Aula 2º

línea de de división

Tema 7.-A rapaza do circo.
.
Nesta unidade estudiarás
Conceptos
Procedementos
Actitudes
Obxectivos didácticos
.Os estranxeirismos.
.As perífrases verbais: haber + infinitivo (futuro), ter + que + infinitivo (obrigación).
.As características dos textos de instruccións.
.Campo semántico: o instituto.
.Os antónimos. Os prefixos i-, im-, des-, anti-.
.O complemento directo e as unidades que poden funcionar como tal: frase nominal, frase substantiva,frasepreposicional,oración e pronome persoal átono.
.A situación sociolingüística de Galicia. As actitudes lingüísticas.
.As propiedades do texto: o parágrafo 1.
.Corrección ortográfica: subir e rubir.
.Literatura: Álvaro Cunqueiro.
. Manexo do diccionario á hora de con textual izar o vocabulario que aparece nas lecturas.
. Redacción de instruccións prestando atención á súa estructura modelo.
. Realización de actividades de ampliación do léxico propio do campo semántico tratado: o instituto.
. Creación de antónimos engadindo os prefixos i-, im-, des- e anti-.
. Identificación e recoñecemento do complemento directo dunha oración, así como das unidades que poden desempeñar esta función.
. Observación e análise dos comportamentos que serven para comprender as normas que regulan o uso social da lingua galega, xulgando criticamente as súas motivacións.
. Redacción de textos prestando especial atención á súa estructUra por parágrafos.
. Corrección no uso de subir e rubir.
. Descubrimento das posibilidades expresivas, estéticas e lúdicas da lingua a través da lectura de textos con intención literaria.
. Recoñecemento das relacións entre as obras, os autores e o momento histórico en que xorden.
. Interese por adquirir unha maior destreza no uso das perífrases verbais e no seu emprego no día a día.
. Interese por adquirir e Utilizar de xeito progresivo un léxico cada vez máis amplo.
. Comprensión da situación idiomática de Galicia e das circunstancias que a motivaron.
. Respecto e interese polas variantes dialectais e de uso da lingua oral.
. Aceptación razoada das normas internas que rexen a estructura dos parágrafos.
. Conciencia da necesidade da normalización da lingua, tanto a nivel individual como social.
. Aceptación razoada das normas de funcionamento da lingua.
. Afección pola lectura de textos literarios valorándoos como proceso de creación individual.
. Recoñecer e apreciar a lingua como medio de representación da experiencia humana.
. Traballar a comprensióne análisetextual.
.Manexar o diccionario para buscar o significado de determinadas palabras dun texto.
.Usar correctamente as perífrases verbais.
.Utilizar e valorar os textos de instruccións como guías na realización de tarefas.
. Adquirir unha maior amplitude de léxico propio do campo semántico tratado (no instituto).
.Manexar o diccionario para buscar antónimos.
.Identificar o complemento directo nunha oración e as distintas unidades que poden funcionar como tal.
.Valorar o galego como lingua propia de Galicia.
.Facer uso do galego comprendendo as circunstancias que condicionan o seu uso social.
.Traballar a composición dun texto a través do estudio do parágrafo.
.Empregar correctamente as palabras subir e rubir.
.Recoñecer a importancia da figura de Álvaro Cunqueiro na literatura galega.
. Valorar o feito literario como producto lingüístico, estético e sociocultural.
Ó final serás capaz de realizar máis accións...

A rapaza do circo Carlos Casares Vento ferido.

El coñeceuna de casualidade. Unha tarde, a eso das seis, estaba sentado nun banco do xardín e advertiu que se lle achegaba unha rapaciña loura, de melenas longas, vestida cun pantalón short. Con acento francés preguntoulle ónde podería atopar un médico. Acompañouna. Polo camiño ela díxolle que era trapecista do circo e que seu pai -un antigo xendarme-, atopábase malo (pouca cousa: talvez unha mala dixestión), e que pedira que lle levaran un médico. El a penas falou. Ó chegar á clínica indicoulle: «Aquí». Ela deulle as gracias e invitouno a pasar pola taquilla, onde lle facilitaría un par de entradas prá función das oito.
Foi. Antes de subir ó trapecio, a rapaza, vestida de pescadora, cantou. Na metade da canción dirixiuse cara á butaca que ocupaba el e botoulle o sedal da cana, mentres lle dicía entre as risas de todos: «Pica, pica, pececito».
Volvéronse atopar ó día seguinte.
Despois víronse tódolos días. Pasaban as tardes no río. Deitábanse na area. Enterrábanse. Nadaban. Ela faláballe de Marsella, da súa infancia. El pechaba os ollos e imaxinaba aquela rúa fronte ó porto, os barcos que Anne despedía cun pano branco dende a bufarda, a tía Françoise, Jules...
¿Como sería aquel Jules que lle dera o primeiro bico no portal?
-Era louro, coma mino E moi pencoso.
-¿Lémbraste del?
El tiña un sombreiro de palla sobre dos ollos pra tornar o sol. Volveulle preguntar:
-¿Lémbraste del?
Sentiu os labios dela que se po usaban nos seus. Foi coma un trallazo. Unha ledicia branca nacíalle dentro do corazón.
Despois bicáronse. Bicáronse moitas veces. E ela apoiou a súa cabeza no peito del.
Pronto correu a noticia de que se vían no río. Na casa rifáronlle. «¡O que me faltaba -dixera seu pai- un fillo titiriteiro».
Pero seguíanse vendo ás escondidas.
Hoxe os compañeiros de quinto desafiárono.
-A que non es home de subila pra aquí...
Non o dubidou. Asomouse á ventá e chamouna:
-¡Anne...!
Subiu. Recibiuna no hall e metéronse no laboratorio. Pecharon a porta por dentro e taponaron o buraco da pechadura cun cacho de papel. Os de quinto armaban barullo fóra. El ensinoulle as bolboretas, as pedras, os lagartos e as cobras metidos en formo!... Pediulle un alfinete e picouse nun dedo. Amosoulle o sangue a través do microscopio.
-¿Sabes unha cousa? -dixo da.
-¿Que?
-Que nos imos mañá.
Colleuná pola cintura e bicouna.
E naquel intre chegou o director.

Can do saia será xa de noite e terase que ir prá casa sen vela, sen lle explicar, sen lle dicir o que ocorreu. E despois de cear dirá: «Quero ir ó circo». E o seu pai responderá: «Non». Entón irase á cama. E pensará: «Os vellos non saben». E os vellos (non tan vellos), na súa habitación nin sequera se lembrarán del e da francesiña Anne. E el ha tardar en durmir, pero durmirá. ¿Durmirá?
Mañá ó se erguer, sentirase triste. Máis triste que ninguén. ¿E que será de Anne? Non a volverá ver. ¿Nunca máis? Nunca. Ergueuse moi cedo. Marchou correndo ó campo da feira. No sitio do circo só quedaba un redondel.

Arredor do texto
1. Busca no texto as seguintes palabras: cear, tornar, pano, rifar, alfinete, penca. ¿Que significado teñen nel?
Despois, atópalle a cada unha delas un significado distinto ao que teñen no texto. Nas fichas que fagas, pon exemplos representativos de un e outro significado.

2. Responde:
. ¿Como se coñeceron os protagonistas da historia?
. A rapaza protagonista é estranxeira. ¿De que país e cidade é? Sitúa nun mapa a cidade de procedencia de Anne.
. ¿Lémbraste del?, preguntoulle o rapaz a Anne. ¿Cal é a resposta da rapaza? ¿Que pretende ela ao responderlle así?
. ¿Que pensa o pai da relación do rapaz con Anne? Xustifica a túa resposta con palabras do texto.
. ¿Que ocorreu lago de sorprendelos o director? ¿Por que non se pode despedir de Anne?

3. Sinala cáles son os momentos máis importantes desta narración, pala arde en que acontecen.
. Pai lago o resumo do seu argumento.

4.Xa vimos na unidade 1 o que é unha prolepse: unha anticipación dos acontecementos que sucederán no futuro.
. Localiza no texto este recurso literario.

5. Nestas frases da lectura substitúe as palabras indicadas por un sinónimo:
- Sentiu os labios dela que se pousaban nos seus.
- Unha ledicia branca nacíalle dentro do corazón.
- ¿Como sería aquel ¡u les que lle dera o primeiro bico no portal?
- Pero seguíanse vendo ds escondidas.
Os compañeiros de quinto desafiárono.

6.- Os protagonistas des te canto son unha moza e mais un mozo que se gustan e manifestan o seu amor, bícanse, van callidos pala cintura. Fíxate como o autor describe o bica: «Poi como un trallazo. Unha ledicia branca nacíalle dentro do corazón».
. No poema de Ram6n Cabanillas que vai na marxe aparecen os semimentas amorosos. ¿Como describe Cabanillas a sensación do amor? ¿É parecido ao narrado no relato?

7.-.Anne traballa nun circo, por iso tivo que se ir. Imaxina que es Anne e escríbelle unha carta ao mozo dende Marsella.

8. O autor emprega as palabras short e hall, termos estranxeiros moi introducidos na linguaxe coloquial. ¿De que idioma proceden? ¿Poderiamos substituílos por palabras propias do nasa idioma?
. Hoxe en día o léxico está a ser invadido por termos semellantes. Substitúe os seguintes exemplos palas palabras galegas axeitadas e explica o seu significado:

PLAY OFF" -------------------------
MISTER "... -----------------------
FAIR PLAY" -----------------------
DRIBBLING "... -------------------
PING-PONG ... --------------------
RANKING "... ---------------------
SPOT '... ------------------------
SKINHEAD "... -------------------
ACERA""... ----------------------
ROUND"" --------------------------
RING '... ------------------------
COMIC "... -----------------------
PARKIN G "... --------------------
PLANNIN G"" ----------------------
RECORD "... ---------------------
STRESS "... ---------------------
DEBUT ,".. ----------------------
APARTHEID "... -----------------

9. Era louro, coma min. E moi pencoso.
. Coma no exemplo, moitos adxectivos serven para caracterizar o aspecto físico das persoas. Copia un cadro coma este no teu caderno e agrupa os adxectivos segundo a parte do corpo que poden caracterizar.
-ancha, laso, rubio, chuchado, tinguido, azuis, grandes, achinados, ganchudo, crecho, afiada, aquilino, anachado, gazos, torto, estreitos, finos, grosos, carnosos, ovalado, louro-.

cara cabelo ollos nariz
. . . .


Aprendemos máis - - AS PERÍFRASES VERBAIS -
As perífrases verbais son construccións formadas por un verbo conxugado seguido doutro verbo que pode ir en infinitivo, xerundio ou participio; estes verbos poden ir unidos por unha preposición ou conxunción:

E el ha tardar en durmir pero durmirá.
Cando saia será xa de noite e terase que ir para a casa sen vela.
Como podes ver, no primeiro exemplo a perífrase posúe un valor de acción futura, mentres que no segundo caso indica unha acción pendente de cumprimento obrigatorio.

FRASE VERBAL PERÍFRASE VALOR
ha tardar haber + infinitivo Futuro
tiveron que arrincalos ter + que + infinitivo Obrigación

Troca as formas verbais sinaladas por algunha das perífrases anteriores:
A profesora dixo que faría o exame o próximo luns.
Argalia algo para que te deixen vir á piscina.
O alcalde dixo que adornarían a praza para a festa.
Anda a modo coa moto para non ter problemas
.
Estragouse o lavalouzas, avisa ao técnico.

X E R A I S

Tema 7.-O noso contorno
.
------
Nesta unidade estudiarás
Comprendemos
e expresámonos
Ampliámolo
noso saber
Máis sobre
a lingua
Recursos
para aprender
*Lemos
e entendemos.
*Algo se move
na selva

Lingua oral
Descrición
de paisaxes

Lingua escrita
Bando municipal

*Comunicación
e sociedade

*Ecoloxismo
lingüístico

*Lingua literaria
*A representación
teatral

*Gramática
Predicado:
complementos
circunstaciais

*Vocabulario
Antonimia

*Ortografía
A diérese
Uso de "h"

Grupos
consonánticos

O estudio
das Ciencias Sociais
e Naturais.
Ó final serás capaz de...
-----

Lemos e entendemos Comprendemos e expresámonos

-Comentade en parellas estas cuestións

  • ¿Que espacios naturais coñecedes no voso contorno? ¿Ríos, lagoas, praias con dunas, montañas...? ¿Cal deses espacíos coñecedes mellor? ¿Que atractivos ten?
  • ¿Coñecedes algún problema que afecte ou poña en perigo eses espacios naturais? ¿Contaminación, afluencia masiva de persoas, secas...

Algo se move na selva
1.-tártago: tipo de avespa dun tamaño superior ó normal.

2.-escrutar: observar con moita atención intentando descubrir algo.

3.-hidra: monstro mitolóxico semellante a unha serpe con sete cabezas.

Se non mencionei ata agora o meu traballo cos insectos e os seus parentes, arañas, cempés e cochinillas, non foi por falsa modestia, nin porque o seu menor tamaño faga que os teña por menos importantes. Ó contrario, pois desde os meus primeiros momentos na selva xa me fixei nuns estraños cempés de cor laranxa que circulaban por entre os troncos caídos no chan, e tamén vin uns ácaros, especie de arañas pequenas, de cor vermella e dun tamaño xigante, se os comparamos cos seus primos que coñecía en Galicia. 0 que non podía entender era qué facían estes bichos, que no noso país son escuros e pardacentos para mellor esconderse, exhibindo esas cores escandalosas. Tardei un tempo en comprender que as leis que rexen a vida da selva non son as mesmas que nos lugares temperados, e que para algúns seres de moi curta vida vale máis arriscar a casca que expoñerse a non encontrar parella nas sombras dun chan ó que nunca chega a luz do sol. [...]

Estando afeita a considerar ás avésporas, os tabáns, ou o grande tártagol como os insectos máis perigosos, dos que sufrira algunha vez as dolorosas picaduras, e tendo as formigas por uns pequenos seres inofensivos ós que nunca dediquei moito interese, tiven que cambiar de opinión logo de presenciar o segundo día unha marcha da marabunta.

- ¡Marcos ven Marcos! -Chamárame Ros, que levaba un ante ollo co que escrutaba2 as árbores, procurando paxaros ocultos entre a súa follaxe-. Olla o que vén ó lonxe.

Tomei o anteollo e apuntei na dirección que me indicaba. No chan víase serpentear en dirección nosa algo que, se era serpente, superaba en tamaño ás anacondas máis grandes, que alcanzaban oito ou nove metros e que, por certo, aínda non tiveramos ocasión de ver. Se non era réptil e era río, nunca ollara eu unha auga tan negra.

-¿Que pode ser? -preguntou Ros.

-Lin unha vez sobre enxames de formigas lexionarias -dixen eu- pero dubido que poidan chegar a esa lonxitude.

Porque a mancha negra se perdía na distancia, e poidamos apreciar o seu comezo, pero non a fin. Sen embargo, e a medida que se aproximaba a nós, puidemos comprobar que si eran formigas, e máis tarde souben que o tamaño daquela, que calcularamos en máis de vinte quilómetros, podía ser duplicado e ata cuadriplicado en certas ocasións. Nós fomos testemuñas de como no seu alcance inexorable, envolvían e devoraban tanto a outros insectos e arañas como a lagartos. Pero Paulo, un dos guías brasileiros que nos acompañaban, contounos como el vira a este horroroso animal que ten máis cabezas que a hidra3, esfolar e deixar literalmente nos ósos a paxaros, e ata macacos.

Marilar Aleixandre, A expedición do Pacífico. Ed. Xerais


Tema 7.-Fronte á porta
. -----

Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
* Análise dun texto descritivo dun ambiente.


* Nomes, verbos e adxectivos derivados.

Lingua e comunicación
* Descrición oral dun ambiente.


* Técnicas de estudio para a área de matemáticas.

* Recoñecemento do obxecto indirecto.

*Análise e comentario de oracións.



*Grupos consonánticos cultos.

*Uso dos puntos suspensivos.

* Prosa didáctica e histórica: ensaio, fábula e biografía.


* Comentario dun texto literario.

Ó final serás capaz de...
 Analizar e comentar textos descritivos de ambiente.

 Formar palabras novas polo procedemento da derivación.

 Recoñece-lo OI a partir da pronominalización.

 Inducir e aplicar normas ortográficas sobre o uso dos grupos consonánticos cultos e dos puntos suspensivos.


 Elaborar unha descrición oral de ambiente.

 Aplicar técnicas de estudio a unha área determinada.

 Recoñece-los principais trazos dos subxéneros narrativos didácticos e históricos.

 Comentar textos narrativos.


A información

1 .-Para calcula-lo número de palabras que es quen de ler nun minuto debes face-lo seguinte:
Cálculo do número de palabras do texto Cálculo do índíce de velocidade lectora
Para calcula-lo número total de palabras dun texto:
1 . Conta o número de palabras das cinco líñas do texto que aparecen marcadas cun *.
2. Suma o número de palabras das cinco liñas.
3. Divíde o número total de palabras entre o número de liñas contadas (neste caso, cìnco).
4. Conta as liñas de todo o texto e multiplica esta cifra polo resultado da división anterior.

Este será o número aproximado de palabras do texto

Para calcula-lo índice de velocidade lectora tes que seguir este procedemento:

1 . Le o texto en silencio e anota o tempo que tarda ches en facelo, expresado en segundos.

2. Divide o número de palabras do texto (calculáchelo antes) entre o tempo que empregaches en ler.

3.Multiplíca o resultado obtido por 60 0 resultado que obteñas será a túa velocidade lectora por minuto

See page 114 of book

Fronte á porta estaba o seu diploma enmarcado, "lsmael Castro García. Xestor administrativo". Ulía [...] a colonia ou algo así, pensei na loción do afeita- do do Castiñeiras. Abrín a porta de cristais do seu despacho. As contras estaban botadas, mais sen o fecho e polas xuntas deixaban pasar unha pouca claridade. Os andeis estaban baleiros, sen os arqui- vadores e cartafoles que creaban un lugar angosto e algo opresivo. Agora o despacho parecía moito maior, e máis triste e frío. Acendín a luz, un par de *neóns, aquela claridade molesta pareceu aumentar o frío naquel cuarto que levaba xa quince días sen habitar. Iso é o que sucede cando un morre, que as cousas e os lugares permanecen aínda que ti non esteas. 0 vello calendario de coiro repuxado co es- cudo da cidade ó que se lle cambiaba cada ano o *taco de follas que xa fora do meu avó, Leonardo unha das poucas cousas que o meu pai conservara da vella oficina. Ademais da mesa de despacho do meu pai, claro. "lsmael Castro Estévez, fillo e neto de xestores" , un dos chistes do meu pai. A mesa de despacho de Óscar, o empregado do meu pai, tiña *encima unha máquina de escribir e algúns carta- foles vellos e luxados, papeis inservibles segura- mente. [.....] E alí estaba o ordenador nunha mesiña móbil ó lado da mesa de despacho do meu pai. E de súpeto re- , parei no zunído que emitía, estaba acendido. Cántos días levaría así, para queimarse. Debeulies quedar acendido ós que viñeron recoller os arquivos e *documentos para a outra xestoría. Rodeei a mesa do meu pai, alí estaba a pantalla azul brillante, para queimarse. Estendín a man e retireina inmediata- mente: na pantalla soletreáronse as palabras "Ola, Catuxa".

Suso de Toro, Conta saldada,
Ed. Alfaguara
cartafol: libro de apuntamentos.
repuxado: labrado con punzón facendo figuras en relevo.
zunido: ruído xordo
xestoría: empresa dedicada á xestión e trámite de documentación.

See page 115 of book

* Comentario do texto

Á hora de ler un texto, debes ter en conta os seguintes consellos:

-Pronuncia claramente tódolos sons das palabras.

-Interpreta correctamente os signos de puntuación.

-Fai tódalas pausas para separar e resalta-las ideas ou contidos do texto.

-Entoa ben as frases que compoñen o texto

Ex 2-116. Estas afirmacións que che presentamos pódense deducir do texto que acabas de ler. Xustifícao

- Aquel lugar era o despacho dunha xestoría.
Haí un díploma enmarcado que dí "Xestor admínístratívo".

-Estiveran levando cousas do despacho.
Os andeis estaban baleiros, sen os arquivadores e cartafoles

- 0 despacho estaba ás escuras cando o protagonista entrou.
Si. Acendían a luz

- Alguén morrera recentemente.
Si. Iso é o que sucede cando un morre

- Traballaran varias persoas na xestoría.
Oscar, o empregado do meu pai ("Ismael Castro ...)

- Alguén esquecera apaga-lo ordenador.
Si. E de súpeto reparei no zunido que emitía ....


Ex 3 - p 116-0 texto describe o ambiente dunha xestoría que está a ser desmantelada. 0 autor destaca aspectos concretos para amosalo. Busca expresións que fagan referencia a:

- Datos sobre o tempo->
...naquela claridade molesta pareceu aumentar o frío naquel...
.... naquel cuarto que levaba xa quince días sen habítar

- A luz--> Acendín a luz, un par de neóns, aquela claridade ...

- O espacio--> un lugar angosto e algo opresivo.

- As cores --> alí estaba a pantalla azul brillante

- Os sons --> os zunidos do ordenador que estaba acendido

- Os olores -->Ulía [... ] a colonia ou algo así, pensei na loción do afeitado do Castiñeiras.


Ex 4. p 116. Completa este esquema con todo o que ve, escoita e ole a protagonista do texto. Ten en conta que para completar correctamente o cadro debes dicir qué é e cómo é.
Sentidos
Vista
Oído
Olfato
¿Qué é?¿Como é?¿Qué é?¿Como é?¿Qué é?¿Como é?
diploma
pantalla
calendario
enmarcado
..
..
ordenador
..
..
zunido
..
..
colonia
..
..
loción de afeitado
..
..

- Unha vez completo o cadro, indica qué sentido predomina. Resposta ---> No texto da lectura, ten especial relevancia á percepción dos sentidos (vista, tacto, olfacto...). É, polo tanto, unha descrición de ambiente.
See page 116 of book

0 léxico da nosa lingua

As palabras: primitivas, derivadas, compostas e parasintéticas.

As palabras parasintéticas=compostas e derivadas a vez:boca + manga(u) + -ista, pica + pedra + -eiro,

Formacíón de palabras mediante a derívacíón


Mediante a derivación, é dicir, mediante o uso de prefíxos e sufixos, podemos crear palabras novas. Moitas veces estas palabras novas son dunha categoría gramatical diferente.

Palabra
primitiva
CategoríaPrimitiva + sufixoPalabra
derivada
Categoría
espiñasubstantivoespiñ(a) + -entoespiñentoadxectivo
casarverbocasa(r) + -mentocasamentosubstantivo
valenteadxectivovalent(e) + -íavalentíasubstantivo
vínculosubstantivovíncul(o) + -arvincularverbo

palabra
primitiva
Categoríaprefixo + primitiva + sufixopalabra
derivada
Categoría
feitizosubstantivoen + feitiz(o) + -arenfeitizarverbo
operarverbopost- + opera(r) + -toriopostoperatorioadxectivo
diluviosubstantivoante- + diluvi(o) + -anoantediluvianoadxectivo
capazadxectivoin + capac + -idadeincapacidadesubstantivo

As palabras derivadas son as que obtemos mediante o procedemento da derivación. As palabras primitivas son aquelas a partir das cales xorden as derivadas.

Exer 6.-páx117 Descompón estas palabras nos elementos que as forman.

Palabra
primitiva
Elementos
prefixoprimitivasufixo
telefonear teléfon(o)-ar
antimilitaristaantimilitar(o)-ista
traballador traballa-dor
pianista pian-ista
triangulartri(tres)angul-ar
preconstitucionalpreconstitución-al
bisavóbisavó
prehistoriaprehistoria
prehistóricoprehistori(a)-co

Ex 7.-páx 118 Escribe cantas palabras derivadas poidas relacionando os seguintes elementos. Non é preciso combinar sempre os tres pero cómpre que haxa un cambio de categoría

prefixopalabra primitivasufixopalabras derivadas
1)en- 4)farrap(o) (subst.) 2) - ista 2) contrabaixista (substantivo)
2)contra- 6)cava(r) (verbo) 1) - ar 1) enterrar (verbo)
3)des- 1)terr(a) (subst.) 6) - ón 6) socavón (substantivo)
4)es- 5)colle (r) (verbo) 4) - ado 4) esfarrapado (adxectivo)
5)re- 3)aparece(r) (verbo) 5) - dor 5) recolledor (substantivo)
6)so- 2)baix(o) (adxect.) 3) - ción 3) desaparición (substantivo)

Desenvolvémo-lo vocabulario

Cos seguintes exercicios traballarémo-lo vocabulario referido ás cores, ás sensacíóns e ós sentimentos.

Ex 8. páx 118. Relaciona, con axuda do diccionario se o precisas, cada unha destas tonalidades coa cor correspondente.

-Resolve este encrucillado
5 6
v a
4 e m
n 1 r os a
e m r
g2 v er d e
r l l
az u l o
o

1.- Cor de certa pantera de debuxos animados
2.- Cor da herba en primavera
3.- Cor do ceo de día cando non hai nubes.
4.- Cor da tinta das luras.
5.- Cor dos tomates maduros.
6.- Cor dos limóns maduros.

Ex 9.p 118.- Clasifica estas sensacións segundo sexan puramente físicas (percíbense polos sentidos) ou emocionais (afectan ó estado de ánimo) .

  • soidade - angustia - frío - felicidade - picor
  • dozura - desánimo - somnolencia - calor - medo
  • Sensación física
        • frío, picor, calor.
  • Sensación emocional
        • soidade, angustia, medo, felicidade,dozura, desánimo, somnolencia
- Crea oracións nas que empregues axeitadamente todos estes termos.

- Ese novelista foíse sen compaña á aldea porque precísaba a soidade para poder escribír.


Ex 10. 119p) Relaciona cada un destes nomes de sentimentos cos sinónimos que Iles corresponden.

SentimentosSinónimos
a)desconfianza, sospeita.
b)amor, afecto.
c)odio, rancor.
d)temor, medo.
e)respecto, atención.
f)noxo, repugnancia.
g)arrogancia, soberbia.
b)cariño.
a)receo.
e)miramento.
f)repulsión.
g)fachenda.
d)aprehensión.
c)xenreira

Ex 11 119p.- Consulta, se o precisas, o diccionario e completa con estas palabras as oracións.

cobiza - ledicia - tristura - antipatía - envexa - carraxe

    •  Sentín moita ledícia cando gañámo-lo campionato.
    •  Esa é unha persoa que sempre sentiu cobiza de riquezas.
    •  Prefiro non viaxar con Anxo porque sinto moita .. tristura por el.
    •  Dáme moita ...carraxe...... ter que facelo todo eu sempre.
    •  Teño unha gran ...tristura..... . desde que me deron esa mala noticia.
    •  Creo que ela me ten ... envexa........ porque mañá vou de vacacións.
    Ex12 119p.- Relaciona cada un destes refráns co sentimento ó que fan referencia.

    Refrán Sentimento
    a)Un ollo no prato e outro no gato.
    b)Penas e ceas teñen as sepulturas cheas.
    c)Quen quere besta sen chata, a pé anda.
    d)Coa ola que ferve ningunha mosca se atreve.
    e)Can danado non coñece ó amo.
    f)Mans frías e corazón quente, namoro de repente.
    amor(f
    desconfianza(a
    tristura(c
    medo(d
    ambición(b
    ira(e

    - Explica, segundo o modelo, unha situación de fala na que poderías introducir estes refráns.

    Por exemplo: Un señor sempre pensa que os demais Ile collen cousas; eu podería dicir: ese home sempre anda cun ollo no prato e outro no gato.
    See page 119 of book

    Reflexión sobre a lingua

    0 obxecto indirecto (OI)
    Repara nestas oracións e, sobre todo, nas palabras destacadas.

    Eu escríbín a Móníca. 0 concerto agradou ós espectadores.

    Os complementos a Móníca e ós espectadores son os destinatarios da acción do verbo (escríbiu, agradou). Este complemento denomínase obxecto indirecto e adoita ir introducido pola preposición a.

    Recoñecemento do complemento índírecto

    Para recoñece-lo complemento indirecto podemos substituílo polos pronomes lle e lles. Observa:

    OraciónObxecto indirectoPronomeOraciónOD
    Escribín unha carta a Xosé
    Prestei un libro a Ana
    masculino singular
    feminino singular
    lleEscribinlle unha carta.
    Presteille un libro.
    unha carta
    un libro
    Prestei axuda ós anciáns
    Dei aloxamento ás amigas
    masculino plural
    feminino plural
    llesPresteilles axuda
    Deilles aloxamento.
    axuda
    aloxamento

    Nota: lle, lles: son Complementos Indirectos,(=OI)

    Combínacíón pronomínal OD + OI

    Nunha oración, pódese combina-lo pronome de OD (o, a, os, as) coas formas do pronome de OI (me, che, Ile, nos, vos, Iles).

    • Henrique pasou o balón a Carlos
    • o balón = O D.; a Carlos = O I.:
    • Henrique pasoulle o balón
    • lle = O I.; o balón = O D.:
            Henrique pasoullo ( lle + o ) . . ( OI + OD ).
    Estas son as posibles combinacións entre pronomes de OD e OI.
    Pronomes de OI
    mechellenosvoslles
    Pronomes
    de OD
    omo
    (me+o)
    cho
    (che+o)
    llo
    (lle+o)
    nolo
    (nos+o)
    volo
    (vos+o)
    llelo
    (lles+o)
    ama
    (me+a)
    cha
    (che+a)
    lla
    (lle+a)
    nola
    (nos+a)
    vola
    (vos+a)
    llela
    (lles+a)
    osmos
    (me+os)
    chos
    (che+os)
    llos
    (lle+os)
    nolos
    (nos+os)
    volos
    (vos+os)
    llelos
    (lle+los)
    asmas
    (me+as)
    chas
    (che+as)
    llas
    (lle+as)
    nolas
    (nos+as)
    volas
    (vos+as)
    llelas
    (lles+as)

    Análise da oracíón
    Observa:
    • O titor deu as notas ós alumnos
    • O titor deu as notas ós alumnos
    • Preguntar o verbo para encontrar o Suxeito.¿Quen deu?-->O titor-->Suxeito
    • Preguntar o suxeito para achar o verbo.¿Que fixo o titor?->deu->Verbo
    • Preguntar o verbo.¿Que cousa deu?. As notas->OD(obxecto directo)
    • Preguntar o verbo.¿A quen deu? ou ¿Para quen deu?. ós alumnos->OI (obxecto indirecto)
    • Suxeito S->O titor. O é determinante, titor= nominal.
    • verbo V --->deu, indic. prete perfec.
    • (obx. di.)OD--->as notas. as é determinante, notas= nominal.
    • (ob. ind.)OI--->ós alumnos. ós=(a+os)contracc., alumnos=nml
        • Determinante+Nominal=Sintagma Nominal
        • a+os= ós alumnos = É unha frase preposicional e é OI(obxecto indirecto)
    Análise morfolóxica
    O = artigo determinado xénero masculino número singular palabra monisílaba.
    titor = nome común, individual, concreto, xénero masculino número singular palabra aguda por caer o acento na última sílaba; pero non se acentúa por non terminar en vocal, nin en n, nin en s e é bísilaba por ter dúas sílabas.
    titor= nome común, individual, concreto, animado, contable, humano, individual
    deu = verbo, do verbo dar, perfecto do modo indicativo (eu dei, ti deches, el deu nós demos, vós destes, eles deron) , palabra monosílaba formada por un ditongo decrecente formado (e= vocal forte máis u=vocal débil).
    as= artigo determinado determinado xénero feminino número plural concerta con notas palabra monosílaba.
    notas= nome común xénero feminino número plural, palabra grave por caer o acento na penúltima sílaba; pero non se acentúa xa que se acentúan tódalas graves terminadas en n ou s, bisílaba por ter dúas sílabas.
    ós= forma contracta da preposición a máis artigo determinado os, leva acento diacrítico (que é o que non corresponde as coas regras de acentuación) para distinguir esta forma do artigo determinado masculino plural os, palabra monosílaba.
    alumnos= nome común, concreto, xénero masculino número plural palabra trisílaba na que o acento prosódico cae na sílaba penúltima (lum) que por eso é grave; pero que non se acentúa por terminar en s xa que se acentúan tódalas palabras graves que non terminen en vocal, nin en n, nin en s.
    Fíxate na oración que acabamos de analizar; está formada por un suxeito (o títor) e un predicado (deu as notas ós alumnos).

    O suxeito está constituído por un sintagma nominal (=SN) (o títor) formado por un determinante (o) e un nome (títor).

    0 núcleo do predicado {Prd} (deu) vén acompañado por un obxecto directo OD) (as notas) e un obxecto indirecto (Ol) (ós alumnos ---> o titor déulle-las notas). O OD está constituído por un determinante (as) e un nome (notas) o OI fórmano un relacionante (a) un determinante (os) e un nome (alumnos).

    Exer 13 - 121p Subliña nestas oracións de azul o OD e de verde o OI. Despois fai a substitución pronominal correspondente

    •  Pediremos axuda ós bombeiros.  Pedirémosllela
    • OD--->axuda (= la);.- OI ---> ós compañeiros ( = lle)
    • Análise morfolóxica
    • Nós= pronome persoal (suxeito elíptico)
      pediremos= verbo, 1ª persoa do plural do tempo futuro, modo indicativo o acento cae na sílaba penúltima, grave non se acentúa por terminar en s, palabra polisílaba.
      axuda = nome común, abstracto, inanimado xénero feminino número singular, grave non se acentúa por terminar en vocal.
      ós = contracción (a + os) de preposición a e o artigo os, monosílaba.
      bombeiros = nome común, concreto, animado, contable.
      bombeiros = nome común xénero masculino número plural , grave, non se acentúa por terminar en s , trisílaba.
    Aclaración:
    OD = CD =Complemento directo
    OI = CI =Complemento indirecto

    O obxecto indirecto aparece moitas veces en forma de pronome átono.

    Díxenvos toda a verdade.

    lles un saúdo.

    É moi común tamén que o OI apareza duplicado; é dicir, en forma de sintagma e mais de pronome átono.

    Laveille o pelo a Eva.

    Conteilles todo a elas.


    • Cortei o pelo ó can. - Corteillo (lle + o)
    • OD--> o pelo (=O).- OI--> ó can(=lle); Contrae ( lle + o ) = en, llo
    • Suxeito-->(elíptico=eu)
    • Verbo--> cortei
    • OD - -> o pelo, frase nominal(Nml) que consta dun determinante (Dt=o), e un (Nml=pelo)
    • OI - -> ó can; {(=a + o ) can}; a=relator; o=Dt, can = Nml; o Dt máis o Nml formando unha Frase Nml que a súa vez é Tº(termo); o relator (a=preposición) co Tº forma a Frase preposicional.
    • Análise morfolóxico
      Cortei = verbo do verbo cortar, (1ª.-ar, 2ª -er, 3ª -ir ) da primeira conxugación do tempo pretérito perfecto modo indicativo 1ª persoa do singular , bisílaba, o acento cae na última sílaba que forma un ditongo decrecente(ei) no que se atopa unha vocal aberta e unha pechada átona.
      o = artigo determinado xénero masculino número singular palabra monosílaba.
      pelo = nome común , concreto, individual xénero masculino número singular o acento prosódico cae na penúltima; pero non se acentúa por terminar en vocal, grave, bisílaba.
      ó = contracción da preposición a e o artigo o palabra monosílaba
      can = nome común xénero masculino número singular palabra monosílaba.
    •  Ela envía un telegrama ás súas amigas. Ela envíallelo ( lles + o=llelo )
    • OD=un telegrama(=lo);.-OI = ás súas amigas,(a +as súas amigas {=lles})
    • Oración pred act TRANSITIVA
    • Suxeito---->Ela
    • V---------->envía
    • OD--------->un telegrama
    • OI--------->ás súas amigas; a as súas amigas.- É unha frase preposicional r = a; Tº que é frase nominal (=as súas amigas) formada por Dt=as e Nml= súas amigas. Este Nml a súa vez é frase nominal con Dt= súas, e Nml = amigas.
    • Análise morfolóxico
    • Ela = pronome persoal, forma directa, xénero feminino número singular, 3ª persoa , palabra monosílaba
      envía = verbo do verbo enviar (1ª.-ar, 2ª -er, 3ª -ir ) da primeira conxugación do tempo presente, modo indicativo 3ª persoa do singular trisílaba, (en-ví -a) o acento cae na penúltima sílaba que forma un hiato(páx 70 2º Eso, páx 121 1º Eso) atopándose unha vocal pechada tónica (.í.) e unha vocal aberta( a ). Fálase de hiato cando dúas vocais xuntas pertencen a sílabas distintas.
      un = artigo indeterminado xénero masculino número singular palabra monosílaba.
      telegrama = nome común xénero masculino número singular palabra grave por caer o acento na penúltima , acentuaríase se terminase en consoante que non fose -n nin -s palabra polisílaba.
      ás = contracción (a + as) da preposición a co artigo as, palabra monósilaba.
    súas = determinante posesivo , forma válida para un posuidor e varios posuidores; pero aquí só un posuidor (Ela) xénero feminino número plural , forma hiato(dúas vocais xuntas pertencen a sílabas distintas, páx 70) constituído por unha vocal pechada (u) e unha aberta (a) acentúanse sempre aínda que non lles corresponde segundo as regras de acentuación (=chámase acentuación diacrítica)
    compañeiras = nome común xénero feminino número plural , o acento cae na penúltima polo tanto é unha palabra grave; pero non se acentúa por terminar en s, polisílaba.
    oaosas
    a ó
    (a+o)
    á
    (a+a)
    ós
    (a+os)
    ás
    (a+as)
    en no
    (en+o)
    na
    (en+a)
    nos
    (en+os)
    nas
    (en+as)
    de do
    (de+o)
    da
    (de+a)
    dos
    (de+os)
    das
    (de+as)
    con co
    (con+o)
    ca
    (con+a)
    cos
    (con+os)
    cas
    (con+as)
    ca
    (ca+o)

    (ca+a)
    cós
    (ca+os)
    cás
    (ca+as)
    Nota:Caéconxuncióncomparativa

    •  Devolvín varios libros a Xoana. ---> Devolvínllos (lle + os) = llos
    • OD---> varios libros(=os);. - OI--->a Xoana(=lle)
    • Suxeito elíptico-->(Eu>
    • verbo--->devolvín
    • Complemento directo-->varios libros. Frase Nml (varios libros),Dt=varios, Nml=libros.
    • Complemento indirecto-->a Xoana. Frase preposicional, r = a; Tº(termo)= Nml=substan.=Xoana
    • Análise morfolóxico Devolvín = verbo do verbo devolver (1ª.-ar, 2ª -er, 3ª -ir ) 2ª conxugación, tempo pret. perfecto do modo indicativo 1ª persoa do singular o acento prosódico cae na última sílaba polo tanto é unha palabra aguda que leva tilde por terminar en n xa que se acentúan tódalas palabras agudas que terminan en vocal , en s, ou n
      varios = determinante indefinido que concerta con libros en xénero e número xénero masculino número plural palabra bisílaba o acento cae na penúltima sílaba polo tanto é grave e non se acentúa por terminar en s .
      libros = nome común, concreto, individual, contable, inhumano, xénero masculino número plural palabra bisílaba o acento cae na penúltima sílaba polo tanto é grave e non se acentúa por terminar en s .
      a = preposición, parte invariable da oración por non ter accidentes gramaticais.
      Xoana = nome propio xénero feminino número singular palabra trisílaba (Xo-a-na),Xo-a forma hiato, dúas vocais xuntas que pertencen a sílabas distintas que por ser vocais abertas seguen as regras xerais de acentuación, mira no libro páx 70.

     0 camareiro serve o café ós comensais.

    O = artigo determinado xénero masculino número singular concerta con camareiro en xénero e número palabra monosílaba
    camareiro= nome común xénero masculino número singular palabra grave por caer o acento na penúltima, non leva tilde por terminar en vocal, polisí.
    serve = verbo do verbo servir (1ª.-ar, 2ª -er, 3ª -ir ) da 3ª conxugación, tempo presente de modo indicativo 3ª persoa de singular palab grave, bisílaba
    o = artigo determinado xénero masculino número singular concerta con camareiro en xénero e número palabra monosílaba
    café = nome común xénero masculino número singular palabra aguda por caer o acento na última, acentúase por terminar en vocal, bisílaba.
    ós = contracción (a + os = ós) da preposición a co artigo os, palabra monósilaba.
    comensais = nome común xénero masculino número plural palabra aguda por caer o acento na última sílaba, (co-men-sais), -sais é a última sílaba na que se encontran dúas vocais, unha vocal aberta (a) e outra vocal pechada (.i.) que xuntiñas forman un ditongo decrecente que non se acentúan nunca páx 48. As vocais abertas son:a, e, o . As vocais pechadas son: i,u . O ditongos decrecentes levan sempre {(vocal aberta + vocal pechada), aire, pauta} e os ditongos crecentes ó contrario{ (vocal pechada + vocal aberta), loción ,poliéster}
    Análise sintáctico da seguinte oración:

    • 0 camareiro serve o café ós comensais
    • Oración predi. acti. TRANSITIVA
    • Sux ---> O camareiro.F Nml Dt=o, Nml=camareiro
    • verbo--> serve
    • OD - - > o café. F Nml Dt=o, Nml = café
    • OI - - > ós comensais. (a+os) comensais ->F prepo r=a Tº=F Nml Dt=os Nml=comensais.
    Actividade 14 -Analiza as seguintes oracións.

    1) Os alumnos entregaron o traballo ó profesor.
    2) Dei o meu pésame á súa familia.
    3) Eles comunicaron a noticia ós asistentes
    .

    Os = artigo determinado xénero masculino número plural palabra monosílaba.
    alumnos= nome común, concreto, xénero masculino número plural palabra trisílaba na que o acento prosódico cae na sílaba penúltima (lum) que por eso é grave; pero que non se acentúa por terminar en s xa que se acentúan tódalas palabras graves que non terminen en vocal, nin en n, nin en s.
    entregaron = verbo do verbo entregar (1ª.-ar, 2ª -er, 3ª -ir ) da 1ª conxugación, tempo perfecto de modo indicativo 3ª persoa de plural o acento prosódico cae na penúltima debido o que é palabra grave que non se acentúa por terminar en n xa que se acentúan todas as palabras graves que acaban en consonante que non sexa nin n nin s.
    o= artigo determinado xénero masculino número singular concerta con traballo en xénero e número palabra monosílaba
    traballo = nome común xénero masculino número singular palabra grave por caer o acento na penúltima, non leva tilde por terminar en vocal, trisílaba.
    ó = contracción da preposición a e o artigo o, palabra monosílaba.
    profesor = nome común, concreto, individual, animado, humano, contable.
    profesor = nome común xénero masculino número singular , o acento prosódico cae na sílaba última sendo entón palabra aguda, non se acentúa por terminar en r , trisílaba; xa que se acentúan tódalas agudas terminadas en vocal, en n e en s.

    • Os alumnos entregaron o traballo ó profesor. Os alumnos entregaronllo
    • OD - -> o traballo (=o). -OI - ->ó profesor,=a+o profesor,(=lle)
    • Oración pred act TRANSITIVA
    • Suxeito - -> Os alumnos, Dt=Os Nml = alumnos
    • verbo - -> entregaron
    • OD - -> o traballo, Dt=O Nml = traballo
    • OI - -> ó profesor, a+o profes. r =a Tº =o profesor=F Nml; Dt=o Nml= profe.
    • a o profesor é unha frase preposicional.
    2) Dei o meu pésame á súa familia.
    2)Análise morfolóxica
    Dei = verbo do verbo dar (1ª.-ar, 2ª -er, 3ª -ir ) da 1ª conxugación, tempo perfecto de modo indicativo 1ª persoa de singular o acento palabra monosí.
    o = artigo determinado xénero masculino número singular concerta con traballo en xénero e número palabra monosílaba
    meu = determinante posesivo xénero masculino número singular palabra monosílaba concertando con pésame.
    pésame = nome común xénero masculino número singular , o acento prosódico cae na sílaba antepenúltima sendo entón palabra exdrúxula, trisíla.
    á = contracción da preposición a co artigo a (a + a ) palabra monosílaba.
    súa =determinante posesivo 3ª persoa xénero feminino número singular palabra bisílaba (sú -a) que forma hiato -dúas vocais xuntas pertencendo a sílabas distintas- primeiro unha pechada tónica (sú) e de segundo unha aberta (-a).
    familia = nome común xénero feminino número singular palabra (fa - mi - lia) trisílaba o acento cae na penúltima sílaba entón é grave; pero non se acentúa por terminar en vocal; xa que, só se acentúan as graves terminadas en consoante que non sexa nin n nin s.
    2) Dei o meu pésame á súa familia.
    • Oración pred acti TRANSITIVA.
    • Suxeito - ->(elíptico - eu)
    • verbo - -> dei
    • OD - - > o meu pésame. Dt = o F Nml = meu pésame, Dt = meu Nml = pésame
    • OI - - > a+a súa familia. Fr prep = a + a súa familia; r = a Tº = a súa famia; Tº = F Nml = a súa familia Dt =a, Dt = súa Nml = familia.
    3) Eles comunicaron a noticia ós asistentes.
    3)Análise morfolóxica
    Eles = pronome persoal de 3ª persoa xénero masculino número plural palabra monosílaba
    comunicaron = verbo (1ª.-ar, 2ª -er, 3ª -ir ) do verbo comunicar da 1ª conxugación, tempo perfecto de modo indicativo 3ª persoa de plural o acento cae na penúltima sílaba sendo polo tanto palabra grave que non se acentúa por terminar en n, palabra polisílaba.
    a = preposición propia palabra monosílaba
    noticia = nome común xénero feminino número singular palabra monosílaba
    ós = contracción da preposición a máis a forma do artigo os ,(a+os) , palabra monosílaba.
    asistentes = nome común xénero masculino número plural, o acento prosódico cae na penúltima sílaba sendo palabra grave que non se acentúa por terminar en s, polisílaba.
    3) Eles comunicaron a noticia ós asistentes.
    • Oración pred act. TRANSITIVA
    • Suxeito- - > Eles
    • verbo - -> comunicaron
    • OD - -> a noticia; Dt = a, Nml = noticia
    • OI - -> ós asistentes: Fr preposi = a + os asistentes, r =a Tº =F Nml = os asistentes; Dt = os, Nml =asistentes.
    Lembra que os pronomes átonos (como os de OD ou OI) en galego adoitan ir despois do verbo.

    Levoume á praia no seu coche.
    Comentóunolo pola noite

    Podemos atopa-lo pronome antes do verbo, entre outros casos, nos seguintes:

    -Nas oracións negativas e interrogativas:

    Non me digas iso.
    ¿Cando llelo dirás?

    - Nas oracións introducidas por palabras como: algo, bastante xa, sempre, aínda..

    Xa cho dixen hai tempo
    Aínda lles dareí máis.

    - Nas oracións introducidas por
    expresións como: se, que, porque
    para que, aínda que
    . .

    Se che sabe ben, toma máis.
    Veu porque llo pedín eu
    .

    Exer 15.-122p Completa axeitadamente estas oracións cos seguintes pronomes e combinacións pronominais
    • Ile - vola - nos - me - llelo - che - lles
    •  Iremos á túa perruquería para que ....... .. córte-lo pelo
    •  Ela a min non ... ...... contou iso
    •  A vosa cea xa ........... teño preparada.
    •  Aínda non ...... .. fixen a foto ós teus amigos
    •  Amósa .......... o teu carné de socio á bibliotecaria
    •  Arranxarei..... ... o teu coche cando mo pidas
    •  Eles preguntarancho pero non .......... digas aínda
     Iremos á túa perruquería para que ..nos.. córte-lo pelo
     Ela a min non ..me... contou iso.
     A vosa cea xa .vola.. teño preparada.
     Aínda non ...lles .. fixen a foto ós teus amigos.
     Amósalle ...... o teu carné de socio á bibliotecaria.
     Arranxareiche... o teu coche cando mo pidas.  Eles preguntarancho pero non ..llelo.. digas aínda

    Exer 16.-122p Reescribe estas oracións poñendo o pronome que che poñemos ó final de cada unha no lugar que Ile corresponda. Xustifica a túa elección segundo o modelo

     Quero que díga-la verdade. (me)
     Enviei os paquetes por correo urxente. (lles)
     ¿Cando contaches na casa? (che)
     Sempre trae lambetadas. (nos)
     Usou tódolos lapis da caixa. (che)
     Limpo para que estea máis bonita. (a)
     Aínda que pidas onllos, non irei. (mo)
     Xa contei pero non me fixeron caso. (llelo)

    Resposta 1 Quero que me díga-la verdade.
    0 pronome me vai antes do verbo porque vai introducído por «que»
    Resposta 2 Envieilles os paquetes por correo urxente. (Despois do verbo xa que é unha principal ).
    Resposta 3 ¿Cando o contaches na casa? (Antes do verbo porque é unha interrogativa)
    Resposta 4 Sempre nos trae lambetadas (Antes do verbo porque leva o adverbio sempre)
    Resposta 5 Usouche tódolos lapis da caixa. (Despois do verbo porque é unha oración principal)
    Resposta 6 Limpoa para que estea máis bonita.(Despois do verbo porque é unha oración principal)
    Resposta 7 Aínda que mo pidas de xeonllos, non irei. (Antes do verbo porque é unha oración subordinada introducida por." ainda que "
    Resposta 8 Xa llelo contei pero non me fixeron caso (Antes do verbo porque leva o adverbio "xa").


    Exerci 17.-122p Pon o pronome te (OD) ou che (Ol) nestas oracións segundo conveña.
     Coñecin ....... cando tiñas nove anos.
     Xa . ........ dei o que ........ . prometera.
     Se ........... pos aí, non ......... saen os pés na foto.
     Ó caeres, enzoufáches........ .. todo.
     Cando ........ ían dici-la noticia, ti xa .... ... foras.
     ¿Roubáron.... o reloxo que ........... trouxen de París?
     Pído.... ..... que ........... poñas onda ela.
     Se .......... agochas aquí, non ........... atoparán.

    SOLUCIÓNS
    Exerci 17.-122p Pon o pronome te (OD) ou che (Ol) nestas oracións segundo conveña.
     Coñecinte ....... cando tiñas nove anos.
     Xa . .che....... dei o que ...che...prometera.
     Se .....te...... pos aí, non ....che.. saen os pés na foto.
     Ó caeres, enzoufácheste..... todo.
     Cando ...che..ían dici-la noticia, ti xa..te.. foras.
     ¿Roubáronche..o reloxo que ..che.. trouxen de París?
     Pídoche.... que....te..poñas onda ela.
     Se...te.. agochas aquí, non....te..atoparán.
    See page 122 of book.

     Ortografía
    Grupos consonánticos problemátícos

    Exer18.-123páx Clasifica estas palabras no cadro inferior segundo o grupo de consoantes que posúan.

    cacto - obter - optimismo - absurdo - somnámbulo
    respecto - prognóstico - omnívoro - réptil - psicólogo
    solemne - pseudónimo - himno - eclipse - olfacto
    substituto - designar - subtraer - helicóptero

    • -bs- -bt- -ct- -gn- -mn- -pt- -ps-
    - Completa o cadro anterior con outras palabras que atopes no teu diccionario
    • -bs-___ -bt-___ -ct-___ -gn-___ -mn-___ -pt-____ -ps-
    • absurdo-obter - cacto-prognostico-himno-optimismo - psicólogo
    • substituto-subtraer-respecto-designar-somnámbulo-réptil-pseudónimo
    • _______ - _____ -olfacto_____ omnívoro-helicóptero-eclipse
    Observa e aprende:
    Incorrecto

    descripción
    diptongo
    indescriptible
    inscripción
    septembro
    séptimo
    triptongo

    Correcto

    descrición
    ditongo
    indescritible
    inscrición
    setembro
    sétimo
    tritongo


    Uso dos puntos supensivos

    Exe 19.-123páx Estudia estas normas sobre o uso dos puntos suspensivos e engade novos exemplos.

    Escribímos puntos suspensívos... Exemplos
    Cando se deixa unha oración incompletaXa sabes, quen non chora.
    Nunha enumeración inacabada.Chegaron Ana, Belén, Diana, Neves...
    Para dar idea de interrupción e emoción.De súpeto, entrou alguén, mirei e... era Eva.
    Para indicar que o falante titubea ou dubida.Non sei... se cadra vimos mañá.

    Exerc 20.-123 Substitúe o símbolo ++ polos grupos consonánticos que correspondan e pon os puntos supensivos que cumpran.

     Desi ++ ou o nome de moitos ré ++ iles: lagarto cobra iguana...(designou, reptiles)

     Fixo a sole ++ e promesa de ir ó ++ icólogo; máis vale tarde...(solemne, psicólogo)

     Escoitouse con respe ++ o o hi ++ o de moitos países: Italia, China, Perú..(respecto, himno)

     0 meu su ++ tituto chámase........ non lembro... quizais Pedro.(substituto)
    See page 123 of book

    Lingua e comunicación

    Descrición oral de ambientes
    0 texto do encabezamento desta unidade amosa cómo describir un ambiente (as solítarías oficínas dunha xestoría que se desmantela). Repara en que, en xeral, as descricións comezan amosando as caraterísticas xerais dun espacio, para logo, concentrarse nun punto concretodese espacio.

    Exer 21.-124p . Facede grupos de seis membros e escollede un responsable que tome nota do que se diga facendo esta actividade. Seguide o procedemento para facer unha boa descrición oral de ambiente.
    Fases
    Características
    Preparación - Situación de partida: Estás nun mercado ó aire libre un domingo pola mañá.

    - Tódolos membros do grupo din as súas ideas. O secretario anótaas. Tede en conta:

    •  Os obxectos e as súas calidades.
    •  As persoas...
    - Completade un cadro onde clasifiquéde-las ideas.
    VistaOídoOlfactoTactoGusto
    roupas de
    cores
    músicapeixebolsas de
    plástico
    uvas

    - Seleccionade o que vos pareza máis relevante.
    Elaboración
    da descrición
    - Os membros de cada grupo farán, de forma oral
    e alterna, a descrición deste ambiente. Podedes
    escoller algunhas destas perspectivas ou puntos
    de vista.
    Perspectiva APerspectiva BPerspectiva C
    Vas de com-
    pras ó mercado
    Tes un posto
    de venda no
    mercado
    Velo todo desde
    un lugar alto.

    Avaliacion- Facede unha valoracion da cada unha das des-
    cricións tendo en conta se transmitíde-lo que se
    pretendía, as sensacións que se produciron...

    22. Fai unha descrición escrita do ambiente dun porto pesqueiro. Tede presente os olores, os sons, os movementos... See page 124 of book

    Técnicas de estudio

    Resolucíón de problemas da área de matemáticas 23.-Un dos exercicios máis habituais na área de matemáticas é a resolución de problemas. Completa este equema.
    Problema Nunha despensa hai botellas de leite de tres tipos. Unha botella do primeiro tipo contén 3 l.; unha botella do segundo tipo contén 8 l.; e unha botella do terceiro tipo, 4,5 l. Se hai 32 botellas do primeiro tipo, 16 do segundo e 6 do terceiro, e cada litro vale 85 ptas, calcula cántos litros hai dentro da despensa e o valor total do leite.
    Comprensión
    do enunciado
    - Le atentamente o texto e localiza os datos do problema, que acostuman vir expresados en números, medidas de lonxitude, de tempo, de capacidade...

    - Anota estes datos nunha táboa de forma clara e axeitada.

    Tipos de botellasCapacidade da botellaNúmero de botellasPrezo por litro
    Tipo A3 litros3285
    Tipo B8 litros1685
    Tipo C4,5 litros685

    - A continuación, pescuda qué nos pide o problema, é dicir, a cuestión que debemos resolver. 0 problema pídenos resolver estas cuestións. Escríbeo coas túas palabras.

    • Numero de litros .......
    • ..............................(Non se copia--->251 litros)
    • *Valor total:....................................21.335pts
    Resolución- Consiste en aplica-las fórmulas e operacións matemáticas para resolve-lo problema. Soluciónao partindo dos datos que anotaches na táboa anterior.

     Número de botellas tipo A 32 X capacidade botella tipo A ........ 3 ....=96 litros
     Número de botellas tipo B 16 X capacidade botella tipo B ....... . 8...=128 litros
     Número de botellas tipo C 6. X capacidade botella tipo C ........45... = 45 litros
     Número total de litros ................................................251 (l) X 85 (pts) = 21.335pts

    • ¿Que é saber cadrar unha conta?
    • ¿Que é operar operar horizontal e vertical (mente) é obter o mesmo resultado? ?

    Exer 24.Partindo da resolución do problema anterior, redacta ti un enunciado propio para os seguintes.
     8 aulas en cada andar X 3 andares = 24 aulas na escola.
     28 estudiantes por aula X 24 aulas = 672 estudiantes na escola.
     672 estudiantes na escola X 1 /2 estudiantes morenos = 336 estudiantes morenos; 672 X 1/3 alumnos louros = 224 louros; 672 X 1/6 estudiantes roxos = 112 roxos.

    - SOLUCIÓN-SÍMIL -
    Un Instituto posúe 3 andares de 8 aulas por andar e cada aula albergando 28 estudiantes; 1/2 son estudiantes morenos; 1/3 son louros e 1/6 son roxos. Preguntase:¿Cantos son os estudiantes morenos, louros, roxos?
    See of page 125 of book.

    A lingua literaria

    Didáctica e historia
    Xunto cos xéneros literarios fundamentais, fálase tradicionalmente doutros: a didáctica e a historia.

    Neles tamén se presta atención ó estilo e á forma, pero o factor que mellor os caracteriza é a súa finalidade.

    A didáctica pretende ensínar aconsellar ou axudar á reflexión. Domina a funcíón apelativa.

    A historia pretende transmitir ou relatar uns feitos históricos reais. Domina a función representativa.

    Xénero SubxéneroDefiniciónCaracterísticasExemplos
    DidácticaEnsaioTexto breve escrito en
    prosa constituído polos
    pensamentos e
    reflexións
    do autor
    sobre o tema.
    -Posúe gran variedade temática: política, folosofía, arte...

    -A forma de expresión é o
    discurso expositivo e argumentativo (exposición de ideas + desenvolvemento de reflexións
    + conclusións).

    -Ó se tratar de opinións estrictamente
    persoais do autor,
    predomina a subxectividade.

    Nós, os inadaptados, Vicente Risco.

    Sempre en Galiza, Castelao.

    Mito e realidade da terra nai, Xoán Rof Carballo

    Decálogo da lingua galega Xesús Alonso Montero.

    Fábula Relato en prosa ou en
    verso
    dunha anécdota
    do que se extrae unha
    ensinanza moral.
    -Os temas son decote virtudes
    ou defectos morais
    (a
    paciencia a bondade, o egoísmo, a soberbia...)

    -As personaxes adoitan ser animais

    -Normalmente aparece, en palabras
    do propio autor, unha
    sentencia final que resume a
    ensinanza moral.

    O sapo e a cobra, Amador
    Montenegro Saavedra.

    O lobo e o pastor noviño,
    Xosé Mª García Rodríguez.

    O tesouro e os dous homes, Jean de la Fontaine.


    Recursos literarios.

    • ¿Que son os recursos literarios?. Artificios lingüís para facer expre. a mensaxe
    • ¿Como se clasifican?.Fonéticos, morfolóxicos, sintácticos e semánticos.Busca-los diferentes recur.
        • Similicadencia.-Repetición de pala. con sons finais semellantes, iguais...
        • Enumeración.-Acumulación de palabras sucesivas.
        • Asíndeto.-Supresión de conxuncións.
        • Comparación.-Relación de elementos semellantes.
        • Outros recursos literarios, etc.
      ----continuará---

      Comparadiño eu téñote,
      cos coios da rúa,
      que todo o mundo os pisa
      e non se queixan de ninguén.

      Comparadito te tengo
      con las piedras da la calle,
      que todo el mundo las pisa
      y no se quejan de nadie.
      .

      ------


      línea de de división

      Cadro de versos populares
      GALEGO
      CASTELAN
      Unha froita naceu verde
      cor que co tempo perdeu,
      o corazón naceu libre,
      e a Virxe mo embeleceu.
      Una fruta nació verde,
      el tiempo la maduró;
      mi corazón nació libre,
      y la Virgen lo embelleció.
      ------------------------------------------------

      Pinchen para suxerencias, propostas...


      volver... -----