Aula 2º

línea de de división

Tema 2.-A cidade gris.
.
Nesta unidade estudiarás
Conceptos
Procedementos
Actitudes
Obxectivos didácticos
. Recursos literarios: o monólogo.
. Os textos orais. Situacións de comunicación oral planificada: singulares (exposición, conferencia) e colectivas (debate).
. Campo semántico: o transporte e as viaxes.
. As palabras compostas.
. As frases: simples e complexas. Tipos de frases: substantiva, adxectiva, adverbial, nominal e preposicional.
. A extensión territorial do galego e as súas variedades dialectais. A lingua estándar.
. Os grupos consonánticos pllpr e -pc-/-pt-.
. Corrección ortográfica: de meu, de teu, de seu.
. Literatura: Rosalía de Castro.
. Manexo do diccionario á hora de contextualizar o vocabulario que aparece nas lecturas.
. Recoñecemento das diferentes formas da comunicación oral: conversa, exposición, conferencia, debate...
. Realización de actividades de ampliación do léxico propio do campo semántico tratado: o transporte e as viaxes.
. Identificación da frase como unidade gramatical, así como das funcións sin tácticas que pode desenvolver na estructura da oración.
. Distinción, na lingua oral e escrita, das principais variedades dialectais do galego.
. Correcto uso dos grupos consonánticos pllpr e -pc-/-pt-.
. Recoñecemento da diferencia de significado e emprego correcto de: de meu, de teu e de seu.
. Recoñecemento das relacións entre obras, os autores e o momento histórico no que xorden.
. Valoración e respecto polas normas que rexen o intercambio comunicativo.
. ActitUde positiva cara ás actividades da clase que axuden a mellorar a competencia comunicativa.
. Interese por adquirir e utilizar dun xeito progresivo un léxico persoal cada vez máis amplo e preCiSO.
. Mección pola lectura de textos literarios de diferentes xéneros e épocas.
. Aprecio polo patrimonio literario propio, como expresión lingüística da identidade colectiva.
. Traballar a comprensión e análise textual.
. Manexar o diccionario para buscar o significado de determinadas palabras dun texto.
. Recoñecer e empregar o monólogo como técnica de composición narrativa.
. Empregar as diferentes formas de comunicación oral, espontáneas e planificadas, de acordo coas técnicas de cada unha delas e tendo en conta as normas que as rexen.
. Producir textos orais planificados (exposición, debate, entrevistas...) atendendo á dicción, entoación, propiedade léxica e corrección gramatical, e facéndoo con claridade, coherencia e adecuación ao contexto en que se produza.
. Respectar as normas propias de comunicación oral: respecto das quendas de intervención, comprensión do interlocutor e petición de palabra.
. Adquirir unha maior amplitude de léxico propio do campo semántico tratado (o transporte e as viaxes).
. Identificar palabras compostas diferenciando as partes que as forman.
. Distinguir entre frases simples e compostas e recoñecer os distintos tipos de frases segundo a función do seu núcleo.
. Coñecer e respectar a existencia das diferentes variedades dialectais e sociais da lingua. . Empregar con corrección e precisión ortográfica os grupos consonánticos pl/pr e -pc-,-pt-.
. Empregar correctamente de meu, de teu e de seu.
. Recoñecer a importancia da figura de Rosalía de Castro na literatura galega.
Ó final serás capaz de realizar máis accións...

-------


Tema 2.-Deportes
.
------
Nesta unidade estudiarás
Comprendemos
e expresámonos
Ampliámolo
noso saber
Máis sobre
a lingua
Recursos
para aprender
*Lemos
e entendemos.
*O mellor atleta
de tódolos tempos

Lingua oral
A transmisión
deportiva.

Lingua escrita
Texto expositivo

*Comunicación
e sociedade

*A crónica

*Lingua literaria
*A narrativa

*Gramática
A oración: suxeito
e predicado

*Vocabulario
O signo lingüístico

*Ortografía

Acento gráfico

O esquema
mediante cifras
e letras.
Ó final serás capaz de...
-----

Lemos e entendemos Comprendemos e expresámonos

Comentade en parellas, as seguintes cuestións

- ¿Que deportes practicas? ¿Que deportes che gustan máis? ¿Por que? ¿Hai algún deporte que che gustaría practicar especialmente? ¿Cal? ¿Por que?

- ¿Gústache ver deporte pola televisión? ¿Tes algún deportista preferido? ¿Cal é e por qué?

- ¿Pasoúche algunha anécdota interesante ou divertida relacionada co mundo do deporte? Se é así, cóntaa.


O mellor atleta de tódolos tempos.
1.-arroubado: colorado pola emoción.
2.-sabichón: que fala de calquera cousa ou de calquera tema, convencido de que saabe e entedende de todo.
3.-belixerante: combativo, batallador.
Diego escoitaba arroubadol o himno americano. Ese himno que seus pais odiaban porque representaba, segundo eles, a hexemonía e mailos valores tradicionais e conservadores, exportados por tódolos puntos do planeta dende o Grande Imperio do Tío Sam. Pouco lle importaba todo isto a Diego, cando observaba a face, con expresión emocionada, dun atleta, polo que sentiu un certo noxo noutrora e hoxe amaba fondamente: Carl Lewis.

Aínda lembraba os duelos con Ben Johnson, ese si, admirado dende o principio. Un canadiano, de orixe xamaicana, que ousara desafia-las figuras ianquis, no deporte rei dos Xogos Olímpicos: o atletismo.

¡Canto disfrutou aquel ano de 1988 en Seúl, nese intre no que os velocistas dos cen metros rachaban a cinta de chegada con Ben diante de Lewis! Fora ernocionante. Con once anos Diego erguérase da cadeira cos brazos estendidos cara ó ceo, facendo o sinal da victoria. Caera o mito que catro anos antes se cubrira de ouro nuns xogos, Los Ángeles, de tantas connotacións imperialistas.

Pero non se esquecerá tampouco aquel día de setembro, no que se anunciou a descalificación do canadiano por culpa do dóping. Ese positivo en sustancias prohibidas volvería pendurar do pescozo de Lewis outra medalla de ouro. "O fillo do vento", como lle chamaban os xornalistas -sempre amigos de bautizalo todo- demostraba se-lo mellor atleta de tódolos tempos.

-¡O de sempre! Non deixan de prexudicar ós mesmos. Se Johnson fose americano, isto non pasaba. ¿Pensas que Lewis non se dopa? É imposible acadar esas marcas sen sustancias prohibidas.

Estas e outras eran sentencias do seu pai -sabichón2 decepcionado por un triunfo máis dos seus odiados ianquis.

Mais Diego facía oídos xordos a estas aseveracións. Para el Carl era o máis rápido. El non inxería sustancias ilegais, estaba seguro. Se fose así, tamén daría positivo e a évidencia demostraba o contrario.

En Diego produciuse un cambio interno. Cansou de deixarse influír polo anti-americanismo do seu pai.

Un ídolo, un mito nacía para el. Un mito, ademais, que ó longo do tempo sería belixerante3 na loita contra o consumo das drogas, dentro e fóra das pistas de atletismo.

Catro anos despois Lewis convertérase no mellor atleta de tódolos tempos. Triunfos e medallas garantían esta afirmación. Catro anos nos que pasaran moitas cousas. E non só no ámbito social cos atentados terroristas, a caída do Muro de Berlín, a Guerra do Golfo, as crises económicas... senón, e principalmente, na vida de Diego.

Antonio G. Teijeiro, Fantasía en RE maior. Ed. Edelvives


Tema 2.-O galego hoxe
.
------
Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
*O texto expositivo.
*A normalización lingüística.
*Sufixos e prefixos de orixe grecolatina.
Lingua e comunicación
*Elaboración dunha exposición.
*Técnicas de estudio: a memorización
*Texto, parágrafo e oración.
*Definición e clasificación de
*oracións. A oración simple.
*As regras de acentuación.
*Uso do punto e seguido e do
*punto e á parte.
*Estrofas dun núme-
*ro variable de ver-
sos.
*Creación dun poe-
ma de verso libre.
Ó final serás capaz de...
* Analizar e identifica-las características do texto expositivo.
* Tomar conciencia da necesidade de normalización lin-
güística a nivel individual e colectivo.
* Amplia-lo vocabulario mediante os principais prefixos e .
sufixos de orixe culta.
* Recoñecer oracións segundo a actitude do falante e.
desde o punto de vista sintáctico.
* Aplicar correctamente as normas de acentuación.
* Puntuar correctamente os textos.
* Crear textos expositivos sobre un tema dado.
* Identificar aspectos lingüísticos que reflictan prexuízos
* sexistas e usar recursos para evitalos.
* Aplicar diversas técnicas mnemotécnicas.
* Identificar estrofas dun número variable de versos.
* Crea-los teus propios textos literarios aplicando unhas
técnicas dadas.
-----


A información

Actividade 1.-Charla cos teus pais e cos teus avós e completa unha ficha coma esta sobre a situación do galego nos seus anos mozos.
Así era a situación do galego...
Na familia Na rúaNa escolaNa administraciónNo traballo
1..........
2..........
3..........
.........
.........
.........
...........
...........
...........
...........
...........
...........
...........
...........
...........

-Reflexiona sobre os datos que obtiveches, contrástaos cos dos compañeiros.
Actividade 2.-Comentade todos a relación da situación pasada coa actual.

Cando os romanos chegaron ó noso país no século I a. C. trouxeron consigo unha civilización moi avanzada, os seus costumes e a súa lingua: o latín. O imperio romano desmenbrouse no ano 476 d. C. e o latín fálase xa en diferentes zonas do seu dominio e comeza a se fragmentar nunha serie de linguas novas, chamadas linguas romanas. As linguas románicas son: galego, portugués, castelán, catalán, francés, italiano, sardo, ...
Le
O galego pasa hoxe por un momento de especial gravidade. Como sabemos, ó ir devecendo o mundo rural, o número de falantes, á par, foi minguando. E, asemade foi esmorecendo tamén en vilas e cidades, especialmente deturpándose.

Pero hoxe é obxecto de ensino, e esta é unha situación nova. O que non semella, ó menos por agora, é que esta situación teña unha importancia decisiva para o seu futuro. Porque se ben é certo que a escolarización en galego é unha realidade, o que non se ve por ningures é que esa escolarización determine que o pobo asuma o galego como a súa lingua natural. Máis ben os síntomas indican o contrario.

E aquí é onde, ó meu ver, radica a cerna viva da cuestión. Non sei se estamos xa nunha situación semellante á de Irlanda, onde se estudia a lingua do pais pero non se fala; tampouco sei se essta situación, aínda que non fose esa, pode cambiar de signo.

Para que isto ocorra teñen queproducirse en Galicia

algúns cambios esenciais, pois trátase de que o pobo asuma o problema da lingua como o principal problema da súa identidade. E o certo é que eu non vexo que haxa razón ningunha en contra de que isssto poida ocorrer. Pero si penso que se pode afirmar que só ocorrerá se os poderes galegos(...) asumen de verdade a concienciación de Galicia. Paréceme que só así será posible un cambio radical na mentalidade galega.

-----------> Xosé Luis Franco Grande.
-----------> Diario de Galicia(7-4-88)







devecendo: minguado, decrecendo
asemade: ó mesmo tempo.
deturpándose: corrompéndose, contaminándose.
cerna: parte fundamental ou máis importante dunha cousa.
As partes subliñadas son adaptación á normativa.


Comentario do texto

Actividade 3.-Le as afirmacións seguintes e sinala se se din no texto ou se se deducen. Explica a túa elección coas palabras do texto.
Afirmación
DiseDedúcese
A. A situación actual do galego é grave.....
B. A situación do galego nas cidades é aínda peor ca nas aldeas.....
C. A escolarización en galego é un feito recente.....
D Non parece que o ensino en galego sexa un factor decisivo para o futuro do galego ....
E. 0 importante é que o pobo asuma o galego como a súa lingua natural....
F. A situación de Galicia pode semellarse á de Irlanda....
G. Moitas actitudes deben cambiar para que mellore a situación do galego ....
SOLUCIÓNS:
Afirmación
DiseDedúcese
A. A situación actual do galego é grave.X..
B. A situación do galego nas cidades é aínda peor ca nas aldeas...X
C. A escolarización en galego é un feito recente.X..
D Non parece que o ensino en galego sexa un factor decisivo para o futuro do galego X..
E. 0 importante é que o pobo asuma o galego como a súa lingua naturalX..
F. A situación de Galicia pode semellarse á de Irlanda..X
G. Moitas actitudes deben cambiar para que mellore a situación do galego X..
-A. No texto dise 0 galego pasa hoxe por un momento de especial gravídade.
-B. .En vilas e cidades, especialmente deturpándose.
-C. É unha situación nova.
-D. Non semella que esta situación teña unha importancia decisiva para o futuro.
-E. É aquí onde radica a cerna viva da cuestión.
-F Non sei se estamos xa nunha situación semellante á de Irlanda.
-G Para que isto ocorra teñen que producirse en Galicia ....

Actividade 4.-Analiza a estructura do texto e resume o seu contido tendo en conta o seguinte esquema.

Título
(Síntese do contido do texto)
O galego hoxe
Presentación

(Introducción do tema)
Desenvolvemento

(Exposición ordenada do tema)
Conclusión

(Resumo de ideas ou opinión do autor)
Parágrafo 1

Contido: O galego pasa hoxe...
Parágrafos ...

Contido: O galego e obxecto de ensino...
Parágrafo ...

Contido: Teñen que producirse en Galicia d...
Solución:
Título
(Síntese do contido do texto)
O galego hoxe
Presentación

(Introducción do tema)
Desenvolvemento

(Exposición ordenada do tema)
Conclusión

(Resumo de ideas ou opinión do autor)
Parágrafo 1

Contido: O galego pasa hoxe...
Parágrafos 2,3,4

Contido: O galego e obxecto de ensino...
Parágrafo 5

Contido: Teñen que producirse en Galicia d...

Actividade 5. O autor presenta no texto, de xeito ordenado, unha serie de feitos e tamén de ideas ou opinións persoais. Completa este cadro con palabras do texto.
Palabras do texto
FeitosFoi minguando o número de falantes no mundo rural...
Hoxe é obxecto de estudio...
Ideas ou opiniónsAquí é onde, ó meu parecer, radica...

O texto expositivo presenta unha serie de feitos, ideas ou opínións dunha maneira clara e ordenada, seguindo un encadeamento lóxico.

Lingua e sociedade.
A normalización lingüística

É normal que as persoas usen sempre e en tódalas circunstancias a lingua propia do seu país. En Galicia esta situación normal non se dá, pois podemos atopar unha chea de situacións nas que os galegofalantes adoitan empregar outra lingua.
O proceso a través do cal se pretende corrixir esta situación denomínase normalización lingüística. Con ela búscase que unha lingua se desenvolva ata conseguir que os falantes a usen de forma natural e espontánea en tódalas situacións, públicas ou privadas.
A diglosia é as dúas variedades fundamentais da mesma língua con usos diferentes: coloquial (familia, amigos) e formal (conferencias, mítines, reunións en público, mesas redondas,...)

Actividade 6.- Reflexiona sobre o uso que se fai do galego no teu contorno e completa este cadro .

Actividade 7. Despois de comparar estes datos, apuntade e comentade conxuntamente accións que, segundo vós, poidan favorece-la normalización lingüística do galego.
Accións indíviduais - Accións colectivas
Compre que tomemos conciencía da ímportancia dos esforzos individuaís e colectívos en favor da normalízación língüístíca.

a) Léxico e b) desviacións
a) Léxico, partes da palabra: lexemas, morfemas
b) desviacións: castelanismos, dialectismos, vulgarismos, arcaismos, hipergaleguismos ou hiperenxebrismos, lusismos.

MonemasLexemas:con significación léxica nos Diccionarios.Unidade mínima lingüística.Os adverbios considéranse lexemasnen- alt-,and-(a)
substantivos xén o
a
s
flexivos,
constitutivos
adxectivos xéno
a
s
verbos modo -ba
tempo -ba
Trabados -n
persoa -n
prefixos:pre-ante- re-
Morfemas derivativos: Afixos
Facultativos
infixos: pana d ería
sufixos: derivativos
alterativos
aumentativos
diminutivos
locativos(topo.) carball eira
profesión: zapat eiro
Independientes artigospreposiciónsconxuncións

Resume:

Os morfemas poden ser: morfemas trabados e morfemas independentes
Os morfemas trabados: morfemas flexivos e morfemas derivativos
Os morfemas flexivos facilitan a flexión de xénero e número nos nomes, adxectivos e a conxugación dos verbos.
Os morfemas derivativos facilitan con prefixos, infixos e sufixos a formación de novas palabras.

Clasifica as partes das seguintes palabras seguindo o cadro (no caso dos morfemas indica a que categoria pertencen).
Exemplo.-
PALABRALEXEMA . MORFEMA FLEXIVO ou constitutivo. MORFEMA DERIVATIVO ou facultativo
Mesiña MES- -A (xénero e número) -lÑA (Alterativo, diminutivo)
Incorrecto
Cabezona
Casucha
PALABRA LEXEMA MORFEMA FLEXIVO ou constitutivo MORFEMA DERIVATIVO ou facultativo
Malos Mal- -o (xénero), -s (número)
Capitán
Heroína
Cabezona Cabez- -a(xénero), - (número) -ón (derivativo,alterativo, aumentativo, despectivo)
Pastoras
Profetisa
Mozote
Mortal

SOLUCIÓN:
PALABRA LEXEMA(s) . MORFEMA(s) FLEXIVO(s) ou constitutivo(s) . MORFEMA(s) DERIVATIVO(s) ou facultativo(s) .
MesiñaMES- -A (xénero e número) -IÑ (Alterativo, diminutivo)
Incorrecto CORRECT -O (xénero e número) -lN ( Derivativo, prefixo latino )
Cabezona CABEZ- -A (xénero e número) -ON (Aterativo, aumentativo// despectivo)
Casucha CAS- -A (xénero e número) -UCH- ( Alterativo, despectivo )
Malos MAL- -0 (xénero), -S (número)
Capitán CAPITÁN ø (xénero e número)
Heroína HERO- -ÍNA (xénero e número)
PastorasPASTOR- -A (xénero) -S (número)
ProfetisaPROFET -lSA (xénero e número)
Filaharmónico (Fila-, harmonía-) -o(xénero masculino e número singular) -ICO (Alterativo, diminutivo) *Consulta diccionario e non discutas)
Mozote MOZ- -OTE (Aterativo, aumentativo// despectivo)
Mortal MORT -AL (Derivativo, sufixo )

*****
b) Desviacións
Desviacións da normativa do galego
*A determinación do galego estándar parte das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, elaboradas pola Real Academia Galega e mailo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago, publicadas en 1982.
*Os desvíos da norma poden resumirse nos seguintes:
1.- CASTELANISMOS.
2.- DIALECTISMOS.
3.- VULGARISMOS.
4.- ARACAÍSMOS.
5.- HIPERGALEGUISMOS ou HIPERENXEBRISMOS.
6.- LUSISMOS.

1.- CASTELANISMOS
Son interferencias do idioma castelán no idioma galego. Pódense distinguir varios tipos de castelanismos:
CASTELANISMOS LÉXICOS
-Palabras castelás que conviven coa forma galega; pero esta vai restrinxindo o seu significado pola influencia da outra.
*escoba-------------------vasoira
*grifo -------------------- billa
*sartén ----------------- tixola
-Introducción de formas castelás disfrazadas baixo apariencias de formas galegas (castelanismos fonéticos):
*conexo ---------------- coello *cexa ------------------ cella
*parexa --------------- parella *lentexa -------------- lentella
*antoxo ---------------- antollo *partixa ------------- partilla
*baraxa --------------- baralla *calquer -------------- calquer
-Substitución da forma galega pola forma castelá:
*Dios ------------------- Deus *cuchara -------------- culler
*iglesia ---------------- igrexa *abuela -------------- avoa
*pueblo ---------------- pobo *embudo ------------ funil
*luna ------------------- lúa *salir ---------------- saír
*persona -------------- persoa *adiós -------------- adeus

CASTELANISMOS MORFOLÓXICOS
-Os aspectos morfolóxicos do galego non coinciden moitas veces cos do castelán. Os máis frecuentes son:
-Alteración do xénero dalgúns nomes:
. *o ponte --------------- a ponte
. *a mel -------------- - o mel
. *a efe --------------- o efe
. *o dolor ---------------- a dolor
. -Uso incorrecto dos pronomes :
. _ utilizar eu no lugar de min ( Corre máis ca eu* )
. _ utilizar lle, lles (O I ) no canto de ó , os (OD). (aviseillé a tempo )
. _ emprego da forma *estos no lugar da galega estes.
. _ uso de *cuyo ou *cuio, que non existen no galego actual.
. _ utilización da forma *quenes no canto de quen (non ten plural )
. _ uso da fozma *calquer pola galega calquera.
. . . . -Uso incorrecto dos verbos:
. äEn galego non hai tempos compostos (*había dito ---- dixera )
. äNo futuro dos verbos non se intercala -d- ( * tendría --- tería).
. äHai verbos que en castelán son reflexivos e en galego non ( caer, parar, morrer, romper marachar, adormeccer,...)
. äTamén hai verbos que en castelán son irregulares e en galego son regulares:
.
. *andivo -------------- andou
. *andivemos -------- andamos
. *produxo ----------- produciu
. *conduxo -------- conduciu
. *sabrei ---------- saberei
. *podría ------------ podería

CASTELANISMOS SINTÁCTICOS
*Consisten no uso da sintaxe castelá no galego. Os principais son:
- Ausencia do artigo diante dos posesivos:
- *nosos amigos .............. os nosos amigos
-Colocación incorrecta do pronome átono na frase:
- *me dixo que non --------- díxome que non
-Emprego da preposición a nas perífrases de IR + INFINITIVO:

.
- DIALECTALISMOS.
-O dialectalismo consiste en usar nos textos escritos rasgos característicos da fala dunha bisbarra ou dunha zona concreta.
· Estes dialectalismos son aceptables no galego oral; pero non no galego escrito.
- *irmao -------- irmán *muito -------------- moito
- *pantalós ------ pantalóns *truita -------------- troita
- *pantalois ----- pantalóns *tu ---------------- ti
- *colliu -------- colleu *iste ----------------- este
- *quedais ------ quedades *ghalo --------------- galo
- *sapato ------ zapato *lus ---------------- luz
- *tou -------- estou *detrais --------- detrás
-
- VULGARISMOS
- Son desvíos propios do galego oral. Teñen múltiples manifestacións: engadindo ou eliminando sons, cambio de posición de - fonemas, alteración de vocais ou consoantes, etc,.
- - *teléfano *celebro *frores *melro *bondá
- *romedio *istante *coluna *vernes *verdá
- *rivés *oservar *perguntar *perto *salú
- *millor *língoa *coarto *histórea *cameón
- *múseca *moller *númaro *pior *gueiteiro
- *gueivota *dispois *arbre *vran *arradio
- *Améreca *Manoel *esprito *marmurar *probe
-
- ARCAÍSMOS .
- Os arcaísmos son formas utilizadas noutros tempos; pero que a evolución da lingua sustituíu por outras:
-
- *nascer ------- nacer *vegada ---------- vez
- *rescibir ------ recibiri *capiduo --------- capítulo
- *caloña ------ calumnia *tiduo ---------- título
- *testemoia -- testemuña
-
- HIPERGALEGUISMOS OU HIPERENXEBRISMOS .
- -Son formas creadas por reacción diferencialista respecto do castelán.
-
- *nazón ......... nación *primaveira --------- primavera
- *condizón ---- condición *sinceiro ----------- sincero
- *hourizonte ... horizonte *ámeto ----------- ámbito
- *humán ...... humano *brilar ------------- brillar
- *mañá ....... mañá *orguloso ------ orgulloso
- *semán .... semana *destiño ------ destino
- *urbán .... urbano *diviño -------- divino
- *inconvinte --- inconveniente *gasoliña ----- gasolina
- *zoa ---------- zona *ambente ---- ambiente
- *cencia ------ ciencia *encosta ----- enquisa
- *pacencia ---- paciencia *experencia ------ experiencia
- *freconte --- frecuente *carreteira ----- carretera
-
-
-
.- LUSISMOS . O lusismo cosiste en sustituír unha forma lexítima galega polo correspondente portuguesa.
- *ponto ........... punto *proprio ......... propio
- *luta ......... loita *cais .......... cans
- *meio ........ medio *uteis ....... útiles
- *nervo ...... nervio *amável .... amable
- *nervoso .. nervioso *posivel ... posible

*****
Actividade 8. Completa o cadro segundo o exemplo e busca outra palabra no diccionario con cada un destes prefixos gregos.

Prefixo * Significado * Palabra * Sígnificado
auto- * por si mesmo * automóbil * Vehículo que se move por si mesmo.
endo- ............... dentro ..................... endoscopio........... ilumina a parte interior do corpo
hipo- * por debaixo de * hipotenso * que ten tensión baixa
mono- ..................un ..............................monolingüe ..........que fala unha lingua
peri- * arredor de * pericardio * que rodea o corazón
tele- ................ lonxe........................ teledirixido........... que se dirixe a distancia
a- * carencia * amoral * falto de moralidade e de ética
am- .................. cortar alrededor de ..... amputar ............. cortar un membro dun todo
anfi - * duplicidade * anfibio * que vive de dúas maneiras
deca- ............... dez .............. decálogo........ conxunto de dez frases, dez liñas, dez cousas, ...
hept - * sete * heptágono * polígono de sete lados
hecto - .............. cen .................... hectaria............... cen áreas

Actividade 9.- Forma palabras con estes prefixos latinos. Usa o diccionario.
Prefíxo * Sígníficado * Palabra * Outros exemplos
bi-/bis- dous, dúas bípedo bivalvo, bianual, bimotor, biplano, {(cobra de lingua) bífida}...
circun- ......... arredor de ..... circunnavegación .circunscribir, circunspección, circunvalación, cincunvolución,
intra- dentro de intravenoso intrauterino, intracutáneo, intra muscular, intra venoso, ...
pos-/post- ............. despois de ............ postoperatorio ... posguerra, posmoderno, ...
retro- cara a atrás retroproxector retrógrado, retrospección
sub- ...................... debaixo de .......... subsolo ............. submariño, subterráneo.

- Escribe oracións con cada grupo de palabras.
Actividade 10.- Crea palabras derivadas con estes sufixos segundo o modelo.
Consulta o diccionario se o precisas. Palabra * Sufíxo * Palabra derivada . . * Sígnificado da palabra.
. 1) farinxe * -(o)mancia (2 * farinxite -> inflamación da farinxe
2) carta * -(o)dromo (3 * cartomancia -> adiviñas por medio das cartas
3) can * -ite (1 * canódromo -> lugar onde corren cans
4) insecto * -(o)voro(6 * insecticida -> mata insectos
5) carne * -cida (4 * carnívoro -> come carne
6) herba * -(o) voro (5 * herbivoro -> come herbas

Desenvolvémo-lo vocabulario
De seguido imos traballa-lo vocabulario relativo á ciencía e á tecnoloxía modernas.
Actividade - 11 . Completa axeitadamente as seguintes oracións con estas palabras. Indica tamén a disciplina científica á que corresponden dando explicacións.

Oracións Disciplina
 0 vehículo sobrepasou a liña pola ...ínercía.... que levaba.(1 meteoroloxía(2
 A disposición das ......isobaras...... indican que haberá tormenta(2. física(1
 0 director do banco falou do ....superávit...... deste ano.(3 informática(5
 Ese mineral non é ......soluble....... en auga.(4 economía(3
 Merquei un .........programa.......... de deseño para o meu ordenador.(5 bioloxía(6
 Ese tipo de animal xurdiu gracias a unha ........mutación...(6. química(4

Actividade 12. Relaciona cada termo co debuxo que Ile corresponda e indica en qué lugar os atoparías facilmente.

utensilios para facer a vida fácil
A X S A S Y ND I
M Q U E R N A T A
E N FB I E L A E
F I RM U G L X O
R U A T 0 A A D V
O B XE C T I V o
M A I R NI O U T
E Z O I L V Q R O
S A S U V O F E N
Morfema ¿Que é morfema?
Sufraxio.¿Que é sufraxio?
Voto ¿Que é un voto?
Obxectivo ¿Que é obxectivo?
Biela ¿Que é unha biela?
Motor ¿Que é o motor?
Negativo ¿Que é un negativo?

Actividade 13. - Completa este cadro coas oito palabras que atopes na sopa de letras, mirando as subliñadas e en itálica, de certo; saes enxeñeiro.
Mecánica Língüístíca Política Fotografía
motor morfema sufraxio negativo
biela ton voto obxectivo

Termos para distinguir claramente.
Linguaxe é a capacidade que ten o home para comunica-los propios pensamentos ó recptor mediante código compartido.
Lingua é o conxunto de signos que contén un idioma e que está a disposición dos seus falantes.
Fala é a realización concreta e individual da lingua que fai un falante.

Reflexión sobre a lingua
Texto, parágrafo e oracíón

“ I (1 ) A residencia dos Couceiro estaba situada na rúa maior. (2) Era un edificio vello cunha fachada bastante deteriorada. (3) A porta de entrada estaba aberta de par en par. (4) As grandes escaleiras da entrada estaban aseguradas por un pasamáns de madeira e tiñan olor a vello e a humidade. (5) A porta do primeiro piso estaba situada nun lado do descanso.

II (1 ) Ó abrirse a porta, apareceu o recibidor estreito que comunicaba con tres portas. (2) A primeira daba ó salón, decorado cun tresillo de veludo e unha lámpada de pé que repousaban sobre unha alfombra descolorida. (3) A segunda levaba a un comedor pequeno e unha cociña ó fondo, separados por unha porta. (4) A terceira conducía a dúas habitacións da vivenda e ó baño, situado entre as dúas portas. (5) En resumo, aquela casa desprendía un ambiente de nostalxia e tempos pasados.

A residencia dos Couceiro, lembra que na Arxentina fabrican casas antisísmicas

Actividade 14.- Despois de le-lo texto anterior, completa axeitadamente este cadro.
ConceptoDefiniciónDescrición do modelo
TextoCalquera tipo de producción comunicativa,oral ou escrita,con coherencia interna e unidade.

Todo texto contén parágrafos e estes conteñen oracións. Así calquera conferencia, coloquio, informe, conto... considerámolos un texto.

Inclúe desde o inicio ata...: A residencia
ParágrafoCada unha das partes dun texto, formada por diversas oracións que desenvolven unha mesma idea, e acaban en punto e á parte. Ó atoparse tan ben determinado, é fácil distinguilo graficamente no texto. Idea do parágrafo I:
descrición exterior da casa

Idea do parágrafo II:
descrición inerior da casa

OraciónA unidade que expresa cada un dos contidos dun parágrafo. 0 signo de puntuación que separa as diferentes oracións é o punto e seguido. Contido oración 1 :
situación da casa.

Contido oración 2:
aspecto da casa.

Contido.oración 3..
Como estaba nese momento a casa.

A oracíón
Para definir unha oración, cómpre ter en conta, sen embargo, outros criterios.
Críterio
Explicación
Semántico Unha oración expresa un sentido completo: a información afecta a un suxeito ou obxecto e a unha acción.
Sintáctico Unha oración é unha unidade independente. Está formada por un SN con función de suxeito e un SV con función de predicado.
Prosódico Unha oración atópase entre pausas. Facemos unha antes de comeza-la oración e outra ó acabala. Estas pausas represéntanse na escrita mediante signos de puntuación.
- Anota se estes enunciados son ou non oracións. Xustifícao.
SiNon
Escoito o teléfonoXSentido completo independiente, entre pausas
Sen o can de Manuel...X
Non ten sentido completo nin unidade independente
Desde Marín a Pontevedra...X
Non ten sentido completo nin unidade independente
Ela chegará o xovesX Sentido completo independiente, entre pausas

A oracíón é aquel grupo de palabras que teñen un sentído completo e forman unha unídade índependente. Na línguaxe escrita, as oracións sepáranse por puntos.

Clasífícacíón das oracíóns

Cando nos comunicamos, sempre o facemos cunha determinada intención ou actitude: preguntamos algo, queixámonos, expoñemos un dato. Segundo a actitude do falante as oracións poden ser:


Desde o punto de vista sintáctico, clasificámo-las oracións en simples e compostas.
As oracións que teñen un único predicado son oracións simples.
0 núcleo do predicado é o verbo.
0 can roe un óso
Sux. Pred.

A cotío, ó falar, relacionamos oracións entre si mediante enlaces. Este tipo de oracións que constan de varios predicados unidos por elementos de enlace son as oracións compostas.
0 can roe un oso e o gato come unha sardíña
Sux. Pred. Enlace Sux. Pred

Actividade 15. Numera as diferentes oracións deste parágrafo e escribe os signos de puntuación (puntos e seguido e puntos e á parte) precisos.
Colleron as canas de pescar e a cesta coa merenda de camiño ó río atoparon a Paulo este foi busca-los seus aparellos para se unir á panda moitos tamén tiñan ganas de se bañar cando chegaron ó río xa eran as sete da tarde.
- Despois, elabora un segundo parágrafo que conste de cinco oracións máis, para alonga-lo texto.
SOLUCIÓN:
* Colleron as canas de pescar e a cesta coa merenda.
De camiño ó río atoparon a Paulo. Este foi busca-los seus aparellos para se unir á panda, moitos tamén tiñan ganas de se bañar. Cando chegaron ó río xa eran as sete da tarde.
Chega o teu turno, agora ti, elabora un segundo parágrafo que conste de cinco oracións máis, para alonga-lo texto.
- Emprega a nomenclatura da actividade 14.
 Para indica-los parágrafos: I, II.
 Para indica-las oracións: (1 ), (2)...

Actividade 16. Indica se os seguintes enunciados son oracións ou non. Xustifícao.

SOLUCIÓN:
Oración Non oración .
Xustificacíón
criterio semántico criterio sintáctico criterio prosódico.
0 neno canta. X ... Sentido completo unidade independiente (se van ou non van entre pausas)
O futbolista, golpea o balón no campo. X . . . Sentido completo unidade independiente Ten criterio prosódico
vai con pausas.
peixe. ... .X Non ten sentido completo Nin é unidade independiente (se van ou non van entre pausas)
O can do veciño de Pedro... X Non ten sentido completo Nin é unidade independiente (se van ou non van entre pausas)
Comeremos aquí. X ... Sentido completo unidade independiente (se van ou non van entre pausas)
O alumno novo. ... XNon ten sentido completo Nin é unidade independiente (se van ou non van entre pausas)

Actividade 17. Crea oracións simples a partir destes verbos. Faino segundo o modelo que che propoñemos.
  • derrotaron - cheguei - valen - temos - saudaron - len - foron
Exemplo:
Os romanos derrotaron ós cartaxineses
Suxeito Verbo Complementos
Solución:
Suxeito Predicado
-Eu cheguei cedo.
-As peras valen poucos cartos.
-Nos temos traballo
-Eles saudaron os obreiros
-As persoas len libros
-Os duques foron New York

Actividade 18. Indica o tipo ó que pertencen as seguintes oracións, tendo en conta a actitude do falante.
Oracíóns Tipos
a)Calade. Enunciativa (b
b)Ela chegou cedo. Interrogativa(c
c) ¿Queres algo máis? Exclamativa(d
d)¡Que fame teño! Imperativa(a
e) Queira Deus que escampe. Dubitativa(f
f) Poida que cheguemos tarde. Desiderativa(e

- Escribe ti un exemplo máis de cada tipo
Repara neste texto que comeza cunha oración simple imperativa, outra interrogativa e outra enunciativa.

Gardade silencio. ¿Non escoítades ese ruído? É o motor dun co- che...

- Continúa ti o texto narrando brevemente a historìa que che suxire este comezo. Ten en conta que:

- Debes poñer, polo menos, un exemplo máis dos outros tipos de oracións, segundo a actitude do falante.

- Hai que coida-la expresión (repetición de palabras, signos de puntuación...)

Actividade - 19. Fai as transformacións que correspondan coas seguintes oracións. Sigue o modelo.
Enunciatíva -> Interrogatíva Desíderatíva
Ela virá mañá. ¿ Virá ela mañá ? Oxalá veña ela maná
Dubitativa Desíderativa Enunciativa
Quizais lle guste o leite> Oxalá lle guste o leite Gústalle o leite.
Desideratíva Enunciativa Imperativa
Oxalá mo digan todoDinmo todo. Dicídemo todo
Imperativa Dubítativa Interrogatíva
Marchade de aquí hoxePoida que marchedes de aquí hoxe. ¿Marchades de aquí hoxe?
Enunciativa Imperativa Interrogativa
Xoán come mazásCome mazás, Xoán. ¿Xoán come mazás?
Interrogativa Dubitatíva Enunciativa
¿Morreu o gato? Poida que morrese o gato. Morreu o gato.

Ortografía
Uso do acento gráfico
Actividade.- 20. Repara nas seguintes palabras, que teñen a sílaba tónica destacada, e completa o cadro inferior.

Sobreesdrúxulas Esdrúxulas
Graves
Agudas
Acentúanse sempre Acentúanse sempre Acentúanse Non se acentúan Acentúanse Non se acentúan
coméntaseche xílgaro hábil amigo, cantan compás motor
contáronnolo lámpada néctar lapis, dolméns café animal
avisámosvolomecánico .. casa mañá ..

As palabras sobreesdrúxulas e esdrúxulas acentúanse sempre. As palabras graves acentúanse cando rematan en consoante que non sexa -n, -s, -ns. As palabras agudas acentúanse cando rematan en vocal, en -n, -s, -ns.

0 punto e seguído e o punto e á parte.

“ I (1 ) Cheguei á cidade ó mediodía. (2) Pódese dicir que o autobús me deixou no mesmo centro. (3) Estiven un anaco pensando qué facer rimeiro. (4) Necesitaba aloxamento pero tamén tiña bastante fame.
II (1 ) Decidín entrar nun restaurante de comidas rápidas. (2) Senteime e comín algo. (3) 0 camareiro do restaurante indicoume que había un hotei non moi lonxe de alí. (4) Sen dar máis voltas paguei e saín cara ó hotel.
III (1) 0 hotel non era nada do outro mundo. (2) A entrada daba di- rectamente á recepción. (3) 0 recepcionista deume os bos días e atendeume amablemente. (4) Ó pouco tempo xa estaba na miña habitación. “

Actividade - 21 . Fíxate no texto que acabas de ler e anota:
-Número de parágrafos. .............
- Número de puntos e á parte. . ............
- Número de oracións en cada parágrafo. . ............
solución:
-Número de parágrafos. 3
- Número de puntos e á parte. 3
- Número de oracións en cada parágrafo. 4
O punto e seguído separa oracíóns que expresan contídos diferentes. 0 punto e á parte separa parágrafos que expresan ideas diferentes.

Actividade 22.- Completa segundo conveña as palabras que veñen a continuación con estas sílabas tónicas. A cada palabra correspóndelle unha delas.

.
ma - má; lan - lán; den - dén;
al - ál; se - sé; ran - rán;

.
i....tico; mate.......ticas; .......cho; ........dra
pru.......te; .......bum; tece......; .....culo
se.......na; m.......te; ......ga; menti..

solución:
  • i..dén. ...tico mate...má....ticas ...ran....cho ...lan.....dra
  • pru...den....te ...ál....bum tece.....lán... ...sé..... .culo
  • se..ma.....na m..al.....te ...se......ga menti......rán..
  • - Busca palabras esdrúxulas, graves e agudas que posúan estas sílabas tónicas acentuadas. Faino segundo o modelo

    mó - fá - cón - fé

    Esdrúxula: demócrata cónclave, fábula, fétido
    Grave: móbíl cónsul, fácil, fémur.
    Aguda: esquimó tacón, sofá, café.

    Actividade 23.- Pon tódolos acentos que faltan nestas oracións. 0 número de acentos de cada unha vén indicado ó final.
     0 proximo veran iras a Marin coa miña irma. (5)
     0 capitan dixo que era facil navegar por este mar. (2)
     Dixonolo todo xusto cando entrou o mecanico. (2)
     0 medico comentou que Oscar saira axiña do hospital. (3)
     Aquel camion estaba cargado con cafe, azucre e lacons. (3)
     0 consul aleman chegara maña en avion. (5)
    SOLUCIÓN:
     0 próximo verán irás a Marín coa miña irmá. (5)
     0 capitán dixo que era fácil navegar por este mar. (2)
     Díxonolo todo xusto cando entrou o mecánico. (2)
     0 médico comentou que Óscar saíra axiña do hospital. (3)
     Aquel camión estaba cargado con café, azucre e lacóns. (3)
     0 cónsul alemán chegará mañá en avión. (5)

    ---continuará--------->

    línea de de división

    ---------->

    Cadro de coplas Populares
    GALEGO
    CASTELAN
    Eu ben vin subi-lo cuco
    ó bico dunha cachopa,
    unha taberna instalada,
    invitándome a unha copa.
    Yo bien vi subir el cuco
    a lo alto de un pino,
    con una taberna entera,
    invitándome con licor fino.
    Deus meu, sálvame dos perigos
    ------------------------------------------------

    Pinchen para suxerencias, propostas...


    volver...