se lle metera na cabeza tocar a Lúa. Cavilaba arreo sobre como podería levar a diante tal degoxo. En lugar de atender os leríos do goberno nas horas en que non durmía, botaba contas e máis contas para ver de realizar ese proxecto. Pasaba moitas noites esperto procurando resolver o problema de como tocar a Lúa, e cando era vencido polo sono, soñaba co mesmo. Toliño de vez. Decidiu por fin que tería de erguer un xeito de torre, de maneira que mandou chamar un carpinteiro a xefe e ordenoulle que armase un calimbornio que chegase ó ceo. 0 pobre home estaba ben certo da imposibilidade daquelo, e aínda que demostrou moito afán e entusiasmo coas súas ferramentas e obreiros, a verdade é que non construíu nada. Pasaron varias semanas e o rei estaba inquedo. Mandou, pois, chamar ó carpinteiro e díxolle que lle daba tres días máis para armar aquela torre, e que se non o facía sería aforcado.

0 carpinteiro andou de aquí para alá, co martelo na man, e co serrón e coa eíxola, sen saber qué facer. Pasou un día. Pasou outro. E o terceiro día ocorréuselle unha idea e foi ver o rei.

-Matinei moito no problema -díxolle- e agora vexo cómo pode ser resolto. Pero cando remate a torre, terei de ser o primeiro en rubir a ela.

-¡De ningún xeito! -berrou o rei, con moito anoxo-. Serei eu quen o faga. ¿Onde se viu que un carpinteiro ascenda a tales alturas?

Entón o carpinteiro comunicoulle ó rei o seu plan, e o rei dispuxo que todos os habitantes da cidade levasen caixas e caixóns ó palacio. 0 carpinteiro dirixía aquel amoreamento de caixas e caixóns, que foron postos uns sobor dos outros ata que non quedou ningún.

Despois o rei mandou que derrubasen e fendesen moitas árbores para coas táboas facer máis caixóns. Non quedou ningunha árbore en pé en toda a cidade; a torre medraba. Cando estivo todo listo o rei comenzou a apolíñar Chegou á cima e estarricou a man para tocar a Lúa.
Como lle pareceu que só falta un chisco para tocala, pediu ós que estaban alá en baixo que lle desen outro caixón.
Pero non había máis caixóns nin madeira con que facelos.

0 rei anoxouse ó ver que tan pouca cousa lle impedía cumprir o seu degoxo. Por fin tivo unha luminosa ìdea. Chamou os carpinteiros e díxolles que sacasen o caixón da base, sobre o que estaban amoreados todos os outros, para poñelo na punta. Os carpinteiros olláronse aloulados. Pero a palabra do rei era lei e eles tiñan a obriga de obedecer. De xeito que cando o rei repetiu a súa orde, sen máis cavilar sacaron o caixón que estaba na base.

É doado imaxinar o que aconteceu. Ata hoxe non se puido atopar nin un pelo do rei.

(Conto popular da República Dominicana)
Xosé Neira Vilas
Contos vellos para rapaces novos
Edicións do Castro

degoxo: desexo, anceio.
leríos: asuntos, lerias.
calimbornio: obxecto de dimensións desproporcionadas
eíxola: ferramenta de carpinteiro, de mango curto e curvado cunha chapa cortante inserida nel, que é
usado para desbastar madeira.
apolíñar: rubir, gabear, agatuñar
estarrícar: estirar.
aloulados: aparvados, asombrados.
As palabras subliñadas son adaptacións á normativa


c o n t i n u a r á

línea de de división

------------------------------------------------

Cadro de versos populares
GALEGO
CASTELAN
Teus pais andan dicindo
que eu a tí non te igualo,
será iso de moedas ó fin do ano;
pois no demais voute ceñindo.
Tus padres andan diciendo
que yo a ti no te supero,
será eso en cuanto a dinero;
pues en lo demás te voy venciendo.
------------------------------------------------

Pinchen para suxerencias, propostas...


volver...