Aula 2º

línea de de división

Tema 6.-A doniña cerva.
.
Nesta unidade estudiarás
Conceptos
Procedementos
Actitudes
Obxectivos didácticos
. Recursos literarios: as lendas.
. A construcción dun texto.
. Campo semántico: as relacións sociais.
. O sufixo -dade.
. O predicado. Tipos de oracións segundo o seu predicado: predicativas (transitivas ou intransitivas), atributivas, reflexivas ou pronominais, recíprocas e impersoais.
. As linguas de Europa. Linguas de relación e linguas de instalación.
. O grupo consonántico x [ks].
. Corrección ortográfica: serea, serena, sirena.
. Literatura: Castelao.
. Manexo do diccionario á hora de contextualizar o vocabulario que aparece nas lecturas.
. Recoñecemento e análise das palabras homógrafas.
. Redacción de distintos tipos de textos prestando especial atención á redacción, daridade expositiva e coherencia interna.
. Uso correcto das normas ortográficas e gramaticais na redacción de textos de autoría propia.
. Realización de actividades de ampliación do léxico propio do campo semántico tratado: as relacións sociais.
. Recoñecemento dos distintos tipos de oracións segundo o seu predicado.
. Utilización de mapas para a comprensión da variedade lingüística existente en Europa.
. Recoñecemento das diferencias de significado entre serea, serena e sirena.
. Recoñecemento das relacións entre as obras, os autores e o momento histórico en que xorden.
. Coidado na presentación de textos escritos que se realicen.
. Curiosidade por coñecer as estructuras sintácticas que rodean o predicado.
. Conciencia do carácter convencional da norma ortográfica e interese por adquirir un dominio progresivo dela.
. Interese por adquirir e utilizar dun xeito progresivo un léxico persoal cada vez máisamplo e preciso.
. Valoración positiva da pluralidade lingüística como expresión da riqueza cultural da humanidade.
. Sensibilidade cara ás circunstancias socioculturais nas cales se tivo que desenvolver a literatura galega.
. Traballar a comprensión e análise textual.
. Manexar o diccionario para buscar o significado de determinadas palabras dun texto.
. Apreciar as lendas como parte do patrimonio literario propio e como expresión lingüística da identidade colectiva.
. Coñecer e utilizar as normas e pasos básicos necesarios para a construcción de textos expositivas.
. Adquirir unha maior amplitude de léxico propio do campo semántica tratado (as relacións sociais).
. Traballar a formación de substantivos a partir de adxectivos engadindo os sufixos -dad e, -idade, -iedade.
. Identificar o predicado nunha oración e os distintos tipos de unidades que poden funcionar. como tal.
. Identificar e valorar a existencia de distintas linguas en Europa.
. Respectar aquelas persoas que utilicen un ha lingua diferente.
. Empregar con corrección e precisión ortográfica o grupo consonántico x [ks].
. Empregar correctamente as palabras serea, serena e sirena.
. Recoñecer a importancia da figura de Castelao na literatura galega.
. Valorar o feito literario como producto lingüístico, estético e socio cultural.
Ó final serás capaz de realizar máis accións...

-------


Tema 6.-Teatro
.
------
Nesta unidade estudiarás
Comprendemos
e expresámonos
Ampliámolo
noso saber
Máis sobre
a lingua
Recursos
para aprender
*Lemos
e entendemos.

*Centro Dramático
Galego

Lingua oral
Escenificar chistes.

Lingua escrita
O diálogo

*Comunicación
e sociedade

*O galego e o teatro

*Lingua literaria
*O teatro

*Gramática
Predicado:
complemento
indirecto

*Vocabulario
Homonimia

*Ortografía

Uso de "s" e "x"

Técnicas
para mellora-la
velocidade lectora
Ó final serás capaz de...
-----

Lemos e entendemos Comprendemos e expresámonos

-Reflexionada en grupos

  • Asistiches a moitas representacións teatrais? ¿Gustáronche? ¿Por que?
  • ¿Participastes nalgunha obra de teatro? ¿Que che interesou máis desa experiencia?
- Comentade as vosas impresións en pequenos grupos.

Centro Dramático Galego
1.-andaina: camiño que se anda.

2.-trenquelear:avanzar dando tombos, coma un trenco ou coxo.

Levo varias semanas pensando cómo comezar estas liñas sen me atrever, nin sequera, a coller unha folla de papel. Desde o día que Manuel Guede, o actual director do Centro Dramáticó Galego e sempre amigo, me pedía, ou me permitiu, que non sei cómo foi, escribir algo sobre os dez primeiros anos que xa ten de andaina1 o CDG. ¡Que pouco é unha década!, ¡que veloz pasal, e sen embargo, que lonxe quedan, polo menos na miña memoria, aqueles momentos. A verdade é que lembro moi ben os feitos, pero... ¿e os sentimentos?, ¡aqueles tensos e supoño que fructíferos debates no seo do Consello Asesor do CDG na rúa do Vilar! ¡Aquelas xornadas de intenso e esforzado traballo!

Teño que confesar que durante estes dez anos algunhas veces caín na tentación, inxustificada, por outra banda, de ve-lo CDG como ese pai que mira a un fillo adulto, sufrindo cos seus fracasos e aledándose cos seus éxitos, pero sen poder facer máis nada que contemplar desde a barreira da vida, a súa andaina. A verdade é que ignoro por qué teño, ás veces, un sentimcnto tan estúpido e, sobre todo, tan inxustificado. Eu o único que fixen foi crear técnica e artisticamente o CDG e dirixilo durante os seus primeiros vinte meses. É dicir, o tempo necesario, mesmo o estrictamente necesario, para que o Centro Dramático Gale o comezase a da-los seus primeiros pasos.

0 CDG sempre cumpriu un dos obxectivos básicos da súa creación: ser un lugar onde os creadores e os profesionais galegos do teatro puidesen desenvolve-la súa actividade creadora nas mellores condicións que o momento permitise.

Posiblemente o CDG non cumpriu, nestes dez anos, as expectativas que algúns puxeron nel, ou mesmo nalgún momento avanzou trenqueleante2 e incompleto, pero, ¿non é un milagre que durase dez anos e aínda dure?, ¿non se crearon algunhas das montaxes teatrais máis significativas desta década?, tnon ten un importante futuro que cumprir?, ¿non pasaron por el case tódolos membros desta profesión teatral das nosas entrañas?, ¿non foi un elemento decisivo para a transformación e a evolución do teatro en Galicia durante estes últimos dez anos? ¡Pois logo non se pode pedir máis!

Por todo isto, e aproveitando a oportunidade que Manuel Guede me brinda, quero dicirlle a todos aqueles que ven no CDG algo interesante e positivo para o teatro e para o noso país que o disfruten. E para todos aqueles que, polo contrario, non o ven así, que propoñan a alternativa que consideren doada, que seguro que estará moi ben e será moi interesante.

Eduardo Alonso, Centro Dramático Galego, I984-1994.
Xunta de Galicia (adaptación)


Tema 6.-O teléfono móbil
. -----

Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
* Análise dun texto instructivo.
* Comunicación verbal e non verbal.


Lingua e comunicación
* Elaboración dunha carta comercial.
* Preparación e realización dunha situación de venda.
* As actitudes lingüísticas
* O obxecto directo.
* Recoñecemento do OD.
* Análise e comentario de oracións.




* Uso do "h".
* Uso da coma.

* O conto e lenda.
* Elaboración dun conto.

Ó final serás capaz de...
 Analizar e comentar textos instructivos.
 Identificar e interpretar elementos verbais e non verbais dun texto.
 Recoñece-lo OD a partir da pronominalización e a transformación pasiva.
 Analiza-los diferentes complementos verbais.
 Inducir e aplicar normas ortográficas sobre o uso do "h" e da coma.
 Elaborar unha carta comercial.
 Elaborar diálogos sobre situacións de venda.
 Reflexionar sobre a importancia das actitudes positivas cara ó galego para logra-la súa normalización.
 Recoñece-los principais trazos dos subxéneros narrativos do conto e da lenda.
 Elaborar un conto.

A información


1.- Busca tres folletos coas instrucción de utilización de calquera aparello, leos e analiza o contido.
código provincial de Lugo.
(982) número desexado
.
vocabulario
cobertura
verificación

2.- Investiga cando, onde, como están instaladas as torretas dos telfs móbiles e outros aparellos máis para mellorar a comunicación.

O TELÉFONO MÓBIL DIXITAL

Para poder emprega-lo voso teléfono móbil, debedes seguir estas instruccións.

1 . Acendede o teléfono
Antes de poñer en marcha o voso teléfono, debedes comprobar que as baterías estean cargadas. Se non o están, poñédeas no cargador durante o tempo necesario.  Introducide a vosa tarxeta de identificación no teléfono, tal como amosa o debuxo.

 Premede

Se poñedes en marcha o voso teléfono antes de introduci-la tarxeta de identificación a pantalla amosará a seguinte mensaxe: "introducide a tarxeta de identificación" ou "inserte a tarxeta".

2. Tecleade o voso número de identificación

Despois de segui-las instruccións do apartado anterior, o teléfono pedirávo-lo voso número de identificación persoal ou a clave de usuario.

Introducide o voso número de identificación persoal (PlN), seguido da tecla #.

Se o número introducido é erróneo o teléfono presentará a seguinte mensaxe: "número persoal de identificación erróneo" . Volvédeo teclear.

O teléfono comezará a busca da súa rede e procederá á verificación da tarxeta. De seguido, na pantalla, aparecerá unha mensaxe que vos indicará que estades conectados á rede de telefónos móbiles.

A partir deste momento, podedes facer ou recibir chamadas.

Se non hai cobertura, na pantalla do voso teléfono aparecerá a mensaxe "Non hai servicio" ou ben o símbolo Ø.

3.-Facede a chamada

En primeiro lugar, para facer unha chamada débese marca-lo código provincial; a continuación, introducide o número da persoa á que queredes telefonar, marcade a tecla de envíode chamada () .

código provincial (982) - número desexado (- -.- -.- -) + 

Ó premer  buscará a liña e poñeravos en contacto co teléfono que buscades. Esperade uns segundos e sentiréde-lo sinal de chamada. Cando a persoa telefonada descolgue falade normalmente. Ó acabar, marcade a tecla de fin de chamada 

Fragmento adaptado do manual do usuario de MoviStar (GSM) de Telefónica Móbiles.

verificación: comprobación de que unha tarxeta de entrada está gravada cos datos informáticos previamente establecidos.
cobertura: zona ou zonas desde as que se poden facer chamadas.

Comentario do texto

Exer 2.-98 Responde estas preguntas:
Cuestións
- ¿Cal é o signo que serve para acender e apaga-lo teléfono? Resposta: O
- ¿Cal é a primeira cousa que se debe comprobar ó acende-lo teléfono? Resp: Que as baterías estean cargadas.
- ¿Que número se debe marcar antes do do abonado? Respos: O número do código provincial
- ¿Pode funciona-lo teléfono sen marca-lo número de identificación? R.: Non
- ¿Que mensaxe sae na pantalla se te esqueces de poñe-la tarxeta de identificación? R.:Inseride a tarxeta

Ex 3.-98 Observa as características do texto instructivo, busca exemplos das características no texto e deduce a finalidade.
CaracterísticasExemplosFinalidade
Dá ordes empregando o imperativo ou as perífrases verbais (deber + infinitivo).Acende o teléfono,
marca o número...
Seguir unhas indicacióhs ordenadamente.
Uso do imperativo en segunda persoa.Introducide a vosa tarxeta. Obriga, orde
Uso de números e expresións temporais
para establece-la secuencia das ordes.
Despois de segui-las instrucciónsMarcar un tempo para a realización da orde.
Explicacións obxectivas.Se non hai cobertura aparecerá a mensaxe. Explicación de ideas secundarias.

O texto instructivo informa, de maneira obxectiva e precisa, dos pasos necesaríos para conseguir un determinado obxectivo (facer unha chamada, apagar lume, empregar un batedor

Neste texto empregáronse unha serie de signos (elementos non verbais) que teñen un significado que se pode transcribir en forma de texto (elementos verbais)

Elemento non verbalElemento verbal
Axenda de teléfono

* 0 léxico da nosa lingua

Prefíxos e Sufíxos cultos (Os prefixos engádense por diante das palabras e sufixos engaden por detrás das palabras)

No mundo tecnolóxico e científico encontramos moitas palabras que se formaron engadíndolles partículas procedentes das linguas grega e latina.

Exer 5.-Busca o significado destes prefixos e sufixos no diccionario e sigue o modelo.

Prefixo ou sufixoSignificadoExemplos
a- (prefixo de orixen latina)privacióna-normal = anormal = que non e normal
anfi-(pre de orixen grego)a ámbolos lados, de...
dúas maneiras
anfibio = dúas vidas encima e debaixo da auga (ra, sapo)
anfiteatro
-alxia (prefixo ou sufixo) gregosensibilidadeneur-alxia =neuralxia=dor viva ó longo dun nervio
a n -alxésico = analxésico =diminue a sensibilidade
hemi-(prefixo grego =a metade)mediohemiciclo= espacio semicircular
hemifacial= metade da cara
hemistiquio = metada dun verso
hemisferio= cada unha das dúas metades dunha esfera
peri-(pref. grego expresa a idea de "a volta de","arredor de")ó redor deperímetro = medida do contorno dunha figura
peri -cardio = pericardio = membrana que envolve o corazón
peri - carpio= pericarpio= parte externa do froito
peri - feria = periferia= contorno dunha figura curvilínea
eu- (pref grego da idea de bondade,
excelencia, perfección)
bondadeeu - fonía = eufonía= bos sonidos, harmonía agradable
eu - foria = euforia = ben estar xeral
eu - caristía = eucaristía = comunión = sacramento esencial do . .cristianismo
-faxia (sufixo grego)fagocitar=tragar=englobarantropo -faxia = antropofaxia = práctica de comer carne humana .; canibalismo.
anto - faxia=
antropodo- (prefi gr )"ser humano"
antropoide(pre gr {antropo + eidos = parecido, semellante} parecido ós humanosantro- poloxía= antropoloxía=
antropometría=
antropónimo=

Exer 6. Escribe o significado dos prefixos seguintes. Segue o modelo.

Se...Signífica...Entón...É....
dactilografía
heptasílaba
omnipresente
pentágono
hepatite
monolingüe
escribir cos dedos
de sete sílabas
que está en tódolos sitios
polígono de cinco lados
inflamación do fígado
que usa unha soa lingua
dactil-
hepta-
omni-
penta-
hepat-
mono-
dedo
sete
todo
cinco
figado

Exer 7.-Asocia estas palabras que teñen o sufixo -patía(enfermidade) co seu significado.
*+**
PalabrasSignifícado
1)CardiopatíaDoenza dos centros productores de leucocitos.(2
2)LeucopatíaEnfermidade do corazón.(1
3)PsicopatíaEnfermidade do sistema nervioso.(4
4)NeuropatíaEnfermidade do pulmón.(5
5)PneumopatíaEnfermidade do encéfalo.(6
6)EncefalopatíaDoenza mental.(3

See page 99 of book
* Desenvolvémo-lo vocabulario

Propoñemos, de seguido, exercicios sobre o vocabulario relacionado con correos e comunicacións.

Exer 8. Completa cada oración coa palabra axeitada en cada caso.

 Meu pai abriu a nosa ..caixa do correo.. para ver se había cartas.
 Se vas de vacacións a algún país estranxeiro, a ver se te lembras de mandarme unha ........
 0 selo é o sinal feito cun .....
 Recibiu un ......... que lle mandaron desde Vigo.
 A Consellería de Educación mandou unhã .......... a varios colexios.
 Nesta vila só hai unha ........, pero hai varias ........

SOLUCIÓN:
 Meu pai abriu a nosa ..caixa do correo.. para ver se había cartas.
 Se vas de vacacións a algún país estranxeiro, a ver se te lembras de mandarme unha (tarxeta postal)
 0 selo é o sinal feito cun .. (carimbo)
 Recibiu un (paquete postal) que Ile mandaron desde Vigo.
 A Consellería de Educación mandou unhã .. ....(circular) a varios colexios.
 Nesta vila só hai unha .. ...(oficina de correos) ., pero hai varias .....(caixas de correos)

Exer 9.- Se o selo é unha pequena estampiña de papel que se coloca nas cartas, indica qué é...
EnderezoDataSobre
LacreSinaturaRemitente
DestinatarioEncabezamentoCódigo postal

SOLUCIÓN:
- Asocia cada parte do debuxo da marxe co nome correspondente anterior.
Enderezo
r/Barcelona, 10, 1º E
1510, A Coruña
Data
Lugo 30/9/97
Sobre
O rectángulo diagonal que
sube de dreita a esquerda
Lacre
O redondel de cor roxo
Sinatura
Antón
Remitente
Antón Lopez
Lugo
Destinatario
Xoán Ponte
Encabezamento
Estimado Xoán:
Código postal
15010

Exer 10.- Relaciona estas palabras co seu significado.
SignificadoPalabras
1) Asunto que se comunica.
2) Sistema de transmisión de mensaxes a través dunha liña eléctrica, empregando un código polo que se fai corresponder a cada letra un determinado sinal eléctrico.
3) Conxunto de fíos metálicos finos ou arames que serven para conduci-la electricidade.
4) Mensaxe transmitida por telégrafo que se transcribe nunha folla de papel para entregarlla ó destinatario.
5) Porción metálica de feitura alongada e delgada
Telégrafo(2
Fío(5
Cable(3
Comunicación(1
Telegrama(4

- Crea oracións coas palabras anteriores.
See page 100 of book

* Exer 11.- Completa cada frase coa palabra máis axeitada.
 Na miña casa ata hai pouco non había .......... (telégrafo / teléfono).
 Hoxe fixen varias .......... (chamadas telefónícas / tarxetas) e gastei cincocentas pesetas.
 Nesta rúa, hai varias (xanelíñas/cabínas telefónícas).

SOLUCIÓN:
 Na miña casa ata hai pouco non había ........ teléfono.
 Hoxe fixen varias .......... chamadas telefónícas e gastei cincocentas pesetas.
 Nesta rúa, hai varias .....cabínas telefónícas.

Exer 12.-Substitúe as palabras destacadas por estes verbos equivalentes.

1 Firmou o recibo e recolleu o paquete certificado.
2 Xa hai dous anos que che mandei a carta e aínda non me contestaches.
3 Pediume que lle cubrise o impreso porque ela non sabía.
4 Miña curmá dobrou a carta e meteuna nun sobre.
5 Vou chamar por teléfono a unha das miñas amigas.
6 Ese sobre non vai ben cerrado; cómpre que o volvas pegar.

Realización:
1 Asinou o recibo e recolleu o paquete certificado.
2 Xa hai dous anos que che enviei a carta e aínda non me contestaches.
3 Pediume que lle enchese o impreso porque ela non sabía.
4 Miña curmá pregou a carta e meteuna nun sobre.
5 Vou telefonear a unha das miñas amigas.
6 Ese sobre non vai ben fechado; cómpre que o volvas colar
Completa sinónimos
firmou=asinou, mandei=enviei, cubrise=enchese, dobrou=pregou, chamar por teléfono=telefonear, cerrado=fechado.
Exer 13.-Completa o cadro cos substantivos, verbos e adxectivos axeitados, comenta.
SubstantivosVerbosAdxectivos
sinaturaasinarasinado
teléfonotelefoneartelefónico
telégrafotelegrafartelegráfico
repartorepartirrepartido
recolectorrecollerrecollido
distribucióndistribuírdistribuído
seloselarselado

Exer 14.Indica o significado destas frases feitas coa palabra carta.

- Fai oracións coas frases feitas anteriores.
See page 101 of book

* Reflexión sobre a lingua
Obxecto directo (OD)

María toca

O pai poñía

Seguramente te decataches de que ás frases anteriores Iles falta información. Non sabemos qué toca María nin qué pon o paí; falta o obxecto directo.
María toca a guitarra. (o tocado é a guitarra)

0 pai pon a mesa. (o posto é a mesa)

O obxecto directo é o complemento sobre o que recae a acción expresada polo verbo: a guitarra, a mesa.

Recoñecemento do obxecto directo
Observa esta transformación:
Pedrosegao céspede------>O céspedeé segadopor Pedro
SuxeitoVerboOD
Complemento Directo
------>SuxeitoVerbo pasivoC. Ax
Complemento Axente
Oración Activa
------>
Oración Pasiva
Pasouse a activa a pasiva

- O OD pódese recoñecer transformando unha oración activa en pasiva. Fíxate nos cambios que se produciron:
 0 suxeito da oración activa pasa a ser complemento axente(C.Ax=Complemento Axente).
 0 verbo en voz activa pasa a voz pasiva.
 0 OD pasa a se-lo suxeito da oración pasiva.
- Outra maneira de recoñece-lo OD é substituíndoo por un dos pronomes átonos o / a / os / as, lo / la / los / las ou no / na / nos / nas.
Ana merca caraveis
OD
---->Ana mércaos
. . . . OD
Miña nailavaa louza
OD
---->Miña nailávaa
. . . . OD
Elamercouun xersei
OD
---->Elamercouno
. . . . OD
O compañeiro contabiliza os problemas
OD
----> O compañeiro contabilizaos
. . . . . . . . OD
A veciña limpa a roupa branca
OD
----> A veciña límpaa
. . . . OD
O astronauta recolle as rochas lunares
OD
----> O astronauta recólleas
. . . . OD
A doctora redacta unha carta
OD
---->A doctora redáctaa
. . . . OD
O carteiro leva postais
OD
---->O carteiro lévaos
. . . . OD
A costureira cose a roupa
OD
---->A costureira cósea
. . . . OD
A nena arranxa as bonecas
OD
---->A nena arránxaas
. . . . . OD

See page 102 of book

Exer 15.-Pasa a voz activa as seguintes frases e subliña o obxecto directo.
 0 papel era interpretado por Eva. (pasiva)
Eva ínterpretaba o papel. (activa)
 A miña redacción foi escollida polo profesor. (pasiva)
O profesor escolleu a miña redacción (activa)
 A habitación será ordenada por Xoán. (pasiva)
Xoán ordenará a habitación ( activa )
 A canción será escoitada polos nenos. (pasiva)
Os nenos escoitarán a canción ( activa )
 As follas secas do xardín foron recollidas polo xardineiro. (pasiva)
O xardineiro recollera as follas secas do xardín ( activa )
 América foi descuberta por Cristovo Colón. ( pasiva)
Cristovo Colón decubriu América ( activa )

Exer 16.-Identifica o obxecto directo e substitúeo por un pronome persoal.
OraciónSubstitución
- Ana comía arroz.
- Miña nai mercou unha torta de chocolate.
- Ti cánta-la canción.
- Hoxe, coilerei o tren.
- ¿Escóita-la radio?
- Vai leva-las maletas.
- Lin o libro.
- Xosé coidou os nosos cans na súa casa.
Ana comíao
.Miña nai mercouna.
Ti cántala.
Hoxe, collereino.
¿Escoitala?
Vai levalas.
Lino.
Xosé coidounos

Exer 17.-Subliña, se o hai, o obxecto directo das seguintes frases.
- Xustifica se hai ou non obxecto directo coas probas que aprendiches na actividade anterior.
 Os campesiños levan as verduras ó mercado.-> pasiva.(As verduras son levadas polos campesiños ó mercado)
activa (Os campesiño levanas ó mercado) pronome as
 O concursante non respondeu ben a pregunta.-> pasiva( A pregunta non foi ben respondida polo concursante)
activa(O concursante nona respondeu ben) pronome na
 Os nenos subían as escaleiras.--> pasiva (As escaleiras eran subidas polos nenos)
activa ( Os nenos subianas) pronome as
 Debes pedi-las cousas con amabilidade.--> pasiva (As cousas serán pedidas {por ti} con amabilidade.
activa (Debes pedilas con amabilidade) pronome las
 Aínda non acabei a tarefa.--> pasiva (A tarefa non foi acabada aínda)
activa ( Aínda nona acabei) pronome a
 ¿Víche-lo novo profesor?--> pasiva ( ¿O novo profesor foi visto?)
activa ( ¿Víchelo? ) pronome lo
 Sempre durmo sen almofada. (Non ten obxecto directo)
 A Cibrán gústalle o arroz. (Non ten obxecto directo; pois o arroz é suxeito, lle e OI e A Cibrán é OI)
 Os afectados presentaron unha queixa na oficina do Valedor do Pobo.
pasiva (Unha queixa foi presentada polos afectados na oficina do Valedor do Pobo).
activa (Os afectados presentarona na oficina do Valedor do Pobo). pronome a

activa(Os campesiños lévanas ó mercado).
pasiva(As verduras eran levadas polos campesiños ó mercado).
activa(O concursante nona respondeu ben) pronome na
pasiva( A pregunta non foi ben respondida polo concursante)
activa ( Os nenos subianas) pronome as
pasiva (As escaleiras eran subidas polos nenos)
activa (Debes pedilas con amabilidade) pronome las
pasiva (As cousas serán pedidas {por ti} con amabilidade.
activa ( Aínda nona acabei) pronome a
pasiva (A tarefa non foi acabada aínda)
activa ( ¿Víchelo? ) pronome lo
pasiva ( ¿O novo profesor foi visto?)
activa (Os afectados presentarona na oficina do Valedor do Pobo). pronome a
pasiva (Unha queixa foi presentada polos afectados na oficina do Valedor do Pobo).
See page 103 of book

Preposición a + OD

O obxecto directo enlaza directamente co verbo sen necesidade de preposicìón.

Vin ese señor.
Vin a ese señor.

Sen embargo, hai algúns casos nos que o OD admite preposición:

- Cando se pode confundir co suxeito:
A rapaza viu á nai.

- Cos nomes propios:
Convida a André.

- Cos nomes de parentesco:
Chamei a meu pai.

- Cando está formado por un pronome persoal:
Feliciteino a el.

18.- Coloca o pronome de OD axeitado en cada caso.
 Oíche-la canción? Oína (a/la/na).
 Hai que merca....... (as / las / nas) para o xantar.
 Se ela lía unha revista, eu tamén ........ (a / la / na) lía
 Ti sacába-lo pan da artesa e el cortába..... (o /lo /no).
 Marta vai..... (os / los / nos) levar ó cinema.
 Agora levara.... (o / lo / no) pasear ó parque.
SOLUCIÓN:
 Oíche-la canción? Oína (a/la/na).
 Hai que mercalas....... (as / las / nas) para o xantar.
 Se ela lía unha revista, eu tamén ...a.... . (a / la / na) lía
 Ti sacába-lo pan da artesa e el cortábao.... . (o /lo /no).
 Marta vainos.... . (os / los / nos) levar ó cinema.
 Agora levaralo.... (o / lo / no) pasear ó parque.

Análise da oración

  • A rapaza ten unha bicicleta de montaña
  • Suxeito-->A rapaza; A = Determinante, rapaza = Nominal forma S N, Sintagma Nominal que vén a ser o Suxeito da oración.
  • Predicado verbal, verbo-->ten, V, Verbo activo
  • O D -->unha bicicleta de montaña, [tena]; unha =Determinante, bicicleta = Nominal, forma o Dt máis Nml Sintagma Nominal ó que se une unha frase preposicional ou complemento do nome (C. N.), formado por un relacionante = preposición = de, e un Nml ou Nominal = montaña =substantivo.
  • Oración transitiva

- Subliña o OD nestas frases:
 A policía colleu ós ladróns.
 Querían presentarme a Pedro.
 A ela aínda non a telefonara.
 Vou buscar ó neno.

- Corrixe os casos nos que o uso da preposición sexa incorrecto.
- Xustifica aqueles nos que sexa correcto.

Fíxate na oración que analizamos; está formada por un suxeito (A rapaza) e un predicado (ten unha bicicleta de montaña).

O suxeito está constituído por un sintagma nominal (A rapaza) formado por un determinante (a) e un nome (rapaza).

O predicado (ten) leva un obxecto directo (OD) (unha bicícleta de montaña -> tena) que está constituído por un determinante (unha), un nome (bicícleta) e un complemento do nome formado por un nome (montaña) e un relacionante (de).


Exer 19.-Analiza en forma de árbore as seguintes oracions.

Un compañeiro da miña clase gañou un premio de novela.
Meu irmán pequeno rematou o traballo de Matemáticas.
Xoana tivo moitos regalos de aniversario.
Henrique mercou un ordenador novo.

Ortografía
Uso do "h"
Exer 20.- Relaciona estas palabras coas normas correspondentes sobre o uso do "h".
PalabrasEscríbense con"h".Escríbense sen "h":
A)habitaba, herdasemos,houben...C) A palabra harmonía e os seus derivados. filharmonía,harmonio, harmonizar, ... aí,
alelí,
exuberante,
orfo,
úmero
B) hipócrita, hipocrisía, hipódromo...A)Os verbos haber, habitar e herdar. herdeiro, hai, habitarei, deshabitar
C)harmonía, harmonioso, harmónico...D) As palabras que comezan por hum-., humificar, húmido, humano, humor.
D)humanismo, humilde, humorístico...B) As palabras que comezan por hip-, hípico, hipertensión, hipérbole, hipoteca,hipótese.
-Emparella AA, BB, CC, DD decátaste do emparellamento.Escribe outras palabras para cada caso.

Uso da coma
Exer 21-Observa o esquema e complétao con outro exemplo.
Poñemos coma... ExemploNovo exemplo
Para separar elementos dunha enumeración. Na miña casa venden polos, coellos, becerros e vacas. Onte comprei, patacas, laranxas, peras, fabas e pementos.
Para separa-lo vocativo dunha oración. Oíches, Pepe, ¿queres vir comigo á festa de aniversario?Eh, ti ¿comprasme lotería?
Para separar oracións que forman unha serie.Iremos á Coruña, visitarémo-la Torre de Hércules e comeremos nun restaurante. Xan quere chegar rápido, comprar moito e pagar pouquiño.
Para separa-lo nome de lugar da data, cando, por exemplo, se escribe unha carta.Ordes, 8 de novembro do 9049.
Estimada Marta:
Unhas letras, para decirte que ...
Alfoz , dous de Nadal do 2074.
Inolvidable Compañeira:
Envioche uns renglóns ó fin de ... se pode ser xuntos preto da... Torre de Hércules (A Coruña).

See page 105 of book

Exer 22.-Completa estas palabras con "h" se o precisan .Consulta o Diccionario.
*umor
*orfanato
*úmido
*erdanza
ex*uberancia
*umeral
*abitei
*ipérbole
*umildade
al*elí
*oubesemos
fil*armónico

SOLUCIÓN:

Exer 23.-páx 106 Hai palabras que, segundo teñan "h" ou non, teñen significados distintos. Fai o seguinte:
- Anota o significado das palabras do cadro.
- Escribe unha oración con cada unha das palabras.
Con " h"Sen " h "
hora: cada unha das vintecatro partes iguais en que se divide un día.
- Chegou hai unha hora.
ora: conxunción coordinada distributiva
Ora cantaba, ora rezaba.
aprehender: coller algo
-El aprehendeu ó preso.
aprender: instruir = ensinar
Aquel mestre ensina pouco.
hai: verbo haber
En aquela non hai escaleiras.
ai: interxección de dor,
-¡Ai! ¡Qué tristura!
cohorte : corpo do exército romano
-César tiña seis cohortes.
corte:.lugar de residencia do rei
A corte do rei está en Madrid.

Exér 24.-Coloca a coma onde cumpra e explica en qué norma te baseaches.

Henrique vaime buscar unha pouca leña e acéndeme o lume
Miña nai regaloume un xersei unha camisa e unhas luvas.
Lugo 9 de xaneiro de 1997.
Eles visitaron as murallas andaron pola cidade vella e foron ó teatro.
Sabela díxenche que foras buscarme o neno á escola.
....................................................................................................................
1) Henrique, vaime buscar unha pouca leña e acéndeme o lume
2) Miña nai regaloume un xersei, unha camisa e unhas luvas.
3) Lugo , 9 de xaneiro de 1997.
4) Eles visitaron as murallas , andaron pola cidade vella e foron ó teatro.
5) Sabela, díxenche que foras buscarme o neno á escola.

1) É un vocativo, 2) É unha enumeración 3) É o comenzo dunha carta 4) Separación de oracións 5) É un vocativo.

See page 106 of book.

Lingua e comunicación

Elaboracíón dunha carta comercial
A carta comercial caracterízase por ter unha estructura rigorosa.

Fíxate nas partes desta carta e nas súas características.

Encabezamento (1). Inclúe o nome e o en derezo do remitente.

Destinatario (2). Aparece o nome e o enderezo da persoa ou entidade á que vai dirixida a carta.

Saúdo (3). Fórmula de cortesía.

Texto (4). Presenta sempre unha ordenación lóxica que estructura a información en tres partes: introduccíón, exposícíón e conclusión.

Despedida (5). Fórmula de cortesía que se corresponde necesariamente co grao de cordialidade manifestado no saúdo (Atentamente, un saúdo cordial...).

Sinatura (6). Debaixo da firma inclúese o nome e o cargo.

Data (7). Inciúe, nesta orde, a localidade e, despois dunha coma, a data.



1)
ENVASES ALECRÍN

r/ Alcalde Marchesi, 45

Tel. (981 ) 13 89 05

15010 - A CORUÑA

2)CONSERVAS ENXEBRES
r/ Os loureiros, 4
36970 - Portonovo (POÑTEVEDRA)

3) Señores,
4) Comprácenos moito informalos de que acabamos de construír un novo envase.

Este novo producto ten a vantaxe de ser ecolóxico e, asemade, apto para todo tipo de conservas.

Non dubidamos de que estarán interesados neste novo envase e esperamos que, coa suficiente antelación, nos respondan.

Confiamos en que a nosa proposta sexa do seu interese.

5) Esperando a súa resposta, aproveitamos para saudalos cordialmente.

ENVASES ALECRÍN

6) Xoana Outeiro Ribeira

Directora do Departamento Comercial
7) A CORUÑA, 31 de outubro de 2006...


Exer 25.-páx 107 E-lo director dun ximnasio e precisas estes elementos:

* 1 bicicleta estática modelo B-6.
* 8 pesas dun quilo modelo P-4.
* 6 pesas de dous quilos modelo P-8.
- Inventa os datos que faltan e escribe unha carta segundo o modelo.
See page 107 of book.
Sítuación de venda dun producto a uns clientes
Segundo a súa finalidade, existen dous tipos de anuncios:

* Anuncio publicitario: trata de persuadi-la xente para que compre.


* Anuncio propagandístico: pretende aconsellar.


- Na prensa, na radio e na televisión, incítase constantemente a consumir sen necesidade.Recompilade anuncios publicitarios e propagandísticos:

* Analizade as mensaxes dos anuncios e anotade semellanzas e diferencias.

* Elaborade anuncios propagandísticos que advirtan ó comprador do consumismo que se promove desde os medios de comunicación.

Exer 26.-pá 108 Formade grupos de dous ou tres alumnos. Elixide un destes productos ou propoñede outro, para preparar un diálogo entre un vendedor e un(s) cliente(s):
ProductoDescriciónVantaxes
- Crema repelente antimosquitos.Nova crema que desprende un olor desagradable para os mosquitos e que é inofensiva para as persoas. É unha crema hidratante e, ó mesmo tempo, un repelente.
- Pintura para as paredes. Pintura de tódalas cores que se pode sacar con auga. É máis facil de limpar e aforra o uso doutros productos como a augarrás

Exer 27.-Representade oralmente a situación, seguindo este proceso:

- Repartide os seguintes papeis:
- Un vendedor e un ou dous clientes.


- Imaxinade a conversa. Para iso, cómpre elaborar un diálogo no que, despois de preguntas e respostas entre vendedor e clientes, se chega a unha conclusión sobre a compra do producto.

- Ensaiade o diálogo un par de veces. Tede en conta que:
Se son o vendedor teño que...Se son o cliente debo...
 Empregar un vocabulario entusiasta: aforro, abaratamento,prestacións...
 Falar con precisión e claridade.
 Facer demostracións.
 Facer preguntas sobre garantia, prezo e fin de pagamento, asistencia en caso de avaría, traslado, devolución...

- Facede representacións escénicas sobre vendas de productos.

Exer 28. Despois da representación, dous compañeiros farán un comentario crítico que considerará estes aspectos:

See page 108 of book

 Lingua e sociedade

Actítudes língüísticas
Exer 29.-Le este texto.

" Imaxinemos por un momento que un habitante doutro planeta, unha especie de antropólogo das estrelas, chega a Galicia coa misión de realizar un estudio sobre a situación lingüística do noso país. (...)

. O estudio (...) podería ter unha conclusión clara e coherente; esta é unha sociedade na que unha das linguas que se falan nela, a propia do país, a habitual na maioría da poboación, ten unha escasa presencia na vida social. (...).Parece coma se houbese unha prohibición que impedise falala en público, unha prohibición só transgredida por unha minoría que tenta, ás veces con moitos atrancos, desenvolver a súa vida cotiá na lingua do país. (...)

¿Cal é a explicación destes comportamentos lingüísticos? Porque as dúas linguas son cooficiais e, na teoría, non hai atranco ningún para que unha persoa fale en galego en calquera ámbito e en calquera situación. Así que, (...) ¿Onde está a prohibición? (...) ¿Que pensaría de nós este observador?

Pero nós sabemos ónde está a orixe dos nosos comportamentos con relación ó idioma (...): as actitudes lingüísticas.
Agustín Fernández Paz, «As actitudes lingüísticas », en
Revista Galega de Educación, nº 25 ( 1996) .

- Indica o enunciado que mellor resume o texto. Xustifícao.

Respecto da situación do galego, as actitudes lingüísticas...

 son un tema secundario, xa que o problema é o seu estatus legal inferior.

 son a cuestión fundamental para explica-los nosos comportamentos.

 están mellorando e o galego axiña será unha lingua normalizada

- No texto faise referencia a que as actitudes lingüístícas se manífestan en comportamentos cotíáns. Apunta comportamentos da vida diaria que impliquen actitudes positivas e negativas cara ó uso do galego.

- Contrasta os teus apuntamentos cos dos compañeiros e buscade solucións para corrixi-los comportamentos que denotan actitudes negativas cara ó galego.
See page 109 of book.

* A lingua literaria

Narrativa

O conto e a lenda
O conto e a lenda son, igual cá novela, subxéneros narrativos. As características comúns son a súa brevidade e a transmision oral (as historias transmitíronse oralmente de xeración en xeración ata quedar fixadas por escrito). A diferencia da novela, non hai grandes descricions, nin evolucion das personaxes...

De seguido, imos ve-las características máis importantes do conto e da lenda e algúns exemplos de cada subxénero.
CaracterísticasPersonaxesTemasFinalidadeExemplos
Conto- Sitúase nun espacio e nun tempo indeterminados.- Aparecen poucas personaxes, para non complica-la trama.

- Son planas, é dicir, non evolucionan ó longoda narración.

- Son moi variados.
Algúns dos máis
tratados son:
 A amizade.
 A valentía.
 A envexa que prexudica ás persoas.
 A paciencia
- A finalidade
primordial é
entreter.
- Tamén pode ensinar.
 Consello de pai.
 A envexa.
 As fabas do xastre
 O segredo
. Os tres herdeiros.
 0 sapo e a ra.
- Narración breve en prosa.

- Estructúrase en introducción nó e desenlace..

Lenda - Sitúase sempre
nun espacio e nun tempo determinado.
- Son moi variados.
Algúns dos máis
tratados son:
 Os mouros.
 A orixe dunha
cidade.

 Algún feito da
Virxe, dos Santos ou de Xesucristo.
 As serpes.
 Os lobishomes

- Destacar personaxes e feitos históricos dunha comunidade.

- Ensinar, xa que presenta modelos de comportamento e caracteres especiais.
- Instruír, pois dá explicación á orixe dalgúns costumes que son moi antigos.

 A moura de Arnoia.
 Oríxe de Xurenzás.
 Lenda da Virxe do Cristal.
 O adival trocado en serpe.
 Lenda de lobos do cruceiro da Gándara.

Creación literaria

Inventar un conto decatándose
1º.-Tema
2º.-Personaxes
3º.-Finalidade
4º.-Trama
5º.-Estructura
---continuará--

No momento que eu nacín,
léronme sentencia:
cara ó camiño da morte,
tirando dun cadea,
para ser máis forte.
------


línea de de división

Cadro de versos populares
GALEGO
CASTELAN
Unha froita naceu verde
cor que co tempo perdeu,
o corazón naceu libre,
e a Virxe mo embeleceu.
Una fruta nació verde,
el tiempo la maduró;
mi corazón nació libre,
y la Virgen lo embelleció.
------------------------------------------------

Pinchen para suxerencias, propostas...


volver... -----