Aula 2º

línea de de división

Tema 4.- ¡Aleluia!.
.
Nesta unidade estudiarás
Conceptos
Procedementos
Actitudes
Obxectivos didácticos
. O sufixo -ento/-enta.
. Recursos literarios: O conto literario e a influencia do conto popular.
. O resumo, a idea principal e o esquema.
. Campo semántico: imos á feira.
. As palabras homónimas.
. As oracións compostas bipolares. Tipos de oracións bipolares: condicionais, causais, consecutivas e concesivas.
. Oracións compostas por coordinación. Tipos de oracións compostas por coordinación: copulativas, disxuntivas, distributivas e adversativas.
. Linguas en contacto: interferencias, préstamos e castelanismos.
. Os grupos consonánticos cllcr. Uso dos grupos cultos -ct-/-cc-.
. Corrección ortográfica: dirección e enderezo.
. Literatura: Eduardo Pondal.
. Manexo do diccionario á hora de contextualizar o vocabulario que aparece nas lecturas.
. Identificación das características do conto popular presentes no conto literario.
. Realización de resumos e esquemas de texto, diferenciando as súas ideas principais e o seu tema.
. Realización de actividades de ampliación do léxico propio do campo semántico tratado: a feira.
. Identificación e recoñecemento dos distintos tipos de oracións compostas: bipolares e coordinadas.
. Recoñecemento dos préstamos e interferencias que se producen na lingua galega.
. Correcto uso dos grupos consonánticos cl/cr.
. Recoñecemento das relacións entre as obras, os aUtores e o momento histórico en que xorden.
. Lectura e análise do contido, da estructura e da forma de expresión de diferentes textos da tradición literaria galega.
. Fomentar a capacidade de análise e síntese do alumnado.
. Interese por adquirir e utilizar de xeito progresivo un léxico cada vez máis amplo e preciso.
. Curiosidade por coñecer as estructUras sintácticas.
. Autoesixencia no uso de barbarismos e na corrección de fenómenos de interferencia.
. Aceptación razoada das normas de funcionamento da lingua.
. Curiosidade por coñecer as estructuras sintácticas.
. Aprecio polo panorama literario propio, como expresión lingüística da identidade colectiva.
. Traballar a comprensión e análise textual.
. Manexar o diccionario para buscar o significado de determinadas palabras dun texto.
. Traballar a formación de adxectivos a partir de substantivos engadindo os sufixos -ento/ -enta.
. Recoñecer as influencias que do conto popular hai no conto narrativo.
. Realizar resumos e esquemas de texto, diferenciando as súas ideas principais e o seu tema.
. Adquirir unha maior amplitude do léxico propio do campo semántico tratado (imos á feira).
. Manexar o diccionario para buscar palabras homónimas.
. Distinguir entre oracións compostas, bipolares e por coordinación, e recoñecer os distintos tipos de cada unha.
. Recoñecer a presencia de préstamos, castelanismos e interferencias na lingua e corrixir estes fenómenos na producción de textos propios.
. Empregar con corrección e precisión ortográfica os grupos consonánticos cl/ cr e -ct-/ -cc-.
. Empregar correctamente dirección e enderezo.
. Recoñecer a importancia da figura de Pondal na literatura galega.
. Valorar o feito literario como producto lingüístico, estético e sociocultural.
Ó final serás capaz de realizar máis accións...

-------


Tema 4.-Primeira Plana
.
------
Nesta unidade estudiarás
Comprendemos
e expresámonos
Ampliámolo
noso saber
Máis sobre
a lingua
Recursos
para aprender
*Lemos
e entendemos.
*Portada dun xornal

Lingua escrita
Texto predictivo Lingua oral
A entrevista.

*Comunicación
e sociedade

*O galego
e a prensa

*Lingua literaria
*A lírica

*Gramática
O predicado

*Vocabulario
Sinonimia

*Ortografía
Acento gráfico
en hiato

Uso de "h".

Resumo mediante
anotacións a marxe
Ó final serás capaz de...
-----

Lemos e entendemos Comprendemos e expresámonos

-Comentade cun compañeiro/a estas cuestións.

-¿Gússtaache le-la prensa? ¿Que xornal les habitualmente?? ¿Que sección che interesa máis? ¿Por que?
-¿Algunha vez tes contrastado a mesma información en distintos xornais? ¿Notas diferencias? ¿A que pensas que poden ser debidas?


O CORREO GALEGO.

línea de de división

Tema 4.-Camiñando por Arnoia; ou outro concello
. -----

Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
* Comprensión de mensaxes en linguaxe verbal e non verbal.
* A sinonimia.
* As palabras e súa formación: primitivas, compostas, derivadas e parasintéticas.
* A derivación: xentilicios

Lingua e comunicación
* Elaboración dun folleto turístico.
* Explicación oral dun percorrido.
* Técnicas de estudio: a busca de información.
* As variantes léxicas
* O núcleo do suxeito.
* Modificadores do núcleo do suxeito.
* Análise morfolóxica e sintáctica do sintagma nominal.






* A acentuación nos hiatos.
* Uso da diérese.

* Subxéneros da lírica: canto de reis, maios, vilancicos.

* Elaboración dun vilancico.

Ó final serás capaz de...
 Analizar textos verbais e non verbais sobre un itinerario turístico.
 Empregar correctamente palabras sinónimas adecuadas ó contexto.
 Formar xentilicios a partir da sufixación.
 Respetar e coñece-las diferentes variantes léxicas da lingua galega.
 Analiza-lo sintagma nominal desde o punto de vista morfolóxico e sintactico.
 Recoñece-los hiatos e acentuar correctamente palabras que os conteñen.
 Inducir e aplicar normas sobre o uso da diérese.
 Elaborar un folleto turístico sobre unha saída ou excursión.
 Buscar información sobre unha bisbarra.
 Analizar e recoñece-los subxéneros da lírica.

A información


1.- Busca información sobre o concello de Arnoia(provincia de Ourense) ou outro que máis que sexa do teu agrado.
O Val do río Ouro e a Mariña Luguesa Mapa mundi e localización da Mariña Luguesa
Comarca na que está:...Nº de habitantes:...
Superficie:...Densidade de poboación:...
Centro do concello:...Trazos culturais:...
Parroquias:...Productos típicos:...

Parte dun Mapa do Concello de Arnoia, en Ourense. O río Arnoia e   afluente do Miño pola marxe esquerda.
Saímos da Vila Termal, onde vostede pode pasar uns días a descansar e repoñer forzas. Chegamos ós Chaos, teña coidado se bebe na fonte pois é auga algo dura. Pola ponte de Caneirón imos cara á área recreativa das Poldras, con mesas, e zona de baño. Subimos á Lapela, caso de se-lo primeiro sá- bado do mes, debemos pasar pola feira, onde tamén se celebra a Festa do Pemento. En Lapela debemos pasar pola vila, visita-la capela e seguir cara ós restos dun castro. Fermosa vista panorámica.

Xa en Remoíño: capela de San Antonio, onde se gardan as Reliquias da Cruz e a que foi casa da Inquisición. Chegamos á Ponte e pasámo-la que lle dá nome á vila. Lugar pintoresco no camiño de Celanova. Área recreativa do Inquiau, mesas, asadeiros e zona de recreo, alí están os « muíños dez », nome que fai referencia ó número de pedras. Zona de baño. Rial. Subida cara á Peneda, pola beira do Arnoia. na Serra da Silvaescura. Dúas vellas minicentrais, vila abandonada, paraxe de inigualable beleza Ben merece un repouso. Fonte de boa auga para alma-la sede e enche-las cantimploras.

Camiño de Carnóns por Cancillón, a nobreza dalgunhas casas fálanos de bos tempos asados. Iremos a San Roque, capela, cruceiro e torre do reloxo. Outeiro Cruz, pasando pola casa do Concello, fonte cunha das mellores augas, a dicir dos vellos, cara á igrexa e o priorato, de novo, as Poldras e volta á Vila Termal polo Paseo.

Mapa de GALICIA:
 Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra

Comentario do texto
Actividade 2.-Indica se a información de cada unha destas afirmacións pertence ó texto verbal(a explicación do itinerario) ou ó texto non verbal (ó mapa) e xustificao
AfirmaciónsTextoMapa
-A auga da Fonte dos Chaos é algo duraX...
-Na Vila Termal hai unha fermosa vista panorámica...X,*
-En Lapela celébranse a Festa do PementoX...
-Na capela de San Antonio gárdanse as Reliquias da CruzX...
-Na área recreativa das Poldras hai muiños...X, +
-Na área recreativa do Inquiau están os “muiños dez”X...

Actividade 3 .- Observa o mapa e xustifica estas afirmacións con datos do texto.
-Para ir desde a Vila Termal a Lapela temos que pasar por dúas poboacións. [ Resposta: Pasamos por Chaos e Poldras]
-Hai que cruzar alomenos dúas pontes. [Resposta: Ponte de Chaos e Caneiron (A ponte de Chaos debuxada no mapa e a de Caneiron non está debuxada; pero cítaa o texto].
-Desde Lapela contémplase unha vista panorámica. [Resposta: Fermosa vista panorámica]
-Hai algunha poboación desaparecida no noso itinerario. [Resposta: Oliveira e Pumar. (Estas están postas no mapa e non no texto)]
-Ó percorre-lo itinerario encontramos varios monumento relixiosos. [Resposta: Capela de Lapela, Capela de San Antonio, Capela de San Roque, igrexa e priorato]

Actividade 4.- O texto verbal do itinerario describe de forma máis detallada có mapa. Busca exemplos e completa este cadro.
ElementosNomesInformación do texto
Poboaciónsa)Vila Termal
b)Remoiño
a).-Onde se pode descansar e repoñer forzas
b).-Onde se gardan as reliquias da cruz
Áreas recreativasa)Poldras
b)Inquiau
a).-con mesas e zonas de baño
b).-mesas e asadeiros
Serraa)Silvaescuraa).-Dúas vellas minicentrais
CamiñoDe CelanovaLugar pintoresco

Actividade 5.- Anota as poboacións que teñan algún elemento de interese e sinala o símbolo do mapa que cho indica.
PoboaciónsElemento de intereseSímbolo
Vila TermalPraia Fluvial==
Chaosa)Vista panorámica
b)Fonte
c)Ponte
a)
b)F
c)W
Poldrasa)Zona dedescanso
b)Muiño
a)ª
b)v

Actividade 6.- Completa un cadro coma este.
Se estás en ... E queres ... Itinerario que debes percorrer
Vila Termal-Visitar restos arqueolóxicos.Vila Termal; -Os Chaos; -As Poldras-Lapela
San Roque-Ver unha central eléctrica.Carnóns; -Rial; -Cancillón; -Peneda
Peneda-Ir a unha feira.Peneda; -Rial; -Inquiau; -Ponte; -Remoiño; -Lapela
As Poldras-Facer deporte en instalacións deportivasPoldrás; -Lapela; -Remoiño; -Inquiau
Cancillón-Visitar un monumento relixiosoCancillón; -Rial; -Carnóns; -San Roque

O texto dun itinerario é preciso, detallado, organizado e descritivo na exposición da información. Predominan: -Os topónimos, os nomes de poboacións e lugares lugares, .....
-Palabras que marcan a orde do percorrido.
-Adxectivos que caracterizan o percorrido: fermosura, limpeza, luminosidade, azulado, verdor, ......

A parte escrita (con elementos escritos) dun itinerario sintetiza os lugares, citas correspondentes daqueles sitios que teñen importancia e teñen moito interés de visitar.
A parte gráfica adoita ser un mapa que sintetiza e completa a información con símbolos icónicos e non signos escritos nin verbais senón debuxos, deseños, trazos gráficos de sinsela interpretación.
Sinónimos.- Dúas palabras son sinónimas se significan igual; pero a súa expresión verbal e escrita é diferente.
A palabras burro. asno , mulo escríbense de distinta forma ; pero notamos que significan o mesmo.
Son antónimas as palabras que significan o contrario e entre elas hai oposición, contrariedade. O contrario de: branco --> negro ,alto->baixo.
Son homófonas as palabras que, aínda soando do mesmo xeito, teñen significación distinta (por exemplo.: San Xosé vén ben na súa viaxe; vén e ben son homófonas).
Son homógrafas as palabras que, con diferente significado se escriben da mesma forma ( p. ex.: gravar = impresionar, labrar / gravar = cargar, impoñer imposto). Exemplos: A este ebanista por gravar debuxos en madeira o fiscal do concello gravoulle un bo imposto municipal.

O léxico da nosa lingua. A sinonimia.
Exer 7.- Observa os debuxos e completa o cadro
DebuxoSignificadoPalabras
//Papel ou cartón de pequenas dimensións que dá dereito a entrar ou sentarse nalgunha parte ou facer unha viaxe nun vehículo billete, entrada, localidade
= Espacio que se debe percorrer para ir dun lugar a outro. Camiño, Congostra, Corredoira
_vbv_ Nave que se traslada sobre a auga barco, Embarcación.

Dúas ou máis palabras son sinónimas se teñen un significado igual ou semellante, pero a súa forma de expresión é diferente.

Actividade 8.-Elixe unha palabra da palabra da paréntese que sexa sinónima da destacada.
Este é o sitio máis bonito que vin. --> (praza - local - lugar)
Non son capaz de durmir nunha cama dura. -> (cadeira - leito - roupeiro)
Suspendeu o exame por facer mal unha substracción. -> (suma - resta - multiplicación)

Actividade 9.-Substitúe as expresións destacadas polas sinónimas do cadro.

_ A igrexa está enfronte da botica: --> enfronte = fronte
_ Ven, ponte a carón do lume. --> a rente
_ Dixo que viña de contado, pero aínda non chegou.--> de seguida
_ O neno anda arredor do pai para que Ile merque lambetadas --> ó redor

Desenvolvémo-lo vocabulario
Actividade 10- Le este texto e sinala tódolos adxectivos que indiquen lugar de procedencia.
"Un día pola tarde, coincidiron, no tren que ía para Padrón, cinco admiradores da obra de Rosalía de Castro, a grande poetisa padronesa; un estudiante ourensán, unha filóloga quiroguesa, un médico monterrosino, un fotógrafo estradense e unha xornalista cebreirega. Durante toda a viaxe, foron falando de poesía e decidiron que, ó chegar a Padrón, irían todos xuntos ve-la casa onde vivira Rosalía."
- Copia as palabras sinaladas e indica o lugar de orixe que corresponde a cada adxectivo.
Adxectivo Lugar de orixe
padronesaPadrón
ourensánOurense
quiroguesaQuiroga
monterrosinoMonterroso
cebreiregaCebreiro
estradenseEstrada

Os XENTILICIOS son as palabras que indican o lugar de procedencia dunha persoa.
As palabras que indican o lugar de procedencia dunha persoa son os xentilicios. Formánse por medio da derivación, engadindo un sufixo ó nome de procedencia.

Actividade 11.- Para denomina-los habitantes das capitais das provincias galegas hai dous ou máis nomes. Clasifica estes segundo o cadro.
  • lucense; coruñés / -esa ; auriense
  • lerense; ourensán / -á ; lugués / -esa
  • herculino / -a; teucrino / -a; pontevedrés /-esa
  • A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
    herculino/a lucense ourensán/á pontevedrés/esa
    coruñés/ esa lugués / esa auriense lerense
    .. .. .. ..

    Actividade 12.-Forma os xentilicios destas poboacións galegas engadindo o sufixo -és / esa.

    Continúa :

    Actividade 13 páxi .- Completa o cadro tendo en conta os sufixos de xentilicio.
    Nome + -enseNome + -án/áNome + an/á Nome + -ego/a
    Cee: ceense

    Becerreá: becerreense
    Boiro: Boirense
    Cedeira: cedeirense
    A Estrada: estradense
    Lalin: lalense
    Marín: mariense
    Ribadeo: ribadense

    Arousa: arousán/ arousá

    Arzua: arzuán /á
    Carnota: carnotán /á
    Ferrol: ferrolán/á
    Fisterra: fisterrán
    Redondela: redondelán/á
    Ribeira: ribeirán /á

    Arnoia: arnoiao /arnoiá

    Burela: burelao / a
    O courel: courelao /á
    Deza: dezao /á
    Limia: limiao / á
    Maside: masidao / á
    Melide: melidao /á

    Foz: focego/focega


    Cervantes: cervantego /a
    O cebreiro: cebreirego/a

    Actividade 14.páx 64 Relaciona cada xentilicio co lugar de orixe correspondente.
    Xentilicio Lugar de orixe Xentilicio Lugar de orixe
    1 Xienense 2 Badaxoz 1 Gaditano 3 Guipúscoa
    2 Pacense 4 Burgos 2 Guadalaxareño 4 Eivisa
    3 Biscaiño 3 Biscaia 3 Guipuscoano 1 Cádiz
    4 Burgalés 1 Xaén 4 Eivisenco 5 Lleida
    5 Ceutí 6 Conca 5 Ilerdense 2 Guadalaxara
    6 Conquense 7 Donosti - San Sebastián 6 Melillés 7 Valladolid
    7 Donostiarra 5 Ceuta 7 Vallisoletano 6 Melilla

    Activi. 15.-Asocia a primeira parte do refran coa segunda e explica o signicado de cada un.
    A. 0 boi onde pace C. fun correndiño, veño sen folgo C->Vou rápido e veño axiña
    B. Irei, irei e D no seu curral D->Cada un está ben na súa casa
    C. Á vila fun, da vila volvo B á miña casa volverei B->Sempre volto onde estou
    D. Cada cal A o home onde nace A ->Cada un pertence a onde nace
    E. 0 que non ten casa de seu F van dar á miña casa F ->Vaia a onde vaia sempre volto á casa
    F. Tódolos camiños E de cada vila é veciñó E ->Afaise en calquera lado

    Lingua e sociedade
    Variantes léxícas
    Le o seguinte texto prestando especial atención as palabras destacadas.

    "Un home da bisbarra de Bergantiños avisou a un madeireiro da co marca de Ordes para que lle fose ver uns piñeiros que quería vender. Foron ve-los piñeiros e o de Ordes dixo:
    -Gústancheme ben, son grandes e teñen pouca penica.
    O de Bergantiños, sorprendido, díxolle:
    -¿Que é a penica?
    -A folla.
    -Pero iso non se chama penica, chámase arume.
    Lerias á parte, chegaron a un acordo sobre o prezo e o madeireiro mercou os piñeiros.

    Unha mesma folla, froita, árbore, apeiro.... pode designarse cun termo distinto dependendo do lugar de Galicia que sexa. Así, fíxate nalgúns dos nomes que designan a folla do piñeiro.
    Folla do piñeiro
    arume - frouma - faísca - penica - fronza - pobela... -Na Granda d´Ouro (Alfoz-L U G O) chámanlle ( poma )

    Estes termos reciben o nome de VARIANTES LÉXICAS. O uso destas variantes é correcto no galego oral, pero no galego escrito debemos empregar arume ou frouma.

    Activi 16.- Elixide entre todos varios apeiros de labranza e, por grupos, realizade esta actividade:
    - Preguntade a persoas que coñezades de distintos lugares de Galicia cómo lles chaman a eses apeiros.
    - Contrastade os resultados de tódolos grupos e concluído as variantes que hai para denominar cada apeiro.
    - Debuxade un mapa de Galicia e situade cada variante na zona correspondente.
    - Por último, pedídelle ó profesor/a que vos diga a variante que debedes empregar na escrita.

    Reflexión sobre a lingua
    . O suxeito
    Na unidade anterior estudiaches que a oración está formada por un suxeito e un predicado. Nesta unidade estudiara-las palabras que forman o suxeito. Fíxate nesta oración.

    Observa as palabras que forman o suxeito.
    PalabraPalabraPalabra
    Osbombeirosda cidade
    DeterminanteNome (núcleo)Complemento

    0 núcleo (bombeiros) vai acompañado dun determinante (os) que concorda en xénero e número co núcleo, e dun complemento (da cidade) que concreta a información.

    O núcleo do suxeito adoita ser un substantivo, pero hai outras palabras que tamén poden realizar esta función.

    ExemploNúcleoCategoría gramatical
    Este é o mellor
    Pasear é bo para a saúde
    O vermello é o que máis megusta
    Este
    Pasear
    Vermello
    pronome
    infinitivo
    adxectivo

    Os pronomes (persoal, demostrativo, posesivo, ...) e outras categorías gramaticais, como o infinitivo e o adxectivo, precedidos ou non por un determinante, poden funcionar coma un nome e, polo tanto, desempeña-la fun ción de núcleo do suxeito.

    Fíxate no último exemplo dos suxeitos presentados anteriormente. A palabra (vermello) ten a categoría gramatical de adxectivo, pero está substantivada gracias ó determinante (o) que a precede; é dicir, asignóuselle a categoría de substantivo.

    A substantiación , é entón, o medio a través do que unha palabra doutra categoría gramatical adquire a categorá de nome. Deste xeito pode funcionar como núcleo do suxeito.

    O núcleo do suxeito adoita ir precedido por un ou máis determinantes (artigo, demostrativo, posesívo...) que concordan en xénero e número co suxeito.

    A miña gata miaña . - O meu gato miaña.

    Por último, o núcleo tamén pode ir acompañado dunha serie de palabras que complementan o seu significado. Estes son os modificadores ou complementos (CN) e as aposicións. Os modificadores ou complementos adoitan clasificarse en directos e indirectos.

    - Os modificadores directos son os complementos que se relacionan directamente co núcleo do suxeito e establécese entre eles unha relación de concordancia (xénero e número).

    NúcleoModificador directo .NúcleoModificador directo
    neno
    alto
    nenos
    altos
    nena
    alta
    nenas
    altas

    - Os modificadores indirectos son aqueles complementos que se relacionan co núcleo do suxeito a través dun elemento relacionante que adoita ser unha preposición.

    NúcleoModificador indirecto
    Substantivo Relacionantesubstantivo
    rúa
    reloxos
    pan
    sen
    de
    con
    saída
    pareda
    manteiga

    Existe outro tipo de acompañante do núcleo do suxeito que se denomi na APOSICIÓN e que está constituído por un substantivo. Observa estes dous casos:

    1º caso Laxeiro, pintor galego -> dato informativo do núcleo do suxeito
    2º caso Iria, a miña amiga -> dato concreto

    No primeiro caso, engádese un dato informativo do núcleo do suxeito.
    No segundo caso, proporciónase un dato concreto e especifícase a quen se está referindo.

    A aposición é a relación que se establece entre un substantivo que complementa ó núcleo do suxeito, especificando e concretando a súa información.

    *********
    Análise morfolóxica
    Nomenclatura xeralNomenclatura do libroSignificado
    Nml NNome ou pronome
    Md (=Modificador)AAdxectivo
    Dt (=Determinante)DDeterminante
    Prd (=Prd)VVerbo
    AdvAvAdverbio
    Rl (=preposicións)rRelacionante
    RRPartícula subordinante

    Análise morfosintáctica do sintagma nominal

    A análise dun sintagma nominal (sexa ou non suxeito) desde o punto de vista morfolóxico consiste en detemina-la categoría gramatical (determinante, nome, adxectivo...) de cada unha das palabras. Escríbese a categoría gramatical debaixo de cada palabra e dunha forma abreviada.

    Anena. - Osfoliosbrancos. - Atendad a vila
    DtNml - DtNmlAdxect. - DtNmlr + DtNml

    A análise desde o punto de vista sintáctico consiste en determina-la relación que se establece entre o núcleo e os complementos.

    Agora, observa estes exemplos e verás que unímo-los dous tipos de análise, é dicir, realizamos unha análise morfosintáctica.

    **********

    análise árboreo

    O proceso que seguiremos para face-la análise morfosintáctica será o seguinte:

    - A liña vertical indica o núcleo do sintagma nominal (nome)[=S N].
    - As liñas en ángulo recto, marcan complementos sen relacionante.
    - A liña de ángulo obtuso marca un complemento precedido de relacionante.

    Observa outra vez os tres exemplos anteriores.
    - Aparece un sintagma nominal (SN) formado por un determinante que acompa±a un nome (D+N): A nena.

    - O sintagma nominal (SN) está cualificado por un adxectivo (A) que concorda en xénero e número: Os folios brancos.

    Folio ten xénero masculino e branco ten xénero masculino, Folios ten número plural e brancos ten número plural

    - Trátase dun sintagma nominal (A tenda) que, á vez, está cualificado por outro precedido de preposición: da vila.

    O SN ten como función principal a de suxeito dunha oración, pero tamén pode desempeña-las funcóns de complemento do verbo que estudiarás nas unidades seguintes.

    Actividade 17.-Localiza o suxeito destas oracións e analízao segundo o modelo.
    ****
    • 1-A mazá é vermella.
      2- Ti chegaches antes.
      3- Os primeiros xa chegaron.
      4.- A cor verde é moi bonita.
      5.- O berrar non amaña nada.
    ***
    Suxeito
    Determinante
    Núcleo
    A 1ª oración.
    falta o Dt 2ª oración
    Os 3ª oración.
    A 4ª oración
    A 5ª oración.
    mazá (nome ou substantivo) 1ª oración
    Ti (pronome) 2ª oración
    primeiros (pronome numeral) 3ª oración
    cor (nome ou substantivo) 4ª oración
    berrar (infinitivo verbo) 5ª oración
    ***

    Actividade 18.- Fíxate no núcleo e nos complementos destes sintagmas. Analizaos tendo en conta o modelo.
    Varias palabras for man frases e agora recoñece o NÚCLEO e os seus complementos.
    _ A caixa metálica
    _ A caixa de metal
    _ As rúas da miña cidade
    _ Café con leite
    _ As mazás verdes
    _ As patacas sen pel
    _ Os froitos secos
    , , , ,,,

    ,,, ,

    Actividade 19.- Partindo dos seguintes esquemas, inventa tres sintagmas para cada un.

    Ortografía 0 hiato Ex 20- p70. Pronuncia estas palabras e sepáraas en sílabas. As vocais destacadas pertencen a sílabas distintas.

    A B C
    do er Ma rí a fi ún cho
    no me ar ac tú e mi ú do
    co ro a sa ú do ru í do

    do - er
    Hiato é cando dúas vocais xuntas pertencen a sílabas distintas.
    Dúas vocis abertas (A), unha aberta e unha pechada tónica (B) e dúas pechadas, sendo tónica a segunda (C), forman hiato.

    Acentuación dos hiatos

    Actividade 21- . Observa as regras de acentuación de palabras con hiatos.
    _ Hiatos formados por dúas vocais abertas seguen as regras xerais de acentuación..
    o - cé - a - no -> palabra esdrúxula, polo tanto, acentúase..
    mo - er -> palabra aguda acabada en -r, non se acentúa..

    _ Hiatos formados por unha vocal aberta e unha pechada acentúanse sempre, aínda que non lles correspondese segundo as regras de acentuación. 0 acento colócase na vocal pechada..

    i - ro - ní - a --> palabra grave rematada en vocal; non se acentuaría segundo as regras xerais de acentuación..

    _ Hiatos formados por dúas vocais pechadas acentúanse sempre , aínda que non Iles correspondese segundo as regras de acentuación. 0 acento colócase na segunda vocal.

    flu - í - do ->A palabra grave rematada en vocal; non se acentuaría segundo as regras xerais de acentuación..

    - Acentúa estas palabras con hiato se o precisan e xustifícao..

    t e- o - r i- co / mu - i - ño / fi - o / flu -ir / sa - í - da / po- le - a.

    te - ó - ri - co: acentúase porque é unha palabra esdrúxula.

    mu - í - ño : acentúase porque é hiato grave de dúas pechadas.

    fí - o : acentúase porque é grave (hiato de vocal aberta + pechada

    flu - ír :acentúase porque é aguda.

    sa - í - da :acentúase porque é hiato que consta dunha vocal aberta e unha pechada e acentúanse sempre.

    po - le - a: non se acentúa por ser grave e acabar en vocal

    *Uso da diérese

    A diérese é un signo ortográfico ( ¨ ) que se coloca sobre as vocais i, u e emprégase para dúas funcións diferentes:
    - Escríbese sobre o u nos grupos güe, güi para indicar que se pronuncia.

    Sen diérese Con diérese
    guerraungüento
    guedellalingüista
    guitarrapingüín
    0 u non soa0 u soa

    - Escríbese sobre o i nas 1.as e 2.as persoas de plural do Impertecto de indícatívo dos verbos rematados en -aer -oer -aír -oír e -uír para indicar que o i forma sílaba en por si.

    Sen diéreseCon diérese
    tra-ia-mostra-ï-a-mos
    ro-ia-desro-ï-a-des
    o-ia-deso-ï-a-des
    Presente de subxuntivo Impertecto de indícativo

    Actividade 22.- Separa en sílabas estas palabras e subliña a tónica.

    - Acentúa as palabras anteriores se o precisan e xustifícao.

    pan - te -ón: acentúase porque é unha palabra aguda rematada en vocal.
    O- í - do : acentúase por ser hiato formado por dúas vocais pechadas acentúanse sempre.
    Sa - ú - de: acentúase por ser hiato formado por ser hiato de unha vocal aberta e unha pechada acentúanse sempre.
    mo - í - do:
    vi - ú - vo :

    Actividade 23- Coloca diérese nestas palabras se é necesario e razóao.
    Vigués - doïades -(imperfecto de indicativo) - lingüeta - caiamos (presente de subxuntivo) - trilingue - saiamos(imperfecto de indicativo) - arguiamos (imperfecto de indicativo)

    Escribindo correctamente:
    vigués : non leva diérese porque o u non se pronuncia.
    doïades: leva diérese por ser imperfecto de indicativo e non confundirse co presente de subxuntivo
    lingüeta: leva diérese senón non soa a u.
    caiamos: sen diérese por ser presente de subxuntivo.
    trilingüe: leva diérese senón non soa a u.
    saïamos: escríbese sobre o i diérese nas primeiras e segundas persoas de plural do imperfecto de indicativo dos verbos rematados en -aer, -oer, -oír e -oir para indicar que o i forma sílaba en por si.
    arguïamos: escríbese sobre o i diérese nas primeiras e segundas persoas de plural do imperfecto de indicativo dos verbos rematados en -aer, -oer, -oír e -oir para indicar que o i forma sílaba en por si.

    Lingua e Comunicación.

    Elaboración dun folleto turístico :
    Actividade 24.- Por parellas, redactade un folleto turístico sobre unha excursión ou saída. Antes, buscade e anotade esta información.
    Lugar Determina-las poboacións, os sitios turísticos, as visitas ou actividades...
    Duración . Indica-la hora de saída e de chegada.
    Obxectivo ou interese Cultural e arqueolóxico: pasado histórico, os monumentos, edificios arquitectónicos, museos...
    Ecolóxico: o ecosistema do lugar.
    Lúdico e de lecer: posibilidades que ofrece algunha zona concreta ( parques...).
    Tempo Organiza-lo horario preciso de actividades e visitas.
    Medio de transporte Características dos medios de transporte que se usarán durante toda a saída.
    Comidas e aloxamento Lugar e características das comidas e do aloxamento.
    Indicacións especiais Obxectos e roupas especiais que se deben levar.
    Prezo Lugar onde se debe face-la reserva de prazas e indica-la cantidade e a forma de pagamento.

    Actividade 25- Cando teñades tódolos datos recompilados, redactade un borrador do folleto turístico. Tede en conta estes aspectos:

    - 0 título debe chama-la atención e ter relación co lugar que se quere visitar.
    - A distribución e a organización da información debe ser moi clara e concreta, que non dea lugar a máis dunha interpretación.
    - Acompañade o texto escrito con mapas e planos que o ilustren.

    Explicación oral

    Actividade 26- 72páx. Elixe unha destas posibilidades para facer unha explicacion oral coma se fóse-lo guía dunha excursión. Os teus compañeiros de clase serán o grupo de turistas.

    _ Un monumento ou edificio de interese artístico ou histórico da túa localidade ou doutra poboación próxima.
    _ Un cadro dun pintor recoñecido da túa localidade ou doutra poboación próxima.
    - Primeiramente, prepara a exposición oral seguindo estes pasos.
    Monumento ou edificio Cadro
    _ Datos históricos da súa construcción: ¿cando?, ¿por que?, ¿quen o construíu?...
    _ Situación: ¿por que está nese lugar?
    _ Características: partes de que consta.
    _ Evolución do edificio.
    _ Posibles anécdotas que se relacionen con el
    _ Datos biográficos do autor.
    _ Historia do cadro: ¿cando o pintaron?, ¿con que motivo?, ¿quen o financiou ou o comprou?, ¿lugar onde está actualmente?
    _ Estilo ó que pertence o cadro de forma xeral e dentro da obra do autor.
    _ Características: tema, técnica, cor...

    De seguido, prepara un guión da exposición prestando moita atención á estructura.
    Presentación Enunciar de qué se falará e de qué se informará.
    Exposición Presentar de forma ordenada toda a información.
    Conclusión Destaca-los elementos máis importantes que se expuxeron anteriormente.

    - Ensaia a explicación antes de expoñela diante dos teus compañeiros
    Realiza a túa explicación diante dos outros. Durante a explicación debes ter unha diapositiva ou un cadro do que irás explicando. .

    Para facer unha explicación máis amena e capta-la atención dos oíntes, cómpre que teñas en con- ta estes aspectos.
    Contidos:

    • Inclúe pequenas anécdotas.
    • Proporciona datos e datas con cretos
    < Xesticulación e entoación:
    • Utiliza a entoación adecuada e un ton cordial.
    • Mira ós oíntes mentres expós.

    _ Técnicas de estudio.

    A busca de información

    Os diferentes organismos oficiais poden ser útiles cando se ten que buscar información sobre unha bisbarra ou un monumento.
    Os diferentes pasos que podemos seguir para a busca de información son estes:

    Mira un folleto= esquema tendo en conta {Lugar, duración, obxectivo de interese, tempo, medio de transporte, comidas e aloxamento, indicacións especiais, prezo.
    Lingua Literaria

    Busca no diccionario : elexía, cantiga , himno e escribe as súas definicións.

    Agora repasa : canto de reis, maios, vilancicos .

    Subxéneros da lírica
    Estudia algúns subxéneros da lírica como a elexía, a cantiga e o himno . De seguido, vas ver outros que teñen en común o seu carácter popular e queadoitan ser cantados, para conseguir un aguinaldo. Estes subxéneros son o canto de reis, os maios e o vilancico

    . Canto de reis.- Composición lírica que trata temas relacionados con Xesús, coa Virxe, con Herodes e, ó mesmo tempo contén críticas ós caciques, ás inxustizas que hai na nosa terra. Cantábanse a víspera do día de Reis.

    “ Cantámosche os reises, guedellos de cabra
    Cantámosche os reises, non nos deches nada
    Sómo-los reises do “quiquiriqui”
    vimos a ver que nos botan eiquí .
    Sómo-los reises do “cacaracá”
    vamos a ver que nos botan alá;
    sómo-los reises da “cabra fanada”
    viñemos eiquí, non nos deron nada.

    Aquí vimos catro, cantaremos oito,
    déano-lo aguinaldo “fociño de cocho”;
    ó aguinaldo vimos, ó aguinaldo andamos,
    se nos dan touciño tamén o levamos (...)”

    Maios

    Composición lírica na que se recorda a chegada da primavera e asemade se satirizan certas institucións ou persoas.

    "Eu pedinlle o Maio
    a unha señorita,
    non me tivo que dar
    senón a faldra da camisa.

    Eu pedinlle o Maio
    a un capitán,
    non me tivo que dar
    máis cá cabeza dun can.

    Eu pedínlle o Maio
    a un coronel,
    non me tivo que dar
    mais ca un pucheiro de mel.
    0 maio (popular)

    Vilancico

    Composición lírica que trata temas relacionados co nacemento de Cristo e co Nadal.

    "Aló entre as pallas
    cheo de frío,
    vinde pastores,
    ver o meniño;
    chegade presto
    vinde a presiña
    porque xa espera
    o carrapuchiño.

    Ten cara meigosa,
    de neve e carmín,
    ten labios vermellos,
    cal rosa de abril;
    mirada tan tenra,
    tan doce o rir,
    que crava na alma,
    crava sen ferir,
    crava sen ferir. (...)
    Aló entre as pallas
    (popular)

    Acabáronse as vendimias
    e veñen as esfolladas,
    para revivir alegrías
    e comer empanadas.

    .

    Pasei pola túa porta,
    pedinche auga, no ma deches;
    pasaches ti pola miña,
    bebiches canta quixeches.

    27. Di a qué subxénero pertence cada poema.
    Xustifícao.

    A
    " Vamos cantando e ruando
    á mellor festa que hai
    que naceu o noso neno
    rei da terra e do mar.

    Anque naciches nas pallas,
    e nelas estás contento,
    e-lo rei das estrelas
    da Terra e do Firmamento.

    Esta noite é Noiteboa,
    noite de grande alegría
    camiñando vai Xosé,
    camiñando vai María.

    Esta noite é Noiteboa,
    vamos todos a Belén,
    e verémo-lo Meniño
    que naceu pró noso ben!
    (popular)

    B
    " San Xosé e mais María
    iban xuntos pra Belén
    íbanlle canta-los reises
    a Xesús de Nazaré.

    Fóronse de vila en vila
    e de lugare en lugare
    na busca de Xesucristo
    non o puideron topare.

    Foron dar con el a Roma
    revestido no altare
    misa nova quer decire
    misa nova quer cantare!
    (popular)

    28. Recompilade cancións populares da vosa localidade:
    - Clasificádeas segundo o subxénero ó que pertenzan.
    - Elaborade un mural para cada un dos subxéneros e colocade alí os poemas recompilados.
    Creación literaria

    Actividade 29. Despois de estudia-los tipos de composicións líricas, propoñémosche que elabores unha.

    - Repasa os temas de cada subxénero e pensa qué queres expresar no teu poema.
    - Escribe e enumera as ideas que estean relacionadas co tema que escolliches anteriormente.
    - De cada unha destas ideas elabora unha estrofa. Procura que os versos non sexan nin moi longos nin moi curtos. Conta as sílabas.
    - Escolle un tipo de estrofa e fai rima-los versos que cumpra. Fíxate nas palabras do final de cada verso.

    Actividade 30. Ordenade as diversas composicións segundo o subxénero. Lédeas en voz alta ó resto dos compañeiros da clase e elixide unha de cada.
    Activida. 31 . Poñédelle música ás composicións elaboradas. Escollede entre estas dúas opcións: - Aproveitade a música dun cantar de reis, dun maio ou dun vilancico popular. - Inventade unha música sinxela e alegre que se adapte á letra da vosa composición.

    Activi 32.- Di a qué subxénero pertence cada poema.
    Xustifícao.

    (A)
    Vamos cantando e ruando
    á mellor festa que hai
    que naceu o noso neno
    rei da terra e do mar.

    Anque naciches nas pallas,
    e nelas estás contento,
    e-lo rei das estrelas
    da Terra e do Firmamento.

    Esta noite é Noiteboa,
    noite de grande alegría
    camiñando vai Xosé,
    camiñando vai María.

    Esta noite é Noiteboa
    vamos todos a Belén,
    e verémo-lo Meniño
    que naceu pró noso ben!”
    (popular)

    (B) San Xosé e mais María
    iban xuntos pra Belén
    Íbanlle canta-los reises
    a Xesús de Nazaré.

    Fóronse de vila en vila
    e de lugare en lugare
    na busca de Xesucristo
    non o puideron topare.

    Foron dar con Ile a Roma
    revestido no altare
    misa nova quer decire
    misa nova quer cantare.
    (popular)

    A qué subxénero pertence cada poema. Xustifícao con razonamentos.
    A.- Este poema é un vilancico por cita o nacemento do neniño Xesús.
    B.- Este poema xa non é un vilancico coma o anterior pois non fala de Belén nin de nacementos senón de ir canta-los reis; polo tanto é un Canto de Reis

    NOTA.- Le as composicións, completa o cadro coas súas características e indica a qué subxénero pertence cada unha.

    A
    B
    Xa cegou de lonxe,
    do verde vestida,
    co refaixo novo
    a dona perdida.

    Chea de paxaros,,
    de froles cheiña,,
    vén a primaveira,,
    míña, muíña.

    No bico de maio,
    van os bicos dela,,
    e chegan seus bicos,
    deica aquela estrela.

    A estrela lonxana,
    i a lúa i o sol,
    abochan agora,
    tal como unha fol.

    Asubía o vento,,
    gaitas e pandeiros,
    van de mar a mar,
    nos ventos mareiros.,
    Antón Tovar

    Con un sombreiro de palla,
    un galego a Belén foi,,
    mentras adouraba ó Neno,,
    comeulle o sombreiro o boi.

    Veñen a Belén pastores,
    a adoralo Neno Dios,,
    veñen por ver ó Meniño,,
    non veñen a ve-lo sol.

    San Xosé e mais María,
    van camiñando a Belén,
    van cantando panxoliñas,,
    cantemolas nós tamén!

    Nunhas pallas deitadiño
    ¡ en coiriños alí está,,
    sendo o Dono diste mundo,
    e Señor de canto hai!

    Saraiba dos meus pecados!,
    molloume a Xesús as pallas;,
    pitelos do meu amore,
    alcendeivos pra quentarllas!,
    Popular

    Comentario dos poemas
    Poema A Poema B
    PersonaxesA primavera , o maio, estrela, lúa, sol, vento, gaitas, pandeiros e paxaros Galego, boi, pastores, San Xosé, María, Xesús
    ArgumentoChega a primavera e cantan paxaros, hai ledicia, alegría,..... Van adourar ó neno a Belén, o neno mexa e mandan quentar as pallas.
    TemaChegada da primavera Adoración do neno
    Subxénero: Maio Subxénero: Vilancico

    -------CONTINUARÁ---

    Por todo amor que se perde,
    non che vale preguntar, nin suspirar,
    por moito que a Deus implores,
    xa non cho volve a recuperar.
    ------


    línea de de división

    Cadro de versos populares
    GALEGO
    CASTELAN
    Unha froita naceu verde
    cor que co tempo perdeu,
    o corazón naceu libre,
    e a Virxe mo embeleceu.
    Una fruta nació verde,
    el tiempo la maduró;
    mi corazón nació libre,
    y la Virgen lo embelleció.
    ------------------------------------------------

    Pinchen para suxerencias, propostas...


    volver... -----