Aula 2º

línea de de división

Tema 8.-Pan con chocolate.
.
Nesta unidade estudiarás
Conceptos
Procedementos
Actitudes
Obxectivos didácticos
.Recursos literarios: a ficción e a realidade.
.Os textos argumentativos.
.Campo semántico: o cámping.
.Os sufixos -ismo, -ista.
.O complemento indirecto. Tipos de unidades que poden desempeñara función de complemento indirecto: frase preposicional con a e pronomes.
.o dativo de solidariedade.
.O galego nos medios de comunicación.
.O retrato e a caricatura.
.As propiedades do texto: o parágrafo II.
.Corrección ortográfica: furna e urna.
.Literatura: Eduardo Blanco Amor.
.Manexo do diccionario á hora de contextualizar o vocabulario que aparece nas lecturas.
.Redacción de textos argumentativos onde se expresen as ideas propias de xeito lóxico, coherente e ordenado.
.Realización de actividades de ampliación do léxico propio do campo semántico tratado: o cámping.
.Emprego dos sufixos -ismo (para a formación de substantivos) e -ista (para a formación de adxectivos).
.Identificación e recoñecemento do complemento indirecto dentro dunha oración, así como das unidades que poden desempeñar esta función.
.Observación dos distintos medios de comunicación e reflexión sobre os que empregan a lingua galega.
.Observación dos trazos definitorios da caricatura e do retrato.
.Emprego correcto de furna e urna.
.Recoñecemento das relacións entre as obras, os autores e o momento histórico en que xorden.
.Interese por expresar as propias ideas e por crear argumentos lóxicos que as fundamenten.
. Interese por adquirir e utilizar dun xeito progresivo un léxico persoal cada vez máis amplo e preciso.
.Interese polas estructuras sintácticas do galego.
.Concienciación da necesidade de medios de comunicación en lingua galega e valoración do papel normalizador dos medios que empregan o galego como lingua habitual.
.Valoración dos esforzos individuais, colectivos ou institucionais en favor da normalización lingüística.
.Interese polo uso do galego nas produccións textuais, gráficas ou audiovisuais propias.
.Valoración da literatura galega como patrimonio cultural colectivo.
.Aceptación razoada das normas de funcionamento da lingua.
. Traballar a comprensión e análise textual.
. Manexar o diccionario para buscar o significado de determinadas palabras dun texto.
. Recoñecer e valorar os mitos literarios mediante o estudio dun caso concreto: a Materia de Bretaña.
. Coñecer e utilizar as normas e pasos básicos necesarios para a construcción de folletos expoSitivos.
. Adquirir unha maior amplitUde de léxico propio do campo semántico tratado (imos de compras).
. Identificar o suplemento nunha oración e os distintos tipos de unidades que poden funcionar como tal.
. Coñecer a evolución da música galega e a súa situación actual.
. Empregar correctamente a palabra acordar.
. Recoñecer a importancia da figura de Xosé Neira Vilas.
. Valorar o feito literario como producto lingüístico, estético e sociocultural.
Ó final serás capaz de realizar máis accións...


Pan con chocolate. .
María Victoria Moreno, Relatos para un tempo novo.

Pola mañá cedo dixeron que non abrían as escolas, que os danos materiais producidos polo temporal eran cuantiosos, que moitos tramos de estradas estaban cerrados á circulación e que non se tiña constancia de danos nas persoas. Miña nai, nada máis oílo, veu darme noticia de todo, coidando que eu aínda durmía.
-Eva -faloume docemente-, podes quedar na cama ata a hora que queiras. Rematan de dicir pola radio que non hai escola. O temporal...
-¿Que pasou? -interrompín eu con desacougo.
-Calma, gordiña. Parece ser que nada grave. Din que produciu importantes danos, sobre todo nas estradas, pero que non hai víctimas.
Eu acouguei e deixeime caer no cabezal co cansazo de toda a noite en vela. Mais axiña acordei e decidín ir tomar un bocado na cociña, onda a nai, para escoita-Ia radio e saber por min mesma que cousas dicían e como as dicían.
Non cheguei a tomar nada, Adonay, porque foi sentar eu e para-la música para comezar un informativo. «Conforme pasan as horas -dicía en ton moi serio unha voz de home- os datos de que dispoñemos sobre os efectos do temporal son fiáis concretos e, desgraciadamente, podemos confirmar que, amais dos estragos materiais que produciu, segou tamén vidas humanas. Dous meniños de curta idade e maila súa avoa pereceron ó ser varrida polo torrente das augas a choupana que habitaban no arrabalde xitano de A Quenlla. Fontes da policía municipal e dos bombeiros comunican así mesmo que comezaron os traballos de busca de dous desaparecidos, habitantes tamén desta barriada. Descoñécese polo de agora a identidade dos mortos e dos desaparecidos».
Ó oír falar de me niños da Quenlla recuei no tempo seis ou sete anos e veume á acordanza o primeiro curso que chegastes ó colexio ti e mailos teus compañeiros das choupanas. Erades varios, un fatiño escuro e asustado, acompañados por xitanas vellas -saias longas, cabelos peiteados en trenzase custodiados pola garda civil ata que pasabáde-lo limiar da escola. Foi un curso malo, Adonay. Malo para todos e de maneira especial para vós, porque non vos quería ninguén... Eramos pequenos, mais non me esquecerá nunca aquel outono abrasado por un sol hostil, o patio seco e poeirento e as nais -pais case non había- a berrar, c ollidas das mans dos nenos e sen deixalos entrar.
¡Xitanos fóra!
¡Queremos limpa a escola!
k veces chegaban a acusarvos de cousas que non tiñan nada que ver con vós, eu ben me decataba, pobres rapaciños apoucados, de peliño negro e brillante, que cheirabades a matapiollos perfumado e a fume, nunha mestura que sempre me chamou a atención.
¡Xitanos fóra!
¡Con eles vai a droga!
Meu pai, que sempre me tratou coma se eu fose unha persoa maior, cousa que ben lle agradezo, limito use daquela a preguntarme:
-¿Ti queres ir á escola ou quedar na casa?
-Quero ir á escola -respondinlle coa seriedade que el agardaba de min.
-É unha boa decisión -díxome el-. A partir de mañá iremos ti e mais eu xuntos e faremos por chegar dez minUtiños antes da hora.
-¿Polos xitanos, papá?
-Non, ti. Polas nais dos teus colegas. Esas andan medias tolas e sonche capaces de calquera parvada.
-Xa pensaba eu...
E quedei tranquila, segura de min meSilla, Ó comprobar que meu pai e mais eu estabamos de acordo. Eu, daquela tan loira, tan pálida, tan pequena, ¿que vía en vós? Aínda non o sei, pero asegúcoche que esa noite paseina case en branco, desexando que desen as oito para saltar da cama e soñando que me cadraría comparti-lo meu pupitre con un de vós.

Arredor do texto
1. Busca na lectura as seguintes palabras: cuantiosos, constancia, perecer, custodiar, acordanza..Logo, coa axuda do diccionario, explica o significado que adquiren no texto. Lémbrate de facer a ficha coa definición de cada palabra e un exemplo.

2. Responde:
. ¿Por que cres que estaba preocupada a rapaza? ¿Que feito provoca as súas lembranzas?
. ¿Como eran as condicións de vida dos xitanos? Xustifica a túa resposta.
. ¿Como se chamaba o lugar onde vivían? Deduce a partir do no me do poboado cómo é ese lugar.
. ¿Por que rechazaban as nais aos xitanos?
. ¿Que opinaba o pai da protesta das outras nais?
. ¿Dedúcese do texto a opinión da rapaza sobre os xitanos? Xustifica a túa resposta.

3. Un dos elementos esenciais de toda narración son os personaxes.
. Indica cáles son os personaxes desta narración e clasifícaos segundo sexan principais ou secundarios.
. ¿Quen cres que é Adonayl?

4. Imos fixarnos agora nos aspectos externos da narración, ou sexa, non no que se di, senón en cómo se di, o que se chama o discurso.
. ¿Quen canta a historia?
. ¿Quen é o receptor do relato?
. ¿Cóntanse os feitos linearmente, de principio a fin?

5. Nesta narración debemos ter en canta a súa estructura, observando cómo se organizan as diferentes partes.
. ¿Cantas partes podemos recoñecer no texto? Resume nunha oración o contido de cada unha.
. Resume coas túas palabras o esencial da narración que acabas de ler.

6. Nos seguintes enunciados que aparecen no texto as palabras en negriña están usadas en sentido figurado. Explica o seu significado e escribe de novo a oración substituíndo as palabras destacadas por ourras que non estean usadas en sentido figurado. Fai os cambios que precises na oración.
-Amais dos estragos materiais que produciu, segou tamén vidas humanas.
- Pereceron ó ser varrida pola corrente das augas a choupana que habitaban.
- Fontes da policía municipal e dos bombeiros comunican así mesmo que comezaron os traballos de busca.

7. Substitúe as palabras subliñadas por un sinónimo: - Eu acouguei e deixeime caer no cabezal.
- Recuei no tempo seis ou sete anos.
- Aquel outono abrasado por un sol hostil.
- Os datos de que dispomos sobre o temporal son máis concretos.
- (..) a choupana que habitaban no arrabalde xitano.
- (..) amais dos estragos materiais que produciu.

8. O patio seco e poeirento. Poeirento é un adxectivo derivado do substantivo po. Escribe os adxectivos derivados dos substantivos que van no cadro inferior.
calor, obxecto, grasa, testa,
corpo, muller, teatro, barba,
nugalla, calma, medo, mar,
escola, coloquio,manía,

9.¡Xitamos fóra.! ¡Con eles vai a droga.¡ , berraban as nais dos rapaces, manifestando deste xeito a súa oposición a que os nenos xitanos asistisen á escola xunto cos seus filIos.
. ¿Que opinas ti deste feito? Infórmate sobre a realidade do mundo xitano: costUmes, tradicións, crenzas, etc. Logo escribe no teu caderno un breve texto (ao redor de 200 palabras) onde manifestes a túa opinión sobre o feito que se trata neste relato.

Se analizamos a correspondencia que pode existir entre unha narración e a realidade, diferenciaremos estes dous tipos:
NARRACIÓN DE FEITOS REAIS NARRACIÓN DE FEITOS FICTICIOS
-Os feiros que se contan son verdade ocorreron realmente (autobiografías, relatos históricos, etc.)
-Hai vontade de describir o mundo real, de axustarse aos feitos, así como aos lugares e ao tempo en que ocorreron.
-A persoa autora do texto e a voz narradora case sempre coinciden.
-Non é importante a diferencia entre o que se conta (a historia) e cómo se conta (o discurso).
-Os feiros que se contan son inventados,aínda que poden estar baseados en feitos reais.
-Créase un mundo de ficción que ten entidade propia. Pode axustarse ao mundo real ou non.
-A persoa autora do texto e a voz narradora están diferenciadas.
-A diferencia entre a historia e o discurso cobra grande importancia.
No ámbito da literatura, como xa sabes, chamamos narración realista á que se axusta ás leis do mundo real, e narración fantástica a aquela na que ocorren sucesos que non se poden explicar de acordo con esas leis.
Nunha narración, sexa do tipo que sexa, é fundamental a verosimilitude; é dicir, se os feitos están contados de maneira que resulten cribles para o lector no contexto da narración.
- No texto da lectura, analiza as relacións que se establecen entre a ficción e a realidade.
- Poñede exemplos doutros textos representativos das diferentes relacións que se poden dar entre a realidade e a ficción.

X E R A I S


Tema 8.-De película
.
------
Nesta unidade estudiarás
Comprendemos
e expresámonos
Ampliámolo
noso saber
Máis sobre
a lingua
Recursos
para aprender
*Lemos
e entendemos.
*Planos
cinematográficos

Lingua escrita
Cartel anunciador

Lingua oral
Contar películas

*Comunicación
e sociedade

*O galego e o cine

*Lingua literaria
A historia

*Gramática
Predicado: atributo
e predicativo

*Vocabulario
Campo semántico

*Ortografía

Acento diacrítico
Uso do "b" e o "v"

As fichas de estudio
Ó final serás capaz de...
-----

Lemos e entendemos Comprendemos e expresámonos

-Comentade en pequenos grupos

  • ¿Gústavo-lo cine? ¿Que tipo de películas vos atraen máis? ¿Policíacas, de ciencia ficción, de terror, románticas, comedias...? ¿Por que? ¿Lembrades algún título que vos gustase especialmente? ¿Cal? ¿Por que?
  • Expoñede ó resto da clase, a través de portavoces, as preferencias de cada grupo.

Lectura dos planos de película

- Vistas de Panorámica
- Vistas de Plano xeral
- Vistas de Plano Americano
- Vistas de Plano medio
- Vistas de Primeiro Plano
- Vistas de Plano de detalle

O cartel anunciador.

A presentación anterior é un cartel anunciador dunha estrea cinematográfica, é dicir, informarse dun acontecemento para que a xente acuda a el.

-Tira do cartel exemplos destas características.

Texto

Compañía cinematográfica:.........
Película:.........
Actores :.........
Director:.........
Lugar, día e hora da estrea:...

Elementos visuais

Debuxos ou fotos:...
Logotipos:.........
Cores:.............

- Imaxina outros aacontecementos ou espectáculos que poidan servirse de publicidade dun cartel anunciados. Fai unha lista de, cando menos, cinco exemplos.

Un partido de fútbol.

-Formade pequenos grupos para creardes carteis anunciadores. Seguide estas indicacións.

  • Acordade, de entre as posibilidades que tiñades anotadas, o acontecemento que ides anunciar.
  • Decidide o texto e os elementos visuais que emgregaredes no cartel.
  • Creade o cartel sobre unha cortolina empregando calquera técnica: rotuladores, colaxe...
  • Expoñede tódolos carteis na aula.


Tema 8.-Os raposos e as uvas
. -----

Nesta unidade estudiarás
A información
Reflexión sobre a lingua
A lingua literaria
*Análise dunha fábula.
Sinónimos e antónimos.
Lingua e comunicación
*Elaboración dunha fábula por grupos.
*Técnicas de estudio: resolución dun test.
*O Atributo e o Predicativo.

*Recoñecemento do Atributo e do Predicativo.

*Análise e comentario de oracións.

*Grupos consonánticos problemáticos.

*Uso de punto e coma.

*

*O periodismo: xéneros periodísticos.

*Producción de textos.

*Os dereitos lingüísticos e a lexislación.

Ó final serás capaz de...
 Analizar e comentar fábulas con diálogo.
 Buscar sinónimos e antónimos
 Recoñecer e analiza-lo Atributo e o Predicativo a partir da pronominalización.
 Analiza-los diferentes complementos verbais.
 Inducir e aplicar normas sobre o uso dos grupos consonánticos cultos e do punto e coma.
 Elaborar unha fábula en grupos.
 Participar activamente en actividades en grupo respetando as normas que rexen.
 Resolver tests correctamente.
 Recoñece-los principais xéneros periodísticos: noticia, editorial, crónica, reportaxe, entrevista, artigo de opinión.
 Inventar e redactar noticias.
 Elaborar cartas ó director.
 Coñece-lo marco legal que afecta á lingua galega.

A información


1 . Pensa nunha fábula que coñezas e escribe, de forma resumida, o contido.

2. Partindo do resumo que escribiches, elabora unha ficha coma esta.

 Título: ....

 Autor/a: ..............  Anónima: .

 Personaxes: .............

 Ensinanza:

3. Explicade oralmente ós outros as vosas fábulas e anotade qué elementos teñen en común.
See page 132 of book.

Dous raposos, mozo e vello,
viciños de Ribadavia,
saíndo de vela sabia,
manducaron un coello.

Pensa o vello: -Veña a nós,
unha boa sobremesa,
acio de uvas ou de fresa
das que chaman careíxós.

As fresas nonas había,
as uvas estaban outas
e pra meterlles as poutas
empregaron medio día.

Non lles valía choutar
nin un no outro rubirse
terían ao fin que dirse
sin as uvas galdrupar

Dixo o mozo: -Ben me doio,
queremos coller carubas
¿ti non miras isas uvas
están mais verdes que un croio?

-Tes razón, meu compañeiro,
tampouco as quero comer,
uvas verdes fan doer,
as tripas e o calleiro.

Xuntos dixeron amén
e a aquelas uvas maduras,
verdes chamáronlle e duras,
porque non llas dou ninguén.

. Xosé Mª García Rodríguez(Fabulas Galegas)

careixós: tipo de amorodo silvestre.
poutas: mans ou pés dun animal con fortes uñas.
choutar: saltar.
galdrupar: (coloquialmente) comer.
calleiro: parte do estómago de certos animais.
See page 133 of book.


Comentario do texto

Act 4.-134p Completa o cadro segundo a información do texto e xustifícao.
AfirmaciónDiseDedúceseNon se diXustificación
Os raposos comeran pero tiñan aínda fame..X..Despois do coello aínda querían sobremesa.
Os raposos eran pai e fillo....XTes razón
Intentaron colle-las uvas de varias maneirasX....Non lles valía choutar, nin un no outro rubirse
As uvas estaban altas de máisX....as uvas estaban outas
Os raposos enganáronse a si mesmos.X....uvas verdes fan doer as tripas

Ex 5.-134p Completa estoutro cadro coas ideas principais de cada unha das partes en que se divide a fábula. Toda narración ten 3 partes (introducción, nó e desenlace)

IntroduccíónDesenlace
Dous raposos, mozo e vello...-Veña a nós unha boa.....-Tes razón, meu compañeiro,...

- Elabora un resumo a partir do que acabas de analìzar.

Exer 6.-134p Selecciona as calidades e defectos que poderías atribuír á actuación dos raposos da fábula. Xustifícao.

soberbia - xenerosidade - hipocrisía
astucia - finximentó covardía

A algúns animais adoita atribuírselles calidades humanas, que quedan reflectidas, por exemplo nas fábulas

- Relaciona o animal coa calidade de que se lle asocia

Animal - - Calidade

1) formiga - - 4)fereza
2) elefante - - 2) memoria
3) burro - - - 1) laboriosidade
4) león - - - 5) maldade
5) serpe - - - 3) simpleza

Ex 7.-134p Indica o refrán ou refráns que mellor resumen a ensinanza moral desta fábula.

 0 que non se consola é porque non quere.
 Para moita fame non hai pan reseso
[Si].- A cadelo fraco todo son pulgas.
 Non hai peor dificultade cá pouca vontade.

Ex 8.-134p Explica, razoadamente, se estás de acordo ou non coa ensinanza da fábula

As fábulas, poden ser en verso ou en prosa, adoitan estar protagonizadas das por animais ou cousas animalizadas. A estes seres atribúenselles virtudes e defectos humanos. Desta maneira o escritor pode facer críticas do comportamento dos homes e dar pautas de conducta.
páx 134


0 léxico da nosa lingua

Antónimos (alto - baixo, negro -branco)
Na unidade catro estudiaches que existen palabras que teñen un significado moi semellante. Son palabras sinónimas.

Exer9.-135p Fai parellas de sinónimos con palabras destes dous cadros.

adobo - remar - evasión
apuro - bágoa - indagar
pescudar - fuxida - aliño
urxencia - lágrima - vogar

SOLUCIÓN
adobo - aliño ... evasión - fuxida...bágoa - lágrima
remar - vogar ... apuro - urxencia...indagar - pescudar

Exer10.-135p Relaciona agora as palabras das seguintes series.

Palabra - - Palabra co significado oposto(Antónimos)
1)transixir - - 4)paixón
2)miúdo - - - - -3)loar
3)censurar - - - 1)esixir
4)apatía - - - - 5)ceibar
5)amarrar - - - 2) grande
As parellas de palabras que formaches relaciónanse porque os seus significados son opostos. Son palabras antónimas.

Desenvolvémo-lo vocabularío

De seguido, imos ampliar e precisa-lo vocabulario relativo ós anímais.

Exer11.-135p Completa as oracións cos nomes de animais axeitados.

bubela - arroaz - xabaril - camelo - píntega
 Mentres andaba á caza do xabaril vin unha .. bubela . voando.
 0 animal que vimos onte non era un lagarto senón unha .....píntega
 Un .. .arroaz.... . mergullouse xunto á proa da nosa embarcación.
 0 .....camelo.... vive en Asia e ten dúas chepas.

Exer12.-135p Relaciona estes adxectivos cos animais ós que fan referencia.

Adxectivo - - - - - - - - - - - - - - - - Anímais

bovino - avícola - porcino . . . . . cabalos - porcos - abellas
apicola - equino - ovino . . . . . . . vacas - ovellas - aves
SOLUCIÓN
bovino - vacas. . .porcino - porcos . . . equino - cabalos
avicola - aves . . . apícola - abellas . . .ovino - ovellas
See page 135 of book. Exer 13.-136p Observa estes insectos e le as oracións posteriores. Asocia despois cada letra co nome do insecto que corresponda.

Por parellas

-Cada un de vós pensa un animal.

-Comezando primeiro un, despois o outro, facede unha descrición oral, incluíndo os seguintes aspectos:

*Aspecto fisico.
*Comportamento.
*Hábitat
*Outros

-O compañeiro que escoita ten que adiviñar de qué animal se trata.

-Se non o adiviña ó terceiro intento, pode facer preguntas que só se poden contestar cun si ou non.


 A vacaloura está entre a cascuda e a xoaniña

 Sobre a barbantesa está a abella
 Entre a abella e o escaravello está a bolboreta.
 0 saltón está sobre a xoaniña

A: abella- B: bolboreta - C: cascuda - D:.saltón
E: barbantesa F: escarabello G:vacaloura H:. xoaniña

Exer 14.-136p Consulta o diccionario e relaciona cada unha destas palabras do cadro coa parte da vaca ou do porco á que corresponden..
lombo - tetos - ventás - lacón - pezuño - croca - xamón - ubre = = = = focino - cacheira ou cachola - papada - casco

1.- Lombo 2.- pezuño 3.-tetos 4.- casco 5.- ubre 6.-croca 7.- lacón 8.-cacheira ou cachola 9.- papada 10.- fuciño 11.-xamón

Exer15.-136p Relaciona cada expresión coloquial co seu significado.

Expresión . . . . . Signifícado
1)Non ter un can. - - - - - - - 4)Enganar.
2)Verlle as orellas ó lobo. - - 2)Albiscar algún perigo.
3)Andar ás moscas. - - - - - - -1)Estar sen diñeiro.
4)Dar gato por lebre.- - - - - -3)Estar despistado.

Improvisa cun compañeiro unha conversa na que introduzades axeitadamente estas expresións.

See page 136 of book.


Reflexión sobre a lingua

0 atributo e o predícatívo Pedro semella símpátíco. - 0 soldados chegaron cansos.

Nestas dúas oracións, os complementos (simpátíco, cansados) son moi parecidos. Estes complementos caracterízanse por: - Referirse ó suxeito (Pedro, os soldados).
- Concordan en xénero e número co núcleo do suxeito.

Pedro semella simpático. - Os soldados chegaron cansos.

Fíxate que no primeiro caso o predicado é nominal (verbo copulativo semellar), mentres que no segundo é verbal (verbo chegar). Daquela, son complementos diferentes.

Nome do complementoCaracterísticasExemplos
Atributo - Refírese ó suxeito
- Concorda en xénero e número co núcleo do suxeito
- Acompaña verbos copulativos (ser, estar, semellar ..)
A casa é nova
Predicativo - Refírese ó suxeito e ó verbo ó mesmo tempo
- Refírese ó suxeito e ó verbo ó mesmo tempo
- Acompaña verbos predicativos (chegar, quedar, resultar ..)
Ela quedou tranquila

Recoñecemento do atríbuto (A tr) Atributo.

Ademais de reparar no tipo de verbo, podemos emprega-la substitución pronominal para recoñece-lo atributo.

Atribúese unha identidadeOración

Xoán é meu tío.
Esa nena semella Uxía.
Eles son meus padriños.
Ana e Eva son miñas irmás.

Pronominalizacíón

Xoán eo
Esa nena seméllaa
Eles sonos
Ana e Eva sonas

Pronomes

o
a
os
as


Atribúese unha calidadeOracíón

Ese pan parece saboroso.
Esas mazás están maduras.

Pronominalización

Ese pan paréceo
Esas mazás estano

Pronome

o
o


pax/137

Recoñecemento do complemento predícativo (Pvo)

Para recoñece-lo complemento predicativo debemos reparar en que:
- Acompaña verbos como chegar, quedar, resultar, seguir, aparecer, presentarse, sentirse, volverse. . .
- Complementa, ó mesmo tempo, ó verbo e ó núcleo do suxeito.

Elas chegaron a vergoñadas

0 compañeiro segue anoxado

Análíse da oración

Ese home era meu bisavó

Preguntar ó verbo . - ¿Quen era? - - Ese home - - ->Suxeito

Preguntar ó suxeito.-¿Que fai o home? - era - - - - ->verbo copulativo

Preguntar ó verbo . - ¿Que cousa era? -meu bisavó - ->Atributo (Atr)

Oración copulativa ou Atributiva.

Fíxate na oración que acabamos de analizar. Está formada por un suxeito (Ese home) e un predicado nominal (era meu bísavó).
0 suxeito está constituído por un SN (Ese home) formado por un determinante (o) e un nome (home).
0 núcleo do predicado (era) leva atributo (meu bisavó -> Ese home éo). 0 atributo consta de determinante (meu) e nome (bisavó).
Observa agora estoutra oración.

A máquina quedou estragada

Suxeito-------> A maquina
Verbo---------> quedou
Predicativo---> estragada

A máquina quedou estragada

D =determinante; N =Nominal; V = verbo; A =adxectivo; Pvo = predicativo: F Nml = F Nml; F prep = frase preposicional
See page 138 of book..
*Neste caso, a oración que analizamos está formada por un suxeito (A máquina) e un predicado verbal (quedou estragada).
0 suxeito está constituído por un sintagma nominal (A máquína) formado por un determinante (a) e un nome (máquína).
0 núcleo do predicado (quedou) vén acompañado por un complemento predicativo (Pvo) (estragada -> máquina ... estragada.

quedou estragada). 0 complemento predicativo é un adxectivo (estragada). Ex16.139p Identifica o complemento que aparece destacado. Xustifìca a túa decisión.

1  0 elefante é un paquidermo.
2  Eles chegaron contentos da excursión.
3  A porta da casa está fechada.
4  A vosa compañeira volveuse amabilísima.
5  0 teu neno parece bastante enfermo.
6  Os amigos chegaron cansos.

1  0 elefante é un paquidermo.
  • Oración Copulativa (= Oración Atributiva)
  • [SN(=Sintagma Nominal,O=Dt, Nml=Elefante)],Suxeito, S - - - > O elefante
      • Predicado nominal
      • Verbo Copulativo - - - - - - - - - - - - - - - V-----------> é
      • [SN(=Sintagma Nominal,un=Dt, Nml=paquidermo)], Atributo - ->un paquidermo
2  Eles chegaron contentos da excursión.
  • Oración predicativa activa Intransitiva
  • Nml(=Nominal), Suxeito, pronome, S - - - -> Eles
      • Predicado verbal
      • Verbo predicativo, 1ª conxu - - V----------->chegaron
      • Predicativo - - - - - - - - - Pvo ---------->contentos
      • Complemento Circunstancial de lugar(Frase preposicional); [ r(=relator, d){de=preposición, de+a=da=contracción}]; [a=Dt(=Determinante),artigo determinado,fem,sing]; [excursión(=Nml=Nominal, nome, substantivo, fem, sing,trisí ] C.C. de lugar - - -> da excursión
3  A porta da casa está fechada
  • Suxeito, [Frase Nominal(F Nml); Dt=a, Nml, F Nml=(Núcleo{N} = porta, Modificador{=Md} que é Frase preposicional = (F preposicional=d a casa); consta dun r (relator = r, preposición)= d, e un que se chama termo(Tº) e a súa vez é F Nml (Dt + Nml= a casa); a= art que contrae co r (relator,preposición) e casa que é Nml(nominal=nome=substantivo)
    • Oración copulativa
    • Suxeito, S - - - > A porta da casa
      • Predicado nominal
      • Verbo copulativo, V - - - -> está
      • Atributo, Atr- - - - - - -> fechada
      • porta fechada, fechada=adxectivo
4  A vosa compañeira volveuse amabilísima .
  • Suxeito---> A vosa compañeira, é unha frase nominal que consta de A=(Dt), determinante artigo, vosa=determinante posesivo, un nominal = compañeira=Nml(=nominal)
    • Oración Intransitiva
    • Suxeito,S - - -> A vosa compañeira
      • predicado verbal
      • verbo,V - -> volveuse
      • predicativo, Pvo -> amabilisima
      • amabl(e),-ísima -> adxectivo de unha terminación en grao superlat.
5  0 teu neno parece bastante enfermo.
  • Suxeito---> O teu neno, é unha frase nominal que consta do artigo ou determinante (O), outro determinante posesivo (teu) e un nominal que a súa vez e núcleo nominal (neno)
  • Oración copulativa
  • Suxeito, S - - ->O teu neno
    • predicado verbal
    • verbo,V - - - - >parece
    • Atributo, Atr - - - - ->bastante enfermo
        • bastante enfermo é unha frase adxectiva constituída por un determinante indefinido(bastante) e un adxectivo de dúas terminacións (enferm-o/a)
6 © Os amigos chegaron cansos
  • Suxeito- - - -> Os amigos, é unha frase nominal cun determinante artigo {Dt} (Os) e un nominal{Nml}(amigos) que é núcleo do nominal
  • Oración intransitiva
  • Suxeito,S - - - -> Os amigos
    • predicado verbal
    • verbo,V - - - -> chegaron
    • predicativo, Pvo ->cansos
      • Coñecese o predicativo por non poder facer coma no Atr(Xan é alto = Xan éo) a substitución pronominal

Ex17.-139 Analiza estas oracións.

1.- Nós sentímonos ledos.
2.- A nai de Clara é a secretaria do Instituto.
3.- O novo compañeiro estaba desgustado.
4.- Resultou satisfactoria a proposta de Xosé.
1.- Nós sentímonos cansos.
  • Suxeito---->Nós, é pronome persoal que fai referencia as persoas, tónico que se pronuncia só, 1ª persoa de plural
  • Oración intransitiva
  • Suxeito, S - - -> Nós
    • predicado verbal
    • verbo, V - - - - - -> sentímonos
    • predicativo, Pvo - - - -> ledos
      • led-o/a.- adxectivo de dúas terminacións.
2.- A nai de Clara é a secretaria do Instituto.
  • Suxeito.- A nai de Clara é unha frase nominal(F Nml) constituída por un determinante artigo f. s.(Dt=A) e un nominal(nai) nai de Clara; nai de Clara é unha frase substantiva que principia co substantivo nai que vén a ser núcleo(Núc) da frase substantiva e un modificador(Md), este modificador(Md{de Clara}) é frase preposicional que consta dun r (relator), r e un Tº(termo), .O relator (r) é a preposición -de-, e o termo que é nome propio -Clara-.
  • Oración copulativa
  • Suxeito,S - - ->A nai de Clara
    • predicado nominal
    • verbo, V - - -> é
    • Atributo, Atr - - ->a secretaria do Instituto.
      • A frase nominal, Atr, (F. Nml = -a secretaria do Instituto-) consta de un determinante(Dt=a) e un nominal, secretaria do Instituto, este nominal que é frase substantiva ten un núcleo(Núc=secretaria) e un modificador(Md=do Instituto). O modificador é frase preposicional por principiar coa preposición de (r=relator ou preposición) e un termo().Este termo(= o Instituto) é unha frase nominal(F Nml) formada por un Dt = o máis un Nml=Instituto.
3.- O novo compañeiro estaba desgustado
  • Suxeito.- O novo compañeiro é unha frase Nml formada por un Dt = ( O ) e un Nml (novo compañeiro) que a súa vez este Nml consta de un Md=modificador=novo e un Núc=núcleo substantivo=compañeiro
  • Oración copulativa
  • Suxeito,S- - -> O novo compañeiro
    • predicado nominal
    • verbo,V- - - -> estaba
    • Atributo, Atr - - - -> desgustado
        • desgustad -o/a = adxectivo de dúas terminacións.
4.- Resultou satisfactoria a proposta de Xosé
  • Suxeito.-
  • Oración predicativa, activa, intransitiva
      • predicado verbal
      • verbo,V - - - - >Resultou. indicativo, perfecto, 3ª persoa do sing.
      • predicativo, V - - - - >satisfactori- a/o. adxectivo de dúas terminacións concerta con proposta.
  • Suxeito,S.- - - - - >a proposta de Xosé.
  • -a proposta de Xosé-. É unha frase Nml que consta dun Dt=a e un Nml=proposta de Xosé. Este Nml=proposta de Xosé forma un frase Nml que ten un Núc=proposta e un Md=de Xosé. O Md(=modificador) é unha frase preposicional formado por un r=de (relacionante,preposición) e un Tº(termo)=Xosé. Este termo (Tº=Xosé) é un Nml{nominal}.
  • Act 18.-139p Nestas oracións aparecen complementos verbais que xa estudiaches (OD, OI, Atr e Pvo). Identifícaos cos sistemas axeitados.

  •  Enviámo-las cartas ós excompañeiros.---> Enviámosllelas (lles(=OI) = compañeiros, las(OD)= cartas)
  • las cartas=OD; ós excompañeiros=OI.
  •  Hoxe a cidade semella deserta. ----> Hoxe a cidade semellaa (a = deserta=Atr)
  • deserta=Atr (atributo)
  •  Durante o espectáculo, o público ficou admirado
  • S(suxeito)=o público , Pvo(=predicativo)=admirado
  •  0 irmán de Luísa mercou un libro de cociña. ---> O irmán de Luísa mercouno ( =no )
  • OD(obxecto directo) = un libro de cociña, OD = no
  •  Ese home é o campión do mundo de esgrima. ---> Ese home éo
  • Atr ( =atributo) = o campión do mundo de esgrima . Atr=o
  •  Aquel problema de matemáticas resultou difícil
  • S (=suxeito)= Aquel problema de matemáticas, Pvo (= predicativo) = difícil
  •  Ela vén animada. Non se di: Ela véno, entón animada é (predicativo=Pvo) e non Atributo. O atributo, Atr admite substitución pronominal e o predicativo non admite substitución pronominal. Ela está animada. Admite a substitución pronominal e pode decirse correctamente: Ela estáo.

Ortografía

Ex19.140p Observa as normas e emprega outros exemplos.
Poñemos punto e coma... ExemploOutro exemplo
Diante dalgunhas ex- presións como: pero, non obstante, por íso... Díxenlle que non o fixese; pero non me fixo caso. Vou ir a compra; por iso teño que limpar o pó antes.
Para separar enumeracións longas que xa conteñen pausas. Estivemos en moitos sitios: á mañá, no zoo; pola tarde, na praia; pola noite, no porto... Hai varias estradas; a 1ª vai a Foz; a 2ª a Lugo; a 3ª a Santiago
Para separar dúas oracións nas que a segunda é a consecuencia. Fixémo-la viaxe a pé; polo que despois estabamos esgotados... Percorrín moito co coche; e entón acabei a gasolina.

Grupos consonántícos problemátícos - Emprega estes grupos consonánticos para formar palabras correctas.

-bt- -cn- -ct-

-gn- -mn- -pc-

deli..ct..o - ace..pc...ión
o..bt..er - so..mn...ámbulo
adxe...ct...ivo - o...pc...ión
di..gn...o - a...mn...esia - i..gn..ìción
a..cn..é - colu.mn..a
su..bt..raer - rece..pc..ión

Grupos consonánticos problemáticos

cnica, tecnoloxía... fragmento, fragmentar...
hipnose hipnotizar... ritmo, rítmico...
abnegar, abnegado... excepción, excepcional...

- Escribe, tamén con axuda do diccionario, outras familias léxicas con palabras que conteñan os mesmos grupos consonánticos (-bn-, -cn-, -gm-, -pc-, -pn-, -tm-).


-----Continuará----

Se queres que volva a verte,
deixame a porta aberta,
se a encontrara cerrada
a miña sospeita será certa.
------


línea de de división

Cadro de versos populares
GALEGO
CASTELAN
Adeus triste calabozo
sepultura de homes vivos,
onde agótanse as forzas,
e olvídanse os amigos..
Adios triste calabozo
sepultura de hombres vivos,
donde se agotan las fuerzas,
y se olvidan los amigos.
------------------------------------------------

Pinchen para suxerencias, propostas...


volver... -----