Aula 2º

línea de de división

Tema 11.-Adiós ríos, adiós fontes
.
Nesta unidade estudiarás
Conceptos
Procedementos
Actitudes
Obxectivos didácticos
. A apóstrofe, a anáfora e a enumeración.
. A voz lírica ou o eu poético.
. Recursos literarios: a denotación e a connotación.
. Os textos poéticos. Recursos formais dos textos poéticos: o paralelismo, a aliteración, a antítese e a anáfora.
. Campo semántico: a perruquería e a imaxe.
. O atributo e o complemento predicativo. Unidades que desempeñan esas funcións.
. A globalización.
. As propiedades do texto: as oracións e a súa orde lóxica.
. Corrección ortográfica: testemuña e testemuño.
. Literatura: Uxío Novoneyra.
. Manexo do diccionario á hora de contextualizar o vocabulario que aparece nas lecturas.
. Lectura expresiva (entoación, pausas, énfase, etc.) de textos poéticos.
. Recoñecemento dos procesos retóricos máis usuais: imaxes, comparacións, personificacións, es colla léxica, etc.
. Creación de sinxelos textos poéticos, respectando as súas pautas formais.
. Comprensión do sentido global dun texto poético, coa identificación dos grandes temas presentes nel.
. Análise de textos poéticos e comprensión da función que desempeñan os diferentes recursos formais.
. Realización de actividades 'de ampliación do léxico propio do campo semántico tratado: a perruquería e a imaxe.
. Distinción dos atributos e dos complementos predicativos e das unidades que desempeñan esas funcións.
. Análise crítica do fenómeno da globalización dende diversas perspectivas.
. Elaboración de oracións seguindo unha orde lóxica e coherente.
. Emprego correcto dos vocábulos testemuña e testemuño.
. Recoñecemento das relacións entre as obras, os autores e o momento histórico en que xorden.
. Interese por adquirir e utilizar dun xeito progresivo un léxico persoal cada vez máis amplo e preciso.
. Interese polo uso das bibliotecas e respecto polas normas que rexen a súa utilización.
. Sensibilidade e actitude crítica cara ás transformacións que está a sufrir o mundo contemporáneo e as expresións de rexeitamento que suscitan estes cambios.
. Aceptación razoada das normas de funcionamento da lingua.
. Aprecio polo patrimonio literario propio, como expresión lingüística da identidad e colectiva.
. Valoración polas propiedades estéticas e lúdicas da lingua a través da producción de textos con intención literaria.
. Analizar textos poéticos e comprender a función que desempeñan os diferentes recursos formaiS.
. Comprender o sentido global dun texto poético, identificando os grandes temas presentes nel.
. Identificar os significados denotativos e connotativos en distintos contextos.
. Utilizar con propiedade os recursos formais propios da poesía tanto na análise de creacións alleas como propias.
. Adquirir unha maior amplitude de léxico propio do campo semántico tratado (a perruquería e a imaxe).
. Distinguir os atributos e os complementos predicativos nunha oración e aquelas unidades que poidan desempeñar estas funcións.
. Analizar o fenómeno da globalización dende diversas perspectivas.
. Elaborar oracións seguindo unha orde lóxica e coherente.
. Empregar correctamente as palabras testemuña e testemuño.
. Recoñecer a importancia da figura de Uxío Novo'lleyra na literatura galega.
. Valorar o feito literario como producto lirigüístico, estético e sociocultural.
Ó final serás capaz de realizar moitas accións...

Adiós ríos, adiós fontes

Rosalía de castro, ->Cantares gallegos

Adiós ríos, adiós fontes,
adiós regatos pequenos,
adiós vista dos meus ollos,
on sei cando nos veremos
.

Miña terra, miña terra,
terra onde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei.

Prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento.

Muíño dos castañares,
noites claras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar.

Amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adiós para sempre adiós!

¡Adiós gloria!, ¡adiós contento!
deixo a casa onde nacín,
¡deixo a aldea que conoso
por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!

Mais son probe, e mal pecado,
a miña terra n' é miña,
que hastra lle dan de prestado
a beira por que camiña
ó que naceu.desdichado.

Téñovos, pois, que deixar,
hortiña que tanto amei,
fogueiriña do meu lar,
arboriñas que prantei,
fontiña do cabañar.

Adiós, adiós que me vou,
herbiñas do camposanto
ande meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto;
terriña que nos criou...

Adiós Virxe da Asunción,
branca como un serafín,
lévovos no corasón:
pedídelle a Dios por min,
miña Virxe da Asunción.

Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar,
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.

Xa se oien lonxe, máis lonxe,
cada balada é un dolor,
voume soio, sin arrimo...
Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!

¡Adiós tamén, queridiña,
adiós por sempre quizais...!
Dígoche este adiós chorando
desde a beiriña do mar.

Non me olvides, queridiña,
se morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!, ¡meu lar!

- L E R -.
Tiramos do fío.
  1. Analizar a serie de recursos dos textos poéticos.
    • rima
    • medida
    • repeticións
    • comparacións, etc...
  2. Estrofas
    1. Estudio de sus 15 estrof. todas de 4 ver. excep
    2. ¿Por qué este cambio? denuncia, alegación social, ... etc.
  3. A rima e a medida
    1. Coñecer a medida dos versos, coñecer o tipo de rima, ...
  4. Os recursos estilísticos
    1. A anáfora, a apóstrofe, enumeracións
    2. Uso de recursos repetitivos, ...
    3. Estilos de transmisión oral, ..
Analizar o poema conforme o cadro.
  • ESTROFAS IDEA PRINCIPAL
    I-VEnu. ele naturais
    V1-VIIDespedida da terr.
    V1II-IXAlegación cívic.
    X-XIDespedidas d emigrantes
    XII-XIIIAfastamento do emigr.
    XIV-XVDespedida da amada
  • O eu poético non se corresponde con Rosalía, senón dun eu escénico
  • O receptor da mensaxe é a terra 'pais, nación'
  • O eixe temático é a dor pola marcha.
  • A escased de adx. fai un texto áxil.
  • Tonalidades lírico-afectivas con diminutivos.
  • Profusión ditongos decrecentes(vou, enterrou, etc.)

Tema 11.-Nós e a Ciencia
.

Nesta unidade estudiarás
Comprendemos
e expresámonos
Ampliámolo
noso saber
Máis sobre
a lingua
Recursos
para aprender
*Lemos
e entendemos.
*Láseres: da carie
ós mísiles

Lingua oral
A Exposición.

Lingua escrita
Texto argumentativo

*Comunicación
e sociedade

*Lexislación sobre
a lingua galega

*Lingua literaria
*Épocas e autores

*Gramática
Análise
morfosintáctica

*Vocabulario
Tecnicismos

*Ortografía

Uso do guión

Grupos
consonánticos

Técnicas de estudio
para a Área
de Matemáticas.
Ó final serás capaz de entender y dominar ciencia...
E=m.c2
----------------------

Lemos e entendemos Comprendemos e expresámonos

-Comentade en pequenos grupos

  • ¿Gústavo-lo mundo da ciencia? ¿Coñecedes algún avance científico recente? ¿Sabes a qué científico se debe? ¿Afectan os avances científicos ó noso estilo de vida? ¿Como?
  • Bue descubrimento ou avance científico vos gustaría que se lograse no futuro próximo? ¿Por que?

Láseres: da carie ós mísiles
1.-monocromática: dunha soa cor.
2.-fotón: unidade elemental de enerxía luminosa.
3.-plasma: materia gasosa fortemente ionizada, con igual número de cargas libres negativas e positivas; chámaselle tamén cuarto estado da materia.
4.-topografía: ciencia que ten por obxecto a representación nun plano dunha porción de terreo.
5.-estomatoloxía: rama da medicina que se ocupa do tratamento das doenzas do estómago.
6.-odontólogo: especialista que estudia o tratamento e a hixiene dos dentes.
Cando se inventou nos anos sesenta, non se sabía para qué podería servir, pero non tardaron en aparecer aplicacións para o láser. A palabra nace das siglas de Light Amplification by Stimulated Emision of Radiation.

En síntese un láser é un xerador de ondas electromagnéticas monocromáticas1 con características de directividade, intensidade e coherencia de fase moi peculiares. 0 seu principio consiste en excita-los átomos dun corpo e en provocar, cando os átomos volven ó seu nivel de enerxía inicial, a emisión de fotons2 de características moi semellantes. O rendemento desta emisión aumenta cando o número de átomos que posúen o nivel de enerxía máis elevado é superior ó dos átomos cun nivel de enerxía máis débil.

O medio activo dun láser pode estar constituído por diversos tipos de materiais, que condicionarán a luz que emita: por ións metálicos mergullados nunha matriz cristalina (láser de rúbí), por un gas a baixa presión (láser de helio-neón, láser de argón), por un material semiconductor (láser de arseniúro de galio)...

0 feixe luminoso emitido por un láser é, na práctica, un cilindro de poucos milímetros de diámetro. [...] A súa frecuencia está comprendida entre a do ultravioleta e a do infravermello afastado.

Entre as súas aplicacións máis destacadas están a transmisión de enerxía a distancia, soldadura e mecanizado, cirurxía, obtención de plasmas3 para a fusión termonuclear, fotografía, topografía4, perforacións, aplicacións aeroespaciais e mesmo a electrónica de consumo, xa que a información gardada nos CD e nos DVD se le cun aparello dotado de luz láser.

Se cadra, o máis novidoso é o emprego do láser en medicina especialmente en cirurxía ocular e dental. Así, por exemplo, aparellos provistos de láser permiten opera-la miopía ou curar unha carie sen necesidade de anestesia.

0 láser pode substituír aproximadamente nun 80 por cento dos casos de carie o tradicional e incómodo torno, coa avantaxe de que se consegue evita-la dor da picada, así como calquera posibilidade de contaxio de enfermidades.Na actualidade, hai varias clínicas en Galicia que dispoñen da tecnoloxía láser.

A técnica láser foi desenvolvida para os tratamentos de estomatoloxía5 polo físico Raimund Hibst e o odontólogo6 Ulrich Keller que lograron que tamén se poida empregar para o branquen dos dentes, para tratamentos odontolóxicos como endodoncias ou periodoncias, e mesmo para cirurxía oral.
Suplemento "Descubrir", 0 Correo Galego , 31 -8- 1998.

Lingua + +


Tema 11.-Deporte para todos
. -----
Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
*O texto argumentativo.
*A normalización lingüística.
*As frases feitas e os refráns.
Lingua e comunicación
*Elaboración dun texto argumentativo.

*Realización dun debate.

*Oración simple e oración composta.

*A oración composta por
coordinación e por subordinación.


*Uso do "x", "ll" e "i".
*Uso de "c" e "z".
*Uso do guión.

*Subxéneros teatrais: a
farsa, o entremés e o
sainete.

*Comentario de texto

Ó final serás capaz de...
* Analizar textos argumentativos e identifica-las súas características principais.

* Valora-lo coidado da saúde, o deporte e actividade física como medios de desenvolvemento persoal.

* Recoñece-lo significado e o uso de diversas frases feitas e refráns.

* Identificar oracións simples e compostas, e recoñecer oracións compostas por coordinación e subordinación.

* Aplicar correctamente o uso de "x", "ll" e "i" e de "c" e "z".
* Aplicar correctamente o uso do guión.

* Planificar e elaborar textos argumentativos.

* Realizar un debate respectando as quendas de palabra e as opinións dos compañeiros.

* Recoñece-los diferentes subxéneros teatrais.
* Comentar un texto dun fragmento teatral.

-----

A información

Algunhas enfermidades son crónicas, é dicir, permanentes, e convivimos con elas toda a vida. Outras, pola contra, son transitorias e, co adecuado tratamento, curámolas.

1.-Consulta ós teus pais sobre as enfermidades que padeciches e completa unha ficha coma esta.

Enfermidade Consiste en ¿Cureina
completamente?
Impedíame ou impídeme
facer outras actividades
Si Non Si Non
gripe ter febres --si-- ---- si ----
------------------
------------------
------------------
------------------
------------------
etc---------------

«0 meu neno é asmátíco. ¿Pode facer ximnasia na escola igual cós outros rapaces? . Esta é unha dúbida que os pais teñen con certa frecuencia. Podemos dicir que a actividade física é beneficiosa para todos, a tódalas idades. Pero ás veces preséntase a cuestión de se un neno cunha determinada doenza pode realizar exercicio ou practicar algún deporte.

En primeiro lugar cómpre distinguir entre deporte e exercicio físico. 0 deporte implica competición: contra outros ou contra un mesmo. 0 obxectivo está en render o máis posible para superar ós demais ou as propias marcas. Pola contra, co exercicio físico facemos traballar o noso organismo co obxectivo de desfrutardo mesmo ou ben buscando a ganancia secundaria de mellorar a saúde: non hai que vencer a ninguén nin bater rexistros previos.

A miúdo acode algún rapaz á consulta médica a solicitar un certificado para ser excluído das clases de educación física. En moi poucas ocasións será necesaria tal exclusión. Vexamos algúns exemplos.

A diabete sen complicacións non debe contraindicar a práctica deportiva, nin impide participar nas clases de educación física ó mesmo nivel cós outros alumnos. Hai numerosos exemplos de deportistas de alto nivel que teñen esta doenza (...)

A epílepsía tampouco impide a práctica deportiva. 0 esforzo non físico aumenta a probabilidade de sufrir unha crise epiléptica, pero poden sufrir ataques du-rante o exercicio igual que en calquera outro momento.
Por iso é aconsellable que non practiquen deportes de risco, tales como ximnasia con apareIlos, mergullo ou boxeo.

Os nenos adolescentes con escolíose leve ou moderada, que son a maioría, poden practicar calquera deporte. Non se ten comprobado que o cxercicio físico aumente o grao de escoliose ou que teñan algún efecto negativo sobre ela.

Tampouco a asma impide ós rapaces facer deporte. Entre os deportistas que representaron ós EE ÚÚ na Olimpíada dos Ánxeles de 1984, que comprendía 597 deportistas demostrouse que 67 tiñan asma inducida polo esforzo. Destes deportistas asmáticos 41 ganaron medalla. Estes datos amosan ben ás claras o nivel de rendemento que poden ter estas persoas. E cómpre lembrar que o noso mellor deportista de tódolos tempos, Miguel Induráin, tamén padece esta doenza.

Pablo Vaamonde.0 Correo Galego, 18-11-1996
asmátíco: que padece asma, enfermidade dos bronquios caracterizada por causar dificultades respiratorias.
diabete: enfermidade caracterizada pola eliminación excesiva de ouriños cargados con azucre e que produce sede, fame e cansazo.
epílepsia: enfermidade nerviosa caracterizada por ataques con perda do coñecemento e convulsións.
escolíose: deformación da columna vertebral por certa desviación lateral.


Comentario do texto Exerc 2.-188p Aquí tes unha serie de afírmacións que se enuncian ó longo da lectura. Numéraas segundo a orde en que aparecen expostas no texto.Observa onde non esteas de acordo.

7.- Miguel Induráin tamén padece asma.
5.- Non se teñen comprobado efectos negativos do exercicio físico sobre a escoliose.
2.- A miúdo acoden rapaces á consulta médica coa intención de ser excluídos das clases de Educación Física.
1.- A actividade física é beneficiosa para calquera persoa a calquera idade.
6.- 41 deportistas asmáticos estadounidenses gañaron medalla na Olimpíada dos Ánxeles de 1984.
4.- 0 esforzo físico non aumenta a probabilidade de sufrir unha crise epiléptica.
3.- Hai numerosos deportistas de alto nivel que son diabéticos.

Exer 3.- 188p Escolle, razoadamente, a afirmación que mellor sintetice, segundo ti, o tema da lectura.

 A actividade física contribúe a mellorar notablemente certas doenzas como a asma, a diabete, a epilepsia.:.
 A asma e outras enfermidades son compatibles coa actividade física e o deporte.
 É fundamental que os que padecen doenzas crónicas tomen precaucións ó faceren deporte.
 Non é recomendable facer deporte cando se padecen enfermidades como a asma, a diabete, a epilepsia...

Exer 4.- 188p Coa axuda das actividades anteriores, resume brevemente o contido principal do texto.


Exer 5.- 188p Neste texto, expóñense uns argumentos e danse unhas probas para defende-la idea central. Busca no texto as probas que xustifiquen estes argumentos.


ArgumentosProbas
- Deporte e exercicio físico non son o mesmo. 0 deporte implica competición, mentres que o exercicio físico fai desfrutar.
- A diabete, normalmente, non impide a práctica deportiva. Non impide participar nas clases de EF ó mesmo nivel cos outros.
- A asma tampouco impide facer deporte. Tampouco a asma impide ós rapaces facer deporte

Páxi/ 188

Exerc 6-pa 189. Fíxate na estructura do texto e completa este cadro.Indica os desacordos

EstructuraIdeasPalabras do texto
Presentación:
Introdúcese a idea que se defende ou se rexeita.
A miúdo xorden dúbidas sobre a compatibilidade
de certas enfermidades. co deporte.
- Esta é unha dúbida que os pais...teñen con frecuencia.
Desenvolvemento:
Danse as razóns que fundamentan
as súas opinións.
Distinción entre deporte e exercicio físico;
e exemplos de enfermidades
compatibles coa actividade deportiva.
- (...) cómpre distinguir entre deporte e
exercicio físico..
-A diabete non debe contraindicar.
-A epilesia tampouco impide a práctica deportiva.
-A escoliose moderada permite practicar calquera deporte.
Conclusión:
Emítese unha conclusión sobre o tema.
Os deportistas asmáticos como exemplo
evidente das posibilidades físicas
de certos enfermos.
-Tampouco a asma..
-Os deportistas dos EEUU da Olimpíada nos Ánxeles 67 tiñan asma
-Miguel Indurain tamén padece asma.

Os textos que presentan razóns e argumentos para demostrar a ídea, unha tese ou un punto de vísta denomínanse textos argumentativos.

Exer 7- pa.189 Pensa e anota diferentes probas para defender ou rexeita-los seguintes argumentos.

 Os deportes só deben ser practicados por persoas que teñen unha condición física perfecta.
-Non todo o mundo pode practicalo; pero o deporte é beneficioso.
 A vontade é a que axuda a supera-los inconvenientes físicos cando se teñen desexos de practicar un deporte.
-Si alguén con inconvenientes físicos; pero con vontade pode practicar deporte.
 A actividade física é moi beneficiosa, mesmo cando se padecen enfermidades como a asma, a diabete. . .
-Si, xa que poden ter un bó rendemento deportivo.
 Ás persoas discapacitadas non Iles convén participar en competicións deportivas.
-Non, a discapacidade non impide a participación.
- Contrasta as túas probas coas apuntadas por outros compañeiros.
Compre que valorémo-lo exercicio e o deporte como medios de desenvolvemento persoal, independentemente das dificultades físicas que se poidan atopar.
"Non é valor despreza-la vida, senón facer fronte ás grandes desgracias e non tombarse no chan."
Lucio Anneo Séneca
Escritor,filósofo e político latino.
(4 a. C. - 65 d. C.)

page/189
 O léxico da nosa lingua

Frases feitas e refráns

Repara neste diálogo entre A e B. Fíxate especialmente nos treitos destacados.
A. Estou anoxado con Anxo por que sempre anda a mete-los fociños onde non debe.
B. Non te anoxes, home. Ti xa coñeces ben a Anxo e é mellor que deixes corre-la auga. Seguro que non o fai con mala intención.

As partes destacadas son frases feitas, é dicir, expresións de oríxe popular que sempre se empregan cunha forma fíxa. Se illamos estas frases feitas e buscámo-lo significado.destas palabras(sentído líteral), veremos que non coinciden co significado que teñen nas oracións anteriores (sentído fígurado).

Frase feitaSentido literalSentido figurado
Mete-los fociños.Mete-lo nariz do porco nalgures. Entremeterse.
Deixar corre-la auga. Permitir que a auga siga o seu curso. Esquecer.

Agora observa este pequeno texto e fíxate, tamén, nas palabras destacadas.

" 0 outro día estiven de visita na casa de Xurxo. Non pensaba ficar moìto tempo alí porque estaba un pouco canso. Non obstante, foron chegando outros amigos, comezamos a falar e a conversa púxose interesante. Ó final, estivemos de charla ata moi tarde. Xa o dicía miña avoa: « as palabras, coma as cereíxas, unhas noutras se enguedellan ».

As palabras destacadas constitúen un refrán, ou sexa, un dito popular que expresa unha ensinanza ou unha sentencia sobre calquera feito da vida.

RefránEnsinanza
As palabras, coma as cereixas, unhas noutras se enguedellan. Moitas conversas, cando comezan, poden prolongarse indefinidamente.

page / 190

Exer 8.-191páx Substitúe cada palabra destacada por unha destas frases feitas.

pilla-lo porco polo rabo / pasa-la man polo lombo ir polo rego / botar un cabo / saír por pés

 Preciso que me axudes porque eu só non podo facelo. 1
 Despois de moitos esforzos, a miña filla obedeceume. 2
 Non me gusta que me adulen cando non o merezo. 3

 Despois de pilla-las mazás, tiven que fuxír da horta do veciño. 4
 Creo que nos equivocamos ó tomar esa decisión. 5

S o l u c i ó n:

1* Preciso que me botes un cabo porque eu só non podo facelo.
2* Despois de moitos esforzos, a miña filla foi polo rego
3* Non me gusta que me pasen a man polo lombo cando non o merezo
4* Despois de pilla-las mazás, tiven que saír por pés da horta do veciño
5* Creo que nos pillamo-lo porco polo rabo ó tomar esa decisión

Preciso que me botes un cabo porque eu só non podo facelo.
Inventa cinco frases polo menos

Exer 9.-páx 191 Relaciona o comezo destes refráns co final correspondente. Des- pois explica o seu significado.

a)Mellor me sabe a miña cebola
b)Non te fagas mandador
c)Nin enterro sen pranto,
d)0 gato e o rato
e)Quen fai as feitas
...non comen no mesmo prato.(d
...cá carne da túa ola.(a
...nin romería sen santo.(c
...ten que roer as sospeitas.(e
...onde non fores señor.(b

- Elixe o significado correcto destas frases feitas.

Frase feíta

A. Andar coa lingua ó redor.
B. Volver ó conto.
C. Dar ó rabo.
D. Non ter papas na boca.

Signifícado

Contestar con evasivas. ---> C
Falar sen rodeos ---> A
Falar claramente. ---> D
Retoma-lo asunto do que se fala ---> B

-Introduce estas expresións axeitadamente nunha conversa que improvises cun compañeiro.


RefránSignificado
MellorApréciase mellor o que se ten, aínda que sexa pouco, que o que non se ten.
Non te fagasNon queiras mandar onde non tes poder.
Nin enterroHai unha correspondencia entre ditos e feitos.
O gatoQue son inimigos
Quen faiCadaquen é responsable de que fai.

Desenvolvémo-lo vocabularío

Coas seguintes actividades traballarémo-lo vocabulario referido ós medíos de transporte, ás viaxes e ós xentilícios do mundo

Exer 10.-191páx Relaciona cada medio de transporte coa acción que lle corresponda.

Medio de transporteAcción
1.-bicicleta3.-aterrar
2.-barco2.-ancorar
3.-avión1.-pedalear
4.-tren5.-embragar
5.-coche4.-descarrilar

- Constrúe oracións nas que aparezan as parellas relacionadas.
1.-
2.-
3.-
4.-
5.-
page / 191

Exer 11.-193 Resolve este encrucillado situando en cada lugar as palabras definidas.
8
6 g
1TAN DEM u
7 i
2baca 3c ompas
a d
4freo s o
tr
5planad or
o
1 . Bicicleta para dúas persoas.
2. Plataforma situada sobre a parte superior de certos vehículos para transporta-la equipaxe.
3. Instrumento de orientación que contén unha agulla magnetizada que sinala a dirección norte-sur.
4. Mecanismo destinado a diminuí-la velocidade dun vehículo.
5. Avión lixeiro sen motor que voa aproveitando as correntes de aire.
6. Cada unha das pezas de madeira que unen os dous raís dunha vía.
7. Pao vertical que sostén as velas dunha embarcación.
8. Parte da bicicleta na que se apoian as mans para guiar.

Exer 12. .-192Sitúa, axeitadamente, estas palabras relacionadas coas viaxes nos ocos correspondentes.
itinerario - embarcar - alfándega - cruceiro - facturar

 Durante as vacacións, fixemos un cruceiro polo Caribe.
 Os pasaxeiros están a pique de ....(embarcar) .. no avión.
 Este é o ...(itinerario)........ da excursión que faremos mañá.
 Non puido pasa-la ......(alfandega)........ porque non levaba o pasaporte.
 No aeroporto, teredes que .......(facturar)........ toda a equipaxe.

Exer 13..-192 Completa os seguintes cadros sobre algúns dos xentilicios do mundo.
Se o de Francia
é francés, o de...
Se o de Quenia
é queniano, o de...
Se o de Iraq
é lraqui; o de..
China---> chínés
Irlanda-->irlandés.
Noruega-->norogués
Romanía -->romanés
Alxeria---> alxeriano
Angola ----> angolano
Irán ----> iraniano
Italia --> italiano
Israel ---> isralí
lemen ----> Iemení
Marrocos ---> marroquí
Paquistán --> paquistan
Benito--->benedictino.

Inventa oracións con todos estes xentilicios.
0 campíón do maratón foí un atleta chínés, o subcampíón un queníano e o terceiro un íraqui.
*page / 192

Reflexión sobre a lingua -oracíón símple e a oración composta
A oración é o conxunto de palabras que ten sentido completo (afecta a un suxeito e a unha acción) e constitúe unha unidade índependente (normalmente formada por S + P) .
Andrea le un xornal-- /--Xoán escoita a radio
S(suxeito) P(predicado) ----S(suxeito) P(predicado)

Cada unha destas oracións está formada por un único predicado e cada predicado consta dun núcleo que é un verbo. Son o que denominamos oracións simples.

Pero tamén é posible que queiramos expresar nunha soa oración estas dúas ideas.

Andrea
S
le un xornal
P
e
(E)
Xoán
S
escoita a radio.
P
Proposición-E n l a c e-Proposición
Oración

Unha oración composta é a unión, mediante un elemento de enlace, e dúas ou máis proposícíóns.
Unha proposición é cada unha das partes, con suxeito e predicado, que constitúe unha oracíón composta.

Clasificación e recoñecemento de oracíóns compostas.

As oracións compostas poden ser de dous tipos: coordinadas e subordínadas.
- Compostascoordinadas:
Chamei a Marta e ela vísítoume.
 Chamei a Marta.
 Ela visitoume.

Ó separa-las dúas proposicións que forman a oración composta, te- mos dúas oracións simples con sentido completo.

Compostas subordinadas:
Chamei a Marta porque estaba enfermo.
 Chamei a Marta
 porque estaba enfermo.

Ó separa-las dúas proposicións, observamos que a primeira ten sentido completo pero a segunda non ten sentido por si mesma; está subordinada á prímeira.
page / 193

-------
Clasificación das Oracións Compostas
a)
Xustapostas
b)
Coordinadas
c)
Subordinadas
a)xustapostas.= Xogo, canto, corro
b)coordinadas.= Chamei a Marta e ela vísítoume
c)subordinadas.= Chamei a Marta porque estaba enfermo

As oracións xustapostas van unidas por comas.
As oraci. coordinadas van unidas por conxuncións coordinadas
As oraci. subordinadas van unidas por conxuncións subordinadas

--------

CONXUNCIÓNS A conxunción (do Latín "cum", con e "iungo", unir = que enlaza ou une con) é a partícula que une dous elementos análogos dunha oración ou dúas oracións, establecendo entre éstas -en último caso- unha relación do coordinación ou de subordinación ( é dicir, de independencia ou dependencia). Só o coñecemento da Sintaxe e a práctica do análise permiten a distinción de tal enlace.

Pedro e Luisa (dous substantivos)
Nin bo nin malo ( dous adxectivos)
Ou tí ou eu (dous pronomes)
Xogou; pero estudiou (dous verbos)
Xa hoxe, xa mañá (dous adverbios)
Logrou aprobar porque estudiou moito ( dúas oracións)

Decataraste de que as conxuncións " e, nin, ou, pero , xa " enlazan palabras ou oracións, coordinándoas. En cambio, a conxunción " porque" establece unha relación de subordinación, xa que expresa que a causa de " lograr aprobar " depende da obligación moita de estudiar , esforzo moito de estudiar. Polo dito, as conxuncións clasifícanse en coordinadas e subordinadas.

Conxunción é a parte invariable da oración que une entre sí dúas palabras de igual clase ou dúas oracións, establecendo a relación de coordinación ou subordinación entre estas.
As conxuncións poden ser de dúas clases: coordinativas e subordinativas.

As conxuncións coordinativas son:
¨ Copulativas: e, nin, e mais, a mais
¨ Disxuntivas: ou, ou...ou, xa...xa, volta...volta, quer...quer, ben...ben,
¨ Adversativas: mais, pero, senón, nembargante(s), non obstante, anque, a menos que,

As conxuncións subordinativas son:
¨ Causais: porque, xa que,...Exemplo. Non fixen nada porque non tiven tempo.
¨ Consecutivas: así que, de modo que, logo, .Exemplos .Tiña fame así que comín o caldo, de modo que, Ti non estabas alí de modo que non podes dicir nada, logo,. Ese paxaro ten o pico rubio, logo é un merlo.
¨ Concesivas:ainda que, anque, malia, a pesar de que .Exemplos. Aínda que as camas estaban varridas na casa non había ninguén. As listas son difíciles de memorizar aínda que leva tempo. Anque sexan cousas de pouco valor, entrégallas. Asistiron a xuntanza malia estaren moi enfermos. Non farei iso a pesar de que sei que é o mellor.
¨ Condicionais: se, sempre que, con tal de que, con tal que . Exemplos: Se nos quedamos calados non resolveremos nada. Vou hoxe sempre que me convides. Podes correr aí con tal que non rompas os cristais.
¨ Finais: para que, que, a fin de que . Exemplos: Vai onda o carpinteiro que che empresten un martelo. Leveino a beira do mar a que lle dese o fresco. Estivérono consolando a fin de que non perdese os ánimos.
¨ Temporais: cando, mentres, entrementres, mentras tanto,
¨ Comparativas: {igualdade} tan + adxec coma(nomes e pronomes) / como (con verbos) {inferioridade} menos + adxec + ca (con nome e pronomes) / do que ( con verbos) {superioridade} máis + adxectivo + ca ( con nomes e pronomes ) do que ( con verbos), .As sardiñas gústanme menos cós xurelos.
¨ Completiva-Enunciativa: que,. Cando diversos grupos difiren no seu uso da lingua se dice que falan diferentes dialectos de dita lingua.

Completa o esquema das conxuncións:
As conxuncións coordinativas:
¨ copulativas:
¨ disxuntivas:
¨ adversativas:
As conxuncións subordinativas:
¨ causais:
¨ consecutivas:
¨ condicionais:
¨ finais:
¨ temporais:
¨ comparativas:
¨ completivas-enunciativas:
page / 193

Repara agora nas oracións compostas seguintes.

As vacas pacen no prado, o can xoga no patío, os coellos corren pola horta e eu véxoos desde o peítoríl.

Cando un enlace entre proposicións de sentido completo se fai mediante signos de puntuación (coma, punto e coma...), denominámolas oracións compostas xustapostas.

Clasífícacíón das proposicións coordínadas

Repara nas diferencias que hai nestas proposicións coordinadas.
Vísitaremos a Cristovo e iremos ó mercado.
Vísítaremos a Crístovo; pero non íremos ó mercado.
Visitaremos a Crístovo ou íremos ó mercado.
Estas oracións teñen unha estructura moi semellante.
« Visítaremos a Cristovo » « Iremos ó mercado »

Non obstante, a información que achega cada oración é diferente por que vén determinada polo elemento de enlace.

Daquela, podemos clasifica-las proposicións coordinadas segundo elemento de enlace ou conxunción.

Típo de coordinadaConxuncíóns Exemplo
Copulativas
Hai unha adición ou suma de proposicións
e, mais, nin. Canta e baila
Disxuntivas
As proposicións presentan opcións, é dicir,
accións alternativas que se exclúen.
ou Canta ou baila
Distributivas
As proposicións presentan accións alter-
nantes, pero non se exclúen.
ben .ben.
xa......xa
ora......ora
Ora canta, ora baila
Adversativas
Indican unha oposición entre as proposi-
cións que se poñen en relación.
mais, pero, non
obstante. . .
Canta, pero non baila.

page/194

Análíse e comentarío das proposícíóns coordinadas
Observa cómo analizámo-las oracións compostas coordinadas.
Fai os trazados dende as categorías morfolóxicas.

Ti irá ata a praia pero nós nadaremos na piscina comodamente
Ti irás ata a praia pero nós nadaremos en+a piscina comodamente
Ti - - irás - - ata --- a - praia -- pero nós nadaremos --- n - + - a - piscina comodamente
Nml Verb relator Det Nominal Enlace Nml Verbo --- relator - Det - Nml adv de modo
-------------------- S N -------------------------------------- S N
------------------ CC de lugar --------------------------- CC de lugar---- C C de modo
Sux-- Predica ========== Enlace = S. - Predi.
Proposición ----------------------------- Proposición
----------------------> 0 (Oración composta coordinada adversativa)
E= enlace de conxunción, pero = conxunción adversativa.

1ª ORACIÓN
Oración intransitiva
Suxeito--->Ti
Verbo-->irás
CC de lugar-->ata a praia
2ª ORACIÓN
Oración intransitiva
Suxeito--->nós
Verbo-->nadaremos
CC de lugar-->na piscina
CC de modo-->comodamente

Primeiro analízanse, separadamente, as dúas proposicións, segundo o mesmo proceso das oracións simples. Despois, a partir do elemento de enlace, unímo-las dúas proposicións e formamos unha oración composta. 0 enlace, neste caso, é a conxunción adversativa (pero), estamos daquela ante unha oración composta coordinada adversativa.

Exer 14.-195p Sinala o núcleo do predicado destas oracións. Despois di se é unha oración simple ou composta.

 Mentres ti durmías, eu lia un cómic. --------> Oracíón composta, por ter dous verbos
Verbo(s) subliñados

 Os traballadores saíron ás sete da empresa. --------> Oración simple(un verbo>
 Non iremos en coche, pero chegaremos a tempo. --------> Oracíón composta(dous verbos subliñados)
 Eu xa fun onte e Anxo írá a vindeira semana. --------> Oracíón composta
 Atoparon un tesouro nas terras de meu avó. --------> Oración simple

Exer 15.-195 Separa as proposicións coordinadas que forman estas oracións e indica de qué tipo son.

 Vende selos e merca cómics usados. ---> Coordínada copulativa

 Ben fa-lo (que che digo){=dito}, ben quedas aquí castigado. ---> Coordínada distributiva

 Escoiteite atentamente, mais non te entendo. ----> Coordínada Adversativa

 0 seu coche avariouse ou tiveron un accidente. ---> Coordínada Adversativa

 Ela non quere vir nin quedar na súa casa. --> Coordínada copulativa

Exer 16. -195p Fai a análise arbórea destas oracións.
 0 irmán de Pedro chegou onte e Ana veu esta mañá.
 Eu lembro o seu nome pero ninguén sabe o apelido.
 Nós chamaremos agora a Ana ou ela meterase na cama.

 0 irmán de Pedro chegou onte e Ana veu esta mañá.
1ª oración
Oración intransitiva
Suxeito-->O irmán de Pedro
Predicado verbal
Verbo-->chegou
CC de tempo --> onte

enlace
e = conxunción coordinada copulativa
Oración coordinada copulativa
2ª oración
Oración intransitiva
Suxeito-->Ana
Predicado verbal
verbo-->veu
CC de tempo-->esta mañá.

 Eu lembro o seu nome pero ninguén sabe o apelido
1ª oración
Oración transitiva
Suxeito-->Eu
Predicado verbal
Verbo-->lembro
Obxecto directo --> o seu nome

enlace
pero = conxunción coordinada adversativa
Oración coordinada adversativa
2ª oración
Oración transitiva
Suxeito-->ninguén
Predicado verbal
verbo-->sabe
C directo-->o apelido .

 Nós chamaremos agora a Ana ou ela meterase na cama.
1ª oración
Oración transitiva
Suxeito-->Nós
Predicado verbal
Verbo-->chamaremos
CC de tempo-->agora
Obxecto directo -->a Ana

enlace
ou = conxunción coordinada disxuntiva
Oración coordinada disxuntiva
2ª oración
Oración intransitiva
Suxeito-->ela
Predicado verbal
verbo-->meterase
CC de lugar-->na cama

page/195

 Ortografía.

Uso de « x » , « ll » e « í » É frecuente ter problemas á hora de pronunciar e escribir algunhas palabras galegas. Este é o caso de numerosas voces que en galego son con « x » (xacer xeso, xema. . .), con « ll » (pallaso, agasallo, baralla. . .) ou con « í » (raio, maio, baioneta...)

Exer 17.-196 Escribe correctamente estas palabras coa axuda do diccionario e logo clasifícaas.

*e * ún - bri *o -- *ugular --miga*a -- ce* a -- cón* u* e -- sa*a -- tra*ecto -- pare*a -- a*eo -- pra*a -- nava*a

Levan « x »Levan « II » Levan « í »
xexún
xugular
cónxuxe
traxecto
brillo
migalla
cella
parella
alleo
navalla
saia
praia

- Crea oracións nas que empregues todas estas palabras.
* Hoxe é día de xexún para esa parella de monxes.
*
*
Uso de « c » e « z »

As letras destacadas das palabras da actividade 18 teñen dúas pronuncias correctas en zonas distintas de Galicia.

- Nunha zona, estes « c » e « z » pronúncianse coma s .

- Noutra, estes « c » e « z » pronúncianse coa Iingua entre os dentes.

Exer 18.- 186 páx As letras destacadas desta actividade teñen todas a mesma pronuncia. Clasifica as palabras no cadro inferior.

ancián - abrazo - zugar - zoolóxico - mozo doce - decidir - azul - acio - carozo - azucre xuízo - becerro - cazar - facer - cabeza - praza
Con "c"
Con "z"
ancian, doce, decidir, acio, becerro, facer abrazo, zugar (extrair cos labios unha substancia) zoolóxico, mazo, azul, carozo, azucre, xuizo, cazar, cabeza, praza,


- Completa esta regra.

Escribímos « c » ante ....i, e.... e « z » ante ....a, o,u...
- Toma como palabras primitivas as seguintes do cadro anterior busca outras derivadas. Repara no uso de « c » e « z » .
mozo: mocidade. ......mocear..... . doce: ....doceiro,doceña.........
cazar: cacería, cazador .......... cabeza: cabeaceira, cabezudo...
page/196

Uso do guíón: separación de palabras a final de líña

Exerc 19.-197páx. Repara nestas regras e exemplos sobre o uso do guión a final de liña. Escribe ti outros exemplos ilustrativos.
Regra Exemplo
incorrectocorrecto
Non se poden separar sílabas.amer-
icano
ameri-
cano
Adoita evitarse deixar unha vocal soa.a-
vestruz
aves-
truz
Os dígrafos forman unha unidade e non se poden separar.ningun-
ha
ningu-
nha
Cando o guión de final de liña coincide con outro (2ª forma do artigo, palabras compostas), cómpre repetilo ó comezo da liña seguinte.come-
lo pan
come-
-lo pan

- Fai tódalas separacións correctas posibles destas palabras a final de liña.

algunha -- evaporación -- teórico -- acuático -- eólico

algunha ----->al-
gunha
algu-
nha
eva-
poración
evapo-
ración
evapora-
ción
teó-
rico
teóri-
co
acuá-
tico
acuáti-
co
eó-
lico
eóli-
co

Exer 20.- 197p Substitúe o símbolo D por « x » , « II » , « i » , « c » ou « z » segundo conveña.

 En maDo gastei mil cincoDentas pesetas en inDeccións para a miña nai enferma.
 AbraDei emoDionado o paDaso do Dirco.
 A saDa aDul que levaba LuDía deiDeina sobre a cabeDeira da cama.
 Cando a auga faga burbuDas, bota o touDiño e mailas lenteDas.

S O L U C I O N  En maio gastei mil cincocentas pesetas en inxeccións para a miña nai enferma.
 Abrazei emocionado o pallaso do circo.
 A saia azul que levaba Lucía deixeina sobre a cabeceira da cama.
 Cando a auga faga burbullas, bota o touciño e mailas lentellas.

Exer 21.-197p Muda entre si os « x », « II » e « i » ou os « c » e « z » para formar palabras correctas.

zume - vello - ioga - marco - pelexa - caio

zume: bebida feita co líquido das froitas; cume: parte máís alta dun monte. / vello: que ten idade: vezo: costume, vicio /vexo-->verbo ser
ioga: sistema filosófico hindú, xoga: --> verbo xogar. / marco: armazón na que se encaixa unha porta; marzo: 3º mes do ano.
pelexa: combate, disputa; peleca:--> pela dunha pataca ou dunha froita
caio: verbo caer ; callo: (coallo) fermento para callar o leite ; cazo: vasilla de cociña cun mango longo. page / 197

Lingua e comunicación

Elaboración dun texto argumentativo
Exer 22.- 198p Escolle un destes dous temas para escribir un texto argumentativo.
- A recíclaxe do líxo: unha necesidade máís ca un costume.
- A integración de persoas doutras razas e culturas.
Logo, sigue estes pasos.
- Para comezar, fai un traballo previo de recompilación de información.
 Busca a información necesaria que che permita dar probas sostendo o argumento que defendes. Pódeste facer preguntas sobre o tema da túa argumentación.

 Anota as ideas e organízaas segundo os temas ou características.Agrupa as ideas que teñan trazos de contido común.
- A continuación, ordena a información anterior e redacta o texto estructuradamente. Escribe un parágrafo para cada idea.


Presentación.-Exposición do tema e a razón pola que se propón.
Desenvolvemento.-Presentación con orde e claridade das diversas probas.
Conclusión.-Síntese global do que se dixo e conclusión do tema sobre o que se argumentou.

Finalmente, repasa, autocorrixe o teu texto. Lembra revisar todo o ue afecta a ortografía, repetición de palabras, signos de puntuación...

Exer 23.-198p Presentade na aula tódolos textos argumentativos.
page / 198

O debate

Ex 24.-199page Propoñémosvos que ePaboredes un debate sobre a televisión, radio,etc. Para isto, cómpre que vos organicedes do seguinte xeito:

ParticipantesModeradorXurado
- Divídense en dous grupos: defendene opóñense á tese.

- Os integrantes de cada grupo deben repartirse os aspectos que expoñerán para non repeti-las intervencións.

- Cada participante ten que respecta-la orde de intervención dos seus compañeiros e non excederá o tempo que Ile asigne o moderador para intervir

- Presenta o tema de forma que xerepolémica.

- Administrará o tempo: presentacións,orde de palabra e conclusións. - Evitará que o debate se converta nunha discusión.

- Elabora unha conclusíón fínal que sintetiza as ideas máis importantes do debate.

- Distribuídos en tres grupos, analizarán e seguirán as evolucións dos defensores, os opositores e o moderador.

- Cada grupo tomará notas e ó final responderá ó cuestionario que hai á marxe.


A lingua literaria

 0 teatro Obras menores: a farsa, o enfremés e o saínete. A farsa, o entremés e o saínete son obras propias do teatro popular que se caracterizan pola súa brevidade e polo feito de que se adoitaban representar como complemento doutras obras máis extensas. Destes subxéneros, que non tiveron unha difusión moi importante no teatro galego, só se conservan uns cantos textos.  A farsa É un subxénero teatral de ton popular e de carácter humorístíco. Presenta os acontecementos con intención de dívertir e, ó mesmo tempo, de criticar e rídiculizar E m p rega u n ha línguaxe moí sínxela e a expresión xestual, en moitas ocasións, ten tanta importancia coma o texto. Algúns exemplos de farsas da nosa literatura dramática son: - Pra vivir ben de casados (1919) de Leandro Carré Alvarellos. - A man da Santíña (1921 ) de Ramón Cabanillas. - A farsa das zocas (1963) de Ricardo Carballo Calero. - A revolta (1965) de Xenaro Mariñas del \/alle. - Farsas para títeres (1973) de Eduardo Blanco- -Amor. 0 entremés e o sainete Son pezas breves de carácter cómíco e de ambíentación tamén popular. Desde os seus comezos estes subxéneros foron concebidos para ser representados nos entreactos (entremeses) ou ó fínal (sainetes) de obras máis longas. Formalmente, adoitan estar en verso e a súa estrofa pode ser variada. A temática máis común de sainetes e entremeses pode dividirse en tres grandes liñas: - Costumistas: amosan a vida cotiá das clases populares. - Amorosos: moitas veces presentan situacións de infidelidade ou outros problemas sentimentais. - Picarescos: presentan personaxes marxinais da sociedade que empregan a súa astucia para sobrevivir. - Propagandísticos: teñen como obxectivo divulgar unhas determinadas ideas políticas. Igual que sucede coa farsa, non son moitos os exemplos destes subxéneros que podemos atopar no noso teatro. Entre os nosos sainetes e entremeses máis importantes están: - Entremés famoso sobre da pesca no río Miño (1671 ) de Gabriel Feixó de Araúxo. - A casamenteíra 1849 de Antonio Fandiño Martínez. - Copas e bastos (1922) de Galo Salinas. - A retírada de Napoleón e 0 cego da xestosa (1928) de Xabier Prado Rodríguez.
page / 201

-----------


A forza limpísima
de boa respiración
¿a onde vai velocísima
sen contaminación...? -----------
A luz dun futuro día,
vence intensa escuridade,
para que brille na nosa alma
esta luz da V E R D A D E.

Nunha longa rúa sen fin
eu canseime de esperar,
por mor que a Virxen chegase
que a quería saudar.
continuará...> ------


línea de de división

Cadro de versos populares
GALEGO
CASTELAN
Unha froita naceu verde
cor que co tempo perdeu,
o corazón naceu libre,
e a Virxe mo embeleceu.
Una fruta nació verde,
el tiempo la maduró;
mi corazón nació libre,
y la Virgen lo embelleció.
------------------------------------------------

Pinchen para suxerencias, propostas...


volver... -----