Aula 1º

línea de de división

Tema 9.-A cova do dragón.
.
Nesta unidade estudiarás
Conceptos
Procedementos
Actitudes
Obxectivos didácticos
. Diferencia entre narración e descrición.
. Os hipocorísticos.
. O diálogo: estilo directo e estilo indirecto. A entrevista.
. A voltas co vocabulario: o sufixo -eiro, -eira.
. Pronome persoal átono: funcións e colocación. O pronome de solidariedade.
. Normalización lingüística.
. Corrección ortográfica: uso de s e x. Feluxe e ferruxe.
. Comprensión e análise de distintos aspectos dun texto.
. Recoñecemento de hipocorísticos.
. Identificación dos textos dialóxicos e do estilo directo e mais o indirecto.
. Campo semántico: a casa por dentro.
. Realización de actividades de ampliación do léxico propio do campo semántico que se trata (a casa por dentro).
. Recoñecemento do prono me persoal átono, así como das distintas funcións que pode realizar na oración.
. Identificación e uso correcto do pronome de solidariedade.
. Colocación correcta na oración do pronome persoal átono respecto do verbo.
. Observación e análise crítica da situación e presencia da lingua galega na actualidade en determinados ámbitos e grupos sociais, Elaboración de traballos que contribúan ao proceso de normalización lingüística.
. Uso correcto de x e s, e tamén de filuxe e ferruxe.
. Interese por adquirir e utilizar de xeito progresivo un léxico cada vez máis amplo e preciso.
. Interese e gusto por transmitir as propias ideas, experiencias e sentimentos a través da creación literaria propia, explorando as posibilidades expresivas, estéticas e lúdicas da lingua.
. Valoración positiva cara ás actividades de clase que axuden a mellorar a competencia comunicativa.
. Interese pola situación da lingua galega en determinados ámbitos e situacións.
. Conciencia da necesidade do proceso de normalización lingüística.
. Aceptación razoada das normas de funcionamento da lingua.
. Traballar a comprensión e análise textual. . Recoñecer e traballar con hipocorísticos.
. Identificar textos dialóxicos, o estilo directo e mais o indirecto.
. Adquirir unha maior amplitude de léxico propio do campo semántico tratado (a casa por dentro).
. Recoñecer o pronome persoal átono e as distintas funcións que pode realizar na oración.
. Identificar e usar correctamente o pronome de solidariedade.
. Fomentar a colocación correcta na oración do pronome persoal átono respecto do verbo.
. Fomentar a actitud e crítica da situación e presencia da lingua galega na actualidade en determinados ámbitos e grupos sociais, fomentando o seu maior uso.
. Usar con corrección x e s, e tamén as palabras feluxe e ferruxe.
Ó final serás capaz de realizar máis accións...

-------



Tema 9.- Xentes
.
------
Nesta unidade estudiarás
Comprendemos
e expresámonos
Ampliámolo
noso saber
Máis sobre
a lingua
Recursos
para aprender
*Lemos
e entendemos.
*Buscando unha vida
mellor

Lingua oral
Descrición
de persoas

Lingua escrita
Texto argumentativo

*Comunicación
e sociedade

*As variedades da lingua

*Lingua literaria
*Temas: A emigración
e a infancia

*Gramática
O Verbo

*Vocabulario
Parasíntese

*Ortografía
Uso da 2ªforma
do artigo

Resumo mediante
subliñado
Ó final serás capaz de...
-----

Lemos e entendemos Comprendemos e expresámonos

-Reflexionade sobre estas cuestións e comentade cos compañeiros

  • ¿Coñeces persoas doutros países que vivan no teu contorno? ¿De onde son? ¿Que sabes do seu país, da súa cultura, da súa relixión...?
  • ¿Tes familiares que tivesen que viaxar a países afastados para buscar traballo? ¿Sabes cómo foi a súa experiencia?
  • ¿Pensas que é xusto ser discriminado por ser doutro lugar, doutra raza, doutra relixión...? ¿Coñeces algunha situación concreta de discriminación? ¿Como se poderían evitar?

Buscando unha vida mellor.

Tema 9.-Curros Enríquez
. -----

Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
* Análise e interpretación dun
texto descritivo.
* A homonimia e a paronimia.
Lingua e comunicación
* Descricións de personas.
* Descrición oral e escrita.
* A definición.
* O verbo: núcleo do predicado.
Os morfemas do verbo: persoa, número, tempo e modo. A voz
activa


* Uso da coma
* Uso do "b"
* Acento gráfico en hiatos.

* Identificación do tempo,
espacio e o ambiente nos
textos narrativos.
* Comentario dun texto de novela.
* Recursos literarios sin-
tácticos: hiperbato e
quiasmo.
Ó final serás capaz de...
* Identifica-las técnicas descritivas dun texto.
* Recoñece-los distintos tipos de descrición de persoas.
* Identificar palabras homónimas e parónimas.
* Recoñece-los distintos morfemas do verbo.
* Empregar correctamente a coma nos escritos.
* Aplicar normas do "b" e a acentuación.
* Crear textos descritivos de diferentes tipoloxías.
* Valorar e aprecia-los compañeiros pola súa for-
ma de ser e non polo seu aspecto físico.
* Definir correctamente os termos.
* Inventar narracións tendo en conta o tempo, o es-.
pacio e ambientación.
* Identificar recursos sintácticos.


---- A información ----

1.-¿Coñecédelo carácter dos vosos compañeiros? Para comprobalo, podedes xogar ó "Xogo da perso-
naxe descoñecida".
-Escribide o nome d cada compañeiro nun papel. Dobrádeos e poñédeos encima da mesa mesturados.
- Elixide un dos papeis ó chou e un de vós debe lelo e mantelo en secreto.
- Os demais debedes facerlle preguntas empregando os adxectivos que vos parezan máis axeitados.
- 0 que ten o papel soamente pode responder si ou non.
- Cando pensedes que xa coñecéde-la identidade da personaxe descoñecida, dicide o nome.
See page 146 of book..

Manuel Curros Enríquez tiña o corpo rexo, nin grande nin pequeno, a cór moi morena, o nariz fino e ben perfilado, as faíscas dos ollos a brillar atrás dos vidros dos lentes, e as barbas e os cabelos negros como as amoras das silvas. As barbas, corridas e longas deica pousaren no peito, eran as dun profeta; mais o cabelo, erguéndose en penachos sobre da fronte ancha, sinalaba a disconformidade e a rebeldía dun temperamento. No fondo do seu ser interior había unha arela de xustiza e a tendencia a tomar a actitude dun tribuno que detende con verbas de lume aos febles, e aos pobres, e aos que se non poden valer; mais, ao mesmo tempo, o seu carácter teimoso, agrilloado a un credo, forte e desgalgado, fixo que ás veces a expresión das súas xenreiras e das súas preferencias, derivara por canles desviados; e que as pedras saídas da súa catapulta de poeta foran bater onde non debían [. ..]

Loitou polos seus principios, pasou estreitezas, tivo que realizar grandes esforzos para levar pan ó fogar que formara: en todo o decorrer deste vivir penoso, no pelexar constante polo pan e polo seu credo político, non se sabe que caese nunha claudicación, que cometese unha baixeza, que inclinase nunca, en reverencia hipócrita, a súa cabeza diante de ninguén, para pedir algo que de seguro merecese e precisase. E o eixe de ferro das súas costas non se domeou nin por un instante, e o penacho do seu cabelo de rebelde estivo sempre ergueito. [...]

Curros debeu ser sempre un atormentado polo peor verdugo que un home pode ter, polo seu propio temperamento; e o seu vivir decorreu, sen dúbida, nun perpetuo desasosego. Era de seguro un sensitivo, e unha víctima da súa maneira de ser resentida; quería quentura de agarimos e, ó mesmo tempo rexeitábaos; cría no Absoluto, na inmortalidade do espírito e na eficacia e na virtude da oración; e poida ser que destas crenzas non tirase para si un só consolo, porque o seu signo foi, con evidencia, o que leva a un constante padecer.

Florentino L. Cuevillas, Prosas galegas, Ed. Galaxia.






faíscas: chispas pequenas que saltan do lume.
penachos: conxunto de plumas que teñen certas
aves na cabeza.
arela: desexo, ansia. catapulta: antiga máquina de guerra preparada
para lanzar proxectís (pedras, teas incendiarias...)

As palabras subliñadas son adaptación á normativa.


 Comentario de texto

Ex2.-p148 Completa unha ficha coma esta sobre a personaxe da lectura.

Nome da personaxe descrita: .......Manuel Curros Enríquez.................
¿A qué se dedica?....A escribir e a defender nos seus escritos os seus principios.


- Tira do texto as palabras que che serviron para completa-la ficha anterior.

Ex 3.-p148 Xustifica estas afirmacións con palabras do texto.

Curros Enríquez. . .
- Era de estatura mediana e de corpo varudo
- Tiña a barba e o cabelo de cor morada.
- A través dos seus poemas defendía os oprimido.
- Criticaba, ás veces, nos seus poemas aquen non debía.
- En quen cría
Palabras do texto
Tiña corpo rexo, nin grande nin pequeno.
Os cabelos negros coma as amoras das silvas.
Defende aos febles, ós pobres e ós que se non se poden valer
As pedras da súa catapulta ían bater onde non debían.

- Cría na inmortalidade do espírito, virtude e na eficacia da oración.



Ex 4.-148 Relaciona cada adxectivo co seu significado.

Adxectívos

1.-rexo
2.-perfilado
3.-corrido
4.-disconforme
5.-teimoso
6,-agrilloado
7.-resentido
8.-desgalgado

Sígnificados

2.-Que é fino e alongado de maneira proporcional.
4.-Que non está conforme, en desacordo.
1.-Forte, varudo, vigoroso.
8.-Seguido, continuo.
5.-Que ten teimas.
3.-Precipitado.
6.-Que está encadeado con grillóns.
7.-Que ten resentimento.



Ex 5.-148p Clasifica os adxectivos anteriores.

Aspecto físico.......... Carácter

a.- desgalgado.............disconforme
b.- rexo...................teimoso
c.- perfilado..............agrilloado
d.- corrido................resentido

A descrícíón das calídades físícas e morais dunha persoa recibe o nome de retrato

See page 148 of book

* 0 léxico da nosa lingua Homonímía e paronímia

Ex6.-p149 Pronuncia correctamente estas palabras e observa que soan igual. Despois, completa o cadro.

sobre - sobre baca - vaca
Palabra Significado Exemplo
sobre Bolsa de papel que se usa
para mandar cartas dentro.
Enviei unha carta nun sobre.
Sobre->substantivo. Enviei unha carta nun sobre .Sobre -> preposición -> O lapis está sobre a mesa. Baca=Utensilio que se coloca na parte superior dos automóbiles para leva-la equipaxe. vaca= animal vacuno, femia do touro -> Teño unha vaca no pasto As palabras que teñen signíficados díferentes pero que se pronuncían ígual e se escriben igual ou dunha maneira moi semellante son homónimas. As palabras homónimas pódense clasificar seguindo estes criterios:

As palabras que teñen signíficados díferentes; pero que se pronuncían ígual e se escriben igual ou dunha maneira moi semellante son homónimas

Palabras . . H O M Ó N I M A S
Escríbense exactamente igual Escríbense de maneira diferente
Lira: instrumento de corda Lira: moneda italiana Bago: Unha uva Vago: Que non Ile gusta traballar
Homógrafas Homófonas

As palabras homónímas homógrafas son as que se escríben e se pronuncian igual e teñen signíficados díferentes.

As palabras homónímas homófonas son as que se pronun- cían igual, que se escriben de maneíra moí semellante e teñen signífícados díferentes.

Ex7.-p149 Substitúe as consoantes destacadas destas palabras por " s " ou " c ", segundo cumpra, e obterás outras palabras con sentido.
apto - acto ... aptitude -> actitude
mixto -> misto ... externo -> esterno (=elemento grego -peito-)
experto ->esperto(=vivo) laxo -> laso (=fatigado)

As palabras parónímas son as que se escríben e se pronuncian dunha maneíra moí semellante, pero o sígnificado é díferente.
See page 149 of book.

Tamén son parónimas as pala- bras que, escribíndose igual, te- ñen sons vocálicos diferentes (abertos e pechados).

Vocais
AbertasPechadas
pelo (verbo)pelo (subst.)
ola (interx.)ola (recipiente)
corre (verbo) corre (subst.)
té (infusión) té (letra)

Visita: www.terra.es/personal/nortegal



línea de de división

Cadro de versos populares
GALEGO
CASTELAN
Duro alfinete me cravaches
con ese teu maldicir,
con ese louco pedir
non sei que queres de min.
Duro clavo me clavaste
con ese tu maldecir,
con ese loco pedir
no sé qué quieres de mi.--
------------------------------------------------

Pinchen para suxerencias, propostas...


volver... -----