Aula 1º

línea de de división

Tema 8.-O primeiro bico.
.
Nesta unidade estudiarás
Conceptos
Procedementos
Actitudes
Obxectivos didácticos
. O uso figurado das palabras
. A descrición: clases de descricións (obxectivas, subxectivas).
. Campo semántico: mobles e utensilios de cociña.
. A voltas co vocabulario: o sufixo -eiro, -eira.
. O prono me persoal tónico: as funcións do pronome persoal tónico.
. A toponimia (significado e clases de topónimos). Os xentilicios.
. Corrección ortográfica: uso de r e rr. Caloroso, rigoroso e valoroso.
. Comprensión e análise de distintos aspectos dun texto.
. Recoñecemento do uso figurado das palabras.
. Identificación dos textos descritivos e dos distintos tipos de descrición, así como dos trazos que as definen.
. Realización de actividades de ampliación do léxico propio do campo semántica que se trata (mobles e utensilios de cociña).
. Formación de palabras mediante o sufixo -eiro, -eira.
. Recoñecemento dos pronomes persoais tónicos e das distintas funcións que poden desempeñar na oración.
. Recoñecemento do significado que se desprende dos topónimos propios de Galicia e clasificación destes.
. Identificación dos xentilicios derivados de topónimos dados.
. Uso correcto de r e rr e de caloroso, rigoroso e valoroso.
. Interese por adquirir e utilizar de xeito progresivo un léxico cada vez máis amplo e preciso.
. Comprensión do problema lingüístico presente no uso social dos topónimos e interese polo seu uso correcto.
. Aceptación razoada das normas de funcionamento da lingua.
. Traballar a comprensión e análise textual.
. Recoñecer o uso figurado das palabras.
. Identificar textos descritivos e os distintos tipos de descrición, así como os trazos que as definen.
. Adquirir unha maior amplitude de léxico propio do campo semántico tratado (mobles e utensilios de cociña).
. Traballar a formación de palabras mediante o sufixo -eiro, -eira.
. Recoñecer os pronomes persoais tónicos e as funcións que poden desempeñar na oración.
. Valorar o correcto uso da toponimia, o significado que se desprende dos topónimos propios de Galicia e clasificación destes.
. Identificar os xentilicios derivados de topónimos dados.
. Usar con corrección r e rr e de caloroso, rigoroso e valoroso.
Ó final serás capaz de realizar máis accións...

-------



Tema 8.-Tempo de lecer
.
------
Nesta unidade estudiarás
Comprendemos
e expresámonos
Ampliámolo
noso saber
Máis sobre
a lingua
Recursos
para aprender
*Lemos
e entendemos.
*A propaganda

Lingua oral
Xogo de lingua oral

Lingua escrita
Regas de
desenvolvemento
dun xogo

*Comunicación
e sociedade

*Prensa para todos

*Lingua literaria
*O teatro

*Gramática
Pronome

*Vocabulario
Composición

*Ortografía
Uso das parénteses
Acento diacrítico

Identificación
do tema
e da idea principal
Ó final serás capaz de...
-----

Lemos e entendemos Comprendemos e expresámonos

-Reflexionade en pequenos grupos

  • ¿Considéraste unha persoa moi ocupada? ¿Por que? ¿Que obrigas che absorben máis tempo?
  • ¿Que adoitas facer cando tes tempo libre? ¿Que cousas non fas pero que che gustaría facer no teu tempo libre de lecer? ¿Por que?
-Escollede un voceiro/a en cada grupo e facede unha posta en común das principais ideas comentadas.

Rutas a pé .

Tema 8.-Mil primaveras máis
.
Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
* Análise do contido e da estructura
dun texto expositivo.
* Técnicas de estudio: o resumo mediante anotacións á marxe.
* A antonimia
Lingua e comunicación

* Preparación e realización
dunha exposición.

* Identificación dos pronomes
átonos.






* Uso da coma.
* Uso de "b"
* Acento gráfico en ditongos.

* Recoñecemento dos diferentes
tipos de narradores.
* Recursos literarios sintácticos: anáfora, epanadiplose,
anadiplose e concatenación.
Ó final serás capaz de...
* Identifica-la estructura dun texto expositivo.
* Tomar conciencia da importancia da lingua como elemento fundamental na configuración dun pobo.
* Elaborar mensaxes mediante a técnica das anotacións a marxe.
* Emprega-las palabras antónimas máis axeitadas ó contexto.
* Aplicar correctamente o uso da coma e do "b".
* Empregar adecuadamente a acentuación en ditongos.
* Elaborar exposicións de acordo cunhas pautas.
* Recoñece-los principais tipos de narrador que existen.
* Identificar recursos sintácticos nos textos poéticos.
-----

A).- A información

1.-Contesta as seguintes preguntas:

Si Non
¿Falan teus avós habitualmente galego?......
¿Falan teus pais habitualmente galego entre si? ......
¿Falan teus pais habitualmente galego contigo?......
¿Falas ti habitualmente galego? ......
¿Gustaríache que os teus fillos falasen habitualmente galego? ......

2 Contrasta as túas respostas coas que deron outros compañeiros da aula. Reflexiona logo sobre a importancia que para ti ten o uso do galego e redacta un pequeno texto onde describa-lo futuro que imaxinas para a nosa lingua.



Lectura
E un feito ben certo, aínda que pouco recoñecido, que tódalas linguas son iguais: non hai linguas doces e linguas duras, linguas fermosas e linguas feas, linguas modernas e linguas atrasadas, linguas ricas e linguas pobres. Como sistemas de comunicación todas son iguais: todas valen para fa larmos uns cos outros. Mesmo as humildes cousas entrañables ou as requintadamente elaboradas que nos parece que son intraducibles teñen o seu equivalente en tódalas outras linguas. Sería incluso malo que unha Iingua non fose traducible.

Pero á parte de seren instrumentos, as linguas son tamén obxectos de amor, como o é a casa ou a terra. Esta glosofílía non se manifesta normalmente en países dunha soa lingua; a lingua é coma un ben común do que se disfruta; só os «técnicos» de vez en cando disputan sobre a súa ilustración e a súa excelencia en comparanza coas outras; pero asúa excelencia en comparanza coas outras; pero a xente normal limítase a usalas sen se preocupar doutra cousa. Maniféstase en cambio o amor (e o desamor) naqueles países onde hai dúas linguas en contacto. Nestes casos a lingua adquire un valor simbólico engadido, especialmente cando unha delas é dominante e outra subalterna.

Por esas dúas etapas pasou a nosa lingua: ningún escritor medieval defende o galego (ou o denigra) porque non ten a necesidade diso: só é na época moderna, ó agudizarse o conflicto, cando podemos atopar conductas de afecto ou desafecto.

Tendo en conta que a primeira etapa foi moi breve, podemos dicir que a maior parte da historia do galego é a historia dunha lealdade ou dunha deslealdade. Pero dado o valor simbólico que a lingua ten, e algo máis ca iso aínda: é un espello do grao de autoestima que os galegos temos de nós mesmos coma pobo.

A historia da lingua galega (e a de Galicia é a his- toria dunha decadencia. Isto pode levar, e leva de feito a moitos a crer que é a historia dunha susti- tución cun desenlace a máis curto ou máis longo prazo. Esta é unha idea que hai que desbotar por- que as linguas non morren de seu. Ceden e recu- péranse na medida en que cede ou se recupera o orgullo do pobo que as fala. Na épnca da monar- quía anglonormanda a situación do inglés non de- bía ser mellor cá do galego actualmente, e velaí hoxe.

É verdade que hoxe hai medios moito máis efica- ces e rápidos para destruír unha lingua. Pero ta- mén é verdade que nunca ata a época moderna se puideron levar a cabo con éxito medidas de inter- vención humana para salvagardar e restaurar unha lingua, gracias precisamente a eses mesmos medios.

Non hai moito que Cunqueiro, case como oración bencía a Deus porque lle dera o privilexio de nacer nun país en que aprendera a dicir bidueira, fonte, seixo, amencer, e auguraba un porvir de mil pri- maveras máis para o galego. Queira Deus que se cumpra este desexo de Cunqueiro e de tantos ou- tros que como Otero Pedrayo «na noite viven o in- tre tráxico da hora do porvir».

Antón Santamarina e Manuel González,
Hístoria da Lingua Galega
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

requintadamente: adornadamente.
glosofilía: amor pola lingua.
desbotar: rexeitar, desprezar.
monarquía anglonormanda: período da monar- quía británica situado nos séculos XI e XII.
bencía: bendicía.

-----

Tan unidos coma irmáns
vimos ata o teu altar,
para que enchas as nosas vidas
de tenro amor e amizade.
------


línea de de división

Cadro de versos populares
GALEGO
CASTELAN
Unha froita naceu verde
cor que co tempo perdeu,
o corazón naceu libre,
e a Virxe mo embeleceu.
Una fruta nació verde,
el tiempo la maduró;
mi corazón nació libre,
y la Virgen lo embelleció.
------------------------------------------------

Pinchen para suxerencias, propostas...


volver... -----